Galiza Nova na comarca do Salnés organiza o ?Concerto pola lingua?.
Coas actuacións de A Sacho, Skalopendra e Maino, terá lugar o vindeiro venres 14 de maio, a partir das 23:00 horas na Praza da Peixería, en Vilagarcía de Arousa.
Porque no Salnés tamén queremos galego, non faltes e vén con Galiza Nova a desfrutar da música na nosa lingua!
O sábado 15 de maio no parque de Sta.Margarida da Coruña a Concellería de Mocidade do Concello da Coruña organiza un concerto da mocidade polo Día das Letras Galegas O Galego Medra Contigo
Ás 17:00 h haberá un torneo de chave e de billarda e a partir das 21:00 h o concerto a cargo dos grupos:
- Trapallada
- Fracasados de antemano
- Obrint pas
O grupo local do BNG en Xinzo e Galiza Nova, organizan un Festival das Letras na capital limiá.
Decorrerá na céntrica praza de San Roque, o vindeiro venres 14 de maio, ás 22:00 coa actuación da "Roberto Sobrado Band" e o sábado, a partir das 20:00, coa actuación de Vichelocrego e un sorteo dun lote de obras de Uxio Novoneyra.
Na véspera do Día das Letras Galegas e da grande manifestación que volverá a encher a Praza do Obradoiro en Compostela, a Concellaría de Deportes e Mocidade de Porto do Son organiza un concerto para celebrar e perserverar por un Son en galego. O acto contará cun mestre de cerimonias de luxo, o músico, xornalista e escritor -sempre animador da música e a cultura do país- Xurxo Souto, que será o encargado de presentar as bandas Os Mordecáns, autores do célebre himno ?O son do Son?, e Som do Galpóm, un dos grupos revelación da música galega actual.
Non o esquezas, vémonos o domingo ás 23:00 no Xardín Portuario do Son? en Galego!
Com motivo do Dia das Letras a Fundaçom Artábria organiza umha jornada lúdica-reivindicativa a próxima sexta-feira 14 de Maio.
Às 20.30h terá lugar um passa-ruas que sairá da Praça do Hino Galego e rematará no Cantom de Molins após percorrer o bairro da Madalena.
Posteriormente, às 22.00h decorrerá um concerto no Cantom de Molins com as actuaçons de Ugia Pedreira e Fred Martins, Ataque Escampe, Arenga, Garcia MC e Trapalhada.
Por suposto será de graça. Contaremos com carpa e balcom com preços populares.
Un ano máis chega polo 17 de maio a Romaría Raigame, en Vilanova de Infantes (Celanova). O pobo da un salto no tempo para acoller a artesans, postos de comida e bebida, bailadores, cantadores, músicos, Animación de rúa, xogos tradicionais... e un sen fin de actividades lúdicas durante toda a xornada. Non hai mellor xeito de celebrar o día das nosas letras que como o facian os nosos devanceiros nas Antigas Romarías.
Aquí vos deixamos o enlace ao Programa que Alala lle adicou a esta festa e máis ao grupo Castro Floxo... botádelle un ollo xa veredes como se vos meten as ganiñas no corpo ...
E se queredes todavía máis información aquí tedes a páxina oficial, onde se vos explica todo: http://www.romariaraigame.es/
Proposta escénica galega que abrangue a fusión da música tradicional coa electrónica, a danza tradicional e o soporte multimedia (video-creación).
Projecto ['trepia] presenta o seu novo espectáculo " Trépia 1punto3 " o 14 de maio no auditorio de Cangas do Morrazo (Pontevedra).
Presentación Projecto [?trepia]
A de-construción (non destrucción) da música e a danza tradicional. Trátase do análise en profundidade dos ítems culturais da nosa tradición para a súa posterior reciclaxe. Aplícaselle, por exemplo, aos instrumentos de percusión, un tratamento contemporáneo (o cal non é tan estraño se temos en conta que falamos de música tradicional viva recollida no século XXI).
Os recursos empregados son o sampleo de bases (feitos con tomas acústicas de instrumentos tradicionais ou ben con fragmentos de gravacións do arquivo de recolleitas ?inédito, por certo-), a utilización da zanfona electro-acústica como principal instrumento solista, batería electrónica e baixo que reforzan a presenza dos ritmos tradicionais e, como non, voces e percusión en directo.
Benvid@s á nosa visión da música tradicional galega no século XXI: non reciclamos cousas antigas; reciclamos cousas contemporáneas (que ninguén se esqueza).
Dun xeito parello a proposta de projecto [?trepia] pasa tamén polo emprego do audiovisual nos seus concertos, polo cal a gravación e reedición de vídeos (xa sexan do arquivo de recolleitas ou de nova creación) ten un papel moi importante.
Do mesmo xeito, e volvendo á raíz da música (que é creada por e para o baile), faise indispensable a presenza da danza tradicional. No noso caso, a medias coreográfica, a medias improvisada ?como debera sempre ser-.
Lugar: Auditorio de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
Enderezo: Avenida Lugo, 25-27
Hora: 22:30h.
Entrada: 6? (4? para nenos menores de 12 anos)
O vindeiro 14 e 15 de maio aCentral Folque aBorda Marín co pailebote Neves, atracado no Paseo Blanco Solla estes dous días. O aforo do barco é limitado, se queres vir á festa, non chegues tarde!
O venres 14 haberá unha festa/concerto dentro da embarcación a cargo de Alejandro Vargas New Trio e de Marcelo González, o novo valor cantareiro de Arganza (Soutomaior). Farán dous pases, un ás de 22 a 23 horas e outro desde as 24 h en diante e até que o corpo aguante. Por suposto, haberá unha taberna mariñeira aBordo. A entrada para toda a noite é de 6 ?.
Sábado 15 de maio haberá actividades infantís para un grupo reducido de 15/20 nenos de 6 a 12 anos para que naveguen nunha viaxe imaxinaria por diferentes portos en busca de novas músicas. As inscricións corren a cargo do Concello de Marín: +34 986 890 488 ou culturamarin[arroba]yahoo.es. As prazas son limitadas e por orde de inscrición.
Esta iniciativa terá lugar o próximo Domingo 16 de maio na Sala Capitol de Compostela a partir das 21.30 horas.
A entrada terá un prezo de 5 euros e a recadación destinarase para sufragar os gastos do evento así como doazón para a causa xusta que o club apoiará na partida fronte ao Asefa Estudantes.
A apertura de portas será ás 21:30hs. e o aforamento é limitado.
A pretensión é celebrar ao grande o intenso ano vivido por todos nós. A afección necesita a súa homenaxe polo apoio incondicional e débemos promover a exaltación e unidade do obradoirismo.
Se hoxe temos a moita e boa música tradicional galega é, en boa parte, grazas a todos aqueles que a salvagardaron e a dignificaron incluso cando corrían malos tempos. Na etapa do franquismo, por exemplo, cando o réxime utilizaba unha imaxe de folclorismo artificial da nosa música, había grupos que resistían e seguían a facer música de raíz. Na zona de Vigo, nesa época había grupos moi populares coma "Os Morenos de Lavadores" e gaiteiros como Ricardo Portela.
O grupo que imos coñecer esta noite está formado polos herdeiros destes grandes músicos, tanto, que un dos seus compoñentes é neto dun dos Morenos, e por iso intentan conservar a esencia da música tradicional, no repertorio, no xeito de interpretar e mesmo na instrumentación. Pero iso si, sen renunciar a facer algúns arranxos e mesturas innovadoras que fan que a súa música soe diferente, a súa música soa só a Noitarega... E como é ese son Noitarega? Esta noite saberémolo
Dentro da Semana do Libro e da Lectura de Carballo que ten lugar do 9 ao 14 de maio, terá lugar o concerto de música infantil Tic Tac, de Pablo Díaz, o xoves 13 de maio ás 18:30 h, no auditorio do Pazo da Cultura.
Entrada libre até completar aforo.
Ademais, o resto dos días: "As formigas", de Casahamlet; "Historias tricolores", de Cándido Pazó; regueifas de Pinto D'Herbón e O Caruncho; obradoiros con Isidro Novo, Santiago Jaureguízar, Alberto Barreiro, Mago Rafa, Raquel Galavís, Nekane Fernández, María Canosa, etc.; contacontos con Fátima Fernández, Pablo Sánchez, Raquel Queizás, Miradas de Caracol, etc.; exposición "Galicia, será a miña xeración quen te salve?"; e moito máis!
Hai tempo que non subiamos videos do noso amigo Ambás, así que aproveitamos que se achegou á terra do EO-Navia onde Camín de Cantares adica o programa a un dos grandes gaiteiros da comarca, o Sr Nela, vecíño de Bres, no concello de Taramundi.
Desde o seu nacemento no outono de 2006 o grupo Pradairo adicou a súa andaina a afianzar paso a paso unha liña musical propia. Así comezou na primavera do ano 2007 gañando o certame de música folk Radio-Obradoiro, gravando máis tarde o seu primeiro disco (Aliaxe), e acadando o segundo posto no concurso de grupos noveis do Festival Intercéltico de Lorient 2009.
Todo este camiño desemboca na publicación do seu segundo disco "Pateado" no que Pradairo aposta por consolidar a idea musical para a que naceu, a reelaboración e a mestura de todas as caras que adoptou ó longo do tempo a expresión musical en Galicia.
A presentación terá lugar ás 21h o xoves 3 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Agardámosvos.
Faleceu o domingo de mañá en Pontevedra o Dr. D. Faustino Santalices Muñiz, fillo de D. Faustino Santalices Pérez, prestixioso etnomusicólogo, artesán e intérprete de gaita e zanfona, oriundo de Bande, que a inicios do s. XX rescatou a zanfona do esquecemento e dignificou a construción da gaita galega.
D. Faustino Santalices Muñiz tamén aprendeu a tocar a zanfona e se algo lle caracterizou sempre foi a devoción e amor polo seu pai, e como fiel depositario de todo o arquivo e memoria viva do seu pai, D. Faustino Santalices fillo loitou toda a súa vida polo recoñecemento da figura do seu pai e para a perpetuación da súa labor a prol da tradición musical e da cultura galega.
Na súa labor profesional como reputado oftalmólogo en Madrid, especializouse no afiado do instrumental quirúrxico oftalmolóxico, elevando a categoría científica o arte de afiar, que como el sempre explicaba só podía conseguir alguén que tivese nacido en Ourense, a terra dos afiadores. Tamén desenvolveu numerosos inventos e patentes que supuxeron un grande avance na cirurxía ocular do seu tempo.
Enterrárono onte e o funeral será hoxe ás 5 da tarde na Igrexa de Santa María en Pontevedra
Segunda feira 10(luns)
? Tátara Trio no Forum metropolitano (A Coruña)
Terza feira 11 (Martes)
Corta feira 12 (Mércores)
Quinta feira 13 (Xoves)
Sexta feira 14 (Venres)
? Som do Galpóm no Parque de Castrelos ás 11:00
? Festa/concerto no pailebote Neves (Marín) con Alejandro Vargas New Trio e de Marcelo González
? Projecto ['trepia] no auditorio de Cangas ás 22:30
? Zenzar no Pub Gatos (Melide)
? Esquíos na CS A Revolta, Vigo
? Sondeseu no Auditorio de Galicia (Compostela)
? A Sacho, Skalopendra e Maino, terá ás 23:00 na Praza da Peixería, Vilagarcía de Arousa.
? Concerto das letras (Ferrol) no Cantón de Molíns: Fred Martins e Ugia Pedreira, Ataque Escampe, García MC, Arenga, Trapallada
? Concerto das letras en Lavadores (Vigo): Tarambainas, Rebelión do inframundo, o Leo e Arremecaghoná
Sábado 15
? Cristina Pato en Xinzo de Limia (Ourense)
? María do Ceo en Xares-Ourense
? Lamatumbá, Pesdelán na Festa da Marosa, Burela
? Pito de Pikasso no CS A Tarabela (Lalín)
? Concerto pola Lingua na Coruña: Trapallada, Obrint Pas e Fracasados de Antemano no Parque Santa Margarida (A Coruña)
? Concerto pola Lingua en Pontevedra: Second Army, Contra as cordas, Deskartes Band, Royalties, Leo e Arremacaghona
? Treixadura e Faltriqueira en Vilagarcía de Arousa
? Festa do dezessete (Compostela): Tanto Nos Te, Medomedá, Çe Orquestra Pantasma, Os da Ría, Leo e Arremecaghoná.
? Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
? Serán en Borreiros (Gondomar)
? Serán do Gaiteiriño (Aldán- Cangas do Morrazo) no adro da Capela de San Amaro
? Serán do muiño de Coiro (Cangas do Morrazo)
Domingo 16
? Coanhadeira no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Lamatumbá na sala Clandestino, Nigrán
? Ruxe-Ruxe na sala Capitol (Compostela)
? Pito de Pikasso no TBA (Compostela)
? Os Carunchos en Castrelos (Vigo)
? Serán na discoteca Isabela - Ponteareas (Carretera N-120) a partir das 8 da tarde
? Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella
Segunda feira 17(luns)
? Xaquín Xesteira e a Banda de Música de Castrelo, en Cambados, no Paseo da Calzada ás 12:30 do mediodía
? Mamá Cabra no Edificio Cultural A Senra, Bergondo ás 18:00
? Xaquín Xesteira e a Banda de Música de Vilagarcía de Arousa, no Auditorio Municipal ás 21:00
? María do Ceo en Baños de molgas-Ourense
? Berroguetto no teatro Jofre (Ferrol)
? Festival O Son en Gelgo (Porto do Son): Son do Galpóm,...
? Sondeseu no Pazo da Cultura (Narón)
Hoxe luns 10 de maio ás 21:00 h terá lugar o quinto concerto do Ciclo Forumfolk 2010 a cargo de Tátara Trio, unha formación composta por tres músicos de formacións xa asentadas no eido da música galega: Ruote, Donaire e Tirulque.
Leva cinco anos percorrendo locais e pubs de música folk. A actuando en distintos festivais (Matamá folk, fetival folk festas de San Pedro en Compostela, festa do marisco de O Grove...). O repertorio do grupo non só abarca música tradicional. Máis do 70% do seu repertorio é de composición propia.
Este concerto pode ser considerado a posta de largo do grupo na Coruña. Esta composto por: Alex Fente: acordeón piano - Fernado Docampo: violín, pecusións e voz - Pablo Díaz: clarinete, gaita, percusións e voz.?
BASES IX CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL DE VILAGARCÍA 2010
- Poderán participar todos os grupos de baile galego ata un máximo de 8 e que cumpran os seguintes requisitos:
- Serán grupos mixtos, formados polo menos por cinco parellas (sempre e cando as características do baile non requiran outro tipo de formación).
- Cada asociación só poderá participar cun grupo.
- Os/as bailadores/as unicamente poderán concursar nun só grupo.
- Deberán posuír grupo de acompañamento propio.
- Irán ataviados con traxe tradicional (tanto o grupo de baile como o de acompañamento).
O concurso celebrarase o DOMINGO 23 DE MAIO ÁS 19:30 H. NO AUDITORIO.
PREMIOS:
Primeiro 900 ? e trofeo
Segundo 450 ? e diploma
Terceiro 300 diploma
Premio do Público
- A orde de intervención dos grupos determinarase mediante sorteo (uns días antes)
- Cada grupo disporá dunha única intervención cunha duración máxima de 6 minutos.
- O premio do público decidirase entre o público presente mediante unha votación e posterior reconto.
- O xurado estará composto por persoas expertas na materia e a súa decisión será inapelable.
- Valorarase a autenticidade, calidade dos bailadores, dificultade, vestiario, posta en escena, e calidade do grupo de acompañamento.
- Estas bases están suxeitas a calquera modificación previo aviso ós grupos participantes.
- A organización declina calquera responsabilidade sobre posibles accidentes ou danos durante a participación no concurso.
- A valoración do cumprimento destas bases recae na organización.
O GRUPO DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL MALVEIRAS actuará a modo de exhibición.
FOLLA DE INSCRIPCIÓN
Mandar por mail: grupomalveiras@gmail.com OU malveiras@malveiras.com
(se non se recibe un e-mail ou chamada de teléfono da organización é que non se recibirón bases) INSCRICIÓN: ANTES DO 25 DE ABRIL
PARA CALQUERA DÚBIDA PODEN CHAMAR Ó TELÉFONO: 607 606 312 JOSÉ EIRAS
NOME DO GRUPO ________________________________________________________________________
ENDEREZO DO GRUPO E CORREO ELECTRÓNICO: ________________________________________________________________________
NOME E TELÉFONO DA PERSOA DE CONTACTO: ________________________________________________________________________
PEZA A INTERPRETAR E CARACTERÍSTICAS DO BAILE: ________________________________________________________________________
Sexta feira 7 (Venres)
? Machina na Praza de Armas (Ferrol) ás 12:00
? Óscar Fernández as 21:00 no CSC da Rocha (Compostela)
? Pito de Pikasso na sala Ola Green (A Coruña)
? The Homens no Pub Gatos (Melide)
? O Sonoro Maxín na Sala Clan, Xinzo de Limia
? Zënzar na ala A Reserva, Carvalho
? Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña
? Exaltación gaiteira no Carballiño
Sábado 8
? Mamá Cabra na Biblioteca de Elviña, A Coruña ás 17:30
? A Roda en Tomiño
? Fred Martins e Ugia Pedreira na Esmorga (Ourense)
? Guezos no Saloon Universal (Cedeira)
? Ruxe-Ruxe na sala Clandestino (A Ramallosa)
? Residuos radiactivas (palleiro punki) no Merlego (Compostela)
? Chotokoeu no bar Sete Flores (O Carballiño)
? Esquios, Zenzar,... na sala Farándula, Vigo
? Cantareiras "Cordenaia" no Pub O Muíño de Cervo
? Brandelia no Centro Sociocultural de Conxo (Compostela) ás 22:00
? Sem Resposta e Rojo 2 no Artabria (Ferrol)
? Ophiusa no Bar Liceum do Porriño
? Berroguetto e convidados no Auditorio Municipal de Tui
? Nova Galega de Danza no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo ás 22:30
? Festa TrezeCatorzeadora (Salceda de Caselas): Banda Potemkin, Cé Orquestra Pantasma, Cromática Pistona, Funk'n Bastards, Dj Aligator
? IV Anha Urbana en Pontevedra
? VII Repichoca nas Pontes
? III Ruada de Catoira
? V Serán do Mar de Rianxo
? Serán do Freixo (Valadares-Vigo)
? Serán de San Benito (O Porriño) a carón da Capela de S. Benito
? Serán do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo)
Domingo 9
? Festa dos Maios na Praza da Constitución de Vigo
? Sondeseu no teatro Principal de Pontevedra ? Foliada solidaria no Adro de San Amaro (Aldán-Cangas do Morrazo) ADIADO
? Festival Infantil O Berce de ? Donaire no auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30
? Tanto nos Ten na Praza da Constitución (Vigo) ás 18:00
8 de Maio
- III Ruada de Catoira
- V Serán do Mar de Rianxo
- Serán do Freixo (Valadares-Vigo)
- Serán de San Benito (O Porriño) a carón da Capela de S. Benito
- Serán do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo)
15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán en Borreiros (Gondomar)
- Serán do Gaiteiriño (Aldán- Cangas do Morrazo) no adro da Capela de San Amaro
16 de Maio
- Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella
22 de Maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
30 de Maio
-Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
5 de xuño
Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)
6 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)
11 de xuño
- Serán no Viso (Redondela)
12 de xuño
- Foliada na casa de veciños de Baíña (Baiona) (no antigo torreiro da festa, ó lado da autopista)
- Serán en Freaza (Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.
19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
2-3 xullo: Festa da Baña
-Os Carunchos, Tanto Nos Ten, ...
3 xullo: Festival Río Castro (Naraio)
- Tiruleque,...
3 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
- Kogito, Dreams of Dolly Sheep, Tiro Na Testa ...
8-9-10-11 xullo: Festival de Ortigueira
- Kreposuk, Oysterband e Celtas Cortos
- Marful, a Escola de gaitas de Ortigueira, Cristina Pato, Afterhours e Qui Hi Ha?
- Anxo Lorenzo Band, Gaelic Storm, Shooglenifty e Rare Folk
- Proxecto Runas
10 xullo: Karraskal Rock (Vigo)
-Zenzar,...
17 xullo: Festival sons do Vento (Melón-Ourense)
-Ruxe-Ruxe,...
17 xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro-Lugo)
-Zenzar,...
17 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
- Kogito, UlträQäns, Zootropa,Chotokoeu,La Limoncello, ...
23 xullo: Carneirock (Moraña)
-Pito de Pikasso, Ruxe-Ruxe, ...
25 xullo: Festival do Santiaguiño (Padrón)
- Fía na Roca,...
Seguen as inscricións para o V Serán do Mar de Rianxo.
Lembrade: será o 8 de maio a partir das 20 h. no Campo de Arriba de Rianxo. Unha noite de encontro e festa arredor da nosa música e baile tradicional no que non faltarán alimentos para repoñer as frozas dos bailadores e bailadoras. Agardamos senón hai novidade podelo celebrar ao aire libre, no Campo, a rentes do Concello. Sen embargo está reservada a lonxa (grazas Confraría de Pescadores) por se chove.
Entre outros grupos de gaitas e pandeireteiras están confirmados:
Gaiteiros de Liñares
Os Campantes da Baña
Novas amistades de Nespereira
As Anduriñas de Pazos de Borbén
O Lecer de Pazos de Borbén
Pandeireteiras de Santa Bárbara de Toutón
Pandeireteiras d´A Ermida
Pandeireteiras de San Vicente de Oitavén
As Dignas do Querer de Laxoso (Pontecaldelas)
Pandeireteiras de Regodobargo
Pandereteiras Aleivosía de Rianxo (asoc. Fogo Fátuo)
Grupo de pandeireteiras Lumieira de Boiro
Gaiteiros Millo Verde
Pandeireteiras A Liorna de Negreira
Pandereteiras de Limiñoa
Pandereteiras de Numide
Pandereteiras de Anxeriz
O gaiteiro Flor da Maquía
Os atrevidos do Carballal
Panderereiras da Herba Verde de Laxoso
Pandereteiras de Santiago de Oliveira de Ponteareas
Grupo infantil Teixedal do Colexio Castelao de Rianxo
Recadación de fondos para o tratamento da neuropatíaa óptica de Leber con células nai, para Abián Brun Fernández. O tratamento realizarase en Duseldorff, Alemania, na clínica X-Cell Center
Na festa que se fará haberá unha barra na que se venderá comida e bebida a prezos populares. Tamén se venderán rifas para o sorteo de dúas cestas con productos gastronómicos galegos
Todo isto estará amenizado con actuacións musicais de diversos grupos de música tradicional, e todo aquel que traia instrumento e gañas de tocar