|
|
|
VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo) |
|
O vindeiro día 26 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación Vigo, terá lugar o VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés en horario de mañá e tarde dependendo da categoría.
O prazo de inscrición remata o día 1 de maio, e o único medio para facela é enviando a folla cuberta ao noso correo electrónico traspes@traspes.com, non demoredes moito en anotarvos.
Adxuntamos nesta entrada as bases e a folla de inscrición:
Bases VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Descargar
Folla de inscrición VII Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés Descargar |
|
|
|
Serán no Freixo (Valadares-Vigo) |
|
 |
|
|
|
Serán de Chain (Ponte Caldelas) |
|
 |
|
|
|
Aña urbana en Pontevedra |
|
 |
|
|
|
II Foliada con Donaire (A Coruña) |
|
 |
|
|
|
Noites de Raíz en Callobre (A Estrada) |
|
 |
|
|
|
Xacarandaina na Coruña |
|
 |
|
|
|
Grilo e Vituco en Compostela |
|
 |
|
|
|
Skandalo GZ e Combo Calada en Vigo |
|
 |
|
|
|
Os John Deeres e Os Derradeiros en Ferrol |
|
 |
|
|
|
Bule e D´Esmorga na Guarda |
|
 |
|
|
|
Terbutalina no Rebullón, Tameiga (Mos) |
|
 |
|
|
|
Ses en Vigo |
|
 |
|
|
|
VIII Festival Cans de Palleiro (Bembrive-Vigo) |
|
 |
|
|
|
XXI Encontro-Degustación Millo Corvo (Meiro-Bueu) |
|
 |
|
|
|
Guezos en Lobios |
|
 |
|
|
|
Treixadura no Barco de Valdeorras |
|
 |
|
|
|
Ses en Rianxo |
|
 |
|
|
|
XX Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo) |
|
XX CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.
3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
6. Os premios serán os seguintes:
PANDEIRETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1o premio: trofeo e 250 ?
2o premio: trofeo e 200 ?
3o premio: trofeo
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1o premio: trofeo e 300 ?
2o premio: trofeo e 200 ?
3o premio: trofeo
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A súa dificultade.
- A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 14 de abril de 2019 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.
O prazo de inscrición remata o xoves 4 de abril de 2019.
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se
admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 14 de abril de 2019. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela no teléfono:
Tlf. móbil: 698 179 264 (tardes)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es |
|
|
|
|
|
|