|
|
|
IV Memorial Henrique Otero en Vigo |
|
 |
|
|
|
Nao e Ezetaerre en Melide |
|
 |
|
|
|
Rebeliom do Inframundo e Mafalda en Vigo e Compostela |
|
 |
|
|
|
Festa 20 Aniversario Estrela Vermelha (Compostela) |
|
 |
|
|
|
O Serán do Sor (O Barqueiro) |
|
 |
|
|
|
III Foliada de Semana Santa (Cariño) |
|
 |
|
|
|
V Foliada Varacuncas (Rodeiro) |
|
 |
|
|
|
Foliada na Coruña |
|
 |
|
|
|
Resultados do XVIII concurso de pandereteiras Xiradela |
|
Difícil elección co elevado nivel alcanzado no XVIII concurso de pandereteiras de Xiradela, asociación de música tradicional de Arteixo.
Máis de 40 grupos das catro provincias desfilaron o domingo pola competición musical, divididos en catro categorías, por idade.
Nesta edición os primeiros premios foron para a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo, na categoría dos máis pequeniños, que interpretaron unha peza de Liñares de Avión.
Na modalidade B (de 11 a 13 anos) ganaron os ?Soalleiriños?, da Asociación Cultural Soalleira de Dorrón, con Jota, muiñeira e agarrrado de Bugadillo (Ames).
Na categoría C (de 14 a 17) levaron o galardón máis distinguido as catro intérpretes de Lina e Lola, con Cantares de Manzalvos (A Mezquita-Ourense), con combinacion de pandeiros, pandeira e pandeireta.
Entre os maiores (categoría D), cun reparto de galardóns moi reñido ante o elevado nivel dos grupos, o primeiro foi para ?Barallocas?, da Asociación Cultural O Amanexo, cun Canto, pateado e muiñeira da Pontragha (Tordoia).
Nas categorías A e B o primeiro premio consta de trofeo e 200 euros e na C e D de trofeo e 250 euros. O segundo premio é de trofeo e 150 euros en todas as categorías e o terceiro de trofeo e agasallo.
Xiradela tamén fai unha distinción especial para vestiario.
Nos segundos premios destacaron o Grupo D da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos, entre os máis pequenos; na categoría B ?As Xaviñanas? da Universidade Popular de Corcubión; na C o grupo da asociación Tahúme e na D ?Aldomir?, da Asociación Cultural A Mámoa.
Aquí a relación total dos premiados nesta XVIII edición do concurso:
Categoría A (ata 10 anos):
1 A.C. Os Xeitosos de Trazo
2 Grupo D de Cantigas e Agarimos
3 ?Raiola? da A. C. Mestre Manuel Gacio
Categoría B (de 11 a 13 anos):
1 ?Soalleiriños? da A.C. Soalleira de Dorrón
2 ?As Xaviñanas? da Universidade Popular de Corcubión
3 ?Tarabeliños? de A.C. Donaire
Categoría C (de 14 a 17 anos):
1 Lina e Lola
2 G. B.M.T. Tahúme
3 Grupo C da Escola e Muiñeira Cantigas e Agarimos
Categoría D (de 18 anos en diante):
1 ?Barallocas? da A.C. O Amanexo
2 ?Aldomir? da A.C. A Mámoa
3 ?Meniñas? da A.C.F. Tarambainas
Premios Vestiario:
A: ?Gharabullos?, da A.C.F. Tarambainas
B: Escola de Pandeireta do CEIP O Hío
C: ?Titiriteiras? da A.C.F. Tarambainas
D: Grupo A da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos
www.folkgalicia.com
|
|
|
|
XVI Premios Opinión de música de raiz |
|
A décimo sexta gala da entrega de galardóns para os mellores músicos galegos do ano, dentro da música de raíz, volve visitar o escenario do belo teatro coruñés Rosalía de Castro. A cita para os amantes deste tipo de música será o vindeiro venres doce de maio ás oito e media do serán.
Sete discos son os que lograron obter un lugar entre algunha das candidaturas elaboradas polo xurado, composto por oito persoas que falan sobre música de raíz en diferentes medios de comunicación. Algúns dos nomes que forman esa lista resultan xa coñecidos no historial dos galardóns, xa que lograron destacar en edicións anteriores cos seus proxectos musicais, amosando que son músicos con proxección e boas ideas artísticas. Nesta décimo sexta edición, Rosa Cedrón e Xoán Curiel, artistas con anos de carreira ás súas costas, logran por primeira vez unha candidatura como finalistas
Nesta edición o xurado tivo que avaliar algún traballo menos que o ano pasado. Esperemos que esta tendencia á baixa poida superarse neste ano de cara á décimo sétima edición dos galardóns.
En canto ás propostas artísticas realizadas seguimos atopando unha grata variedade estilística, algo que acontece xa dende hai bastantes anos.
O álbum que aparece en todas as candidaturas é o Fake dos Talabarte. Na súa ópera prima acadaron dous lugares no cadro de finalistas e nesta ocasión superáronse, ao facer pleno e contender en mellor álbum, tema orixinal e lograr Pedro Pascual os votos necesarios para ser finalista na categoría de mellor artista. A peza destacada é da autoría de Quim Farinha. O trío foi elixido para actuar no concerto inaugural do Womex, celebrado en outubro pasado en Compostela, onde deixaron moi boas sensacións.
Tardaron un pouco en editar o segundo álbum e finalmente o 2016 puido ser un ano que marque o futuro da formación, unha proposta diferente no panorama musical do país, que optará a engadir o seu nome no palmarés dos premios.
Alonso Caxade consegue dous nomeamentos entre a lista de finalistas, pola canción Nábia e como artista. Nesta última categoría é a terceira vez que aparece na historia dos galardóns, dos que xa resultou gañador na décimo terceira edición. Agora ten dúas novas posibilidade de se levar unha estatuíña a casa polo seu desempeño no segundo álbum da banda que lidera. Anteriormente acadara candidatura como artista co labor realizado no trío Pel de Noz, cos que tamén foi finalista como mellor disco.
Outro nome que apareceu varias veces estes anos entre os músicos destacados nos premios é Fernando Barroso, quen agora engade a súa primeira presenza na categoría de mellor artista. Con Trim logrou os recoñecementos de mellor álbum e canción ( Capsicum Modum), premio que recolleu na gala canda Pedro Fariña.
Facendo dúo con Luís Peixoto logrou ser finalista no apartado de disco do ano con Pop e formando parte de Assembly Point logrou outra designación ao álbum e viu como o seu compañeiro Peixoto lograba o galardón ao tema orixinal con Jumping Bits. O ferrolán debutou o ano pasado como solista con Intropía.
Germán Díaz xa sabe o que é vencer no apartado de mellor artista a primeira vez que contendía, categoría na que recunca nesta edición. Ademais, o disco elaborado coa Brigada Bravo&Díaz tivo o beneplácito dos membros do xurado para coarse entre os elixidos cunha obra baseada en pezas populares que tiveron repercusión no período en que aconteceu a I Guerra Mundial, á que o dúo achega os seus arranxos particulares con zanfona e guitarra como protagonistas.
Finalistas debutantes
Que aparezan novos nomes entre os escollidos nesas tres categorías que se outorgan nos premios sempre é un bo sinal de que existen propostas variadas de interese no panorama musical galego.
Tardou moitos anos a cantante Rosa Cedrón en publicar o segundo disco como solista, no que ofrece unha variedade estilística, e de idiomas no canto, que rompe coas formas do seu pasado artístico. Entre as cancións da obra salientouse o valor musical de Benditas feridas.
Xoán Curiel editou en 2016 Ecuacións, o seu cuarto traballo discográfico, co que aparece por primeira vez entre os finalistas e, ademais, é quen de facelo por partida dobre, ao ter disco e canción entre as candidatas a alzarse cun dos galardóns. Xosé Lois Romero tamén é un nome coñecido nos premios, polo seu labor con Nova Galega de Danza, e o seu novo proxecto con Aliboria entrou con posibilidades de vitoria como mellor disco de raíz do ano.
Mellor tema orixinal
►NÁBIA
Intérprete: Caxade
Quizais haxa algún tema máis coñecido no traballo do grupo, mais o xurado optou por valorar o gusto exhibido nesta canción delicada que se deixa escoitar con moito agrado.
►BENDITAS FERIDAS
Intérprete: Rosa Cedrón
O traballo da artista revélase como ecléctico no novo álbum. Esta bonita peza é un dos momentos máis logrados e remite máis á estética que empregara no seu debut como solista.
►ECUACIÓNS
Intérprete: Xoán Curiel
A peza que dá título ao álbum foi a elixida para optar ao galardón. Unha canción feita con sensibilidade que dá unha medida do que pode ofrecer o cantautor como compositor.
►LOCH NIS
Intérprete: Talabarte
Unha bela composición do violinista Quim Farinha inspirada, o título non engana, nos aires musicais escoceses. Un tema no que se aprecia o bo gusto musical do autor.
Mellor artista
►CAXADE
Non é novo nestas lides o músico amesán. O recoñecemento do xurado é polo seu labor creativo no segundo disco da banda á que dá nome. Músico con amplas miras musicais que se reflicten no seu traballo.
►FERNANDO BARROSO
Nos últimos anos amosou un alto nivel de creatividade que reafirma co seu debut como solista. Non é descoñecido no palmarés dos premios, mais neste apartado é a súa primeira candidatura de finalista.
►GERMÁN DÍAZ
Nova aparición neste apartado do brillante músico nado en Castela, que xa se sente como un galego máis despois de tantos anos vivindo na nosa terra. Do seu maxín non paran de saír novas ideas e proxectos.
►PEDRO PASCUAL
Leva anos amosando que é un músico dotado que sabe presentar con tino as súas composicións, No álbum dos Talabarte, o acordeonista asina varias pezas que o levan a ocupar un lugar neste cuarteto finalista.
Mellor disco
►Xosé Lois Romero&Aliboria
Intérprete: Xosé Lois Romero & Aliboria
O debut desta formación logra este lugar por mor da súa forza expresiva vocal e un valioso tratamento das percusións en clave tradicional galega.
►Ecuacións
Intérprete: Xoán Curiel
É importante que aparezan cantautores con gusto que acheguen propostas estéticas variadas e que á hora de compoñer saiban non afastarse totalmente das músicas de raíz.
►Músicas populares de la Gran Guerra
Intérprete: Brigada Bravo & Díaz
O dúo de zanfona e guitarra ofrece unha recreación persoal de temas que foron populares no período en que tivo lugar a Primeira Guerra Mundial.
►Fake
Interprete: Talabarte
Trío con moita bagaxe musical detrás que saben plasmar na súa obra. Segundo álbum dun proxecto ben traballado que abriu un vieiro sonoro de interese no noso panorama musical. |
|
|
|
Finalistas dos IV Premios Martín Códax Música! |
|
 Queremos felicitar a todos os finalistas, e agradecer a todos os participantes nos IV Premios Martín Códax Música! axudarnos neste labor de dar visibilidade ao noso sector, cada vez máis numeroso e con máis calidade. Se non fostes elixidos finalistas nesta edición, animámosvos a participar de novo o próximo ano, e desta forma, seguir facendo país connosco e reivindicando a potencia da nosa música como elemento fundamentel da cultura galega.
Deixámosvos a lista final de nomeados.
Parabéns a todos!
Imos primeiro cos finalistas nas categorías para músicos:
Finalistas en Pop_Indie: Os Amigos dos Músicos, Berlai e Xoel López
Finalistas en Rock: Agoraphobia, Brais Morán e The Soul Jacket
Finalistas en Blues_Funk_Soul: Carmen Rey, The Lákazans e Voodoo
Finalistas en Jazz Músicas Improvisadas: Alberto Vilas, Iago Fernández e Miguel Lamas ? Drummer Quartet
Finalistas en HipHop Músicas Urbanas: García Mc, Malandrómeda e WÖYZA
Finalistas en Música Clásica Contemporánea: Alberto Vilas, Alejo Amoedo Portela e ROBERTO OLIVEIRA PERCUSSION
Finalistas en Folque: Cuarteto Caramuxo, Os d'Abaixo e Vaamonde, Lamas & Romero
Finalistas en Música Tradicional Galega: Davide Salvado, Tanxugueiras e Xosé Lois Romero e Aliboria
Finalistas en Músicas do Mundo: TALABARTE, Tangata Cuarteto e Uxía
Finalistas en Canción de Autor: SONIA LEBEDYNSKI, Tatán "Chapeu" e Xoán Curiel
Finalistas en Música Infantil: A Gramola Gominola, María Fumaça e PESDELAN
Finalistas en Electrónica: 2Pasos, Malvares de Moscoso e Pálida
Finalistas en Metal: APHONNIC, RAIBA e TALESIEN
Finalistas en Reggae, Ska Mestizaxe: Bush Doctors, DAKIDARRÍA e O Sonoro Maxín
Finalistas en Orquestras, Grupos Música de Verbena: Áureas, Orquesta Los Satélites e Poceiro Orquesta
Finalistas en Coros, Grupos Vocais: Ejazz, Coro Encaixe e Sisters In The House |
|
|
|
XXXV Curso de Cultura Tradicional ?Cántigas e Frores? (Lugo) |
|
Aberto o prazo de inscrición para o XXXV Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación ?Cántigas e Frores?.
Este celebrarase os días 13, 14 e 15 de abril en Lugo. Este ano contaremos con Miguel Sotelo para a especialidade de baile tradicional, Julia Feijoo para percusión tradicional, Pablo Seoane para gaita galega e Javier Feijoo 'Xisco' para canto tradicional.
O prezo da matrícula é de 30? para soci@s de ?Cántigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40? para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.
As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com e aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade. @s que xa teñades feita a reserva sò é necesario enviar o xustificante de pagamento!!
Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507 |
|
|
|
Volve o Vai de baile no Luar |
|
O programa Luar da Televisión de Galicia, co desexo de promover e difundir os valores artísticos do baile galego así como incentivar a súa práctica en boa competencia, convoca a sétima edición do concurso ?VAI DE BAILE? que se desenvolverá de acordo coas seguintes
BASES
Participantes
Poderán participar os maiores de 16 anos que se inscriban por parellas mixtas. No caso de que o participante sexa menor de 18 anos deberá contar coa autorización expresa dos seus titores legais.A Dirección do Programa fará unha selección previa dos candidatos.
Non poderá participar no concurso o persoal da Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A., os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade.
A inscrición será gratuíta. Os concursantes non terán dereito a contraprestación económica ningunha, aínda que o Programa poderá entregarlles unha cantidade en concepto de axuda para gastos de desprazamento.
Os concursantes comprometeranse a presentarse no lugar e durante o tempo que se lles sinale para efectuar os ensaios previos, así como seguir as instrucións de participación durante o programa. A parella que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificada.
Mecánica do concurso
En cada programa competirán dúas parellas entre si bailando unha xota e unha muiñeira de forma alternada, máis un agarrado que bailarán simultaneamente.
O xurado de Vai de Baile estará formado por tres especialistas especialistas de recoñecida solvencia. A resolución estará consensuada polos membros do xurado e será inapelable. Unha vez nomeado o xurado, os concursantes declararán non ter ningunha vinculación familiar ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade con ningún dos membros do xurado. A Dirección do Programa poderá, no caso de imposibilidade de asistencia dalgún dos membros do xurado, nomear un substituto que pasará a formar parte do xurado, sempre coa mesma condición de non ter vinculación familiar cos concursantes.
Na primeira fase, cada semana presentaranse dúas parellas novas. A parella que resulte gañadora pasará á seguinte fase do concurso.
Na segunda fase participarán as parellas clasificadas na primeira fase.
Na semifinal participarán as 4 parellas clasificadas na segunda fase.
Na final competirán as dúas parellas mellor puntuadas na semifinal.
A parella que non se presente a algunha das convocatorias quedará descalificada.
No concurso poderá haber cantas fases decida a Dirección do Programa atendendo a criterios de audiencia.
Premio
O Vai de Baile ten como premio unha dotación económica de 2.000 ? para a parella campiona e de 1.000 ? para a subcampiona.
anexo:
cada participante recibirá en concepto de gastos 70 ? por cada programa. |
|
|
|
Foliada Ven respirar en Ourense |
|
Este venres 7 de Abril no Grândola ven botar unhas bailas ó Venrespirar, contaremos co grupo ESTATALÁ+ Foliada.
Preparade o corpo para o baile que a música non vai faltar.
Estatalá é un proxecto no que se xuntan algúns dos instrumentos máis xenuínos do imaxinario da música popular de Galicia, agochados, durante moitos anos de"revival folk", trala sombra da gaita, a percusión e a voz.
Nace da procura dunha formación cun bo equilibrio acústico, que permita unha gran mobilidade para o concerto, a ruada, o baile, a alborada...
O estilo, de novo, a recreación de melodías, a saudade dun repertorio fermoso no baile e no canto, a creación de novas cancións, sen lousas nin ataduras neste ano 2017, desde o noroeste da península. |
|
|
|
Serán de Fozara (Ponteareas) |
|
 |
|
|
|
XI Foliada de Cerqueda |
|
 |
|
|
|
III Serán de Laias (Cenlle-Ourense) |
|
 |
|
|
|
Ses en Compostela |
|
 |
|
|
|
Zënzar e Maskarpone en Ourense |
|
 |
|
|
|
XV Festa da Chuvia en Rianxo |
|
 |
|
|
|
Superoito e Os Vacalouras en Vigo |
|
 |
|
|
|
Skandalo GZ en Melide |
|
 |
|
|
|
IX Festival Val da Maía en Bertamiráns (Ames) |
|
 |
|
|
|
Sonia Lebedynski en Redondela |
|
.jpg) |
|
|
|
Roberto Sobrado en Cambre |
|
 |
|
|
|
Xira de Banda Crebinsky |
|
 |
|
|
|
Cristian Silva e Suso Iglesias en Vilar de Santos |
|
 |
|
|
|
VI Cantares no Miñor. Encontro de Coros Tradicionais |
|
 |
|
|
|
Talabarte en Compostela |
|
 |
|
|
|
Zurrumalla en Vigo |
|
 |
|
|
|
IV Encontro de Cantareiras (Fene) |
|
 |
|
|
|
Festa da pandeireta (As Encrobas) |
|
 |
|
|
|
Trs porr Catro en Arcade |
|
 |
|
|
|
Serán en Compostela |
|
Seráns en Compostela
Xoves 6 de abril
Sala Malatesta (Rúa San Lourenzo, 51/53, Compostela)
Quen vén tocar esa noite?
21h45 . Obradoiro de baile con Rebeca Tallón
22h45 . Os Atrevidos de Barcala
23h30 . Faíscas da Pontraga
00h15 . Brincadeira
01h00 . Foliada
Entrada 3?
Máis información
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán! |
|
|
|
XVII Concurso de música tradicional Xiradela (Arteixo) |
|
XVIII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDEIRETEIRAS
BASES
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Constará dunha modalidade: grupos de pandeireteiras.
3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos. CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos. CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos. CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría. A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos; é obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. As persoas participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
6. Os premios serán os seguintes:
PANDEIRETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: trofeo e 200 ? 2º premio: trofeo e 150 ? 3º premio: trofeo e agasallo
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: trofeo e 250 ? 2º premio: trofeo e 150 ? 3º premio: trofeo e agasallo
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para interpretar a/as peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional. - A súa dificultade. - A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 9 de abril de 2017 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no centro cívico cultural de Arteixo. A hora de presentación, a orde e as normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.
O prazo de inscrición remata o mércores 29 de marzo de 2017.
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Igualmente, a organización resérvase o dereito de esixir o DNI ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben por requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque o estime oportuno a Comisión Organizadora. En caso de negarse ou de non presentalo, quedará descualificado/a.
13. Unha vez rematada a actuación de todos os grupos participantes e a avaliación do Xurado, daranse a coñecer os nomes dos gañadores, e entregaranse os trofeos acadados o día 9 de abril de 2017. Os premios económicos serán aboados mediante transferencia bancaria.
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que xurda será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos: Tlf. móbil: 626 923 581 (mañá) / 698 179 264 (tarde) Correo electrónico: xiradela@yahoo.es |
|
|
|
|
|
|