Paseando por páxinas amigas, un saúdo aos Retrouso, atopei cun video da Irmandade Galega de Venezuela bailando unha peza de Mercedes Peón.
E non contentos teñen outra do "Isué"
Venres 27 de abril Charla: "Monumentos megalíticos" na Casa da cultura de Río maior (San Adrián de Cobres-Vilaboa) impartida polos arqueólogos santiago Vázquez Collazo e Juan carlos Castro carrera, ás 20:00
Domingo 29 de abril Roteiro arqueolóxico-etnográfico dende a area recreativa de Chan de Arquiña (Domaio-Moaña) ás 10:00
Este sábado 28 de abril, organizado polo grupo de Música e Danza Raigañas, haberá un serán ou mellor dito unha Foliada, nome co que son coñecidas este tipo de festas na Comarca de Bergantiños.
A Foliada será na parroquia de Cerqueda, preto de Malpica de Bergantiños, Costa da Morte, zona rica en pandereteiras e bailadoras.
Cea serán de convivencia: Vigo Solidario
Xoves 26 de Abril, 19 horas na Pz. do Berbés - Vigo
As persoas sen teito ?Fillas e Fillos de Vigo? e os usuarios do programa ?Sereos do Casco Vello? promovido pola FAVEC e o Grupo Imán, aproveitarán a visita dos soci@s europeos do programa ?My Voice? para convidar a toda cidade a compartir unha cea serán solidario (?Vigo Solidario?) cos que menos teñen. O que será posible gracias ás achegas e colaboración de diferentes entidades e empresas da cidade. O encontro terá lugar o vindeiro xoves 26 de abril na praza do Berbés a partir das 19 horas.
?Vigo Solidario? será un encontro cos que menos teñen, coa voz dos sen voz, unha tarde noite de convivencia na que se organizarán diferentes xogos, haberá música e sobre todo comunicación, para escoitar a voz daqueles a quen nunca se escoita, que convidarán á cidadanía a unha cea con arroz á mariñeira e empanada de bonito. Os convidados tamén poderán levar para compartir, os seus postres, os seus instrumentos, a súas voces, a súa ledicia e os seu bailes, para entre tod@s pasalo en grande.
A organización repartirá 300 racións, para as que se facilitarán as correspondentes invitacións que poden recollerse a partir do luns 23 de abril na Federación Veciñal ?Eduardo Chao? (pz. da Princesa nº7), en CEDRO (rúa Pintor Colmeiro nº9) e no local de ?Sere@s do Casco Vello? (rúa Elduayen nº15), aínda que as invitacións son limitadas convídase a toda a cidadanía a achegarse, a participar, a cantar, a bailar, poden levar algo ou sencillamente gozar do pracer de compartir este serán cos máis desfavorecidos.
Organizan: persoas sen teito ?fillas e fillos de Vigo?, Sere@s do Casco Vello, Grupo Autoapoio IMÁN - U.A.D. Concello de Vigo, Federación Veciñal de Vigo ?Eduardo Chao?.
Colaboran: ANFACO, restaurante O Pescador, diferentes empresas de mariscos e pescados do Berbés e a Comunidade Parroquial do Cristo da Victoria de Coia.
I Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
Sábado 28 de abril
A escola de baile tradicional e canto e pandeireta do Concello de Ramirás coa colaboración de: Escola Provincial de Danzas da Deputación de Ourense, Aula de música tradicional Gomes Mouro, Coanhadeira e a Banda de Gaitas do Concello de Ramirás organiza o sábado 28 de Abril de 2007 arredor das 21:00h, a I Noite de Fiadeiro.
Ultimamente estase a escoitar continuamente a organización de seráns pero a inmensa maioría nas Provincia de Pontevedra e A Coruña. Un serán é unha festa tradicional onde tanto novos coma vellos se unen nos bailes e cantos co fin de pasalo ben. Agora queremos incorporar esta costume tan estendida nestas dúas provincias a provincia de Ourense onde eran mais coñecidos os fiadeiros, que inda que variando no nome a intención era a mesma, a diversión.
Recordamos que o Concello facilita as instalacións do pabellón municipal (situado a 600 m aprox do Multiusos) para quen queira quedarse a durmir. Para esto é indispensable traer saco de durmir e avisar a alguén da organización.
Para calquera contacto ou información sobre o evento falar con :
? Alexandre Sotelino Losada (Organizador do fiadeiro e mestre da escola de baile tradicional do Concello de Ramirás )
Na Sala Fábrica de Chocolate
Mércores 25 de abril ás 22:30 (Vigo)
Prezo: 5?
Óscar Fernández ::
A zanfona, instrumento de fonda raigame galega, toma unha nova dimensión nas súas mans, incorporando os últimos avances e complementándose cunha cadea de procesadores e samplers.
Roberto Grandal:
Sendo o acordeón unha máquina de acompañamento case perfecta, engade un envolvente baixo e un repertorio de instrumentos como piano, cordas ou frauta controlado ao vivo. Impactante!
Pulpiño Viascón :
Un multi-instrumentista sorprendente! Toca o serrucho e te mergulla coa súa voz ?in the ocean?. A versatilidade e contundencia das súas percusións sustentan a rítmica de bOnOvO.
Imos engadindo as fotos da fin de semana.
Estas son do venres, coa ronda de Furanchos en Matamá, primeiro coa festa dos Crótalos no Furancho de Balsa e despois coa Foliada no Malaherba (antigo Matamáfolc)
A historia do Alalá do martes 24 de Abril, é a dun mozo que naceu en Madrid e terminou dándolle á súa vida un xiro de 180 graos. Alí creceu cos seus amigos tocando a guitarra ou indo a ver o fútbol ao Santiago Bernabeu. Sen ningún tipo de vínculo con Galicia, aquel mozo fixo 19 anos e tivo que ir facer o servizo militar a León. Alí a vida de Juanjo Fernández cambiou para sempre o día que pediron no cuartel alguén que tivera algo de formación musical para acompañar a banda de cornetas e gaitas nunha xura de bandeira. Daquela Juanjo xa tiña algúns coñecementos musicais e ofreceuse para facer soar aquel instrumento galego que se tocaba parecido á frauta. O que non sabía é que no momento en que puxo a gaita enriba do ombreiro a súa vida ía cambiar radicalmente... ata converterse nun dos mellores gaiteiros de Galicia.
Despois de rematar o servizo militar, Juanjo Fernández volveu a Madrid, pero en pouco tempo foi esquecendo as cordas da guitarra e substituíndoas polo punteiro da gaita. Eran os anos 80 e facíase raro ver un rapaz polas rúas de Madrid cunha gaita ao lombo. Case sen decatarse foi facendo da gaita a súa forma de vida. Como músico de rúa tocou por moitos recunchos do mundo, Madrid, Barcelona, París? pero a Juanjo faltáballe algo e canto máis tocaba máis quería tocar. Tres anos despois de dar a súa primeira nota, aquel mozo decidiu deixalo todo en Madrid e vir a Galicia para cumprir o soño que o alimentaba desde que saíu da mili: ser gaiteiro.
Hoxe en día, despois de 25 anos en Galicia, Juanjo Fernández é un dos investigadores principais sobre música tradicional da nosa terra e unha das figuras máis importantes no descubrimento do ancestral ?toque pechado?, unha forma de tocar a gaita á que Juanjo dedicou boa parte da súa vida e as súas investigacións incansables por todo Galicia. Rodeado de amigos e coa familia en Lugo, Juanjo Fernández dá clase de gaita e séntese galego, algo imposible de negarlle a un home que loitou toda a vida para vivir como galego e ser un dos mellores gaiteiros de Galicia.
"O vindeiro DOMINGO 29 DE ABRIL , vaise a celebrar en MELIDE, o "II
SEMINARIO SOBRE PALLETAS E PALLÓNS PARA GAITA GALEGA" organizado pola
Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa Asociación Cultural e
Musical O Castelo.
A Asociación de Gaiteiros Galegos con este seminario quere facer especial
fincapé no tema das palletas e pallóns e a estreita relación que esta
actividade ten coa construción e a interpretación do instrumento. Agardamos
que se cree un ambiente propicio para que se dea un proceso de intercambio
de ideas e opinións acerca dun tema que, en moitas ocasións, é obviado ou
non ten acadado a atención que merece por parte de estudosos, artesáns e
intérpretes da música tradicional e que, sen embrago, é fundamental para a
perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.
Abordaranse temas fundamentais e problemáticos tanto para artesáns como para
intérpretes que xiran en torno a afinación da gaita e todo se fará baixo os
garantes que proporcionan o coñecemento e a amplísima experiencia como é a
que teñen os participantes neste seminario: Antón Corral , X. Manuel Gil, J.
Luis Carballo Enríquez e Juan Brea.
Se queredes máis información sobre o seminario, podedes poñervos en contacto
coa Asociación no teléfono 986 847 074 ou ben mandando un correo electrónico
a: secretaria@gaiteirosgalegos.com"
O Blog Malmequer supera as 50.000 páxinas visitadas en 2 meses.
Creo que cada vez estamos máis engachados con isto.
Grazas a tod@s por eses ánimos co blog, tanto a nivel de intercambio de información como a nivel de relacións para atoparnos e coñecernos nas festas, seráns, foliadas,... eses lugares nos que tod@s difrutamos da música, do baile, das tradicións, da cultura galega e de todos eses temas dos que gostamos tanto a xente de Malmequer.
Bikos a apertas pra tod@s
Vémonos en calquera foliada, serán ou festa galega!!!
Un total de 17 grupos musicais acceden, algúns por vez primeira, ao mercado discográfico ao ter gravado en solitario outros tantos CDS a través do programa ?Outra+Outra?, desenvolvido polo Centro de Iniciativas Mans, da Fundación Paideia, co patrocinio da Deputación da Coruña.
Son 17 CDS, do que cada formación musical terá un milleiro de exemplares.
A Fundación Paideia subministra ao programa os estudos Mans, situados na Coruña, e o traballo duns técnicos de prestixio, mentres que a deputación financia o orzamento da edición, toda vez que os grupos só sufragan unha pequena parte dos gastos. O único requisito para participar nel é estar integrados na ?rede cultural? da Deputación coruñesa, a través da que cada ano se programan preto de 2.000 actuacións nos 94 municipios da provincia.
O vindeiro 15 de maio conclúe o prazo de presentación de propostas para participar na edición de ?Outra+Outra? de 2007.
As formacións que dispoñen desde hoxe de nova produción musical son as seguintes:
-Banda de Música de Ortigueira
Título do CD: ?Ortigueira, O Camiño da cultura?
- Agrupación Folclórica Ximiela (Louro-Muros)
-Banda Municipal de Música de Boiro
CD: XXV Aniversario
-Banda de Música cultural de Teo
CD: ?O xeito do corpo?
-Coral Lembranzas da Terra (Valdoviño)
CD: ?Sons da Frouxeira?
-Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe
CD: ?Sons da Terra?
-Agrupación Antonio Ruibal e Ricardo Blanco (Ferrol)
CD: ?Ilusións compartidas?
-Agrupación Colexiata do Sar (Santiago)
CD: ?O Son das Ferriñas?
-Grupo de Baile e Gaitas Santaia (Oleiros)
CD: ?Repichocas?
-Agrupación Artística Luceiro do Alba (Neda)
CD: ?Preto de ti?
-Coral Polifónica Brisas do mar (Corme-Ponteceso)
CD: ?A vella chalana?
-Madrigalia Coro de Cámara (A Coruña)
CD: ?En entrando nun xardín?
-Big Band do Conservatorio profesional de Música de Carballo (Carballo)
-Banda Municipal de Carballo
-Asociación cultural Donaire (A Coruña)
CD: ?Dálle donaire ao corpo?
-Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
CD: ?Camiño do centenario?
Gañadores do II Concurso de Pandereteiras/os da AC Os Muíños de Oliveira 2007
A decisión do xurado do II Concurso de Pandereteiras/os da A. C. Os Muíños de Oliveira, formado por Sandra Diéguez García, Fernando Saavedra Pereira, e Ana Fernández Lavandeira, foi a seguinte:
CATEGORÍA A:
3º premio: Grupo "D" da Escola de Muiñeira da AF Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela.
2º premio: "Fanfurriñas" da ACD de Muros.
1º premio: "Chiculateiras" da AX Xiradela, de Arteixo.
CATEGORÍA B:
3º premio: Pandereteiras do GBMT "Tahúme", de Ribeira.
2º premio: "Aleivosía" do Liceo Marítimo de Rianxo.
1º premio: "Lilaina" da AC O Castro, de Miño.
Os criterios que o xurado manexou para tomar a súa decisión foron os de interpretación, afinación, dificultade e autenticidade das pezas.
A organización do certame non é responsable da decisión do xurado, xa que esta é persoal e inapelable.
¿Gústache a música e o baile? ¿queres aprender a fabricar instrumentos, tocalos e bailar? ¿Queres sair da rutina, relaxarte e desfrutar cunha proposta orixinal? Propoñémosche un paseo polo folclore musical galego durante todo un fin de semana, nunha afastada casa de turismo rural onde poderás achar, ademáis de tranquilidade, un lote de información sobre os instrumentos musicais, o canto e o baile tradicional galegos e, sobre todo, moita diversión e relax.
O lugar
Celebraremos o encontro na Casa da Alba, en Antas de Ulla, no mesmo corazón de Galiza. Trátase dun lugar para descansar, onde te poderás reconciliar coa natureza, coa vida e coa saúde a través da música, nun ambiente familiar e cálido. É un espazo aberto, respetuoso e sinxelo, un edificio de madeira de 800 m² construído baixo as normas de bioconstrucción e Feng-Shui. Os compañeiros guías
Entre iles acharás a tres profesionais con moitísma experiencia que te guiarán neste percorrido que te transportará a tempos antigos, cando todo fluía máis despacio e a música axudaba a relaxar.... Rosa Sánchez ensinarache cales son os instrumentos de percusión empregados polas mulleres dende tempos remotos para acompañar o seus cantos, escoitarás e tocarás pandeiros, pandeiretas, latas, tixolas, cunchas, trécolas, ferriños, ....
Pablo Carpintero explicarache cales son e como se tocan os instrumentos melódicos e coñecerás a súa longa historia....verás como se toca a folla, a requinta, a trompa, as pipas de alcacén, o rabel, as gaitas de fol, o acordeón, as frautas de cana, e tantos outros...
Garantizámosche que con Gustavo Couto aprenderás o fundamentos do baile tradicional galego en dous días. O sábado pola noito todos xuntos botaremos unha boa baila e dende entón poderás dicir ¡sei bailar como os galegos!
As actividades. Venres 1 de Xuño
Chegada pola tardiña, á hora que ti poidas, non hai presa. Cando todo o grupo esté reunido, a iso das 19:00 faremos unha presentación e unha posta en común, despois falaremos sobre o folclore galego, sobre o que sabemos da súa historia, sobre como o saber do pobo galego se perde na noite dos tempos. A iso das 20:00 tentaremos relaxarnos todos aplicando unha técnica especialmente deseñada para iso e cando xa o consigamos e guiados por Rosa e Pablo participaremos nun concerto de percusión onde poderemos tomar contacto con estes instrumentos galegos. Despois de cear aprenderemos a tocar todos eses instrumentos, cantaremos e tocaremos ata a hora que cada un teña a ben. Si eres músico podes traer o teu instrumento preferido, se non o eres tamén, e se non o tes, nos che proporcionaremos un, tanto ten que sexa galego como que non o sexa, djembés, pandeiretas, darbukas, pandeiros, bandires, congas e maracas serán ben recibidos pois so pretendemos pasalo ben achegándonos ós instrumentos de percusión.
Sábado 2 de Xuño.
Erguerémonos ás 10:00 e, despois de almorzar, asistiremos a un obradoiro de instrumentos musicais sinxelos. Ó longo de toda a mañán aprenderás a facer, afinar e tocar: frautas de cana (rectas e traveseiras), gaitas de sabugueiro e gaitas de cana. Aprenderás a manexar a navalla, os ferros quentes, a cera de abella e o fío. Non precisas traer nada, nós aportamos todo o material e ferramentas.
Despois de comer a iso das 14:30, o que queira durmirá unha relaxante sesta. Mais ou menos as 16:30 sairemos a dar un pequeno paseo no que verás que sempre hai cousas na natureza coas que facer música.... despois deste paseo faremos un seminario de baile de varias horas, nil Gustavo ensinarache os pasos básicos que compoñen tódolos puntos do baile tradicional galego e, cando estemos todos cansos, faremos outra sesión de relaxación para asistir a un concerto no que Pablo nos amosará a enorme variedade de instrumentos melódicos que hai no folclore galego. Despois de cear, a iso das 22:00, asistiremos a unha festa para que todos podamos poñer en práctica as ensinanzas de Gustavo e montar un auténtico serán galego ata a hora que nos veña ben.
Domingo 3 de Xuño.
Despois de almorzar a iso das 10:30 Pablo desvelarache tódolos segredos do aturuxo galego, xuntos estes berros, os exercicios de relaxación e os cantos acabarán por relaxarte completamente de paso que aprendes a facer algo que antes todos sabían facer: cantar, aturuxar e desafogarse.
Cando xa teñamos claro que é o aturuxo e como se fai, iremos a comer e, despois da sesta, a iso das 16:30 faremos o peche deste fin de semana de saber tradicional e partiremos ata volvernos a ver.
Prezo da fin de semana con pensión completa: 200?
Reservas e máis información en: 626588381 (Pablo Carpintero) ou 981 57 15 88 de 10:00 a 14:00 (Rosa Sánchez)
Prazas limitadas a 25 persoas.
Fin da inscrición: 25 de Maio.
Rosa Sánchez é bailadora e pandereteira do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. A súa andaina no folclore comezou hai 20 anos en Cantigas e Agarimos. Dende entón dirixiu varias escolas de baile tradicional e impartiu clases de canto e pandeireta en varias asociacións culturais e colexios. É tamborileira da Requinta de Xián e de Pablo Carpintero, a quen acompañou durante grande parte do seu traballo de campo por toda Galicia, Portugal, Asturias e parte de Zamora, polo que ten unha grande experiencia en música tradicional galega.
Gustavo Couto e bailador do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia e dirixe varias escolas de baile tradicional galego. Forma parte da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos e é percusionista de Ultreia, de Pablo Carpintero e dos Campantes da Baña, tendo tamén unha ampla experiencia no traballo de campo por toda Galicia.
Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Bioquímica nesta universidade e actualmente realiza un segundo doutorado sobre a gaita de fol no Departamento de Historia da Arte da USC. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous importantes grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Produciu, ata o momento, varios artigos en revistas especializadas en folklore e sete trabalhos discográficos froito das investigacións de campo que nos últimos 15 anos ven realizando por toda Galicia, Zamora, Asturias e Portugal.
O seu traballo de investigación está centrado principalmente na evolución da morfología e repertorio da gaita de fol e na súa contextualización social e histórica, así coma no estudo dos instrumentos musicias tradicionais galegos. Colabora con institucións como o Consello da Cultura Galega, a quen cedeu en 2005 un arquivo composto de máis de 350 horas de gravacións de campo, a Radio Galega, onde periodicamente realiza seccións dedicadas ó folklore galego ou o Concello de Santiago de Compostela, con quen organiza actividades encamiñadas á divulgación do saber tradicional galego. Para chegar á casa:
En coche:
Autovía hasta Lugo, coller estrada Ourense ata o Km 25 desvío a Lalín a 15 Km Antas de Ulla, cruce de catro camiños esquina Banco Pastor, carretera da esquerda a 1.5 km desvio á esquerda, letreiros indicativos Monterroso e La Casa del Alba, seguir 1.5 Km entrada á esquerda camiño de terra, letreiro ?La Casa del Alba.
En avión:
Destino aeropuerto de Santiago de Compostela. Dende o aeroporto autobus a Lugo e parada en Palas de Rey (4,2 ? autobús, 60 km, unha hora de viaxe ), alí poden recollervos por 6 ? (15 km, 12 minutos). Horarios de autobuses no aeroporto: 7?30 / 9?45 / 11?30 / 13?15 / 16?30 / 19 / 20?30.
Tamén vos poden recoller no aeropuerto (30? viaje).
Venres 20 de abril Conferencia: "A Minería romana do Ouro" na Casa Cultural do Cruceiro (Barcela-Arbo) impartida polos arqueólogos Luis Francisco López González e Yolanda Álvarez González, ás 20:00
Domingo 22 de abril Roteiro arqueolóxico-etnográfico pola mina romana das lagoas, a partir das 10:30. A visita terá como guías aos mesmos arqueólogos. O punto de saída e a Casa Cultural do Cruceiro (Barcela-Arbo).
Día: xoves 19 de abril
Lugar: A Esmorga. Rúa Telleira nº 9. (perto de Universidade). Ourense
Horario: de 22:30 a 24:00
Imparte: Luís Correa "O Caruncho"
Entrada/ Inscrición: 3?
Queremos volver a recuperar unha das tradicións máis divertidas e creativas que, ata fai ven pouco, era bastante habitual que xurdiran espontáneamente os xoves de Comadres e Compadres do Entroido ourensán.
Para elo, contaremos cun dos mellores improvisadores ou regueifeiros da Galiza: Luís Correa "O Caruncho" que empezará dando unhas nocións teóricas sobre os segredos das cuartetas, as rimas e a improvisación para pasar, de seguido, á parte práctica, pois non hai mellor aprendizaxe.
Animádevos a sacar o voso lado máis poético, inspirador, humorístico, retranqueiro ou irónico.
O grupo folk Xacarandaina ten novo espectáculo e isto é para os amantes da música e do baile tradicionais unha gran noticia, xa que se trata dun dos históricos do folclore galego, que leva case trinta anos a recoller aplausos pola súa perfección no escenario e pola fidelidade coa que interpreta as cancións e as coreografías que recolle directamente dos maiores nas aldeas. Neste ?Alalá? comprobarase e asistirase a este espectáculo chamado ?Prestixio?, baseado na enorme riqueza en música e tradicións da Costa da Morte.
Se algo caracteriza á Asociación Xuvenil Xacarandaina é que dentro dos seus dous mil socios hai familias enteiras, desde os avós ata os netos. No programa coñecerase a unha destas familias, en que os pais comezaron a asistir a clases de baile hai pouco, despois de ver o ben que o pasaban os fillos, e fartos de agardar por eles cando os levaban aos ensaios ou a actuar desde que os nenos tiñan catro anos ata agora que están preto dos vinte.
Ademais da sona do grupo de baile, a asociación é moi coñecida tamén polo Círculo de Actividades de Tempo Libre, xa que dos cursos que organiza sae a canteira dos bailadores e músicos que compoñen o grupo; pero a oferta de actividades ten para todos os gustos, desde clases de reciclaxe para cativos ás de pintura ao óleo, ximnasia ou bailes de salón, e os alumnos van dos tres anos aos setenta. Sen perder de vista o obxectivo co que naceu Xacarandaina: pasalo ben e divulgar o folclore galego moito máis alá das nosas fronteiras.