Aberto o prazo de inscrición para o XXXIII Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación Cultural ?Cántigas e Frores? de Lugo.
O curso terá lugar os días 2, 3 e 4 de abril en Lugo. Este ano contarán con:
-Javier Feijoo 'Chisco' para a especialidade de baile tradicional.
-Miguel Anxo Lòpez 'Chino' para a especialidade de percusión tradicional.
-Pedro D. Lamas para a especialidade de gaita galega.
-Xela Conde para a especialidade de canto tradicional.
O prezo a matrícula é de 30? para soci@s de ?Cántigas e Frores? e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40? para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.
As inscricións pódense enviar a cantigasefrores1948@gmail.com ou ao fax 982229966, aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, especialidade na que se inscribe, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.
Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.
Sexta feira 27 (Venres)
? Talabarte na Casa da Cultura de Barbadás ás 20.30
? Sés no Teatro A Fundación (Vigo)
? Uxía e Narf no teatro Pastor Díaz (Viveiro)
? Xosé Constenla no Café-Teatro (Vigo)
? Dakidarría na Sala Super8 (Ferrol)
? Coanhadeira no Teatro Principal (Ourense) ás 20.30
? Grampoder na Reserva (Carballo) ás 23:00
? Raiba no C.S. Fuscalho (A Guarda) ás 23.30
? Cantos de Taberna (Pontevedra)
? Estalotada en Compostela
? Foliada en Couso (A Estrada)
? Foliada Ven respirar en Ourense
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 28
? Xacarandaina no Teatro Colón (A Coruña) ás 21.30
? Sés no Auditorio municipal de Narón
? Ataque Escampe no Arume Café (A Bandeira-Silleda)
? Sokram no Liceo Mutante (Pontevedra)
? Guadi Galego no auditorio municipal de Cedeira ás 20:30
? Narf na Arca de Noé (Vilar de Santos) ás 22:00
? Susana Seivane no pub Gatos (Melide)
? Dakidarría na pub Aturuxo (Bueu)
? Maghúa e Os Melidaos ás 20:00 na praza do Berbés (Vigo)
? Cantos de taberna na Estrada
? Ruada de Antas (A Lama) no Casino
Domingo 29
? II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'
? Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 20:00
? Maghúa e Tanto Nos Ten ás 20:00 na praza do Berbés (Vigo)
Durante a fin de semana a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acolleu as III Xornada de Música Tradicional, o sábado con obradoiros de pandeireta e canto tradicional, dirixido por Davide Salvado O Manso, pandereteiro con gran traxectoria no mundo da música tradicional galega.
O domingo foi a quenda do III Concurso de Xoves Gaiteiros Solistas Concello do Grove, no que participaron dez parellas, dirixido a xoves gaiteiros nados entre os anos 1991 e 2001. Pola mañá os concursantes tiñan que interpretar durante un máximo de tres minutos unha peza obrigatoria: a Xota de Forcarei. Xa pola tarde, a partires das 18.00 horas, os concursantes, vestidos con vestiario galego tradicional, interpretaron unha peza tradicional de libre elección. Ao remate os compoñentes do xurado que foron os mestres, Iván Costa e Francisco Estevez, máis Ramón Vázquez Acha, O Chilro, outorgaron os seguintes premios:
1.º premio de 500 euros: Laura López Suárez e Santiago López Suárez, que interpretaron no tema libre A Maruxa, xota de Serxio.
2.º premio de 300 euros: Lois Prado Fernández e David Riveira Otero, que interpretaron no tema libre a Foliada de Verducido.
3.º premio de 150 euros: Xiana Teixeiro Rey e Marina Fernández Vigo, que interpretaron no tema libre Ribeirana de Mondoñedo, pasodobre xota de Serxio.
Premio ao mellor acompañamento de 150 euros, David Riveira Otero.
As xornadas e o concurso foron organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Alfredo Bea, o mesmo estivo presentado por Juan Antonio Aguín, presidente da Asociación Cultural Cantodorxo, e os premios foron entregados polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Alexandre Aguín.
O XXVI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 24 de maio no auditorio do Centro Sociocultural Ágora en horario de mañá e de tarde. Ao igual que nos últimos anos haberá tres modalidades: cuartetos, gaiteir@s solistas e pandereteir@s. Para cuartetos e gaiteir@s solistas haberá unha única categoría sen límite de idade mentres que na modalidade de pandereteir@s haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Achegamos as bases e a folla de inscrición.
O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:
- A través da nosa páxina web: www.xacarandaina.gal
- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.
O prazo de inscrición remata o sábado 9 de maio.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:
Asociación Cultural Xacarandaina 981 277 315
Correo electrónico info@xacarandaina.com
Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.
Corta feira 25 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela) ás 23:00
Quinta feira 26 (Xoves)
? Grampoder no pub Ultramarinos (Compostela) ás 22:00
? Narf na Borriquita de Belém (Compostela) ás 22:00
? Victor Aneiros no Pazo da Cultura de Narón
Sexta feira 27 (Venres)
? Sés no Teatro A Fundación (Vigo)
? Xosé Constenla no Café-Teatro (Vigo)
? Dakidarría na Sala Super8 (Ferrol)
? Coanhadeira no Teatro Principal (Ourense)
? Grampoder na Reserva (Carballo) ás 23:00
? Cantos de Taberna (Pontevedra)
? Estalotada en Compostela
Sábado 28
? Sés no Auditorio municipal de Narón
? Sokram no Liceo Mutante (Pontevedra)
? Guadi Galego no auditorio municipal de Cedeira ás 20:30
? Narf na Arca de Noé (Vilar de Santos) ás 22:00
? Susana Seivane no pub Gatos (Melide)
? Dakidarría na pub Aturuxo (Bueu)
? Maghúa e Os Melidaos ás 20:00 na praza do Berbés (Vigo)
? Ruada de Antas (A Lama) no Casino
Domingo 29
? II Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo'
? Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 20:00
? Maghúa e Tanto Nos Ten ás 20:00 na praza do Berbés (Vigo)
Faustino Santalices. Tradición musical galega
Edificio Sarmiento. Do 19 de marzo ó 12 de abril de 2015
Esta mostra inaugúrase o xoves 19 de marzo ás 19 horas no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra.
Pretende aproximar ó espectador a excepcional personalidade de Faustino Santalices, as súas investigacións e creacións, a súa dimensión como artesán, luthier e científico, e a súa relevancia como extraordinario divulgador da nosa tradición musical.
Faustino Santalices Pérez (Bande 1877-Madrid 1960) é unha das figuras centrais da música galega, piar fundamental para coñecela e comprendela: investigador, divulgador, artesán e intérprete de prestixio, podémolo considerar con toda xustiza o artista total. Foi un home de vastísimos coñecementos, que dende moi novo embebeuse en todo tipo de saberes artesanais nas carpinterías e fraguas de Ourense ?era amigo dos bos traballadores, como el mesmo se denominaba?. Ó mesmo tempo, por mor da súa posición como Secretario de Gobernación, pertenceu a unha elite social e intelectual que dende unha óptica rexeneracionista revitalizou a música galega.
Os instrumentos, pezas e unha parte substancial da documentación desta exposición foron xenerosamente cedidos polo seu fillo Faustino Santalices Muñiz e familia, quen non só conservou íntegro e reuniu para a posteridade todo o arquivo documental e musical, o torno e as ferramentas de artesanía e máis a colección de instrumentos do seu pai, senón que, sobre todo, foi a súa memoria viva e presente, plenamente consciente do valor e transcendencia que ten o excepcional legado de Faustino Santalices para a cultura galega.
XV Concurso de baile tradicional galego ?Azaloira?
Bases de participación
? Establécencese dúas categorías de participación no concurso:
Categoría a: nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Categoría b: mozos e mozas de 13 a 16 anos.
O 80% dos compoñentes de cada grupo participante en cada categoría terá que estar comprendido na media da idade respectiva.
? O mínimo de parellas de cada grupo participante será de catro.
? Será obrigatorio vestir traxe tradicional galego e os acompañamentos serán en directo.
? Cada grupo terá unha intervención única que non poderá superar os cinco minutos de duración.
? Os grupos serán admitidos por rigurosa orde de inscripción ata un máximo a delimitar pola organización.
? O xurado estará composto por tres membros expertos na música e no baile tradicional galegos, actuando como secretario -con voz pero sen voto- a concelleiro de cultura do concello de silleda. Os premios non poderán quedar desertos.
? A asociación de baile xuvenil ?Fortín da pomba? actuará a modo de exhibición.
? A entrada no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira será, coma sempre, de balde.
? Premios:
Categoría a:
1º premio: 400 euros e trofeo.
2º premio: 250 euroe e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Categoría b:
1º premio: 500 euros e trofeo.
2º premio: 300 euros e trofeo.
3º premio: 150 euros e trofeo.
Poderá haber accesits adicionais en función da xenerosidade dos nosos colaboradores.
? Prazo de inscripción: do 12 de marzo ao 10 de abril de 2015 (ambos inclusive) por correo electrónico ao seguintes enderezos:
fortindapomba@yahoo.es, mjpferreiro@yahoo.es.
? Para calquera dúbida podedes contactar coa presidenta de Fortín da pomba (Josefa) no seguinte número: 667492672. Cada colectivo enviará tantas follas de inscripción como grupos da asociación participen no concurso.
XV Concurso de baile tradicional galego ?Azaloira?- 3 de maio de 2015
Boletín de inscripción
? Nome do grupo participante:
? Nome do director/a:
? Dirección do grupo:
? Teléfono e e-mail de contacto:
? Categoría na que participa:
? Nome da peza a interpretar e lugar e ano de recollida:
-Categoría A: Ata os 10 anos.
-Categoría B: de 10 a 12 anos.
-Categoría C: de 12 a 16 anos.
-Categoría D: máis de 16 anos
A categoría determinarase pola media de idade dos compoñentes, así mesmo, ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
O grupo de baile estará formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as características do baile presenten outro tipo de formación.
Cada grupo deberá levar consigo o seu grupo de acompañamento, excluíndose a utilización de cintas, discos,....
Tanto o grupo de baile como o grupo de acompañamento deberán levar traxe tradicional.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).
Cada grupo dispondrá dun tempo máximo de cinco minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.
Horario:
O concurso celebrarase o domingo 19 de abril, en horario de mañán (ás 11:00 horas) para as categorías A e C e en horario de tarde (ás 17:00 horas) para as categorías B e D, no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada, nunha única proba final, dentro de cada unha das súas categorías. (As categorías poderanse unificar nun único horario, de tarde, no caso de non haber grupos suficientes para facelo en xornadas divididas)
Inscricións:
O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 12 de abril (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data).
A inscripción realizarase exclusivamente a través da páxina web www.tequexeteldere.aestrada.com dentro do apartado concurso (deberase recibir confirmación de recepción, que pode tardar ata 24h).
O xurado, nomeado por Tequexetéldere, podera descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. Dito xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.
Á hora de avaliar terase en conta a dificultade da peza, a súa execución e a súa autenticidade.
A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario, así coma calquera accidente que se produza durante o concurso.
Establecerase a seguinte cuantía de premios:cartel xi concurso 2015
Categorías A e B:
-Primeiro premio (150 ?)
-Segundo premio (120 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría C:
-Primeiro premio (180 ?)
-Segundo premio (150 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Categoría D:
-Primeiro premio (240 ?)
-Segundo premio (180 ?)
-Terceiro premio (Trofeo)
Existirán accesits ó mellor acompañamento e mellor vestiario (Trofeo).
Os grupos de Tequexetéldere actuarán en modo de exhibición, non concursando neste evento.
A participación neste concurso implica a aceptación das bases.
Entradas:
A taquilla abrirá 30 minutos antes do comezo do concurso. O custe das mesmas será de 3 euros por xornada,puidendose facer reserva das mesmas no correo-e tequexeteldere@gmail.com
Sigue o concurso a través de Twitter @tequexeteldere | #concursoteque
1. É un concurso no que poderán participar agrupacións xuvenís, culturais, recreativas, folclóricas, de veciños ou de calquera outro tipo que o desexen.
2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.
3. Haberá catro categorías, que dependerán da idade da maioría dos compoñentes:
CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.
Ademais, ningún membro do grupo poderá superar en máis de dous anos a idade máxima da categoría.
A organización reservarase a posibilidade de suprimir algunha das categorías (mínimo tres grupos).
4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.
5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.
6. Os premios serán os seguintes:
PANDERETEIRAS:
CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ao mellor vestiario en cada categoría
CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 ?
2º premio: Trofeo e 150 ?
3º premio: Trofeo.
Premio ao mellor vestiario en cada categoría.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase o dito tempo quedará descualificado.
8. No momento da cualificación o xurado terá en conta:
- A autenticidade da peza, que terá que ser tradicional.
- A dificultade da mesma.
- A afinación e a interpretación.
9. O concurso terá lugar o día 12 de Abril de 2015 con horario de mañá e tarde (aínda por determinar), no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.
10. A folla de inscrición deberá chegar debidamente cumprimentada ao seguinte correo electrónico: xiradela@yahoo.es, sen que sexa posible outro xeito de inscrición.
O prazo de inscrición remata o martes 31 de marzo.
11. O xurado será nomeado pola A.X. Xiradela, e os seus fallos e acordos serán inapelables.
12. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fóra do prazo de inscrición. Asemade, a organización resérvase o dereito de esixir o D.N.I. ou o libro de familia de calquera participante que semelle dúbida de idade, ben a requirimento de calquera agrupación, dalgún membro do Xurado ou porque estime oportuno a Comisión
Organizadora. En caso de negarse ou non presentalo quedará descualificado.
13. Unha vez rematada a actuación de todos os participantes e a avaliación do Xurado daranse a coñecer os nomes dos gañadores, facéndose entrega dos premios acadados o día 12 de Abril de 2015.
14. Nesta convocatoria non participarán os grupos da A.X. Xiradela.
15. Calquera dúbida que queirades consultar será atendida pola A.X. Xiradela nos teléfonos:
Tlf. Móbil: 676 233 748 (mañá) / 646 875 953 (tarde)
Correo electrónico: xiradela@yahoo.es
Corta feira 18 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela) ás 23:00
Quinta feira 19 (Xoves)
? Fred Martins e Pedro Pascual na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30
Sexta feira 20 (Venres)
? Festa furancheira en Picoña (Salceda de Caselas)
? Narf na Sala A Ventana (Laxe)
Sábado 21
? Festa furancheira en Picoña (Salceda de Caselas)
? Sokram en Burela
? Guadi Galego no auditorio da Xunqueira (Redondela) ás 21:00
? Susana Seivane no Café Roi Xordo (Allariz)
? Alba María na Arca de Noé (Vilar de Santos) ás 22:00
? VII Serán de Mouriscados (Mondariz), na Casa Cultural
? Serán da A.C.Froles Mareliñas (Chapela-Redondela)
? Seran na Ermida (Pazos de Borben)
? X Foliada de Cerqueda
Domingo 22
? III Concurso de xoves gaiteiros solistas (O Grove)
? Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela) ás 20:00