Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Serán de Laxoso (Pontecaldelas) |
|
Comezamos as 18:00 hrs. con diversas comidas clásicas, a prezos populares .
Ás 20 horas dará comezo as actuacións, os grupos serán anotados estrictamente por orden de chegada,(non se apuntará por telefono nin dun grupo a outro)
As 0:00 horas serviremos callos pa coller forzas,e logo chocolate quentiño .co numero da inscrición sortearase, ao final da festa unha cesta con productos típicos galegos,entre os grupos, que se entregara soamente o grupo agraciado con ese numero.
Calquera duda no tlf. 646.240.487
|
|
|
|
Noite de Carpenta (A Coruña) |
|
 |
|
|
|
II Festival da Maía (Ames) |
|
A Asociación cutural e xuvenil "Val da Maía", de Ames, organiza o II Festival da Maía no que as diferentes manifestacións musicais galegas teñen cabida.
Terá lugar o vindeiro sábado 6 marzo na Casa da Cultura de Bertamiráns ás 20h.
Nesta segunda edición contan con:
- Orballo da Ría
- Asociación cultural "Follas Novas", de Ames
- Os Tirabeques, da Estrada (que se estrean ese día)
- Os Alegres, de Pontevedra
- Banda de gaitas "O Pedrón", de Padrón
- As Pandereteiras "Val da Maía"
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
Caravana Galiza Non Se Vende en Cangas do Morrazo |
|
 |
|
|
|
Xira presentación novo disco de Nao |
|
?Coas túas mans?: Novo disco de NAO
NAO volve á carga. Non podía ser doutro xeito, despois de un ano de traballo, e segundo eles mesmos, un repouso necesario, sae á luz "Coas túas mans", o seu 2º álbum de estudio. Nove cortes que denotan a consagración do seu son, a evolución das súas ideas. Temas duros que misturan melodía con sentimento. Un berro á esperanza, verbas que aseguran que o cambio sí é posible. Nas veas levan un poema ardendo, para desde o seu son arrasar con esta átmosfera de canceira que nos rodea. O 5 de marzo comezan unha xira que non a deixar indiferente a ninguén. Porque como eles afirman:
¡¡O mundo é noso!!
esta semana podes escoitar o cd enteiro no seu myspace:
www.myspace.com/somosnao |
|
|
|
Sereas: espectáculo poético-musical (Compostela) |
|
CONCERTO POLA CONMEMORACIÓN DO DÍA DA MULLER
Sereas
Sereas é un espectáculo poético-musical no que as mulleres son as protagonistas recollen a creación de sete artistas actuais: Uxía, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Ugía Pedreira, Guadi Galego, Silvia Penide e Sonia Lebedynski.
Sete Sereas, Sete Ondas, Sete Mares que no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o día sete de marzo ás sete da tarde.
http://www.folque.com/actualidade/nova.php?id=281&lg=gal |
|
|
|
Encontro Galego de Música Xove |
|
 O vindeiro Sábado 6 de marzo, terá lugar o Encontro Galego de Música Xove.
A cita terá lugar no IES Rosalía de Castro, en Santigo de Compostela a partires das 10 da mañá.
Programa do Encontro Galego de Música Xove
Santiago de Compostela | IES Rosalía de Castro | 6.03.10
09:00 ? 10:00 h > RECEPCIÓN (obrigatoria).
10:00 ? 10:30 h > PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL
Ovidio Rodeiro Tato (Director Xeral de Xuventude, Xunta de Galicia).
Representante Xacobeo 2010.
10:30 ? 14:00 h > I SESIÓN CASTING (turno de mañá).
11:00 ? 14:00 h > I SESIÓN FORMACIÓN (turno de mañá).
11:00 ? 12:00 h > OBRADOIRO ? MEETING POINT ?Autoedita a túa música en formato físico e dixital?.
Sergio Lago (Falcatruada Imaxe e Música).
Representante de Lonxa Cultural.
11:00 ? 12:00 h > OBRADOIRO ? MEETING POINT ?As claves do directo?.
Clubtura (Asociación galega de salas de concertos).
Xurxo Seara (Festival Reperkusión).
Fran Rivera (exdirector do Festival de Ortigueira).
12:00 ? 13:00 h > OBRADOIRO ? MEETING POINT "A promoción da música a través de medios e internet".
Salva Ronco (Maketón).
Marcos Payno (Komunikando.net)
12:00 ? 13:00 h > OBRADOIRO ? MEETING POINT ?A promoción da música a través do audiovisual?.
María Yáñez. (Experta en redes sociais).
Alfonso Pato. (Director do Festival de Cans).
12:00 ? 14:00 h > CHARLA COLOQUIO ?Música e xuventude?.
Ovidio Rodeiro. (Director Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia).
Juan Carlos Fernández Fasero (Xerente do Agadic).
Eva Perales (Directora de Bluesens Music).
XM Rodríguez Abella. (Ttécnico de xuventude).
Fran Pérez. (Músico).
//Descanso//
16:30 ? 20:30 h > II SESIÓN CASTING (turno de tarde).
16:30 ? 20:30 h > II SESIÓN FORMACIÓN (turno de tarde).
17:00 ? 18:00 h > MASTERCLASS ?Hip hop?rimando?. Con Trasnos do Moscoso.
17:00 ? 18:00 h > MASTERCLASS ?Batería e percusion?. Con Miguel Lamas.
18:00 ? 19:00 h > MASTERCLASS ?Dillei?. Con Dr. Think.
18:00 ? 19:00 h > MASTERCLASS ?Guitarra eléctrica?. Con Fran Pérez, Narf.
Showcases
18:00 ? 18:20 h > 1º SHOWCASE: Scandal.
18:20 ? 18:40 h > 2º SHOWCASE: Elanor.
18:40 ? 19:00 h > 3º SHOWCASE: O Leo I Arremecaghona.
19:00 ? 19:20 h > 4º SHOWCASE: Jane Joyd.
19:20 ? 19:40 h > 5º SHOWCASE: Baldosa Amarilla.
19:40 ? 20:00 h > 6º SHOWCASE: Silvia Penide.
Feira Musical
Posto de merchandising
www.myspace.com/encontrogalegomusicaxove |
|
|
|
Serán na sala nasa (Compostela) |
|
Hoxe xoves, 4 de marzo temos SERÁN na SALA NASA
Continuamos coa novidade deste ano, ?Obradoiro de iniciación ós seráns?que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile, este é o terceiro obradoiro de baile agarrado, impartido por Pablo Díaz.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22.15h.
Os grupos que van poñer música son:
1. Gentalha do Pichel
2. Cantigas e Agarimos
3. Habelas Hainas
E TI POS O BAILE
|
|
|
|
Na China flipan coa gaita |
|
 O gaiteiro moañés Anxo Lorenzo presenta o seu primeiro disco en solitario, "Tirán", con once temas acústicos nos que se deixa influír por sons hindús e celtas
"A música tradicional galega escóitase por todo o mundo como algo exótico e gusta moitísimo. Lémbrome que en Pequín, hai un par de anos, os chineses flipaban só vendo a estética da gaita. É un instrumento que lles transmite enerxía, sensacións de alegría ou tristeza... É un son moi exportable". Que ninguén é profeta na súa terra ben o sabe o gaiteiro galego Anxo Lorenzo, que leva os últimos dez anos tocando máis fóra de Galicia que no país.
Cofundador do grupo vigués Spíritu 986 -que mesturaba gaitas e sintetizadores, electrónica e samplers-, Anxo Lorenzo (Moaña, 1974) compuxo a sintonía orixinal e oficial do Xacobeo 2000. Dez anos despois, mañá actúa ás 19:00 horas na FNAC da Coruña para presentar o disco do seu debut en solitario, Tirán, adicado á parroquia de Moaña, onde naceu. E para iso, o gaiteiro volve ás súas orixes, con once temas acústicos cos que , asegura, se sente "máis cómodo".
Lorenzo comezou tocando a frauta aos cinco anos até que seus pais lle regalaron a súa primeira gaita un ano despois. Formado no Conservatorio Superior de Música de Vigo, Anxo Lorenzo recibiu clases de Carlos Núñez, Moxenas, Patrick Molard ou Fred Morrison.
Agora, despois de viaxar polos escenarios de medio mundo, Anxo Lorenzo volve a Galicia para tocar unha gaita feita para a ocasión por Antón Corral, profesor da Escola de Artes e Oficios e un dos seus mestres.
As cancións de Tirán beben de fontes celtas e mesmo hindús, unha influencia perceptible en temas como a súa versión do clásico Aires de Pontevedra ou A Bruxa. "A influencia da estética hindú comezou hai anos cando colaborei co colectivo Om/Off", comenta o músico que acaba de actuar no Chichester Festival Theatre de Inglaterra con éxito de público e crítica.
"Hai moita creatividade e moi bos músicos en Galicia"
O gaiteiro, que remata a xira este domingo, día 7 cun concerto na Festa do Queixo de Arzúa, ás 19:00 horas, é "moi optimista" ollando o panorama da música tradicional galega e do folk. "Hai moita creatividade, bos músicos e están saíndo cousas moi interesantes", apunta.
Ao seu ver, a gaita é "un instrumento que evolucionou moito grazas aos artesáns e á preparación dos músicos grazas ao Conservatorio Superior de Música de Vigo ou á Central Folque de Santiago", incide. De aí que conciba a fusión da gaita con outras músicas como un proceso creativo aberto. "O límite pono cada un. É un instrumento que fóra de Galicia gusta moito e que aquí non valoramos tanto porque estamos máis acostumados ao seu son", asegura.
En Tirán, producido por Pedro González e que xa está á venda nas grandes superficies de toda España, participa a súa banda -Xosé Liz (bouzouki), Milla (percusións), Begoña Riobó (violín) e Álvaro Iglesias (contrabaixo)- e aos que se lles acaba de incorporar o violinista irlandés Eoghan Neff.
ARTISTAS Kathryn Tickell colabora no CD
En Tirán colaboran tamén a gaiteira e violinista de Northumbria, Kathryn Tickell, as cordas de Pancho Álvarez e Luis Peixoto, Roi Adrio na percusión, a zanfona de Anxo Pintos, o acordeón de Jorge Arribas e o grupo de estética hindú Om/Off.
Ademais, Anxo Lorenzo ten colaborado con artistas como Celtas Cortos, Lúnasa, Kathryn Tickell, Michael McGoldrick, The Chieftains, Daimh, The National Jazz Orchestra, Luigi Lai, Diarmaid Moynihan, Brian Finnegan, Xarabal, Om/Off, Jaula de Grillos, Tejedor, Angus Mackenzie, Iain MacDonald, Germán Díaz, Mónica Molina, Skape, Amistades Peligrosas ou Poncho k.
Malia chamarse igual que o responsable de Política Lingüística do Goberno galego, a este músico aínda non lle pasou ningunha anécdota. "Eu non son tan polémico", chancea.
www.galicia-hoxe.com |
|
|
|
Música de culto |
|
Os galegos The Homens e os cataláns Nueva Vulcano actuarán xuntos hoxe na sala Moon de Compostela e mañá, na Mardi Gras da Coruña.
O grupo barcelonés presentará o seu último disco, ?Los peces de colores?, o sábado xunto a The Fingers en La Iguana Club de Vigo. Ademais, o concerto de Santiago rematará cunha pinchada de Dirty Socks.
Nueva Vulcano e The Homens sumarán forzas a fin de semana próxima nunha serie de concertos por Galicia. Os cataláns presentan o seu último disco, Los peces de colores, e os galegos fan o propio co seu Cuarta potencia, e estarán hoxe ás 22.30 horas na sala Moon de Santiago de Compostela e mañá ás 22.00 horas na Mardi Gras da Coruña.
Nueva Vulcano seguirán camiño o sábado actuando con The Fingers en La Iguana Club, en Vigo. O concerto de Santiago rematará cunha pinchada dos integrantes do grupo compostelán Dirty Socks. Nueva Vulcano son un fenómeno de culto para moitos. Agora presentan o seu terceiro disco, Los peces de colores (BCore, 2009), despois de Principal primera e do impresionante Juego entrópico, que os mantivo durante catro anos nos escenarios. Nesta ocasión, Artur Estrada canta máis alto e máis claro que nunca, e as súas incribles letras saen a relucir, apoiadas por esa guitarra sucia e a veces tímida, polo baixo monumental de Wences Aparicio e pola batería contundente de Albert Guàrdia. Pola súa parte, os composteláns The Homens presentan o seu cuarto traballo, Cuarta potencia, melodía a volume atronador, inocencia pop e nihilismo negro, un disco que mostra a banda preocupada polas melodías e polas letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Logo dos EPs #1 e #2 mais do disco de longa duración Tres, este traballo, producido de novo por Santi García, recolle unha ducia de cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en catro anos de xira sen fin.
www.galicia-hoxe.com |
|
|
|
Concerto didáctico de Xavier Blanco en Moaña |
|
 Sábado 6 de marzo, 19.30 h.
Auditorio Municipale Moaña-Entrada Libre
Xavier Blanco é traballador do Concello de Moaña como profesor de gaita onde dirixe a Escola Obradoiro de Instrumentos Musicais Tradicionais.
Do seu traballo como investigador dan cumprida conta discos como A Gaita de Cana de Moaña, As Gaitas Troncais ou Os Instrumentos Pobres. Neles amosa a riqueza da nosa música tradicional. O seu concerto didáctico é unha mostra deste traballo de recuperación e das súas habilidades expresivas nas que nos permiten ver a un Xavier Blanco que canta e toca diferentes instrumentos e pezas nunha hora e media de auténtico goce para as persoas que se acheguen ao auditorio rianxeiro.
|
|
|
|
A última voz ceibe e rebelde |
|
Hai dez anos Galicia perdía a Suso Vaamonde, un dos fundadores do movemento da canción galega máis comprometido
«Teño o recordo dun Suso Vaamonde con moita forza, coherente co seu tempo e coas súas ideas. Aos dous nos tocou pagar un prezo moi alto polo feito de cantar e por respaldar os nosos textos cunha actitude persoal desafiante». Así recordaba desde México Xerardo Moscoso, o cantante galego fundador do movemento Voces Ceibes durante a ditadura, ao seu colega Suso Vaamonde. Estas dúas voces «ceibes» estiveron unidas non só pola canción en galego na resistencia da longa noite franquista, senón tamén polo exilio. O primeiro, exiliado desde os últimos anos da ditadura en México -onde aínda sigue a vivir- e Suso Vaamonde, en 1979, en plena democracia, por cantar na pontevedresa praza da Ferrería unha canción que non foi do gusto dun oficial do Exército presente, o que supuxo para o cantante galego unha pena de seis anos e un día de prisión por «inxurias á Patria con publicidade».
Vaamonde non quixo pagar tan alto prezo por tal publicidade e marchou a Venezuela, para volver catro anos despois cos socialistas no Goberno despois de pedir a revisión da condena e o indulto, que conseguiu tras pasar case dous meses na cadea.
Primeiro preso político
Deste xeito, Suso Vaamonde converteríase no primeiro preso político da democracia, e Xerardo Moscoso, no último exiliado, pois o fundador de Voces Ceibes aínda vive no país azteca.
Desde México, recordaba Moscoso ao seu compañeiro de canción cando este partía, en febreiro do ano 2000, cara ao seu último exilio da terra que o viu nacer e á que entregou toda unha vida. «Agora -recordaba Moscoso-, ao coñecer a noticia do seu falecemento, sinto moito non poder ter nunca máis a oportunidade para o reencontro. Tanto el como eu pagamos o prezo de ter sido congruentes coas nosas cancións e coa nosa maneira de pensar. Agora a el levouno o demo. A min botáronme como un can no Nadal do 75 e aquí sigo. El xa non regresará, eu ¿quen sabe?».
Despois de que o demo cumprise co fatal destino, tres días mais tarde, Suso navegaba pola beira do río Oitavén cara ao mar, en pos da liberdade pola que tanto loitara. Alí estaban na partida da súa ultima singradura, baixo lemas e bandeiras diferentes, un amplo espectro de escritores e voces do país que despedían así á voz rebelde e comprometida, porque así foi ata o final, por enriba de estéticas e bandeiras, Suso Vaamonde. Un cantautor ao que nunca lle tremeu a voz reivindicadora e comprometida sobre o escenario, salvo un día, tres meses antes do seu falecemento, en que recibiu o emocionado homenaxe dos seus compañeiros de profesión, amigos e seguidores en Salvaterra do Miño. Só aquela vez desexou que os organizadores lle puxeran un armario para esconderse.
Ao cumprirse dez anos do seu pasamento compre recordar a voz recia e grave cuxa acción xirou sobre un triplo pensamento que o acompañou ata o leito de morte: «A defensa dun pobo, dunha terra e dunha fala». Pero, sobre todo, recordalo coa imaxe que gardan seus compañeiros de escenario e compromiso, como «un rebelde que nunca deu o brazo a a torcer», que aínda que non o dixera, preconizaba aquilo de que «máis vale morrer de pé que vivir de xeonllos».
La Voz de Galicia |
|
|
|
Entrevista a Bieito Romero |
|
Bieito Romero, acordeonista, gaiteiro e zanfonista, foi un dos fundadores con conxunto folk Luar na Lubre, hai case 25 anos. Co seu primeiro disco en directo, Ao vivo, ?xa esgotado e a piques d e reeditarse? veñen de gañar o Premio da Música ao Mellor Álbum Folk. co que sumaron o seu noveno galardón.
Pensan xa nun novo disco?
Xa estamos preparando un, e deberiamos empezar a gravar a partir do verán, para que estea nas tendas en 2011. Será un pouco diferente, porque traballaremos sobre a música medieval, coas cantigas, cos poemas do ciclo bretón e carolinxio, Martin Códax, Alfonso X..., pero dándolle unha instrumentación moderna, traéndoa ao noso terreo, porque é unha música moi adaptable.
O premio da música foi un bo regalo de 25 aniversario para vostedes?
Pois si. Foi un recoñecemento importante, que premiou o noso primeiro disco en directo. E faise máis importante porque xorde da votación dos compañeiros do mundo da música.
Con este van nove premios, xa non hai moitos que lles gañen...
Nos catorce anos que se levan celebrando Premios da Música, só Alejandro Sanz e Amaral teñen máis ca nós, e Amaral só nos leva un de diferenza. É un detalle que pode axudar a ver a importancia que pode ter a música galega, aínda que non sexamos superventas.
Queixárase vostede anteriormente de que a Xunta non os felicitou...
Agora tivemos felicitacións da Xunta, do xestor da Agadic, Juan Carlos Fasero, do Concello da Coruña... houbo varias. Tardaron, pero remataron por facelo despois de que eu sacase o tema nunha entrevista. Considérome felicitado, e estou satisfeito, pero o ideal tería sido que o fixeran no momento, non catro días despois. Hai que ser máis sensibles coa cultura do país, sobre todo se queremos que teña importancia, se queremos valorizar o que facemos.
Pensa entón que falta sensibilidade política de cara á cultura galega?
Si, pero non só neste goberno. Co bipartito tamén nos sentimos afastados, porque nós non temos amigos políticos, e iso é unha gran eiva á hora de chegar ás institucións. Nós temos máis de 300.000 discos vendidos, fomos tocar a máis de 25 países, e moitas veces te sentes máis recoñecido fóra de Galicia que dentro... É cansino que, cada vez que hai un cambio de goberno, teñas que volver explicar quen es e o que fas. Non todo o mundo ten que saber de todo, pero se vas asumir un cargo administrativo relacionado coa cultura, deberías asesorarte. Resulta moi triste ter que explicarlle a una consellería ou a un concello que é Luar na Lubre, despois de 24 anos. O caso é que sempre tivemos que pelexar moito pola axuda institucional.
Participarán este ano no ciclo Xacobeo Raíces, centrado nos grupos galegos. Pelexaron para estar aí?
Neste caso, non. Postulámonos para participar, porque consideramos que debemos estar presentes nestes eventos, estea quen estea na Xunta, e non tivemos problema.
Parécelle suficiente este Raíces como presenza galega no Xacobeo?
Por unha parte, é moi representativo porque partipán un bo número de grupos e solistas, 25 en total. Por outra, só dura seis meses, e todos os concertos son en Galicia. Deberiamos estar por toda España, ou polo menos nas localidades do Camiño. A música galega debería estar por aí promocionando o Xacobeo, cousa que revertiría en nós e tamén no propio Xacobeo, pero por desgraza o Goberno non tivo esa perspectiva ao organizalo.
Que tal con Juan Carlos Fasero na Agadic, tendo en conta que el tamén ven do mundo da música?
Nós con Fasero tivemos unha entrevista e lle expuxemos os nosos proxectos. Estamos á espera, e somos conscientes de que só leva un ano. Nestes momentos, non estou en condición de valorar, pero debería entender que no folk, e na música que se fai en Galicia en xeral, hai potencial abondo para consolidar unha industria propia e forte. Nunca houbo en Galicia tan boa calidade e tanta cantidade de músicos como agora.
Entón, que falla no sector?
Que estamos moi desunidos, e que cada quen traballa na súa parcela, pero para solventar iso debería estar a administración, dende a sensibilidade que se lles presupón. Pero non, estamos moi desprotexidos, ogallá tiveramos un sistema como o francés, onde o músico está considerado polo Estado, ten cobertura da seguridade social... e mentres, aquí temos que estar mendigando.
Por que países como Irlanda, Cuba ou Cabo Verde dan vendido a súa música e Galicia non?
Ese é o tema. Igual que se fai coa moda e coa gastronomía, a música tamén debería ser embaixadora de Galicia. A música irlandesa é unha das principais fontes de divisas do país. Ou, sen ir tan lonxe, os andaluces teñen un recoñecemento do flamenco dentro do seu Estatuto de Autonomía, porque entenden que é algo que lles dá prestixio. Hungría, que está por debaixo de nós economicamente, logra exportar a súa música, igual que Cabo Verde, que ten a Cesárea Évora e outros moitos artistas. O truco? Que eles valoran o que teñen e o potencian, un exemplo que nós deberiamos seguir.
Poden abrir camiño os festivais?
Poden, pero precisan repensarse un pouco. Aquí estamos no país do gratís, e iso acaba por atraer a xente á que non lle importa quen toque nin como, crea un ambiente de botellón que dá unha imaxe pésima. Eu son partidario de cobrar aínda que sexa un prezo simbólico, para seleccionar a xente. Implantárono na Carballeira de Zas, cinco euros cos que regalan un pano e un CD, e aínda así xuntan unhas 8.000 persoas. Co recadado, xa garanten o festival do ano que ven, en vez de estar pendentes de vender camisetas e churrasco.
www.xornal.com |
|
|
|
Preparando o novo disco de Sondeseu |
|
 Sondeseu grava o seu terceiro Cd estos días no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Vigo
O traballo chámase "Barlovento" e estará na rúa o 28 de Marzo. Conta coa colaboración dos mestres das seccións como solistas e a participación de Rosa Cedrón, cunha versión orquestral de "Romance de Mirabella".
www.e-tradvigo.blogspot.com |
|
|
|
Vigo coordinará la red de orquestas folk a nivel europeo |
|
A Rede Europea de Orquestras Folk (coas siglas ENFO en inglés) converterán a Vigo nun referente da música popular ao liderar un proxecto seleccionado pola UE e no que participarán xunto a Finlandia e Italia, e que busca ser un intercambio profesional e de coñecementos.
O Concello de Vigo, a través da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-Trad), a orquestra viguesa Sondeseu traballarán xunto á Sibelius Academy, de Helsinqui, a asociación Artemotiva, de Turín, na creación da primeira rede europea de orquestras folk (ENFO). É unha iniciativa pioneira, subvencionada pola Axencia Executiva para a Educación, Audiovisual e Cultural, que establecerá na cidade a sede permanente da Rede Europea. O seu principal obxectivo é o de fomentar a mobilidade de profesores e alumnos vinculados ao folk contemporáneo así como o intercambio de experiencias.
O ENFO foi presentado onte no Concello polo alcalde fraqueado pola concelleira de Educación, Laura López Atrio; o director de Sondeseu, Anxo Pintos, polo director da e-Trad, Rodrigo Romaní. Durante o acto, o alcalde manifestou a súa satisfacción pola iniciativa, que cualificou de "confluencia de vontades e proxectos" e asegurou que nace "sen límite de percorrido, nin tempo, nin ambición?. Do mesmo, a concelleira destacou que Vigo sexa unha do oito cidades españolas seleccionadas polo programa europeo: "Impúxose a unha competencia moi dura, o que demostra a profesionalidade dos implicados". Pola súa banda, Romaní incidiu nas dúas principais características do proxecto: o feito de que é ?vigués?, pois a cidade será centro de decisións; e a vinculación do carácter artístico co educativo, con orquestras e escolas como socios.
O obxectivo: dez asociados
O proxecto conta cun investimento total de 316.210 euros (158.105 achegados pola Axencia Europea e 66.389 euros, polo Concello) e ten unha vixencia desde maio
de 2010 a abril de 2012. Segundo explicou o director da e-Trad, Rodrigo Romaní, o obxectivo é que, tras estes dous anos, lógrese ampliar a rede a un ?mínimo de 10 países?. Así, despois de 2012 continuaríase coa ampliación, ante a posibilidade de volverse a presentar a convocatorias para proxectos plurianuais (a cinco anos) e que necesitan o mínimo de 10 socios. O programa de actividades inclúe catro encontros e a elaboración de catro documentos de traballo que darán consolidación á rede. Vigo acollerá a primeira conferencia da ENFO este ano e Sondeseu tocará en Helsinqui e Turín. En 2011, Helsinqui exercerá de anfitrioa nas xornadas de intercambio (masterclasses, talleres, concertos) e celebrarase en Vigo a primeira conferencia ENFO. Acabará esta primeira fase en Turín, en 2012 cun novo encontro de traballo.
www.atlantico.net |
|
|
|
Sereas: espectáculo poético-musical (Compostela) |
|
Sereas é o espectáculo poético?musical no que as mulleres somos protagonistas, todas e cada unha de nós, as que estamos e as que non.
As cantoras levamos connosco a forza da palabra, esa que tomamos prestada de tantas que nos precederon; voces anegadas, silenciadas no tempo que permanecen na memoria colectiva de todas nós.
Mulleres doutra hora que berraron incesantemente e foron construíndo espazos de resistencia, espazos cheos de significado que contrastaban co silencio imperante na sociedade, son hoxe as que nos inspiran e nos alentan nesta viaxe de ida e volta.
Olimpia de Gouges, Mary Wollstoneecraft, Simone de Beauvoir, Kate Millet...son tantas as mulleres sol! Sexamos impertinentes, cuestionemos a orde mundial que estableceron para nós sen contar coa nosa voz. Sexamos libres e donas do noso destino.
Existe un gran desequilibrio entre o feminino e o masculino e temos que ser nós as que cuestionemos e modifiquemos os clixés establecidos. A loita de tantas mulleres que non quixeron conformarse segue en pé, e é que as mulleres somos emprendedoras. Fomos conquistando dereitos e alzando cada vez máis a nosa voz co noso esforzo e coa fe de crer naquilo que ansiamos.
Fai moito tempo que iniciamos este eterno navegar a contravento. Como as sereas subsisten nas augas dos mares e percorren océanos atravesando correntes, e outros fenómenos adversos, debemos camiñar, navegar sobre a nosa propia ruta, e cortando o mar ao noso xeito deixando atrás toda corrente ou tempestade, pero sen esquencer o xa navegado, o pasado, e sobre todo aprendendo del. Non somos pailebotes á deriva, sabemos abrir as velas, coller os remos e vogar. A nosa agulla tamén sinala ao norte, a nosa rosa dos ventos tamén ten catro puntos cardinais, só hai que asir o temón e navegar, e non esperar a ser remolcadas por ningún vapor con casco de ferro. A que esperamos para desatar cabos e comezar a nosa viaxe?Sereas é unha homenaxe á Muller Traballadora a través das voces de sete artistas mariñas, sete artistas galegas.
Sereas é o espectáculo poético - musical no que as mulleres somos protagonistas, todas e cada unha de nós, as que estamos e as que non. Sete mulleres peixe que, a través dos nosos cantos mariños fabricamos un universo sonoro en clave feminina.
Uxía, Mercedes Peón, Rosa Cedrón, Ugía Pedreira, Guadi Galego, Silvia Penide e Sonia Lebedynski. Sete Sereas, Sete Ondas, Sete Mares que iniciamos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o día sete de marzo ás sete da tarde.
As que navegamos polos mares das artes somos quen de continuar coa estela emprendida por tantas mulleres sabias, agradecidas sempre polo seu bo facer e mellor pensar. Mulleres valentes que sen dubidalo un día quixeron seguir a súa propia ruta, mulleres que quixeron interpretar as cartas mariñas doutro xeito, mulleres que foron trazando novos rumbos porque crían no seu saber.
Quédannos aínda moitas millas que marear, a nosa flota aínda non é todo o forte que debera, pero podemos chegar máis lonxe. Podemos e debemos, porque no seu día os barcos Olimpia, o Mary, o Kate ou o Simone foron botados ao mar bautizados con botellas de vinagre e na máis escura das noites.
www.terraetempo.com |
|
|
|
Comeza a semana |
|
Terza feira 2 (Martes)
Corta feira 3 (Mércores)
? Anxo Lorenzo, presentación do seu novo traballo "Tirán" na Fábrica de Chocolate (Vigo) ás 22:00
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 4 (Xoves)
? The Homens e Nueva Vulcano na Sala Moon (Compostela)
? Trio Vaamonde, Lamas & Romero ás 21:00 na Arteira Noroeste (Compostela)
? O ´Carolan na Casa das Crechas (Compostela)
? Serán na sala Nasa (Compostela)
Sexta feira 5 (Venres)
? Charla de Pablo Carpintero na e-trad (Vigo) ás 19:00. Instrumentos de Vento na tradición
? The Homens e Nueva Vulcano na Mardigrass (A Coruña)
? Anxo Lorenzo presenta disco na Fnac da Coruña
? Nao e Kastomá na Sala Capitol (Compostela)
? The Turre´s Band no Auriense (Ourense)
? Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro (A Coruña)
? Serán na Ermida (Pazos de Borben)
Sábado 6
? Fuxan os Ventos no Teatro Colón (A Coruña)
? Presentación do novo disco de Ruxe-Ruxe na sala Capitol (Compostela) con Medomedá
? Nao e Machina na sala Mondo(Vigo)
? A Tribu na sala Nasa (Compostela)
? Ultraqäns e Cuchufellos na Palloza da Balboa (Os Ancares)
? II Festival da Maía na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) ás 20:00
? Xavier Blanco no Auditorio Municipal de Rianxo ás 19:30
? Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
Domingo 7
? Anxo Lorenzo e Mutenrohi na Festa do Queixo de Arzúa |
|
|
|
Premios IX Premios Opinión de música Folk |
|
 O disco Benzón , de Guadi Galego, resultou gañador na novena edicións dos Premios Opinión.
Na segunda posición houbo un empate entre os álbumes de Caramuxo e Nova galega de Danza.(a primeira vez que temos discos empatados na historia dos nosos premios)
En outubro, aínda non temos data, realizaremos no teatro Rosaalía de Castro a gala de entrega de galardóns.
Saúdos.
Óscar Losada
|
|
|
|
Guadi Galego primeiro premio dos IX Premios Opinión de música Folk |
|
 Guadi Galego decidiu apostar forte no seu debut en solitario e enleouse nun proxecto moi ambicioso no que contou cunha chea de colaboradores, tentando así darlle sentido e unha forma específica a cada tema do repertorio.
Con produción propia investiu os cartos nun soño que se converteu realidade co seu traballo e que agora se ve recompensado coa elección como mellor disco folk do ano por parte do xurado dos PREMIOS OPINIÓN.
Cando saíu este traballo ao mercado, Galego falábanos das dificultades económicas para montalo todo como ela quería e cría que existía ?un risco claro nese apartado, pero cuns traballos xa gañei diñeiro e con outros non, mais neses casos gañas a outro nivel e en satisfacción persoal?. Ao contar con arranxistas diferentes para cada peza empregou un método de traballo ?no que eu lles pasaba a peza e o arranxo era totalmente libre. Interesábame plasmar a pluralidade musical. Quixen salientar o papel importante dos arranxistas e ademaisvalorar o alto nivel do que gozan na nosa terra?.
Esas colaboracións externas podían dispersar o ton creativo, pero no disco está ben presente a artista coñecida por participar noutros proxectos. Ese foi un cabalo de batalla á hora de cismar nos contidos ?e que o resultado tivese un toque persoal e que non fose todo como un pegote.Todos os arranxistas, cadaquén coa sua liña musical, creo que teñen certo punto en común. Eu quería un disco acústico porque teño claro que é nesa sonoridade onde agora me sinto ben?, sinalaba a cedeirense. Esas outras propostas musicais nas que participou a cantante tamén tiveron unha presenza importante a través dos anos no palmarés dos PREMIOS OPINIÓN.
Formando parte de Berrogüetto acadou dous galardóns. Na primeira edición fixéronse co primeiro posto e na segunda oportunidade na que participaron foron segundos porque a primeira praza quedou en mans de Nordetin@s, o proxecto no que as voces de Guadi e Ugía Pedreira están acompañadas polo piano jazzístico de Abe Rábade. Por se todo isto non abondará, o dúo Espido, que comparte con Guillermo Fernández, realizou o seu debut musical nunha das galas de entrega de premios e posteriormente editaron un disco que se viu recompensado coa segunda posición.
www.laopinioncoruna.es |
|
|
|
Caramuxo e Nova Galega segundos premio dos IX Premios Opinión de música Folk |
|
 Caramuxo e Nova Galega ocupan conxuntamente o segundo lugar
Son dúas propostas rompedoras no panorama musical galego e esa é unha das características que valoraron os membros do xurado para lles conceder o seu beneplácito. A outra é que saben ben por onde pisan malia abrir novos vieiros e sempre é máis complicado transitar por territorios ermos nos que cómpre investigar que empregar fórmulas xa coñecidas.
Caramuxo e Nova Galega de Danza son dúas formacións que chaman moito a atención polo seu labor e, sen dúbida algunha, veñen a enriquecer o panorama da música de raíz galega.
No caso de Nova Galega de Danza o seu nacemento musical non pasara inadvertido, xa que coa súa ópera prima foran quen de se alzar co premio ao mellor disco folk do ano nos nosos galardóns.
Agora recuncan no palmarés con esta terceira obra, na que a dirección musical recae por primeira vez en Pedro Lamas, que xa exercía como segundo nos anteriores álbumes. O músico considera que na obra decidiron apostar ?por un repertorio que non resultase especialmente recoñecible e enfocamos o traballo sobre melodías concretas?.
Unha diferenza importante neste álbum é a presenza de case un 50% de pezas cantadas, ?e resulta lóxico que iso suceda cando temos o referente da música popular e aí resulta de vital importancia a voz. Quixen que estivese compensada esa faceta coas propostas instrumentais?. En canto ao espírito creativo salienta que teñen moi presente que resulta mellor ?ser atrevidos que conservadores.Queremos procurar os límites sobre os que estamos cómodos para dar unha volta máis e descobrirnos a nós mesmos?, indica Lamas.
Pola súa banda, o Cuarteto Caramuxo vén de debutar con Tiruriru, onde ofrece unha nova sonoridade baseada no labor dos catro clarinetes que forman parte do conxunto, que son acompañados por acordeón e percusión na formación, á que os espectadores da pasada gala dos nosos premios puideron contemplar en directo interpretando unha versión do grupo Milladoiro. Os compoñentes sinalan que cómpre amosar que a música tradicional ?non está morta e existen diferentes xeitos de abordala. Nese eido aínda queda moito por facer?. Un dos puntos fortes deste traballo discográfico son uns arranxos ben coidados e resultóns, dos que os caramuxo comentan que se trata dun labor moi colectivo. ?Partimos dende a melodía e un de nós presenta unha harmonización, e a partir de aí comezamos a xogar e cadaquén comeza a aportar elementos co seu instrumento?, indican os músicos da banda.
www.laopinioncoruna.es |
|
|
|
|
|
|
|
|