En Mar del Plata, "Alalá" coñece a Dolores Castiñeira, unha muller fóra de serie. Ten 78 anos, leva na Arxentina desde o ano 49 e ten unha memoria prodixiosa, pois lembra que eran as tres da tarde aquel día de maio que embarcou para Arxentina e lembra ducias de cancións da súa infancia en Galicia. Toca a pandeireta coa mesma simpatía coa que fala e conta tantas cousas interesantes que un non se cansa de escoitala.
A viaxe pola humanidade de Dolores tamén vai acompañada pola viaxe á cidade turística máis importante da Arxentina, que lle encanta a Dolores e que está feliz e satisfeita de todo o que viviu, aínda que non hai un só día que non lle acorde Galicia. E como exemplo do seu afán de superación e do seu amor pola terra basta saber que alí, na Arxentina, despois de ter criados os fillos e xa con netos, fixo o seu primeiro curso de galego, porque quería saber escribir ben na súa lingua e porque, como lle dicía seu avó, nunca hai que deixar de aprender.
O músico de Cecebre leva anos ofrecendo a súa arte polos escenarios. Coñecido fundamentalmente por ser gaiteiro e comezar na música tradicional, nos seus diversos proxectos xurdidos nestes anos tamén bota man do saxo soprano cando o precisa. Ademais de intérprete sobranceiro, Pedro Lamas é un compositor que tanto sabe crear pezas para gaita como temas folk netamente contemporáneos
Ao acostumar participar en espectáculos en que está acompañado doutros colegas, o músico Pedro Lamas non adoita aparecer nos medios de comunicación expresando as súas opinións. Compoñente do trío Lamas, Vaamonde e Romero, do grupo tradicional Luvas Verdes, e actual director musical de Nova Galega de Danza, o incansable artista vén de presentar no ciclo Forumfolk un traballo canda o pianista asturiano Jacobo de Miguel, no que contan coa colaboración da voz de Xabier Díaz.
?Ese espectáculo é unha mestura de folclore asturiano e galego baixo un prisma particular, co piano e o saxo soprano, ou a gaita, como soportes principais, ademais do contributo de Xabier Díaz. Xa presentaran parte desta obra ao concurso Cancioneiros da Fundación Barrié, onde recibiron unha mención especial por parte do xurado. Como naceu este bonito proxecto?
?Coñecía o traballo de Jacobo coa cantante Anabel Santiago e propúxenlle facer algo xuntos. El vén do jazz e ofrece a súa visión musical. Jacobo descoñecía o repertorio popular galego cando comezamos. Desde que presentamos a proposta para o certameCancioneiros as cousas mudaron porque el agora aporta máis conceptualmente ao conxunto, e non só nos arranxos. Creo que os músicos asturianos e galegos teñen unha linguaxe común coa ligazón do folk. Tamén era un paralelismo interesante empregar repertorio dos cancioneiros de Torner e Bal y Gay, un asturiano e un galego, o que nos serve para reivindicar o seu importante labor. Queremos sacar o disco con este proxecto para este ano contando con máis músicos, tanto asturianos como galegos, como colaboradores do álbum.
?Tamén é un xeito de presentar a gaita como un instrumento que pode combinar perfectamente cun piano. Xa existen máis propostas que afondan nese vieiro. Que pensa delas?
?Paréceme natural que a gaita atope o seu lugar entre outros instrumentos que expresan emocións e resulta lóxico que vaia achando sonoridades menos explotadas e combinacións diferentes. A música está nos músicos e non nos instrumentos que tocan e creo que agora existen menos prexuízos sobre a gaita. Existe agora unha unión dun repertorio camerístico coa gaita e aínda quedan por facer cousas.
?Foi unha responsabilidade grande facerse cargo da dirección musical do novo espectáculo de Nova Galega de Danza?
?Levaba anos traballando con eles, facendo composicións, e agora asumín a responsabilidade con gusto. Foi un reto e tiña que elixir o discurso musical que quería realizar. Abordar a tradición dándolle unha perspectiva musical diferente é algo que me vén acompañando nos meus proxectos. Estou ledo co resultado, coa colaboración cos músicos, e resultou gratificante. Espero que o álbum saia en maio.
?Uniuse a Vaamonde e Romero, que xa tiñan un dúo, coa naturalidade que lles outorga a súa complicidade musical. Debutaron discograficamente o ano pasado. Que esperan deste 2009?
?Sobre todo dar concertos porque a obra está enfocada cara o aspecto lúdico e a complicidade co público máis que a abraiar musicalmente. A maioría das pezas xa teñen anos de vida nos escenarios.
?Non podemos esquecer a súa participación en Luvas Verdes Foron quen de relanzar esta proposta, tal como pretendían?
?Non saíron demasiados concertos. Esperamos sacar un segundo disco e fixemos unha colaboración con música en directo para a restauración do filme La casa de la troya. Existe pouca atención neste país aos grupos estritamente tradicionais. Esta non é unha música tan minoritaria e temos moitas escolas, asociacións e grupos de baile ligadas á tradición. Semella que non resulta atractiva para os programadores e debería ter máis presenza nos escenarios galegos. Mírase este estilo como algo amateur e así resulta complicado contar con profesionais que vivan da música.
?Como ve a situación actual do folk galego?
?Penso que está a consolidar o seu estatus. Disfrutamos dun momento realmente bo, posto que contamos con propostas artísticas moi diversas e de calidade. Aos críticos estalles custando ubicar certos produtos e iso significa que se están a saltar barreiras, o cal resulta sempre interesante.
O Encontro coa Zanfona Contemporánea que cada ano se vén celebrando en Narón por estas datas chega a súa V edición. Terá lugar entre o 13 e o 15 de marzal en diferentes puntos deste concello e reunirá a interesados por este instrumento milenario que está a rexurdir con moita forza nos últimos anos en toda Europa e baixo diferentes estilos e apreciacións.
O Encontro coa Zanfona Contemporánea é unha produción de aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, que organiza cada ano co Padroado de Cultura do Concello de Narón e logo de catro edicións convertíuse nun referente pedagóxico e escénico montado ao redor deste instrumento milenario cunha orientación moderna para dar a coñecer as últimas e variadas tendencias da zanfona. A repercusión deste festival chega a unha grande parte do público interesado neste tipo de músicas pola especificidade da proposta e a achega de ?maestros? internacionais á Ferrolterra.
Os anos anteriores viñeron até Narón uns dos mellores representantes europeos deste instrumento: Valentin Clastrier, Gilles Chabenat, Marc Egea ou os galegos Anxo Lois Pintos e Óscar Fernández.
O mestre invitado é Grégory Jolivet, un novo valor do centro de Francia cunha longa experiencia nos escenarios. Dado a coñecer internacionalmente logo de sustituir ao mítico Nigel Eaton como zanfonista da histórica banda inglesa Blowzabella e cunha sólida traxectoria como solista e en formacións de dúo e trio. Compartirá escenario nos concertos do venres no Auditorio de Narón con Xarnege, un colectivo transfonterizo de bascos e gascóns.
Ademais haberá actuacións do dúo Sobre Rodas -Carlos do Viso e Luis Caruncho- na feira do 13 en Sedes e farán concertos artístico-didácticos para escolares do concello.
Na parte máis teórica do Encontro, estarán o investigador Xulio García Bilbao e Luciano Pérez do obradoiro musical e arquivo documental Centro de Artesanía e Deseño (Centrad) da Deputación de Lugo, herdeiro do pioneiro obradoiro que fundou Faustino Santalices quen recuperou este instrumento en Galicia hai xa máis de cincuenta anos.
As xornadas de convivencia -curso, conferencia, palco aberto- terán lugar en Aldea Nova na parroquia de Sedes.
O prazo de inscrición ao curso aínda non está aberto, pero ficade á espreita.
Corta feira 18 (Mércores)
? Zurrumalla na Fábrica de Chocolate (Vigo) ás 22:30
Quinta feira 19 (Xoves)
Sexta feira 20 (Venres)
? Lamatumbá en Pontedeume
? Samesugas no Badulake de Ordes
? Snatch na Bodega (O Carballiño)
? Skandalo GZ na sala Boss de Ponteareas
? Kastomá na Praza do Mercado de Arzua
? Pito de Pikasso no Pub Esmorga de Cambados
? Banda Potemkin, Os Tres Trebóns e Chamalle Xís no Campo da Leña (A Coruña)
Sábado 21
? "A regueifa en Cabana de Bergantiños" ás 19:00 no Auditorio Municipal.
? Pito de Pikasso no Pub Doble Moral de Lugo
? Transilvanians na sala Breogain (Vigo)
? Dandy Fever no Salón Parroquial de Ponteareas
? Skandalo GZ, Chotokoeu, Tangana´s show e The Trolls no Festival Taiña 2009 de Goián (Tomiño)
? Foliada na Cafetería Tapal de Noia
O grupo A Subela anima a golpe de pandereita e cánticos tradicionais aos clientes da cafetería O Tapal
O terceiro venres de cada mes, os arredores da praza do Tapal, en Noia, son un ir e vir de xente. A razón non é outra que acudir á Foliada que se celebra na cafetería O Tapal, situada en fronte da igrexa de San Martiño e que desde fai un trimestre anima a noite noiesa a golpe de Foliada.
Pero, ¿que é isto? Nin máis nin menos que unha reunión de amigos con ganas de pasalo ben, ou polo menos así o define un dos membros da Subela, o grupo de música tradicional que cara a finais de mes fai brincar e cantar aos clientes da citada cafetería a golpe de gaita e pandereita.
«Isto non é ningunha actuación, senón unha reunión de amigos que un bo día decidimos preguntarlle ao dono do local se nos deixaba tocar aquí para animar á xente», di Óscar Prego, un dos integrantes do grupo de música antes de asegurar que todo xurdiu co fin de facer algo diferente e pór en marcha unha idea que xa se estila noutros lugares da xeografía galega.
«Nós vemos que Noia está morrendo e que, sacados os locais de copas de todos os días, non hai ningún sitio no que facer algo diferente, e menos os venres. Por iso decidimos, iso si, cun pouco de medo, comentarlle a idea ao dono do bar, quen aceptou encantado. E aquí estamos», alega Prego á vez que os seus compañeiros dinlle que empece a tocar ou, na súa falta, que lle ceda o tambor a alguén para poder continuar coa festa, posto que o local está cheo ata a bandeira e o ritmo non pode parar.
Xente de toda a comarca
Como non podía ser doutro xeito, a noticia foi correndo como a pólvora ata chegar aos oídos dos habitantes de varios municipios da comarca, que chegada a hora non dubidan en coller o seu vehículo e trasladarse ata o lugar da cita. E iso é o que fan un grupo de mozos de Boiro, quen sempre que poden acoden á Foliada para tomarse unha copa ao ritmo da música tradicional.
«Dixéronnos de que había isto e viñemos para ver o que pasaba aquí. Gustounos e hoxe repetimos», di unha boirense á vez que outra recoñece que lle encanta o feito de que a xente poida sumarse ao grupo para tocar.
E é precisamente, isto o que anima a moitos noieses e visitantes a pasarse polo local.
«Ou grupo está composto por 15 integrantes, pero a medida que pasa a noite váisenos unindo xente para cantar, bailar e tamén tocar instrumentos. Ademais é moi bonito ver como a medida que pasan as semanas a xente vai aprendendo os témas que tocamos e anímanse a cantar», di Prego á vez que se separa dun grupo de mulleres que non deixan de danzar.
Nin que dicir ten que o dono do local está encantado coa idea, pois sen querelo, nas últimas semanas viu como o local aumentaba a clientela
Para o vindeiro luns 23 de febreiro de 2009,
ás 21 h: Foliada
Saboreando aínda o éxito da convocatoria de Cantos de Reis como broche da tempada Forumfolk 08, esta foliada prevista para o luns de entroido abre as suás portas para convidar a xente a participar neste concerto.
Os grupos interesados deberán de enviar a súa proposta ao enderezo forummetropolitano@coruna.es
E importante que na proposta especifiquen a formación do grupo e o repertorio que non debería de incluir máis de dúas pezas. Concerto de entrada libre ata completar o aforo.
Outro ano máis, e despois da grande aceptación recibida na edición anterior (17 maquetas presentadas), a Asociación Millo Verde presenta o Concurso de Maquetas Millo Verde 2009.
As bases para esta edición son as seguintes:
1. Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galiza ou en Portugal que non teñan disco editado, a excepción dos traballos autoeditados ou aqueles que non teñan firmado un contrato discográfico. Si é posibel a inscripción dos artistas que publicaran singles ou extended plays, ou os que participasen en discos recopilatorios.
2 . O prazo de inscripción ábrese o 1 de Febreiro de 2009 e finalizará o 15 de Marzal de 2009.
3. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical.
4. Os traballos constarán de tres cancións de composición propia e que, como mínimo, terán que ser enviados en formato CD audio, acompañado dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilo, procedencia, concertos realizados, etc.) que non exceda de 50 liñas. É imprescindíbel unha nota coa dirección postal, número de teléfono, e-mail (se se dispón del) e persona de contacto. Todo o material debe ser enviado nun mesmo sobre e por correo certificado ou presentado en persona na seguiente dirección:
5. De todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto, que terá lugar a finais de Abril de 2009. De entre os tres finalistas decidirase o gañador do concurso mediante votación entre os asistentes á festa concerto. O finalistas daranse a coñecer na páxina web milloverde.blogaliza.org. É imprescindíbel ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo.
6. O gañador do concurso obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde 2009, que terá lugar os días 5, 6 e 7 de Xuño, percibindo 300 ? como contrapartida pola súa participación.
Mentres rematamos de facer limpeza na sección de Fotos para a historia, que xa son unha boa morea, subimos as fotos remitidas do Serán de avión na semana pasada.
Graciñas polo detalle e a ver se para a seguinte edición podemos achegarnos nós.
Sexta feira 13 (Venres)
? Festival Lembranzas Galegas no C. Cultural Caixanova de Vigo
? Tanxedoras no Furancho Matamáfolc (Vigo)
? Serán en Acevedo(Pontesampaio)
Sábado 14
? Emilio Rúa en Sarria
? Os Jalochos, Os Chiquiliquatres, Charanga Punki e Inllorfeis na sala Sursumcorda de Corrubedo
? Crema de Gaita no Furancho Matamafolc
? Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)
Domingo 15
? Os Carunchos no furancho Matamafolc na sesión vermú
? The Homens, Os da Ria, Quempallou e Dakídarria na sala Nasa (Compostela)
Música nas rutas xacobeas tamén no inverno
Redacción . Kimuru, María Manuela, Tony Lomba, Miro Casabella, Tino Baz ou Leo i arremecághona! son algúns dos artistas encargados de levar a música aos concellos polos que transcorren as diversas rutas xacobeas, dentro do programa Vai de camiño, que este ano estrea programación de inverno.
Concertos para acompañar o camiño, tamén no inverno. Esta é a proposta coa estrea o ano o programa Vai de camiño, a programación musical que a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellaría de Innovación, organiza para os concellos polos que transcorren as diversas rutas xacobeas.
Este ano por vez primeira Vai de Camiño incorpora unha programación específica para inverno, na que dá cabida ao pop, ao rock, á música de autor, ao folk e mesmo á danza. Neste sentido, até o mes de abril actuarán nos concellos do camiño francés, do primitivo, do portugués, do da Prata e do do mar, artistas da altura de Miro Casabella, María Manuela, Pilocha, Xoán Rubia ou Xoán Eiriz, así como as bandas Kimuru e Entremans e os intérpretes Xoán Curiel, Emilio Rúa, Leo i arremecághona!, Tony Lomba con Alberto Cunha, Samuel Leví, Magín Blanco, Vítor Coyote e Xulio Mares.
O programa incorpora ademais a danza, cos espectáculos da Nova Galega de Danza e Thomas Noone Dance, e a música para crianzas cos concertos de Mama Cabra. Todos os espectáculos realizaranse en espazos pechados, ao contrario do que ocorrerá no verán, onde a maioría dos concertos terán lugar ao aire libre. Nesta segunda fase do programa, a estes artistas sumaráselle toda unha serie de bandas noveis procedentes da Rede de Locais de Ensaio, promovido pola Dirección Xeral de Xuventude.
Tradición, o novo espectáculo de Nova Galega de Danza, de xira polo estado.
Nova Galega de Danza presentará durante os vindeiros meses o seu novo espectáculo Tradición, basado como en anteriores ocasións na música tradicional unido ás coreografías que aportan un toque de modernidade espectacular.
11 de Febreiro 2009
Madrid - Teatro de Madrid (Esp)
12 de Febreiro 2009
Madrid - Teatro de Madrid (Esp)
27 de Febreiro 2009
Moa Expocoruña - A Coruña (Gz)
28 de Marzo 2009
Sanxenxo ( Auditorio ) - Pontevedra (Gz)
Maruja Méndez formaba fai cincuenta anos unha agrupación foclórica en Vigo que se encargou de difundir o baile e o canto tradicional galego por medio mundo
No taller de costura de Maruja Méndez nacía en 1958 o Coro Lembranzas Galegas, unha asociación que o vindeiro venres celebra o seu cincuenta aniversario cun festival que se desenvolverá no auditorio do Centro Cultural Caixanova. As mozas que aprendían a coser naquel taller de Barreiro tamén conformaron o xerme da agrupación folclórica Lembranzas Galegas, que desde 1981 ten vida propia á marxe do coro.
Non entanto, o nome da aquela iniciativa xorde en 1963, momento no que a agrupación se dedica prioritariamente á participación en festivais benéficos a favor de institucións como o asilo de anciáns e, sobre todo, San Rafael. Con moitas ganas e con esforzo, o labor deste grupo vai ampliando os seus horizontes e introdúcense nos festival, como o Noite Galega, que se celebrou o 2 de agosto de 1966 no auditorio de Castrelos. Aquela noite, a agrupación abarcou numerosos paus do folclore, como o canto, o baile, a escenificación e o recital de poesías. O éxito daquela actuación abriu as expectativas do grupo cara a outros puntos da xeografía española e ata internacional.
As actuacións fóronse sucedendo e os éxitos con ela, ata obtiveron un segundo posto durante dous anos consecutivos no programa de televisión Xente Novo . A partir de 1968, Lembranzas Galegas intégrase na Sociedade Cultural e Recreativa do Calvario, pero só ata 1976, ano no que Emilio Sotelino sucede como director de baile a Alfonso Vidal.
Ao ano seguinte, o grupo trasládase a un local cedido polos franciscanos, na rúa Lorente, onde realizarán os seus ensaios e reunións.
Separación
A separación do coro prodúcese no ano 1981 «porque xa non podiamos seguir o ritmo do grupo de baile», chancea Alfonso B. Pérez, vicepresidente do coro. «O coro sempre se distinguiu por ser unha fonte continua de novos valores», explica Alfonso Pérez.
Pola dirección musical do coro pasaron Enrique Margüenda, Moisés Alonso, Hipólito Barriguín, Miguel Ángel Barreiro, Cándida Rico, Antonio Cardeñoso, José Manuel Alonso, Nuria Lorenzo e agora novamente a irmá Cándida Rico A celebración do próximo venres comezará ás sete da tarde e no festival participarán a pena musical Os Infortunados, o propio coro, a Agrupación Folclórica Lembranzas Galegas, a Coral Polifónica María Auxiliadora, o Grupo de Baile Rexional Frol Nova e o Grupo de Gaitas Meigallos de Lavadores.
O repertorio do coro incluirá varias melodías populares, como Froles douro, Lévame, Foliada de Betanzos ou Brisiñas do mar. Tras o festival, celebrásese unha cea de confraternidade nun restaurante da Madroa, que comezará ás 22.30 horas.
Os organizadores do evento queren que todas as persoas que pasaron por Lembranzas Galegas ao longo da súa historia, acudan ao festival do venres e, para iso, non cobrarán entrada para seguir o festival.
O ciclo Forumfolk naceu en outono 2008 como un espazo do Forum Metropolitano adicado a presentar novas propostas do folk galego e da música tradicional co propósito de dar a coñecer as novas tendenzas dentro das creacións galegas ligadas as tradicións e abertos a explorar novos horizontes, bien sexa a través da fusión con outros estilos musicais o experimentando con novos formatos e instrumentacións.
Por unha banda pretende ofertar aos grupos folk un espazo inexistente actualmente no ámbito galego para aqueles grupos pequenos que comenzan coa súa andaina (presentacións de grupos, presentacións de proxectos, presentacións de traballos discográficos, pequenos formatos) ou que simpelmente non sexan tan comerciais pero que teñan un peso importante dentro do folk ou da música tradicional do noso país.
Trátase dun ciclo continuo ao longo de todo o ano. Cada cuarto luns de mes se presentará un concerto do ciclo Forumfolk no auditorio do Forum Metropolitano ás 21 horas. Forumfolk é un espazo aberto a propostas e pretende convertirse nun espazo moi dinámico. Cuidarase moito a calidade dos grupos co fin de afianzar o ciclo como un referente e apoio ao fomento do folk e da música galega. Os prezos das entradas son de 5 euros e de 3 euros para xente nova con carnet xove, + 65 anos e desempregados.
Comentar que no último concerto do ciclo a gaiteira solista que tocará coa Banda Municipal será Susana Seivane.
Programa:
23.02.09. Foliada. Celebra connosco o entroido e participa, envianos a tua proposta (concerto gratuito)
23.03.09. Grupo de zanfonas de Cantigas da Terra con Óscar Fernández
Un percorrido dende os cantos tradicionais ata a zanfona contemporánea.
27.04.09. Arrás. Potaxe Galego.
25.05.09. Grupo de Pandereteiras de Donaire. Unha nova andaina
22.06.09. Ophiusa. Presenta o seu primeiro disco Paos.
28.06.09. Concerto Extraordinario da Banda Municipal. Musica galega para gaita e Banda (Concerto gratuito no Parque Europa). Gaiteira solista: Susana Seivane
Venda de entradas:
Pza de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a
13.00 e de 16.30 a 19.30 h.
Billeteira do Forum: Dia do concerto desde 1 h. antes.
Televenda 902 504 500, www.caixanova.es
Televenda 902 504 500, www.caixanova.es
Si queres participar no cicio Forumfolk ou queres facer algunha suxestión contacta en: forummetropolitano@coruna.es
As gaitas dos gaiteiros vellos están acostumadas ao recendo a herba fresca, pero despois de 30 anos metida nun armario nun piso de Lugo de Llanera, en Asturias, a gaita de Clemente "o Ferrera" colleu o ton agrisado e melancólico dos instrumentos vellos: a madeira embruteceu como asfalto, a palleta grosa como formigón e as notas volvéronse terriblemente testudas.
A gaita está así porque Clemente "O Ferrera", un gaiteiro retirado cunha gran sona que loitou na Guerra Civil, leva máis de trinta anos sen tocar nunha aldea. Agora, o equipo do programa da TVG "Alalá" consegue que Clemente volva, despois de 30 anos, ao lugar onde máis lle gustaba tocar: Murias de Rao, unha aldea de Navia de Suarna onde aínda viven os mellores bailadores da zona.
A mañá en que Clemente regresou a Murias de Rao había no aire un recendo a nostalxia, a unha época de plenitude anterior... A maioría dos bailadores pensaba que Clemente morrera e cando souberon que volvía e que ía montar unha polavila como as de antes, o tempo detívose e camiñou cara a atrás 40 anos. En Murias, este día todos se volveron mozos e xamais esquecerán este momento máxico en que o gaiteiro se volveu sentir gaiteiro... e os bailadores volveron sentirse bailadores...porque todo é posible en Alalá.
Despois dun par de semanas co xurado dándolle voltas aos espazos dos grupos para emitir o seu veredicto, xa están aquí os resultados. Estas listaxes publícanse ca única pega de non ter concertos para todos, mais iso xa se sabía cando comezou esta gran festa da música emerxente do país que foi o Nsaio Xeral.
Aquí vai a listaxe dos oito grupos que participarán nos concertos da Rede Galega de Música ao Vivo e os 24 do Xacobeo.
Este relación de elixidos foi elaborada dándolle un valor do 90% ao criterio do xurado e predominando no 10% restante os condicionantes técnicos que determinaron a conformidade dos axentes contratantes. Dende Nsaio tamén se está conversando cos organizadores dos festivais de verán para procurar sitio neles á maior cantidade posíbel de grupos de Nsaio. Sen máis que dicir, alá vai a lista pola que levades semanas agardando:
A Secretaría Xeral de Emigración ven de publicar unha resolución pola que se convocan e se regulan os seminarios de baile, música e cociña tradicional galega, dirixidos as entidades galegas do exterior, durante o ano 2009.
Poderán solicitar estes seminarios as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como as asociacións inscritas no Rexistro de Comunidades Galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles. Os seminarios están dirixidos ás entidades que teñan grupo folclórico ou vontade de crealo.
O prazo para presentar a instancia da solicitude, xunto co resto da documentación, remata o 3 de Marzo de 2009.
Pódese consultar o texto íntegro da convocatoria aquí.
Sexta feira 6 (Venres)
? The Homens na sala 600 (Melide)
? U-lo Trío? na Sala Nasa (Compostela)
? Xabier Díaz na Gentalha do Pichel (Compostela)
? XXI Noite de Carpenta na adega O Carpinteiro da Coruña
? Foliada Ven respirar no Grándola (Ourense)
Sábado 7
? Premio Recuncho Da Palleta 2008 no Teatro da Xuventude de Cecebre (Cambre) ás 16:00 con Trío Vaamonde, Lamas & Romero.
? María Manuela, Pilocha, Susana Suances e Xiana Lastra ás 21:00h no Aula Municipal de Cultura de Betanzos
? Kastomá en Santa Comba
? Lamatumbá na sala 600 (Melide)
? Banda Potenkim no Liceum (O Porriño)
? Milladoiro no Pazo da cultura de Pontevedra ás 21:00
? Serán de San Vicente de Oitaven (Fornelos de Montes) na casa parroquial.
? Serán en Mouriscados (Mondariz)
? Serán no bar do Sifón (Avión)
Domingo 8
? Manifestación ridiculista en Compostela
Sábado 7 de febreiro
-Serán de San Vicente de Oitaven (Fornelos de Montes) na casa parroquial.
-Serán en Mouriscados (Mondariz)
-Serán no bar do Sifón (Avión)
Venres 13 de Febreiro
-Serán en Acevedo(Pontesampaio)
Sábado 14 de febreiro
-Serán dos Namorados de Toutón (Mondariz)
Sábado 28 de febreiro
-Serán de de Gargamala (Mondariz)
Sábado 7 de marzo
-Serán de Oliveira (Ponteareas)
Venres 13 de marzo
-Serán da Ermida (Pazos de Borbén)
Sábado 21 de marzo
-Serán de Moreira (Soutomaior)
-Serán en Borreiros (Gondomar)
Sábado 28 de marzo
-Serán en Chaín (Gondomar)
-II Ruada de Catoira
Sábado 18 de abril
-Serán en Fozara (Ponteareas)
Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)
Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo
Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)
Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
O día 6 de febreiro celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, exactamente, a edición XXI.
Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.
O movemento ridiculista preparase para recibir a manifestación antigalega de Galicia Bilingüe en Compostela
De novo o humor contra esa Asociación que ,agora co apoio do Partido popular e a Asociación de Victimas del Terrorismo (alucino...), vai manifestarse en contra dos dereitos acadados pola lingua galega.
Sábado 7 de Fevereiro
RECEBIMENTO NACIONAL A GLORIA & GABI
(presidenta e mascote, respetivamente, de Galicia Billingüe)
Festa no C.S. O Pichel (Rua Santa Clara, 21, Compostela) a partir das 21h30 (hora galega).
C/ intervençom de Gloria Lago. Ensaio geral com vestuário. Karaokê (Bilingüismo, Mr Marshall!). Música Espanhola ao Vivo (Charanga NBGá), etc., etc.
Domingo 8 de Fevereiro
Manif sob o lema Galicia es bilingüe. Quiero libertad para elegir com saída às 12:00 (hora espanhola) da Alameda de Santiago.
Convoca:
Galicia Bilingüe
Apoiam:
Partido Popular de Vigo
Asociación de Víctimas del Terrorismo
Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía
(...)