Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Boas Festas do Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-12-2013 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Traspés
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-12-2013 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de No Cónbaro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-12-2013 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-12-2013 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Boas Festas de Fogo Fátuo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-12-2013 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Bo nadal de Rebulir
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-12-2013 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Boas Festas de Tiruleque
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-12-2013 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Festival solidario na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2013 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Trasmañó (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-12-2013 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Bellón & Maceiras en Fene
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2013 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de afinación en Caldas de Reis
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-12-2013 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Toc-Toc (Pablo Díaz) en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2013 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festa pola Selección Galega en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2013 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar, Sonoro Maxín e Sés en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2013 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Guezos en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2013 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 23 (Luns)
? Mamá cabra ás ​18:00 no ​Cine Alovi de As Pontes

Terza feira 24 (Martes)

Corta feira 25 (Mércores)

Quinta feira 26 (Xoves)
? Toc-Toc (Pablo Díaz) no auditorio municipal de Vigo ás 16:30 e ás 18:30
? Mamá Cabra ás ​18:00 na ​Casa da Cultura de Burela
? Filobia no Bar Cabiria (Vigo) ás 22:30

Sexta feira 27 (Venres)
? Bellón & Maceiras en Fene ás 20:00
? Guezos na sala Berlín (Ourense) ás 22:00
? Familia Caamagno no pub Salvaxe (Ordes)
? Bolboreta no pub Dublín (A Coruña) ás 22:00
? Balakandra no Dzine Café (San Sadurniño) ás 23:00
? Carlos Nuñez no C.C. NovaGalicia de Vigo
? Foliada fin de ano no C.C. Trasmañó (Redondela) ás 21:00
? Foliada na praza de Alfredo Brañas (Cambados) ás 22:00
? Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 28
? Obradoiro de afinación en Caldas de Reis
? Festival de Panxoliñas Retrouso en Cela (Bueu) ás 19:30
? Festa pola Selección Galega en Lugo: Nao, A Quenlla, Sem resposta, Liska!
? Brath en Arteixo
? Oscar Ibáñez & Tribo no auditorio de Redondela ás 20:00
? Sés no Teatro Rosalía (A Coruña)
? Emilio Rúa na Corte dos bois (Sandiás) ás 22:30
? Machina na sala A Reserva (Carballo)
? Bolboreta no Bobber Café (Bertamiráns) ás 22:00

Domingo 29
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2013 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana

Sexta feira 20 (Venres)
? Doa no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30
? Brath no Teatro Colón da Coruña ás 20:30
? Sés no IES Lucus Agusti de Lugo ás 21:00
? A miña primeira Rosalía en Oleiros ás 21:00
? Heredeiros da Crus na Sala Berlín en Ourense
? Caxade e A Magnifique Bande Dos Homes Sen Medo na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Estalotada no Barranquillo da rúa Concheiros (Compostela)

Sábado 21
? VIII Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional (Ramirás)
? II Festival Solidario Alumeame (Vigo) na A.V. Val do Fragoso (Vigo)
? Nova Galega de Danza no Teatro Principal de Ourense
? Sés no Cine Alovi (As Pontes) ás 20:00
? Heredeiros da Crus na Sala Coliseum en Pontedeume
? Losto Kinsky no Café Mileniun (Vigo) ás 20:00
? Camarada Nimoy na Iguana Club (Vigo) ás 23:00
? Zenzar e O Sonoro Maxín na sala Mardi Gras (A Coruña)
? Liska e Skandalo Gz no Artabria (Ferrol) ás 22:30
? Pandereteiras Chorouvía no Racimo (Vigo)

Domingo 22
? Treixaduraá s 19.00 no Auditorio de Ribadumia,
? Folc no Galiñeiro: malaherva, Os Folieiros ás 19:00 no C.C de Vincios (Gondomar)
? Tiruleque no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Liska e Skandalo Gz en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Folc no Galiñeiro (Vincios-Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-12-2013 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chorouvía no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Tiruleque en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Doa en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
A miña primeira Rosalía en Oleiros
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Losto Kinsky en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional (Ramirás)
Un ano máis chega o que será a VIII edición do Festival Internacional Rebulir de Baile e Música Tradicional, esta semana foi presentado na rede o cartel deste ano elaborado de novo polo arquitecto e deseñador ourensán Jose Diz. Os colectivos que actuarán os días 20, 21 e 22 de Decembro serán:

- Rebulir (Ramirás)
- Xirondiña (Pontedeva)
- Grupo Folclórico de Ribeira de Fraguas (Portugal)
- Colectivo Candaira (Castrelo do Val)
- AFM Villa i Condau de Noreña (Asturias)
- Danses i Cançons de Castalla (Com. Valenciana)
- Lous Crabots de Semisens (Francia)

- Presenta: Miguel del Rio (Cadena ser)
- Apadriña o acto: Rubén Riós (Actor)

Organiza: Rebulir Cultura Tradicional
Patrocina: Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Xunta de Galicia, Autos Anpian e Taberna O Galo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Solidario Alumeame ( Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Brath na Coruña


Brath presenta o seu último disco "Códex" no Teatro Colón

Con máis de trinta anos de traxectoria, Brath, a banda liderada por Eloi Caldeiro regresa con ?Codex?, un novo traballo que presenta no Teatro Colón da Coruña esta sexta feira, día 20, ás 20.30 horas. Os sons celtas achéganse desta volta ao flamenco.


Con ?Codex?, Brath fai unha ducia de discos desde a súa fundación en 1980. Desde aqueles inicios, continúa a se presentar como ?banda de música celta?, e daquelas orixes é que tomou o nome. O novo álbum remite ao mito de Fisterra e Compostela e na súa promoción, destacan que,desta volta, a música celta achégase ao flamenco con máis intensidade aínda da que se aventuraba nos últimos tempos. Por esta razón, á agrupación incorporouse Alberto Lucena, guitarrista andaluz que aporta os sons do flamenco aos sinais de identidade de Brath.

Alén do flamenco, Brath evoca sons da música africana, árabe ou medieval para poñer música ás letras escritas por Eloy Caldeiro, e que percorren os distintos camiños dos verdadeiros viaxeiros que buscan o fin da terra. ?A terra derradeira?, arredor do camiño de Compostela a Fisterra, ou ?Campostellum?, dedicada á capital galega ou ?Balata?, no encontro co Camiño da Prata son algunhas das cancións deste novo traballo de Brath arredor dos camiños que levan a Compostela.

No concerto do Teatro Colón da Coruña, o grupo presentará este novo traballo e interpretará temas dos 33 anos da súa historia.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Xira dos Heredeiros da Crus
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar e O Sonoro Maxín na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2013 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Polémica no concurso de gaiteiros do Luar
No programa 925 do Luar, -925!!!!!!!-, un gaiteiro de Verín presentouse ao concurso Vai de Gaita cunha gaita marciana. Isto é, o deseño inventado por Xosé Luis Foxo en Ourense, empregado nas bandas de gaitas "marciais" e que provoca un rexeitamento unánime no mundo da música tradicional galega. O xurado, composto por Susana Seivane, Lorena Freijeiro e Cristian Silva, foi moi duro co concursante verinés e este retrucoulles defendendo o enxendro marciano. A polémica chimpou ás redes sociais, e un grupo de Facebook de apoio á tradición musical de noso supera os 1600 seguidores en apenas 24h. Links aos vídeos e artigo de Lavesedo no interior.



Todo aconteceu en venres 13. Concretamente, o de decembro de 2013. No programa 925 do incombustible Luar desenvolvíase unha eliminatoria do Vai de Gaita, o concurso para escoller @ mellor gaiter@ do país. Un dos concursantes, Denís de Verín, presentouse ao concurso cunha gaita marciana. (NOTA para descoñecedor@s e até inimig@s do universo gaiteiril: gaita de 3 roncos, aire marcial,..., unha versión agalegada da gaita escocesa que fomenta hai anos Xosé Luis Foxo en Ourense a través da deputación e da semente que foi deitando por vilas de toda a provincia). A resposta do xurado foi especialmente dura. Paga a pena ver o vídeo, no que Susana Seivane dá unha lección de coherencia, orgullo e amor cara ao mundo da música tradicional e o que representa o seu instrumento icónico. E non deixou de apuntar un dato que si é novedoso nesta vella polémica, a vertente económica desta invasión marciana que maleduca musicalmente unha parte importante da mocidade ourensá. Tamén Cristian Silva estivo contundente e non entrou a valorar o que cualificou de "circo". Lorena Freijeiro foi máis politicamente correcta e si avaliou a actuación de Denis, -aínda que dándolle un 4 e sinalando que non se podía entender aquilo como gaita galega-. O concursante non ficou calado e falou de argumentos históricos, mais non puido deixar de admitir, coa boca pequena, que non se trataba dunha gaita tradicional.

A polémica, como dixemos, vén de vello e xa hai anos que a aculturación, nada da xenreira, vén aniñando en centos de gaiteir@s aprendid@s, desde hai máis de 25 anos en Ourense e desde o 2005 en Pontevedra, nun invento, moi respectable, pero que non é música tradicional galega. Ninguén discute que o gaiteiro a soldo na catedral de Tui na Idade Media vestise saio ou que haxa mostras de gaitas de máis dun ronco nas representacións e na documentación histórica da gaita galega. Tamén che hai gaita de barquín, polo Baixo Miño se mal non lembro, e cómpre apoiar a súa recuperación pero non armar arredor dela a nosa tradición musical. E no fondo, o que hai é exclusivamente un prexuízo cara á nosa música, a que Foxo e outros vén incapaz de chegar á maxestuosidade das bandas escocesas. Recoñéceo Carlos Núñez en 'Entre Fisterras', publicado en Xerais, no que Salvador Rodríguez lle fai unha longa entrevista co gallo da saída do seu 'Almas de Fisterra'. Foxo, e el propio, ficaron abraiados coas bandas bretoas, os bagad, creadas engadíndolle elementos escoceses á tradición bretoa. E de aí vén todo o seu proxecto, ao abeiro da Deputación de Ourense e da súa Real Banda de Gaitas. A diferenza, ao meu entender é que neste país había unha tradición absolutamente viva, que non aceptou o modelo como propio. E por riba, mostrou exemplos -SondeSeu, Moxenas Musical Galego ou as bandas que defenden con orgullo á tradición na Liga de Gaitas-, de que Foxo se trabucaba de vez. Si é posible acadar a pretensa maxestuosidade alicerzándose exclusivamente na nosa música.

Aquí tedes o vídeo do Luar, son 3 horas e pico. Podedes velo enteiro ou ir a 1h28min para ver a polémica. No Facebook, creouse un grupo contrario á presenza destas gaitas marcianas na CRTVG no que actualizan información sobre o asunto. Nel podedes ver directamente as dúas partes do concurso(VÍDEO1; VÍDEO2) da polémica do Luar.

www.gzmusica.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2013 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Sondeseu con convidados en Vigo
Invitacións esgotadas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2013 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 16 (Luns)

Terza feira 17 (Martes)
? Carlos Nuñez no auditorio municipal de Ourense

Corta feira 18 (Mércores)
? Sondeseu no Teatro-Sala de Concertos do C. C. Novacaixagalicia de Vigo ás 20:30

Quinta feira 19 (Xoves)
? Heredeiros da Crus na sala Capitol (Compostela)

Sexta feira 20 (Venres)
? Doa no Auditorio Municipal de Ourense
? Brath no Teatro Colón da Coruña ás 20:30
? Heredeiros da Crus na Sala Berlín en Ourense
? Caxade e A Magnifique Bande Dos Homes Sen Medo na Gentalha do Pichel (Compostela)

Sábado 21
? Nova Galega de Danza no Teatro Principal de Ourense
? Sés no Cine Alovi (As Pontes)
? Heredeiros da Crus na Sala Coliseum en Pontedeume
? Zenzar e O Sonoro Maxín na sala Mardi Gras (A Coruña)

Domingo 22
? Treixaduraá s 19.00 no Auditorio de Ribadumia,
? Tiruleque no Salasón (Cangas do Morrazo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-12-2013 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 13 (Venres)
? Gala de entrega dos I Premios Galegos da Música Martín Códax, ás 21:00 no Pazo de Cultura de Pontevedra
? Toc Toc (Pablo Díaz) no FNAC da Coruña ás 18:00
? Presentaci​ón do libro - Treboada galega - no C.C. da Guarda ás 20:30
? Roberto Sobrado no pub Sonar (Compostela) ás 21:30
? Caxade e Manel na Sala Master Club (Vigo) ás 22:00
? Bolboreta na sala A Reserva (Carballo) ás 23:00
? Das Kapital e The Lost Omelette Makers na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Lumieiras do Rueiro no Racimo (Vigo) ás 21:00

Sábado 14
? Xornada de Percusión na Casa da Gaita (Viascón - Cotobade)
? Pesdelán na Ramallosa (Teo) ás 12:00 e ás 18:00
? Toc Toc (Pablo Díaz) en Porto do Son ás 18:00
? A miña primeira Rosalía no Auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo ás 21:00
? Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández no Ultramarinos (Compostela) ás 21:00
? Orquesta Gharbo! no Auditorio Municipal de Rianxo Ás 20:30
? García Mc ás 23:00h na Sala A Reserva de Carballo
? Brath no Teatro García Barbón de Vigo
? Nova Galega de Danza no Auditorio municipal de Narón
? Caxade e Manel no Playa Club(A Coruña) ás 00:00
? Machina na Fundación Artabria (Ferrol)
? Liska! na Fabrica de Chocolate (Vigo)
? Grampoder e Ataque Escampe na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Tanxedoras no auditorio do C.C. Valadares (Vigo) ás 20:00
? Foliada no Aturuxo (Bueu)

Domingo 15
? Serán en Mondariz, diante da igrexa ás 17:00
? Presentación do libro CD`Corasons´ no auditorio da Illa de Arousa ás 20:00
? Orfeón mariñeiro do Berbés no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 20:30
? Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández no Ultramarinos (Compostela) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:26
# Ligazón permanente a este artigo
Orfeón Mariñeiro do Berbés en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
A miña primeira Rosalia en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-12-2013 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0