O disco presentarase o vindeiro 4 de decembro (domingo) na casa da cultura do concello de San Sadurniño (hora de inicio 18.00 h). Xunto a Berros do Castro, compartirán escenario o grupo Raparigos (Ferrol) e o duo Verdegaio (Santiago de Compostela), músicos que tamén colaboraron na gravación do disco do grupo de San Sadurniño.
O grupo Berros do Castro (San Sadurniño), ven de editar o seu primeiro disco, que leva por título Eirexado s/n, facendo referencia a un lugar da parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño. No disco preséntase unha recompilación de melodías que formaban parte do repertorio de diferentes formacións de música popular de Ferrolterra.
Ademáis das melodías antigas que interpreta o grupo, o disco inclue dous cortes sonoros gravados a dous músicos que deixaron unha fonda pegada na música popular da comarca. Recóllense interpretacións de Dionisio Rodríguez, afamado acordeonista da parroquia de Doso (Narón), solicitado para ambientar innumerables bailes e roldas, e de Manuel López Vergara (Ferrol), un dos gaiteiros máis representativos e activos da comarca, tanto na súa faceta de intérprete coma de mestre de gaiteiros.
Así mesmo, coa finalidade de reproducir o son dos gaiteiros de principios do século XX, algunha das melodías incluídas no disco interprétase con gaitas antigas procedentes do obradoiro que tiñan os artenáns Manuel Lago e o seu fillo Enrique na parroquia de Lago, en Valdoviño.
Eirexado s/n é a plasmación sonora de ?Unha imaxe, unha melodía? un recordo?, proxecto que ten como finalidade a de recuperar, preservar e transmitir diferentes aspectos da música popular de ferrolterra. Este proxecto conta cunha serie de ferramentas para poñer en valor este patrimonio, como é unha exposición itinerante de imaxes antigas de formacións e músicos tradicionais, e unha serie de concertos didácticos no que se ilustra o pasado e o presente da música popular, a través dunha constante alternancia entre explicacións, imaxes e interpretación das melodías que formaban parte do repertorio das formacións musicais estudadas. Eirexado s/n vén a engadir valor a este proxecto, no que é difusión e conservación de melodías que, nalgún caso, poderían quedar esquecidas na memoria e nas partituras dos nosos informantes.
Berros do Castro é un grupo de música tradicional formado a mediados da década dos noventa na parroquia de Naraío, no concello de San Sadurniño. O grupo compóñeno músicos cunha longa traxectoria en distintas agrupacións folclóricas e etnográficas de Ferrolterra. Ademais da súa faceta de intérpretes da música tradicional, o grupo traballa na recuperación e valorización do patrimonio material e inmaterial de Galicia, froito do que saen proxectos como Eirexado s/n.
Os días 3 e 4 de decembro de 2011 a Asociación Cultural ABELLADEIRA de Ponferrada organiza dúas xornadas de cultura tradicional enmarcadas baixo o título de "AS FONTES MUSICAIS DOS ANCARES".
O relator invitado é o folklorista e gaiteiro JUANJO FERNÁNDEZ.
Programa: Día sábado 3 de decembro de 2011:
Charla e concerto didáctico a cargo do folklorista Juanjo Férnandez. A conferencia virará sobre o folclore no val de Ancares. Tradición musical, baile e repertorio existente.
Intervirán as tocadoras de pandera Sra. Laura Osorio (San martín de Moreda),Sra. Arcides e a Sra. María(Tablado) xunto a Juanjo Fernández na segunda parte do acto.
Hora:11.00 horas.
Lugar: Casa da Cultura de Ponferrada.
Organiza a Federación de Asociacións de veciños e colabora A.C. Abelladeira.
Entrada libre.
Charlas-taller "As fontes musicais de Ancares"
Tradición musical e repertorio existente.
Sábado 3 pola tarde:
Instrumentación existente na tradición musical de Ancares e zona de influencia. Pandeiro, pandeira, pandeireta, etc.
Relator: Juanjo Fernández.
Lugar: antigo economato de compostilla.
Hora: de 17.00-20.00 horas.
Domingo 4 pola mañá:
Instrumentación existente na tradición musical de Ancares e zona de influencia. Gaita, pandeiro, pandeira, pandeireta, etc
Relator: Juanjo Fernández.
Lugar: antigo economato de compostilla.
Hora: de 10.30-13.30 horas.
Prezo: 10? baixo reserva.
O Real Coro "Toxos e Froles" organiza o I Concurso de Dúos Gaita-Percusión para menores de 18 anos, co fin de dar a coñece-lo traballo que se está a realizar nas escolas de música tradicional e tamén como medio para que os xoves instrumentistas que están a vivi-las súas primeiras experienzas neste eido musical poidan darse a coñecer
Sábado, 03 Decembro de 2011 ás 19:00
Sede do Real Coro Toxos e Froles
Rúa Magdalena, 220
Ferrol
Podes inscribirte enviándonos por correo electrónico (info@toxosefroles.com) o formulario de inscripción, que podes atopar aquí:
12h30 Vai. A nova proposta de tres excompoñentes de Fía na Roca. No Patio
17h30 M. Carballo Trío: You knew it. Paseo polos territorios sureños do blues e do rock.
No Patio.
18h30 Pentalfa. Música espontánea. No Patio
19h30 Vitrolas, sons de Brasil. No Patio
20h30 Das Kapital. Poesía e vangarda, expresión máxima dos adentros. No Patio
21h00 MAPEA Culturgal
21h Cuarteto Caramuxo: Tiruriru. Na Praza da Verdura
21h30 Malvela: Raianas. no Edificio Sexto do Museo de Pontevedra
22h30 Mercedes Peón no Teatro Principal
00h00 Projecto Trepja no CITA
00h30 Niño y Pistola as Arthur & The Winters. na Sala Karma
Sábado 3
11h30 Azos Jazz. Coa actuación de Alberto Vilas Quinteto. No Patio
12h30 Combo Dinamo: Quieto, muere, resucita. No Patio
13h30 Crebinsky. Presentación do DVD coa presenza da Banda Crebinsky
16h30 Billarda Experience!!! Presentación do disco República Billarda. No Salón
17h30 Dea Trancoso. Sons de Brasil. No Patio
18h30 Berrogüetto: O pulso da terra. No Patio
19h30 Germán Díaz: Método Cardiofónico. No Patio
21h00 Pedrito Diablo y Los Cadáveras. Inspirados polo surf instrumental. No Patio
22h00 Dentro de Culturgal aEscena no Teatro Principal: Davide Salvado e Ke‐percussión
Domingo 4
11h30 Galeoke II. No Cuarto dos Nenos
11h30 Maracutaia S/A. Sons de Brasil. No Patio
12h00 Mamá Cabra: Xa me tardan eses magos. No Auditorio do Pazo
12h30 Assembly Point. Folk acústico de Galicia, Portugal e Irlanda. No Patio
13h30 Riobó. No Patio
16h30 Aline Frazao: Clave Bantu. No Patio
17h30 Patricia Moon presenta temas do seu novo disco. No Patio
18h00 Música do 7º Día. No Garaxe
18h30 Vaamonde, Lamas e Romero. Homenaxe aos Trinta de Trives. No Patio
19h30 2uS. Música espontánea entre o jazz, o funk e a world music. No Patio.
Anxo Lorenzo é o gañador do Folkherbst Festival celebrado en Alemania
Alejandra Plaza. Frankfurt. Na cidade alemana de Plauen situada no este alemán celébrase cada ano un dos máis importantes festivais folk do país xermano. Trátase do único evento de estas características que premia aos vencedores económicamente a través dun novo concerto e co "Iron Eversteiner", estatuílla emblemática do Festival.
Este ano participaron no Folkherbst dez bandas de diferentes países, resaltando deste xeito a multiculturalidade, xunto cos sons máis tradicionais e vangardistas. O voto do público outorgou a Anxo Lorenzo un trofeo que volta de novo a Galicia, xa que fora Berrogüetto o grupo gañador na edición do ano 1998.
A actuación brillante do gaiteiro de Moaña, a súa técnica perfecta e unha impresionante posta en escea, permitiulle facerse co apoio e entrega do público alemán. No próximo mes de xaneiro Anxo e a súa banda desplazaranse de novo ata Alemania para que recibir o galardón, ofrecendo un novo concerto na localidade de Plauen
A finais do 89 decidimos dar a coñecer a música tradicional de Galicia, ao son de pandeiretas e voces, convencidas de que o canto galego, pola súa singularidade e forza, debía ter un espazo propio nos escenarios.
ConSentimento é un homenaxe a todas as mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega.
Un agradecemento personificado na figura de Eva Castiñeiras, unha cantadora, unha pandereteira, unha muller como tantas e tantas mulleres que dende case o anonimato sementaron a nosa terra de arte, cultura e beleza.
Coa inestimable colaboración do músico e arranxista compostelán Xoán Porto, propoñemos neste quinto traballo unha concepción musical acorde a unha nova realidade. Un disco no que apenas tres instrumentos: guitarra, acordeón e contrabaixo.
Abrigan á perfección a beleza do canto tradicional os versos de varias das mellores poetas galegas da actualidade: Ana Romaní, Yolanda Castaño, Eva Moreda, Mariña Pérez, Eva Veiga, Ana Amado e Marilar Aleixandre.
ROLDA DE PRENSA CONSENTIMENTO
XOVES 1 DE DECEMBRO
12:30 HORAS
SALON DE ACTOS DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Pazo de Raxoi, 2º andar
15.705 Santiago de Compostela