Sexta feira 30 (Venres)
? Nova Galega de Danza no Auditorio Municipal de Narón ás 20:30
? A Compañía do Ruido no Pub D'Antón de Laracha
? Rosa Cedrón en Ferrol no Auditorio Fundación Caixa Galicia
? Som do Galpóm no Pub Fardela de Vilalba
? The Homens na Sala A Reserva de Carballo
? Brigada Bravo & Díaz na Sala Manteca Jazz (Vigo) ás 00.30 horas (5?)
? Luis Caruncho e Benito, regueifeiros no Bar de Vi (Balaidos-Vigo) ás 22:30
? Foliada no Salason de Cangas
? Foliada na Cafetería Lar das Pontes
Sábado 1
? The Homens na Fábrica de Chocolate de Vigo
? Nova Galega de Danza no Auditorio Municipal de Vilagarcía ás 21:00
? Ataque Escampe no Marrucho de Baiona
? Festival Arrincadeira en Noia: Cuchufellos,...
? Rasa Loba na Sala The Star de Carral (A Coruña)
? Nao na Sala Gatos de Melide
? Som do Galpóm no Mundo Celta de Bertamirans
? O Combo Roxo na Pecera (Vigo) ás 22:00 (5?)
? Serán en Couso (Gondomar)
Domingo 2
? Nova Galega de Danza no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30
? Zenzar no Aturuxo de Bueu
? Domingos de Lecer en Ourense
Dende a Asoc.Cultural AOFT GOMESMOURO querémosvos convidar aos "Domingos de Lecer", que durante este mes de nadal terán lugar na zona vella de Ourense.
Os es as "GomesMouro" coordinamos unha serie de actividades vencelladas á música tradicional (coa colaboración do Centro Cultural Xaquín Lorenzo): obradoiros de iniciación, charlas, seráns e concertos que faremos nunha carpa na explanada das Burgas. Os obradoiros (para tódolos públicos), serán pola mañá, de 12 a 14 hs, fundamentalmente prácticos e participativos.
Comezamos este Domingo día 2 cun "Obradoiro de iniciación ao baile", para logo poñer en practica nos concertos e seráns a partires das 17 hs con varios grupos e asociacións ourensáns.
Así que , ánimarse a participar, e en calquera caso,vos agradeceríamos que difundirades esta información a quén poidera interesar.
Hai veces que é imposíbel escapar da retórica, aínda que sexa unha práctica xornalística da que historicamente fuxiu A Nosa Terra. Aínda así, non podemos deixar de comunicarlles aos nosos asinantes e lectores que nos atopamos nunhas datas históricas para o noso proxecto.
Celebramos un centenario e, ao mesmo tempo, o 30º aniversario da nosa volta a Galiza logo do exilio bonaerense. E facémolo cuns cambios importantes polos que devecerían os nosos precursores, todos e cada un dos que puxemos en marcha este proxecto o 4 de decembro de 1977 e aqueles centos de accionistas, de colaboradores e asinantes que o sostiveron e o fixeron posíbel.
O 4 de decembro A Nosa Terra converterase nun diario que, seguindo os seus principios fundacionais, será quen de dar a coñecer o que ocorre en Galiza e no mundo cunha ollada propia e un prisma galego, co idioma como bandeira.
Ademais do diario dixital (www.anosaterra.com), estará nos quioscos e nas casas dos suscritores un semanario renovado, con máis páxinas, máis forte, máis plural e máis actual. Estes pasos, históricos, van ser posíbeis grazas a que, por vez primeira na nosa historia, van estar sustentados nunha empresa forte e consolidada da que non só forman parte centos de pequenos accionistas senón que, por vez primeira, capitais autóctonos, autocentrados, apostan por un medio nidiamente galego que defenda os intereses de Galiza, que son os seus.
A nosa ?crise?, esta vez, é unha crise de crecemento.
O sábado 1 de Decembro, teremos a oportunidade de escoitar unha nova edición de "O Recucho da Palleta" da man de Pablo Díaz Carro, que nesta ocasión centrarase no canto na provincia de Pontevedra.
Trataranse temas moi interesantes como por exemplo o emprego da pandeireta coa man esquerda nos concellos do norte da provincia e algunha curiosidade polifonica procedente do Concello de Cuntis. Tamén técnicas vocais diversas, como os cambios de octavas no medio de coplas ou entre coplas, casos encontrados en Mondariz e Salvaterra do Miño, así como explicacions do que é unha tocata cos seus ritmos, os finais só con voz rematando anteriormente, as percusións (pandeiretas, lejóns e añas) propias dos concellos do sur, etc.
Teremos tempo para escoitar curiosidades como a recompilación de campo feita na illa de Ons cos seu antigos habitantes, e moitas máis sorpresas que non vos debedes perder.
Non vos esquezades que a emisión de "Lume na Palleira" é os sábados de 16:00 a 18:00 h. en "RADIO GALEGA MÚSICA", con emisión conxunta de 16:05 a 17:00 na "RADIO GALEGA".
A falta de subir as fotos do Encontro de pandeireta galega e asturiana xa temos as primeiras valoracións de Rubén no seu blog.
A verdade que pasámolo xenial tanto o sábado como o domingo, festa, baile, canto, moi bo ambiente para o Encontro e un domingo moi ben aproveitado coñecendo a zona e a súa gastronomía.
Arrincadeira 07
Festival Musical pola autodeterminación.
A segunda edición do Arrincadeira 07, desta volta no outono, terá lugar o sábado 1 de decembro no IES Campo de San Alberto (Noia) a partir das 22.30h.
Coma na anterior edición achégase á comarca de Muros-Noia unha proposta musical en galego moi atractiva, coa actuación de:
*O leio i arremecaghoná, cantautor punk (Compostela)
*Machina, banda de rock (Cerceda)
*Cuchufellos, speed folk (Manzaneda)
*Punk-Z, banda de punk (Portosin)
*Dark Dreams, banda de pop-rock (Noia).
O venres 30, celebrase na Cafetería Lar a Foliada do mes de Novembro, última deste ano, pois o vindeiro mes non se fará por coincidir coas datas do Nadal. Temos o pracer de rematar con este acto o amplo e variado programa musical vivido durante tres semanas na nosa Vila en honor a Santa Icía, ditos actos foron como sempre, organizados polas distintas agrupacións musicais das Pontes.
Para este venres contamos con dúas actuacións: Empezarase aí pretiño das 22:30 cun grupo da casa xuntado para a ocasión ?OSQUEOSINTEN?, os cales non lles faltarán ganas de facer disfrutar aos presentes. Un pouquiño máis tarde teremos o prato forte da tempada, así o require a ocasión por darnos a nós a responsabilidade de rematar os actos destas semanas adicadas á música. Serán ?OS ZARAMBEQUES? de Cuiña (Ortigueira). Este grupo leva anos demostrando a súa calidade, mesmo formaron parte do cartel no Festival de Ortigueira deste ano, tocando no esceario Estrella de Galicia. A súa presenza servirá para presentar nas Pontes o seu recente disco ?Son do Mare?.
Antonio Bravo, guitarra, live looping
Germán Díaz, zanfona, caja de música, live looping
Presentación de "Siete canciones republicanas". -na Sala Manteca Jazz (Carral, 3) Venres 30 de novembro ás 00.30 horas.
Entradas a 5 euros.
En plena polémica pola Lei da Memoria Histórica en España achegase a nosa propia memoria jazzística coa estrea da música dun novo proxecto do zanfonista vallisoletano Germán Díaz e do guitarrista galego Antonio Bravo. Ambos crean, que non recrean, 7 Cancións Republicanas coa axuda do investigador e estudioso de cultura popular e tradición oral Luís Díaz Viana. Un proxecto que pretende chegar a ser CD nun futuro e que presentan co nome de Brigada Bravo & Díaz.
Son dous pero soan coma se fosen, polo menos, cinco. Cunha guitarra e unha zanfona pódese facer falar ao silencio. A música, como todo arte, non é unha cuestión de número nin ferramentas, senón de talento. Se se é un virtuoso do instrumento e Bravo & Díaz o son- pois mellor aínda, aínda que a habilidade de execución para facer fácil o difícil non baste.
Por encima diso está a capacidade de transmitir emoción, de evocar sentimentos coas notas. Servirse de melodías tradicionais para elaborar sofisticadas variacións supón unha senda tendida entre o culto e o popular que, desde o Renacemento, os músicos máis exquisitos viñeron transitando.
Para min constitúe unha satisfacción que Bravo & Díaz escollan "7 canciones republicanas" das que se recollen no meu Cancioneiro popular da Guerra Civil Española como punto de partida do seu traballo máis recente. En clave de jazz esa música clásica do século XX-, eles retomaron os esquemas melódicos daquel tempo mítico para facelos soar como algo inesperado e novo.
Ao escoitar estas cancións resulta case imposible non admiralos como músicos, pero máis aínda non conmoverse.
'Tres' é o novo traballo de The Homens.
Power pop en galego que nos remite ós Planetas e ó brit pop. O seu primeiro largo sorprende pola madurez das súas cancións. Novos matices e a espontaneidade de sempre
Esta semana baixei as escaleiras mecánicas dunha famosa tenda de produtos culturais na Coruña. Buscaba un disco en concreto dun grupo galego independente. É o seu primeiro traballo, pero non son uns descoñecidos.
"Ola, busco o disco e The Homens, ¿xa o tedes?", pregunto. "Oxalá, aínda non chegou, gústanme moito o que fan", responde o encargado da sección de discos.
The Homens é o trío composto hai tres anos por Martin Wu (voz e guitarra), Roi (baixo) e Xocas (batería) e ata esta semana levaban editados dous epés. Agora teñen xa o seu terceiro traballo, o primeiro disco longo. O título era evidente: Tres. E tres son tamén os formatos nos que se pode conseguir. Xa existe un digipack co disco en audio, mais tamén unha edición de luxo en vinilo do que apenas hai 500 copias e que incorpora un póster e un cedé cos temas en mp3, ademais da posibilidade de descargar os temas de balde, agás dous deles, na web do grupo: www.thehomens.com
O disco resulta sorprendente pola madureza da proposta e pola mestura de matices sonoros e rotundidade das súas cancións. "Tiñamos pensado como queriamos que sonase. Cada tema pedía un aire diferente e a buscalo axudounos Santi García, produtor do disco xunto a Víctor García", comenta Martin Wu.
O trío escolleu precisamente o estudo de García, o Ultramarinos Costa Brava de Sant Feliu de Guíxols, no que teñen gravado grupos como Nueva Vulcano o Tokio Sex Destruction. "El podía sacarlle moito partido ás cousas", di.
O resultado demostra o atractivo da súa proposta, pulida durante os últimos tres anos dando concertos por Galicia e Portugal e en bandas anteriores como Fame Neghra, Stay Pretty ou Street Fighter. O arrecendo dos temas lévanos ós Planetas ou ó brit pop dos noventa, así como a clásicos da súa discoteca como Fugazi ou Hüsker Dü. "Os Planetas son probablemente o grupo indie máis importante e nótase que os escoitamos, pero escoitamos moitas cousas", matiza.
O estilo de disco é máis aberto, con trompetas, acordeóns e incluso maracas, que se suman a unhas guitarras lúcidas e potentes. "Estivemos recuperando grupos do brit pop, pero gústannos moitos grupos británicos dos 60 e os 70, e incorporamos un pouco de todo", segue explicando.
Son etiquetas, igual que a autoimposta de power?pop, estilo que preconizan e que Martin Wu define con moita claridade. "Etiquetámonos co nome de power?pop, pero que é iso: melodía e enerxía", resume.
Outra das etiquetas polas que lles preguntan é polo feito de cantar en galego."Manda truco que sexamos exóticos no noso propio idioma", di Martin Wu. A normalización chegará ó galego cando se perciba como algo habitual que un grupo de amigos decidan cantar na lingua do seu país, na súa propia, calquera estilo musical. Aquí vivimos un doce momento para a lingua de Rosalía, na que podemos degustar o hip hop de Dios Ke te Crew, o funky de Cornelius, o pop verbeneiro de Lamatumbá e o power pop de The Homens. Só a fin da conversa xira en torno á socorrida pregunta sobre o emprego do galego, que por certo tampouco aparece moito nos suplementos musicais da prensa. "Este é un momento prometedor porque hai propostas con visos de callar", comenta.
O grupo é un defensor das Creative Commons ?que propugna a transmisión de contidos libres pola rede?, polo que sempre colgou os seus temas na súa páxina electrónica. Conciliar este costume coa sinatura e coa discográfica Falcatruada foi "condición sine qua non". De feito, agora mesmo calquera pode baixarse os seus temas en lugar de ir á tenda, aínda que se perdería
dous temas só incluídos no cedé e no vinilo. "Para que a xente escoite os temas e os coñeza, e se lles apetece mercar o disco e ir a un concerto, que o fagan", di.
A arañeira constitúe un eixe fundamental para acadar a industrialización da música galega. "Atopar discos en galego na tenda debe ser normal, pero a rede e as discográficas non son incompatibles", apunta.
Dados a coñecer no underground galego, que agora habita a internet, Tres está recibindo excelente acollida por parte de portais especilizados, blogs e demais fauna do universo 2.0, o que non fai que perdan os papeis. "Facemos a música que nos apetece, pero sabemos o que hai. Tocamos porque nos gusta subir ó escenario e ir por aí dando concertos. O importante é pasalo ben e nótase que o pasamos ben", conclúe. O grupo celebrou unha festa de presentación o día 2 de novembro na Nasa xunto a Fanny e Alexander. E haberá sorpresas...
Dos saltos nun concerto ós matices
'Tres? arrinca disparándolles ós nosos pés con Calamar, cun alento indie que nos lembra os Planetas, serve de single e está escrita para cantaruxar en directo mentres saltamos e cantamos: "Pa, pa, pa?". Cen días baixa as revolucións e deixa que a man de Santi García se note no son estupendo da guitarra. Pop puro. De novo xorden os Planetas e o son máis rasgado en Mr. Vai Mal, un canto ó pesimismo vital. Por primeira vez, a sección rímica do baixo e batería copan o protagnismo do tema, ata que unha parede guitarreira nos ofrece o retrouso de Monumento, que lle cantaremos á nosa moza no directo: "os teus ollos de animal, gárdaos en calquera sitio, alí onde os poida atopar". Oh, son Oasis, non son os Homens comezado o reproche macarra de Mira por ti, que imaximos cantado por Liam Gallagher ameanzado que "de ti non vai quedar nada".
Metade do disco e o ritmo non baixa, mais si cambia de rexistro coa psicodélica Opositora que ben puido ser composta mentres reescoitaban o Stg. Pepper?s. O lado máis garaxeiro aparece coa festiva Monte Moriah e a acelerada Bolsa de Toquio, onde cotiza a xenreira, e mantense con Dance the troita, un aceno ó gusto culinario dun grupo autodefinido por momentos de grastro-pop.
Rumbo final e loa ó Tour de Francia de Pereiro que só se pode imaxinar como banda sonora dunha viaxe, quizais polo pop indie máis actual. Prende o sol pecha o disco cunha autoflaxelación lembrando a Teenage Fanclub ou The Delgados. O malditismo era o que lle faltaba. Xa o ten todo.
A Concellería de Xuventude e Voluntariado do Concello de Cangas presentou o pasado 6 de novembro unha nova edición do proxecto OBRADOIROS MUSICAIS, que como xa sabedes é unha iniciativa que pretende afondar na formación musical dos novos artistas, achegando a Cangas a diferentes músicos de diversos estilos musicais.
Nesta ocasión achegaremos a Música Tradicional, e para escomezar contaremos coa experiencia e a acreditada calidade de catro músicos de gaita, percusión, requinta e canto tradicional.
Mestres dos Obradoiros
ALBERTO COSTAS: Percusión
LOLA FERNÁNDEZ PARADA (Lola de Ribeira): Canto
EDELMIRO FERNÁNDEZ: Gaita
XOSE LIZ DE CEA: Requinta
Leva vinte anos na música. Escoitámolo en Nicho Varullo, Os Quinindiola, Chévere, Psicofónica de Conxo e ducias de outros proxectos. Hai catro anos volveuse máis Narf que nunca, co sino do salmón. Agora saca do prelo o novo disco ?Totem?, erguido coa ?furia e a paixón? do que deixou a casa ?sen máis que unha guitarra ao lombo?
?Son galego de Arxentina, galego de Alemania, galego de Cuba, de Suiza de Holanda, de Canadá, galego na Galiza imaxinaria. Son galego de Caracas, galego de Santiago, galego de Roma de Lima, do Cairo, de Bogotá, galego na Galiza imaxinaria. Non fago máis que atopar xente distinta. Coa mesma teima ca min?.
?Galician Lullaby? ?con letra e música de Narf-Fran Pérez (Silleda, 1968)? é undos temas incluídos en Totem (de Asisó Produccións para Falcatruada), o novo disco do artista compostelán. Recén saído do prelo, foi estreado en acústica primicia mundial na gala de entrega do Premio Cineuropa a José Luis Guerín. O cineasta catalán confesaríanos máis tarde que malia o seu antinacionalismo endémico resultou engaiolado pola galega tendencia universal de Narf.
De Fran Pérez dixo Quico Cadaval ?e xa que logo, será verdade?: ?É um artista que sempre tivo a teima de lêr em sentido contrário todo o que lhe punham por diante. Tanto tinha se eram palavras, frases, músicas, paisages ou itinerários de transportes público?. Unha doenza sentimental que o dramaturgo ribeirense denomina ?complexo de salmón?, por aquilo de avanzar contra a corrente.
Catro anos despois de Directo en Compostela, o seu álbum de presentación, Narf devólvelle á música a esencia rockeira que o acompaña desde hai vinte anos ?cando Fran deixou a casa familiar sen nada máis que unha guitarra ao lombo?, en palabras do escritor Xelís de Toro.
?Totem? é un tributo á súa xeración, como insinúa Xelís de Toro no texto que acompaña o seu novo disco?
É que cando fas o segundo disco todo o mundo espera: Quen son os artistas famosos que vas convidar a cantar contigo? E eu aquí contei coa miña tribo. Procurei que estiveran representadas as mesmas persoas que me acompañaron e ás que acompañei durante todos estes anos. Xelís, Pepe Sendón, Carlos Santiago, a xente de Trigo Limpo... o que eu chamo a tribo artística.
Xa que os menciona, Trigo Limpo teatro Acert vai abrir o Finta?07 o día catro de decembro coa estrea de ?Chovem amores na rua do matador?.
Fixo vostede a música?
Si. É e o novo espectáculo, escrito por Mia Couto e José Eduardo Agualusa. É a segunda etapa do proxecto Interiores e resultado do desafío lanzado a estes dous escritores para crearem um texto inédito para Trigo Limpo. eu púxenlle a música. este disco tamén é como un reencontro, porque partimos xuntos na viaxe hai moitos anos, pero algúns de nós, como Xelís, fomos indo e vindo por camiños lonxanos. De feito Xelís leva xa moitos anos en Brighton. Este cruceiro que é ?Totem? é coma un punto de encontro para nós.
E é que vida artística de Fran Pérez transita entre o rock e o teatro. Neste último campo recibiu diversos premios polas súas composicións, sobre todo na súa época con Chévere en espectáculos como Rio Bravo ou Annus Horribilis, escritas en sociedade con Pepe Sendón.
Tamén colaborou con grupos como Mofa e Befa, Compañía de María ou Ollomoltranvía. Fran presentou no 2003, como compositor e director musical, O Labirinto dos Soños e a súa adaptación teatral en portugués, na que tamén participou como actor con Trigo Limpo. Pouco despois inciaría a composición da banda sonora para a serie de animación televisiva, Ventura na Illa de Hypnos.
O título atopouno buscando ese punto de encontro?
Ese é un dos motivos. O motivo máis forte. E tamén como símbolo é moi interesante, porque o totem vaise construíndo por etapas, por capas: o teu pasado, os teus soños, os teus medos, os teus logros... Por iso en realidade pode ser unha especie de representación simbólica na que cada canción é unha etapa. Porque moitas destas cancións chegaron a min. Non é que eu dixese: vou facer un poema sobre o vinte e cinco de abril, senón que foron circunstancias que me levaron a facer estas cousas.
Foron chegando a vostede nas súas múltiples viaxes?
Si, pero é curioso porque estás en Mozambique, ou en Lisboa, ou en Cavo Verde... e ningunha das cancións que están feitas neses sitios teñen un estilo que se pareza á música do lugar. Se cadra ?Afroblues? fíxena na Habana e unha que poida parecer máis cubana, fíxena en Londres...
Reaxe con demora.
É iso, é que un tarda en dixerir, en precisar o que foi collendo de aquí e de alá.
Iso é unha saudade.
Non o dixo vostede mellor do que o podía dicir eu. Existen só sensacións que levas e que saen cando estás xa lonxe. Hoxalá tivera dito eu iso, porque iso é unha saudade. Cando estás lonxe é cando verdadeiramente entendes o que representou para ti.
Moitos dos que o acompañan en ?Totem? son os mesmos cos que estaba en Nicho Varullo ou nos Quinindiola.
É que se te fixa somos todos os mesmos Asisí Producións somos Toño Vázquez e máis eu, os mesmos que producimos o disco de Nicho Varullo.
Debo dicirlle que nun mercado do disco de Barcelona atopei o disco de Nicho Varullo por cincuenta pesetas.
Aquel de cartón? Si? Era todo noso. Tiñamos a nosa propia discográfica, que foi unha ruina, claro, xa se ve no prezo polo que vostede o adquiriu.
Non se crea, polo mesmo prezo comprei tamén dous de Machín
Levou tres clasicos, daquela.
Levei. E seguro que xa se revalorizou co seu éxito. Siga así.
Ademais, é moi interesante salientar que nós facemos todo autoproducido, como o faciamos entón. Por iso llo vendimos a Falcatruada, que se portou fenomenal porque houbo infinita liberdade na parte artística e creativa. E Fausto Isorna, que era o deseñador de Nico Varullo, é tamén o que fixo a portada de Narf.
O deseño do vinilo ?que é o que había daquela? de Nicho Varullo era unha verdadeira marabilla.
Pois o león de ?Totem?, tamén de Fausto, a min gústame pensar que é como a miña música: corida e coa forza do animal.
Esa forza regresou de cheo con este disco, aínda en acústico. estranaba o son no que se criou?
Claro. Eu escollín o acústico dun xeito práctico, porque precisaba un espectáculo práctico, doado de mover, simple, e no que puidera ser autosuficiente. Quixen isto porque o meu camiño é definitivamente a música. Nin quero nin podo facer outra cousa. Vivo disto, quero isto. E cos anos, nos diferentes proxectos que fas de maneira unida con outras persoas, con outros músicos, é difícil mover as cousas ao ritmo necesario para vivir disto, porque hai moitos que teñen outros traballos paralelos noutras historias. Escollín depender de min cando o precisara.
É por iso que se fixo cantante?
Ben, eu era o tipo que estaba detrás. Era o baixista e gustaba desa posición. Non é fácil avanzar cara a adiante. É unha cuestión de carácter e eu sempre preferín ser o tipo que estaba detrás. Resultábame máis cómodo. Pero chega un punto que seguir así é complicado polo que lle dicía antes, porque eu non quero outro camiño na vida que non sexa este e ás veces é difícil conciliar iso con grupos. Con isto non teño que recomezar de cada vez. Non teño que parar como con Nicho Varullo e comezar un novo proxecto. Comezar a Psicofónica e volver empezar.
Teñen a Psicofónica en stand by?
Imos facendo mutacións. A Psicofónica de Conxo é un grupo moi grande e moi difícil de soster no equilibrio necesario cando non todos nos dedicamos en exclusiva á música. Pero non está morto; está hivernando. Cero, a glaciación (reza o vocalista Carlos Santiago nun dos temas da banda).
Se non me trabuco, o seu disco ?Totem? non está editado plenamente con licenza ?creative commons?, que permite descargar gratuitamente calquera tema, pero si ten catro ou cinco cancións á disposición libre do público...
Ese tema lévano en Falcatruada e non nos ocupamos plenamente del, pero hai tempo que penso na historia da descarga de música. Paréceme ben. Que a música circule e se copie non ten problema. Moi ao contrario, de aquí a pouco ímonos pelexar porque nos copien a música. Está claro. É unha sorte que a xente che copie porque chegas a máis xente.
E despois, aínda que sempre hai xente especialmente mesquiña, moitos descargan a música que ten licenza libre e logo apoian os grupos dos que gustan comprando o disco. Iso vivímolo, por exemplo, hai pouco na presentación do último de The Homens, que editan con Creative Commons e podes descargar os temas de internet. Non como ve vostede o efecto negativo que pode ter sobre o autor.
Eu levo vinte anos na música e de dereitos de autor nunca vin case nada. Supoño que lle interesará máis a quen fai un tema con repercusión mundial. Eu non me movo así hoxe por hoxe, aínda que non podo asegurar que diría nese caso.
Iso se quere facerse millonario cun hit.
Non claro, para min isto non é unha carreira de tres días. Non fago unha música pensando: esta vez vou dar no cravo, vou facer un retrouso estúpido co que me vou forrar.
A súa música tamén é política?
Todo é político. E nese sentido, a miña posición está clarísima. O efecto do capitalismo termodinámico vese rapidamente cando viaxas por África, por exemplo. Cando fun por vez primeira a Mozambique no ano 95, despois de saír dunha guerra, vías que o país non tiña melloras sociais, senón melloras materiais do tipo: todo o mundo quere ter un teléfono móbil. Creáranse unhas necesidades que estaban nunha escala superior á da xente. E non só iso, senón que había que ver como se vendía o produto, ao xeito absolutamente occidental, con roupas de marca occidental e baixo o epígrafe da Geração Giro. Sabes? O de muito giro. Eu tambem quero ser giro. E mentres, todas as feridas da guerra presentes. E todos os meus amigos músicos intentando sacar adiante a música nas linguas minoritarias, mentres ías a un local onde a xente cantaba música de Ricky Martin. Iso tamén nos aconteceu un pouco aquí.
?Son dunha cidade futurista. Coa alma enredada na espiral. Arcos, casas, flores de pedra. Que alguén sementou. A calma no medio do vendaval. Cidade misterio, aldea oculta Santiago. A maxia aparece, invade e transforma. Os camiños son ríos. A pedra un manacial. Cidade incompleta, faro errante, Santiago. A noite dispuxo que guiasen os astros. E saímos ao encontro. Dos que viñan do mar. Retumba na néboa círculos. Campá no tímpano mental. Berenguele lelé lelelé lelé. O lento lamento do temporal. A calma no meio do vendaval?.
Unha cuarta parte das adegas xa etiquetan os seus viños na lingua do país
Dunha ducia de adegas que etiquetaban o viño na nosa lingua no ano 2003 pasouse a 115 dun total de 440 que existen en Galiza. Este foi o resultado de moitos anos de traballo e insistencia da Asociación de funcionarios para a Normalización Lingüística no seu obxectivo galeguizador. Agora, de cada ao Nadal, pon en marcha unha campaña para fomentar entre os consumidores a compra de viño etiquetado en galego.
A campaña, co lema 'Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego' aparecerá proximamente nos medios de comunicación para suxerir que se mostre o apoio aos viticultores que apostaron polo idioma, como un xeito de compromiso co galeguismo alén do ritualismo.
O secretario da asociación, Xosé González, explicou que existe unha receptividade cara a este tipo de campañas a prol da lingua porque hai unha conciencia de país oculta que hai que saber aproveitar. O galego, neste caso, é un elemento de irmandamento e non de conflito. Por iso, a intención da asociación é trasladar esta campaña a todos os sectores relacionados co consumo, pois son os consumidores os que teñen maior capacidade de decisión e os que poden marcar a pauta na normalización lingüística.
A campaña conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Consellaría do Medio Rural, aínda que para próximas iniciativas esperan contar co apoio doutras consellarías. A idea é estender a normalización a outros eidos do sector agroalimentario, onde se concentra unha parte importante do cooperativismo galego, uns 30.000 traballadores, segundo González.
Em entrevista à SIC, a cantora revelou que vai dedicar-se a novos projectos e falou, por isso, do seu mais recente disco, "Silence, Night and Dreams".
Durante mais de 20 anos, foi o rosto mais visível dos Madredreus. Viajou pelos mais diversos palcos do Mundo e o grupo português tornou-se um dos mais conhecidos no estrangeiro. Agora, Teresa Salgueiro decidiu que é tempo de mudar de rumo.
"Aquilo que seria necessário da minha parte seria uma disponibilidade, no fundo, igual àquela que eu tenho tido sempre, que é pondo como prioridade na minha vida os Madredeus. Falei com o Pedro (Ayres Magalhães) e decidi que não podia dar essa disponibilidade", explica Teresa Salgueiro.
E acrescenta: "É um grupo ao qual eu estou ligada e estarei para sempre. É toda a minha escola de música, é um percurso extraordinário do qual eu me orgulho muito e penso que é um grande privilégio fazer parte dessa história. Mas, neste momento, eu não podia também deixar de acarinhar todos estes projectos novos que surgiram".
Projectos como "Silence, Night and Dreams", o novo disco de Teresa Salgueiro, em colaboração com o compositor polaco Zbigniew Preisner.
"Silence, Night and Dreams" cruza a música clássica com a sonoridade electrónica; une textos bíblicos a preocupações modernas. O disco é um alerta para a falta de comunicação e a alienação do ser humano perante todos os dispositivos tecnológicos.
Depois de "Você e Eu" e de "La Serena", "Silence, Night and Dreams" é o terceiro disco de Teresa Salgueiro em apenas um ano. Ao cruzar sons completamente distintos, a cantora cumpre assim uma vontade: não parar de surpreender.
Aínda que certos indicios apunten nos últimos tempos a unha intención de rescatar este movemento cultural que reivindica «a aldea como escenario», os seus creadores e ideólogos dan aquela etapa por zanxada
Un disco de homenaxe aos Diplomáticos de Monte Alto e unha afluencia de máis de dúas mil persoas á última edición do Castañazo Rock, no que se xuntaron especialmente para a ocasión os membros do mítico grupo Os Rastreros, son indicios, segundo algúns expertos que observan o panorama musical galego, dunha certa intención de recuperar a destempo o chamado movemento bravú. Xa saben, aquela «paixón que queima o peito», como o definiu un dos seus grandes inspiradores, Xurxo Souto, que naceu oficialmente en novembro de 1994, tras un manifesto nunha aldea chantadina, e que demostrou empiricamente, que o galego si valía para o rock and roll nun momento no que as primeiras guitarras eléctricas comezaban a chegar ao mundo rural e xa se comezaba a falar de agro-rock. Os responsables daquel brote de enerxía e autoafirmación (agora din que un anuncio de Gadis é pioneiros, nesta reivindicación do orgullo como galegos, cando aínda podemos recordar aqueles slogans de Souto cos que recordaba os nosos respectables orixes aldeáns) que disfrutamos desde mediados dos anos noventa din que o bravú como etiqueta xa está morto, pois "argumentan" naceu cunha data de caducidade «e non pretendíamos imitar aos Rolling Stones». Sen embargo, consideran que o pouso que deixou o movemento na escena galega, o que poderíamos chamar posbravú (licenza da que se responsabiliza este xornalista) fai innecesario calquera intento de revitalizalo. O propio Xurxo Souto, un filólogo metido a artista multimedia e actualmente director de programas da Radio Galega, confirma esta idea de que cada cousa ten o seu tempo: «Creo que hoxe en día desapareceron aqueles tabús que identificaban o mundo urbano como o único lugar onde se podían facer cousas interesantes e que a lingua ou a mentalidade galega estaba rifada coas creacións artísticas modernas».
Mesmo Richi, membro de Os Rastreros e cabeza visible da organización de Castañazo Rock, ten moi claro que os obxectivos do bravú están cumpridos ?«o do outro día foi unha simple escusa para facer unha homenaxe aos Diplomáticos», asegura? e cre que non tería sentido unha volta atrás, máis alá da nostalxia que envolveu a última edición do festival que organiza: «Os grupos de hoxe xa non falan de bravú, pero moitos cantan en galego, sen complexos, utilizando instrumentos de folk ou estilos de música foránea para reivindicar a nosa idiosincrasia». Esta é a mesma idea que sostén Alberto Casal, membro do equipo que dirixe o programa de TVG Xabarín Club, por onde pasan moitas das promesas da música moderna feita en galego e autor do libro Rock&Grelos. «Cando fixen este libro, en realidade estaba preguntándome se era posible que o idioma galego e a música rock fosen compatibles: o tempo demostrou que si e a herdanza do bravú está aí. Grupos como The Homens o Meu o demostran. Richie, pola súa banda, recorda ademais, que o movemento se estendeu a outros campos. Porque o bravú, aínda que nunha lectura xenérica se asimila exclusivamente á música, acabou levando o seu espírito a facetas tan dispares como a creación literaria ou a escultura. Quén non ten escoitado que Santiago Jaureguizar é un escritor bravú, unha etiqueta que o propio escritor leva con orgullo: «Houbo un tempo en que o galego, na literatura, semellaba que tan só servía para falar de patacas, de caciques, de tristura... pero eu dábame conta, durante o meu traballo como xornalista polo mundo rural lucense, de que na vida cotiá da xente había moito máis, cousas curiosas ou mesmo divertidas, como aquela rapaza que lle poñía ás vacas música heavy para que deran máis leite». Esa nova percepción das cousas para un xornalista que ata o de entón tivera pouco contacto co mundo da aldea e o espírito aglutinador de Xurxo Souto, sempre disposto a introducir para a súa causa todo o que estivera dentro daquela «paixón que queima o peito», converteron a Jaureguizar nun escritor bravú, no estandarte do neorruralismo, algo que el agradece na actualidade, «porque para min foi unha oportunidade máis de darme a coñecer». Son practicamente as mesmas ideas que manexa o escultor Primitivo Lousa, que recorda que de pronto se atopou cun grupo de artistas nas máis variadas manifestacións que compartían unha mesma inquietude: «a reivindicación do ambiente rural». Lousa explica que non decidiu entrar dun día para outro no movemento bravú. «Foi máis sinxelo que iso, dinme conta de que había xente coma eu, cunhas preocupacións semellantes, como a de beber do mundo que tes máis achegado, usar os recursos propios da túa contorna ou tratar de superar o illamento ao que te ves sometido porque non vives nunha cidade».
Un problema de etiquetas
O artista chantadino pensa, en calquera caso, que houbo «demasiada presa» por decidir quen podían ter esa etiqueta de bravú e quen non. Aínda que non o di explicitamente, semella como se a loita polo negocio económico ou as oportunidades que podían xerarse grazas a pertenza a este movemento cultural, que chegou a ter unha revista propia editada por Xerais, puideran telo debilitado. O membro do grupo compostelán Túzaros deixábao claro hai algún tempo nas páxinas deste xornal: «Moitos aproveitaron o tema do bravú para atopar un posto de traballo».
Primitivo Lousa ten unha visión máis amable do asunto: «Supoño que habería que ter deixado máis tempo para que os artistas se definisen, e, ao non facelo, o movemento tamén morreu demasiado cedo e non se puideron sentar as mellores bases para o futuro». Lousa se refire, por exemplo, aos problemas que seguen tendo os grupos de música para actuar nos pequenos concellos. Non é o caso de Pobra de Brollón, onde teñen de concelleiro de Cultura a Xabier, un compoñente do xa desaparecido grupo bravú Yellow Pixoliñas (cando menos eles se consideraban como tales, aínda que houbo quen os excluíu: unha vez máis o perigo da endogamia á que apunta Primitivo Lousa) que na actualidade compatibiliza a súa responsabilidade municipal coa participación no grupo Capitán Sonoro. «Se decidín entrar en política ?conta? foi precisamente porque sufrín os obstáculos que as institucións poñían para que a xente máis nova puidese tocar, e non falemos xa se se trataba de actuar na Televisión Galega, un terreo acoutado ás vellas glorias». Xabier pensa que o movemento bravú deixou un pouso importante, «a aldea como referente» e que nesta idea xa non hai volta atrás: «Agora mesmo non hai unha fin de semana que non toquemos, montouse unha rede de locais de ensaio e mesmo iniciativas como a do Igaem, que non discriminan aos grupos en función do idioma no que cantan, son moi beneficiosas».
Xosé Manuel Budiño celebra os dez anos dende a publicación do seu primeiro disco cun novo traballo no que colaboran Kepa Junkera, Mercedes Peón ou Deluxe.
Xosé Manuel Budiño presenta novo disco, Home, o cuarto álbum da súa carreira, no que contou con importantes colaboracións, como as de Kepa Junkera, que toca a trikitixa, a voz de Mercedes Peón, ou a sorprendente participación de Xoel López (Deluxe), que canta o tema Ollos de sal, escrito por Antón Reixa. É unha colaboración de ida e volta, esta, pois Budiño acompañou a Xoel no concerto que este ofreceu o pasado día 24 na sala La Riviera de Madrid, nun concerto que será recollido nun DVD que se presentará en 2008. "Tiñamos amigos comúns e el viñera a varios concertos meus, ademais Xoel é unha persoa moi inqueda e apetecíalle cantar en galego", explica o de Moaña.
Conta Budiño que en Home están presentes as experiencias que foi recollendo ao longo de 18 meses da xira de presentación de Zume de Terra, que o levou por Arxentina, México (onde quedou fascinado pola maxestuosidade da Praza do Zócalo), Siria, Bulgaria ou Xordania: "iamos saltando de país en país, de cultura en cultura, e cada vez que volvía a Galiza traía un feixe de melodías novas". Budiño compón así, en solitario, "é como máis cómodo me sinto, compoñendo, aínda que algunha vez poida recorrer á música tradicional", di.
Home está nas tendas dende o martes 27. Precisamente cúmprense agora dez anos dende a publicación do primeiro álbum de Xosé Manuel Budiño. Despois daquel Paralaia (1997), chegaron Arredor (2000) e Zume de Terra (2004). Budiño valora esa experiencia, a aprendizaxe gañada en cada álbum, que lle permite, di, "exprimir o mellor dos músicos" e gravar o disco a base de primeiras tomas no estudio.
Xira mundial en 2008
Budiño comeza agora unha extensa xira que o levará, por exemplo, a Cuba o vindeiro 8 de decembro, nun concerto enmarcado dentro dos actos de conmemoración do himno galego. Pero o gran momento chegará o 19 de xaneiro, cando o gaiteiro actuará en Glasgow no prestixioso Celtic Connections Festival. Será nese espectáculo no que o de Moaña presentará a súa nova formación, nun espectáculo moi visual no que incluirá programacións e videocreacións. Despois, Budiño comezará a súa xira por Galiza, que o levará aos teatros das vilas e cidades máis importantes do país. Até maio, non que volverá marchar fóra, na presentación internacional do seu álbum.
O público acaba escoitando a música e non as etiquetas»
O disco «Home» incorpora a grandes artistas de xéneros diversos e inclúe a voz de Xoel López cantando en galego unha letra de Antón Reixa
O cuarto disco de Budiño xa ten vida. Músicas do mundo e amigos próximos para conformar Home, un álbum que terá o seu primeiro concerto en Glasgow, no Keltic Connections, en xaneiro. As primeiros citas concertadas en Galicia serán en febreiro.
-«Home» aparece baixo a etiqueta de «world music» en lugar de folk. ¿É para encontrar públicos diferentes?
-O das etiquetas está superado. Non é importante. Nun festival preguntáronlle a un músico de Mali se se sentía identificado coa world music. El contestou que si sempre que Eric Clapton ou Beethoven tamén formasen parte da mesma etiqueta. Eu quero facer música que chegue a todo o mundo sen ter en conta as etiquetas.
-¿Que hai de novidoso neste disco fronte aos anteriores?
-O Leitmotiv do disco é este último ano e medio de viaxe. Os catro continentes que visitamos e estamos aí para ir a Oceanía. Todos eses concertos en Bulgaria e México ou Bos Aires. Estar no Líbano, Siria, Xordania, ver de cerca esa realidade que é distinta da que percibimos desde aquí. Todas esas realidades diferentes resultaron estimulantes para min e, de feito, cando chegaba de cada viaxe xa tiña os aparellos do estudio acendidos e púñame a gravar. Chegaba das viaxes coa música dentro. Esa incorporación de músicas nótase moi ben no disco.
-Tamén incorpora vocalistas. ¿Para un instrumentista é imprescindible poñer algo de voces?
-Sempre necesito que haxa voces. Neste caso busquei xente de Galicia ou moi afín a Galicia. Que cantase Mercedes Peón tamén gardaba relación coa súa participación hai dez anos no meu disco Paralaia. A participación de Xoel López ten que ver con que os dous tiñamos moita ganas de facer algo xuntos e chegase o momento.
-No caso de Xoel, igual consegue que lle dean unha axuda de Política Lingüística porque, agora que se atreveu co galego, pode cantar tamén nos seus discos.
-Eu creo que Xoel ten ganas de moitas cousas e tiña ganas de cantar en galego. É un músico que está na primeira división, pero moi por riba da media. E aínda vai sorprender con moitas cousas. A canción que canta no disco, Ollos de sal, é unha letra de Antón Reixa, así que son perspectivas diferente que converxen nunha mesma canción.
-¿Hai unha fronteira entre a música de raíz e a música pop?
-Desde a miña a realidade non hai fronteira. Crieime coa música tradicional, pero crieime tamén coa música pop e nunca encontrei unha fronteira.
-¿Os músicos que proceden do tradicional teñen que buscar músicas para madurar?
-Creo que é o camiño sempre que se faga dunha forma natural. Para min a incorporación de Xoel é algo natural. Pero non só iso, quixen arriscar e coller a músicos como Jorge Pardo, Carlos Castro ou Paco Charlín, músicos con longas traxectorias e estilos diferentes e poñelos xunto a Xoel para que cantase pop.
-Pero os públicos do pop e do folk non se xuntan moito.-En Damasco pasou que chegamos para dar un concerto e a xente do teatro da ópera nos advertía de que o público non era moi participativo. Saímos a tocar coma sempre para levantalos dos asentos. Despois nos comentaron que en 30 anos ninguén se levantara a cantar e a bailar nese teatro. O público acaba escoitando a música e non as etiquetas.
Xosé Manuel Budiño considera que o importante é a música, non as etiquetas. «O que me gusta da música é que a xente entre nas pezas e baile e dea palmas». O gaiteiro asegura que «ese é o espírito da música». «A min tocoume a gaita como me podía tocar un ukelele, tentaría facer música igual». Explica que no seu novo disco se perciben todas as influencias de músicas variadas e «a intención de mesturar estilos aparentemente distantes.
-Pero a gaita é un instrumento moi identificado co folk, como se non tivese outras aplicacións.
-Esoutro día estiven tocando no concerto de Deluxe na sala La Riviera, en Madrid. Era o seu concerto e o seu público, pero eu saía a tocar pop coa gaita e o público respondeu estupendamente. Eu quedei sorprendido da entrega da xente e de cómo Xoel conectou coa xente. Pero tamén de como a gaita encaixa en calquera circunstancia.
-¿Hai contaxio entre os públicos?
-Esa é unha das vantaxes destas colaboracións. Valen para que xente do folk ou da música tradicional escoite pop, pero tamén vale á inversa, para que xente do pop, onde se supón que están as maiorías, se poidan achegar a outras músicas. Tamén vale para demostrar que música hai unha e que se pode facer calquera tipo de música con calquera instrumento. Esa é a vantaxe.
Tonhito de Poi faise de 'Rasa loba'
O que foi líder dos Heredeiros da Crus emprende un novo proxecto musical
"Eu son coma un rasa loba, coma eses cans bravos que sobreviven sós no monte, e non coma os cans de palleiro, resignados a vivir atados a un pexegueiro toda a vida". É a nova declaración de intencións de Tonhito de Poi, o músico que era mariñeiro e se fixo célebre liderando ao longo de máis dunha década os Heredeiros da Crus. Cun rock contundente e unhas letras gamberras en jallejo do Barbansa, os Heredeiros publicaron sete discos, venderon miles de copias e foron un referente na década dos anos 90 para toda unha xeración de mozos galegos. Despois do éxito musical, Tonhito dedicouse a outras facetas como a de actor ou guionista, pero nunca deixou de lado a súa inseparábel Sachadora, a guitarra coa que compuxo os primeiros temas de Heredeiros, e coa que viviu as primeiras sensacións como rockeiro.
Tonhito de Poi rexorde cun novo proxecto musical, Rasa Loba, logo dunha amarga experiencia coa Banda de Poi, o seu anterior grupo, co que tratou de unir Galicia e Portugal co rock coma excusa. Pero a vida da banda acabou do peor xeito posíbel: enfrontamentos entre os membros, ameazas de xuízos e múltiples débedas que acabaron estrangulando un proxecto no que o músico de Ribeira traballou ao longo de tres anos. "Convertínme nunha mestura de empresario e produtor e quedei completamente empeñado. Agora teño que pagar os pratos rotos, porque puxen o meu nome por diante", explica resignado. Como dentro do malo sempre se aprende algo bo, Tonhito tirou desta experiencia unhas conclusións claras: "Eu son músico e a iso teño que dedicarme, a canalizar a miña enerxía en crear cancións e saír outra vez adiante".
Co batería Tonecho España e cos portugueses Poni e Hugo Machado, rescatados do naufraxio da Banda de Poi, Tonhito creou Rasa Loba para seguir facendo rock e, sobre todo, para tocar en directo. "As bandas fórmanse tocando e o obxectivo é facer directo até que escache, incluso gravar cousas en directo, pero polo de agora non nos formulamos facer un disco", explica o impulsor dos Rasa Loba, que acaban de facer a súa primeira gravación en directo, con once temas que tocaron recentemente nos estudios da Radio Galega. Levan desde o verán rodando o proxecto e tocando polos bares de toda Galicia, sobre todo en locais que nunca fixeran concertos nin tiveran música en directo. "Estamos partindo de cero, facendo todo de xeito moi humilde. Non busco impresionar a ninguén, só volver á esencia e iso faime sentir igual que os primeiros pasos que demos con Heredeiros", afirma un ilusionado Tonhito de Poi, co que sempre resulta inevitable facer referencia aos posíbeis rumores de que a súa primeira banda volva xuntarse de novo. O músico estabelece un curioso paralelismo para explicar unha posible volta ás orixes: "Non sinto que me separara nunca dos Heredeiros. Andamos cadaquén cos nosos proxectos, pero iso é como saír da casa da nai para ver mundo. As nais sempre esperan na casa para recibirnos de volta, e os Heredeiros nese aspecto son como a nai de todos nós".
Fóra desta posibilidade, Rasa Loba ten proxectos de futuro inmediatos. O primeiro deles, varias actuacións contra o mes de Nadal, onde tocarán cos Toreros Muertos de Pablo Carbonell en varios concertos que promoverán a defensa do raposo galego, e que están organizados pola asociación ecoloxista Adega. "Afortunadamente a Rasa Loba non está en extinción, todo o contrario, empeza agora a reproducirse con forza para mover o mundo", reflexiona Tonhito mentres lúe á súa compañeira fiel ao longo de moitos anos: Sachadora, a súa guitarra. Xunto a ela emprende unha vez máis un novo proxecto, mentres afina os ouveos de Rasa Loba.
Impartido por Sonia Lebedysnski, cantante do grupo Fía na Roca.
Data do curso: 1 e 2 de Decembro de 2007
Dende a Escola de Música do Concello de Boiro ofrecen a posibilidade tando ós alumnos da escola como a todos os que vos queirades achegar alí, a que coñezades e experimentedes as posibilidades e recursos do instrumento por excelencia, a voz. O curso vai dirixido a todas aquelas persoas que queiran achegarse á técnica vocal como recurso ou como prevención de patoloxías polo uso incorrecto da mesma.
Da man dunha voz con nome propio dentro da música galega como é Sonia Levedynski, todos os participantes adentraranse de cheo nos mecanismos que fan posible que se produza a voz e coñecerán os recursos que nos ofrece así como un uso correcto que evite o desenrolo de patoloxías.
O curso vai dirixido preferentemente a todas aquelas persoas que empreguen a súa voz como instrumento.
«Camín de cantares», a serie inspirada no Archivu de la Tradición Oral de Xosé Antón Fernández «Ambás» e dirixida por Ramón Lluís Bande, volveu o sábado 29 de setembro ás pantallas asturianas. A emisión do primeiro capítulo da segunda tempada do formato, na Televisión del Principáu d'Asturies (TPA) supón o retorno dun dos fenómenos culturais máis importantes dos últimos tempos en Asturias: o dunha serie que, sen uns orzamentos excesivos e cuns plantexamentos tan sinxelos como necesarios, acabou convertindose en líder de audiencia grazas á súa aposta tanto polo mantemento da tradición como un punto de partida á hora de afrontar o presente. No momento da súa estrea, o pasado mes de abril, as cifras de audiencia xa indicaron que unha boa parte de Asturias agardaba a chegada dun programa destas características. Agora, coa chegada desta segunda tempada, os responsables do formato, producido por Ámbitu Audiovisual, esperan que este se consolide ao mesmo tempo que traballan xa no deseño da que será a terceira tempada.
O director, Ramón Lluís Bande, dixo que afronta esta segunda tempada «do mesmo xeito da que afrontamos a primeira; de feito, no que foi o traballo casi non houbo ruptura ente unha e outra, senón que existiu unha continuidade entre a gravación da primeira tempada e a desta e tamén na proposta concreta de estrutura que xa estaba decidida denantes de que escomezaramos as gravacións». O que sí recoñece Bande é que esa estrutura «foi evolucionando segundo ía avanzando a primeira tempada e creo que nesta segunda xa se nota caseque a evolución final».
Continuismo e clarificación
Igual que na primeira tempada, os capítulos van dividirse en tres partes: a primeira vai consistir nunha pequena entrevista cos informantes e nun paseo por un camiño do pobo, mentes que a segunda vai centrase na recollida de cantares e a terceira e última na relaboración final a cargo de Tuenda e convidados.
Bande engade que «podemos dicir que a proposta destes novos capítulos é máis sólida. A cámara xa está moito máis definida do que estaba nos comezos, cando inda era un pouco balbuceante». Asimesmo, o director resume as características principaiss destes novos capítulos en dous térmos: «Continuismo e unha maior clarificación formal». Dúas son as novidades principais en canto ao contido: «a presenza de paisanos, con catro protagonistas masculinos, e o feito de que trescendemos o repertorio vogal para amosar os instrumentos como o acordeón diatónico, a gaita, a trompa ou o violín», dixo Bande. O feito de que nesta nova tempada gañen peso os informantes masculinos non foi, segúndo advirten tanto Bande como Ambás, dalgo buscado. «Foi pura casualidade», dixo este último. «A tradición oral está en mans de homes e de mulleres, pero é verdade que a muller, na cultura tradicional asturiana e na malloría das culturas, é máis depositaria da tradición oral polo papel que lle toca vivir». «Ela é máis depositaria da tradición oral, sobre todo a nivel musical, pero non é algo exclusivo, senón que os homes son depositarios dentro de áreas específicas. Por exemplo, os mellores depositarios do romanceiro son os homes», conclúi Ambás. Bande engade que os protagonistas masculinos desta segunda tempada «destacan máis como instrumentistas que como depositarios de cantares». Nenbargantes, Ambás aclara que «se isto sigue pradiante e se fai unha terceira tempada veremos bos informantes masculinos, sobre todo, como dicía, do repertorio do romancero tradicional».
A diversidde lingüística tamén vai tener unha importancia destacada na serie. «Camín de cantares» vai volver ser un gran mosaico no que vanse amosar todas as variantes do asturiano «e vai volver haber outro capítulo en galego», aclara Bande. Ademaís, a serie vai percorrer as tres grandes áreas xeográficas de Asturias, cunha presenza da zona central maior que na tempada anterior. «Pretende respetarse», dixo Ambás, «a variante de cada sitio; eu fago o posibel falando o máis achegado á falante da zona para que os paisanos se solten e estean cómodos». Unha comodidade na que influiu o feito de que a segunda tempada se grabase ao mesmo tempo que a TPA emitía a primeira. Ambás dixo que esa coxuntura «facilitou moito o traballo», e destaca que «todos os informantes coñecían o programa, e dun xeito iso facía máis sinxelo que a xente soubera para que íamos velos pero tamén dificultou un pouquiño as cousas de que igual as gravacións perderon algo en naturalidade».
O que sí destaca Ambás é que o éxito da primeira tempada trouxo como consecuencia un fenómeno que a él, que ten ás súas costas unha boa experiencia como estudioso da tradición oral, resúltalle do todo inédito: «Agora hai informantes que veñen buscarme a min, cando o normal é que vaia eu a buscalos a eles. De feito, nesta segunda tempada gravamos a un paisano que nos chamou grazas á serie. Ao traverso de "Camín de cantares" coñecín a cinco ou seis informantes que se puxeron en contacto comigo grazas ao programa. Pode dicirse que isto é unha inversión do proceso de recollida, e iso é algo realmente novidoso».
Bande califica de «espectacular» o resultado dese investimento, e pon como exemplo o capítulo que nesta segunda tempada vai protagonizar «un paisano que toca o acordeón diatónico tradicional, dalgo do que hai ben poucas referencias». Xosé Ambás asinte e engade que «ese vai ser un capítulo histórico».
Os responsables de «Camín de cantares» preparan a terceira entrega da serie, para a que xa entraron en conversacións coa TPA. Bande dixo que «o ideal ía ser entrar a gravala en canto comecen as emisións da segunda, porque temos informantes que pasan dos noventa anos e non convén facelos esperar». E no horizonte queda tamén un proxecto para o que xa hai un compromiso coa televisión autonómica: a edición dunha caixa cos DVDs da primeira tempada e dalgún material extra que estaría prevista para este Nadal, aínda que os responsables da serie apuntan que dende a TPA xa se falou da posibilidade de sacala as tendes coincidindo coa celebración da Selmana de les Lletres.
O que destacan tanto Ambás como Bande é o éxito logrado polo DVD que saiu á venda o pasado mes de agosto cunha mostra dos mellores momentos do programa. De momento, «Camín de cantares», segue o ritmo a bo paso.
Sábado 24 novembro:
- Serán en Viladesuso (Sta. María de Oia)
- Serán-Magosto en Saxamonde (Redondela) na casa cultural ás 20:00.
- Serán da Illa de Arousa na sala Capitol
- Serán na A.C. Forna de Budiño no Porriño.
Sexta feira 30 (Venres)
- Foliada no Salason de Cangas
Sábado 1 decembro:
- Serán en Couso (Gondomar)
Sábado 7 decembro:
- Serán na Casa do Pobo de Val-Sobral (Soutomaior)
Mércores 12 decembro:
- Foliada-Serán na Sala Nasa (Compostela)
O nome xorde dunha frase tantas veces escoitada á miña avoa. Empregada para amosar admiración, perplexidade, estrañeza diante dalgo ?moderno? e imprevisible. Nunca aclarado por qué empregaba aquela imaxe, aquela estraña parella, ?¡¡O Diaño e a Mona!!?. Tempo despois souben por qué aquelas xentes de Lugo emparellaban de xeito inverosímil ó principe das tebras co primate de sexo feminino diante do asombro ou a confusión. No mencer do cine, a comezos do século XX, un dos primeiros aparellos que chegou a aquelas pequenas vilas de provincia foi un proxector de imaxes en movemento, un precursor do cine mudo, que amosaba a escena dunha persecución entre un diaño e unha mona. A admiración e perplexidade daquelas persoas humildes diante da engaiolante novidade da técnica foron a explicación da frase que perviviu ó longo dos anos nos nosos paisanos.
A toupada entre a zanfona e a música contemporánea busca o paralelismo con aquel choque de culturas que provocou o primeiro cinema na Galicia de fai cen anos. Nestes temas musicais, a zanfona electroacústica é empregada de xeito intencionado fora do seu contexto de instrumento medieval e popular, e en certos casos o seu son é manipulado con programas multiefectos. As fontes son, como é lóxico, a música tradicional, pero tamén o drum´n bass, o rock progresivo, o funk-jazz de finais dos anos 70 e a música electrónica fabricada con ?loops?.
O emprego da zanfona deste xeito non é unha novidade. O camiño fóra xa trazado por mestres como Germán Diaz, Marc Egea, Matthias Loibner, Stephane Durand, Gilles Chabenat, Oscar Fernández e o seu grupo ?Bonovo?, e por suposto polo pai da zanfona moderna, o poliédrico músico Valentin Clastrier.
Se o Cego de Mazaricos poidese escoitar estas músicas, ben certo que o primeiro que lle viría á boca sería ?¡O diaño e a mona!?
Músicos:
Xurxo Romaní: zanfona electroacústica, guitarra acústica, saz, programación.
Amadeo Koichi Tanehashi: guitarra eléctrica, baixo eléctrico.
Zanfona do luthier Wolfgang Weichselbaumer
Contacto:
xurxoromani@hotmail.com / 646206294
Todos os temas compostos por Xurxo Romaní agás os números 4, 5 e 7 (Jaco Pastorius, Steve Hackett e Joe Zawinul, respectivamente)
Podes baixar un Zip de 38 MB cos sete temas de O diaño e a mona en mp3 en:
1. Revisade os coches: que teñan anticonxelante (imos a estar a case 1300 m en novembro) e que os freos e as rodas estean ben. NON É BROMA.
2. Se tedes cadeas, levádeas por siascaso, non vaia ser que neve.
3. Se queredes mirar fermosas vistas na viaxe: parade nunha beira e mirade pero NON AO MESMO TEMPO QUE CONDUCIDES .
4. Se ides durmir en liteira: levade sacos de durmir por se as moscas , facede caso.
COMO CHEGAR:
A CAMPA DA BRAÑA é un lugar que queda apegado a DEGRADA na parroquia de Cereixedo do Concello de CERVANTES (LUGO). Dígovolo por se non aparece nos mapas ou nos GPS para que busquedes por Degrada. A Campa da Braña está xusto despois de Degrada na estrada que vai cara a Piornedo, no cruce onde se colle para o Albergue Ancares.
Temos dúas formas de chegar:
· Dende Becerreá (para os que imos das diferentes partes de Galicia quizais sexa o máis directo).
Distancia: 36 Km. Tempo orientativo: 45 min.
1. Saíde da Autovía na saída que marca: Ancares-Navia de Suarna-Becerreá Sur. Despois veredes á esquerda un desvío que tedes que coller arrimando á dereita nun viradeiro e que marca NAVIA DE SUARNA-ANCARES.
2. Seguide por esa estrada (máxima atención ás curvas xa que son falsas-esbaradizas) ate LIBER alí xa vedes á dereita un desvío que marca SAN ROMAN-CAMPA DA BRAÑA. Xusto antes, en Pontes de Gatín está o desvío para ir por Doiras; podedes collelo se queredes ver a ponte medeval de Pontes de Gatín ou se queredes velo castelo de Doiras (despois, dende Doiras, mirala outra ruta que vai dende Pedrafita).
3. Ides pasar polo medio do pobo de San Roman (capital municipal) bordeando a casa do Concello. Non collades ningún desvío, seguide sempre pola mesma estrada. Despois de San Roman, se tedes tempo e gañas, podedes desviarvos un momento ao Castro de Santa María de Cervantes: veredes que está indicado cun cartel de cor rosa á esquerda.
4. Ao cabo dun pedacete chegaredes á Degrada. Collede no stop á esquerda. Xa tedes de frente a Campa da Braña e na dereita do cruce o MESON CAMPA DA BRAÑA. BENVIDOS/AS.
· Dende Pedrafita do Cebreiro (para os que veñan de Asturias vai ser o máis curto).
Distancia: 28 Km. Tempo orientativo: 35-40 min.
1. Saíde da Autovía en Pedrafita do Cebreiro (xa que penso que vos é moito millor vir por León-Astorga-Galicia). Ides entar no pobo e miraredes unha gasolinera de Campsa á esquerda: xusto do outro lado, veredes a CASA DO CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO. Tedes que coller a rúa que pasa apegada á casa do concello e despois xirar á esquerda (pola oficina da Caixa Galicia) en dirección aos colexios.
2. seguide sempre cara arriba pasando por diante do COLEXIO PÚBLICO DE PEDRAFITA.
3. Seguiredes por esa estrada ate chegar a DOIRAS (disfrutade da vista do fermoso castelo medieval). En doiras veredes un desvío á man dereita que marca: PIORNEDO-DEGRADA collédeo e xa ides directos á CAMPA DA BRAÑA; xusto despois de Degrada, no cruce que pon Albergue Ancares xa está o MESON CAMPA DA BRAÑA. BENVIDOS/AS.
O Centro Coreográfico Galego presenta Kiosco das almas perdidas, produción da temporada 07/08 dirixida polo coreógrafo Roberto Oliván, unha peza que combina diferentes disciplinas artísticas, fusionadas polo movemento coreográfico, produto da residencia do coreógrafo en Galiza durante tres meses.
Kiosko? está coproducido con Laboral Escena, de Xixón, e estará en xira entre marzo e xullo de 2008.
Roberto Oliván contará coa colaboración de dez bailaríns e cinco artistas convidados:
músicos, performers, etc. A filosofía do proxecto é a de enriquecelo ao máximo buscando a colaboración con diferentes artistas do noso territorio. Así, Oliván reuniuse con artistas plásticos, arquitectos, iluminadores, figurinistas, poetas, músicos e outros persoeiros da cultura galega, ao tempo que realizaba un percorrido por algúns espazos xeográficos e culturais senlleiros no noso país.
Kiosko? terá música da cantante e gaiteira Mercedes Peón, quen leva moito tempo investigando na nosa herdanza oral e colleitando éxito internacional no eido da world music. Peón estará en directo nas funcións da xira de Kiosco das almas perdidas.
A asistencia para maxia e os audiovisuais serán responsabilidade do popular ilusionista galego Mago Antón e do colectivo asturiano Fiumfoto, respectivamente.
O II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega celebrarase no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela os días 7,8 e 9 de Decembro.
A inscrición ten un custo de 10 ? para socios da AGG, da AS-PG, afiliados á CIG e estudantes e de 25 ? para outros interesad@s. Poderase levar a cabo a través de correo postal enviando o boletín de inscrición, xunto co xustificante de pago, ó seguinte enderezo:
Rúa Alfonso XIII, nº7 - oficina 8
36002-Pontevedra
ou ben por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com.
Nova Galega de Danza presenta a súa nova creación "Tradicción", onde pretende sorprender o público a través do seu propio imaxinario colectivo. Tradicción será unha peza que afondará na raíz en busca da contemporaneidade.
Nova Galega de Danza fusiona en vivo danza e música de raíz galega. O proxecto dos directores artísticos e coreógrafos Vicente Colomer e Jaime Pablo Díaz, xunto co músico e compositor Xosé Lois Romero, comezou a súa andadura coa estrea de Alento, o seu primeiro espectáculo, no Teatro de Madrid (La Vaguada) o 8 de maio de 2003.
A súa última montaxe é Engado.
Ficha artística
Dirección artística: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer
Dirección musical: Pedro Lamas
Escenografía: Stefanie Pasterkamp
Coreografía: Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer
Música: Tradicional e popular de Galiza / Pedro Lamas
Músicos do directo: Pedro Lamas (saxo e gaita), Xabier Díaz (voz e percusión), Suso Iglesias (acordeón), Ricardo Rozas (guitarra), Miguel Queixas (percusión), Miguel Castro / José Belmonte (percusión, vibráfono).
O 27 de novembro de 1922 preséntanse en Sobredo (Guillarei), xuíz e garda civil para embargar os bens dun veciño que non pagaba o Foro. A toque de campás, xuntáronse unhas dúas mil persoas da bisbarra. Ao disolver a forza pública a manifestación a tiros, houbo varias persoas feridas e resultaron mortas: Cándida Rodríguez, de Pazos; Joaquín Estevez Besada, de Soutelo; e Venancio González Romero, de Budiño.
Os feitos tiveron moita sona na prensa, parlamento, literatura, conferencias... O goberno decatouse entón da nesidade de darlle unha solución ao conflito agrario, o que levou á redención dos Foros. Foi entón, grazas á actitude loitadora e comprometida destas mulleres e homes do agro, que se conseguiu abolir un dos residuos da sociedade estamental e que condenaba en vida o campesiñado deste pais.
O Monumento aos Mártires foi feito por iniciativa popular e esculpido por Camilo Nogueira nos tempos da II República, e os fascistas dinamitárono durante a guerra, e nos anos 80 outra vez por suscripción popular recuperouse parte do monumento que veciños e veciñas agocharan nos muros ou enterraran nas leiras, e encargouse o resto a un escultor.