1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 31 de outubro de 2011, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da IV Foliada de Sada.
2. A participación no concurso requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, podendo o xurado descualificar ós participantes que non se ateñan a elas.
3. Establécese unha única categoría na que poderán participar os maiores de 13 anos de idade.
Ningunha persoa poderá formar parte de máis dunha parella no concurso.
4. A inscrición das parellas será gratuíta e pecharase ao comezo do baile da 1ª parella participante no concurso. A folla de inscrición poderá enviarse ao correo grupoqueiroa@gmail.com ou entregarse ao comezo do concurso. As parellas serán seleccionadas por riguroso orde de
inscrición e o concurso levarase a cabo cun mínimo de dúas e un máximo de dez parellas inscritas.
A confirmación da participación e as pezas elixidas, comunicaranse por teléfono ou correo
electrónico, o mesmo día da inscrición.
5. As pezas, unha xota e unha muiñeira, serán elixidas pola organización e interpretadas por un
quinteto da A.M.D.T Queiroa, sendo para tódolos participantes as mesmas. As dúas pezas
interpretaranse unha a continuación da outra. O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente
galegos. Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta aspectos como o xeito, a técnica, a dificultade dos puntos e a compenetración das parellas.
6. O Xurado cualificador, composto por tres persoas, será nomeado pola Comisión Organizadora, e darase a coñecer o día do concurso. As súas decisións serán inapelables.
7. Establécense os seguintes premios:
1º Clasificado: 150 ?
2º Clasificado: 100 ?
3º Clasificado: 50 ?
Se houbera menos de cinco parellas participantes, outorgaríase un único premio de 150 ?.
8. A súa entrega terá lugar unha vez rematado o concurso, despois do conxuro da Queimada. Os
participantes menores de idade terán que estar representados por un adulto no momento de
recibir o premio.
Para calquera dúbida, chamar ao teléfono: 615222046 (Miguel)/617940833 (Luis)
Sexta feira 28 (Venres)
? Raiba no pub Gatos (Melide)
? De outra Margem no Auriense (Ourense)
? X Gala Premios Opinión no teatro Colón (A Coruña)ás 20:30: Sondeseu e Axada
? Foliada no Lar (As Pontes)
Sábado 29
? Gala 25 aniversario do C.C. A Ponte Vella (Teo) ás 20:30
? Xoán Curiel no Auditorio Municipal de Ourense
? Davide Salgado no Clavicémbalo (Lugo)
? Malvela en Cuntis as 22h nunha carpa na praza do concello.
? Rosa Cedrón e Cristina Pato no Auditorio Ilduara de Celanova
? Banda Crebinsky no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 21:00
? Snatch no Muiño (Cervo)
? Raiba na sala A Reserva (Carballo)
? K-raxe e Contra as cordas ás 21:00 no C.S.O.A. Palavea, en A Coruña
? Castañazo Rock (Monforte de Lemos): Skarallados, Falperrys, Reincidentes,...
? Estalotada en Compostela
? II Fuliada de Outono en Betanzos
? Serán en Pontesampaio
? II Serán Ledicia (Burela)
? Serán-Magosto de O Porriño
? Ruada en Teixeiro (Curtis)
Domingo 30
? Real Coro Toxos e Froles e Cántigas da Terra no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña) ás 19:00
? Presentación das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)
? Ith na sala 600 (Melide)
Segunda feira 31 (Luns)
? Esquios e K-raxe no pub d´Antón (Laracha)
? Seran do Samaín (Redondela) na Praza da Casa da Torre
? IV Foliada de Sada
Xa temos organizado o segundo magosto fuliadeiro , celebraremolo o vindeiro sábado 29 de outubro no antigo matadoiro de Betanzos, animadevos a vir, tomar uns callos, castañas e botar uns bailes. Podedes vir disfrazad@s para a ocasión ;)
Unha noite para gozar do folk con dúas formacións espectaculares
A que se vivirá hoxe no coruñés teatro Colón será unha noite aínda máis especial que as precedentes, xa que se chegará á décima edición na historia dos galardóns organizados por LA OPINIÓN, e este sempre é un aniversario que se adoita celebrar ao grande.
E desa maneira formulouse a idea central deste ano, que consistiu na creación dunha banda para tocar versións de sete temas que estiveran gravados en álbumes galardoados nas anteriores edicións. E para dar un enfoque aínda máis diferente, decidiuse optar pola orixinalidade e contar na formación cunha sección de instrumentos de metal, algo inusual na historia do folk galego.
Son dez músicos os que forman Axada, xogando co número do aniversario, baixo a dirección musical de Pedro Lamas, quen tamén realiza esa función nas músicas elaboradas por Nova Galega de Danza, gañadores de dous dos nosos recoñecementos ao longo destes anos. El é o alicerce da banda, xa que da súa mente saíron os arranxos dos temas, e sempre foi consciente que debía contar con músicos experimentados que desen sólidez sonora á proposta.
No repertorio escollido xogou con pezas de artistas con conceptos creativos diferentes, e contar cun conxunto de dez músicos dá unhas posibilidades tremendas para poder reelaborar o orixinal. Os seus autores está claro que van recoñecer a composición creada, mais tamén escoitarán como se poden realizar versións que pretenden ficar coa esencia e despois optan por investigar noutros territorios estéticos.
A espectacularidade escénica une a Axada e SonDeSeu, recentemente galardoados co Premio da Crítica de Galicia no apartado musical, ademais do concepto de ser propostas representativas no seu eido. Sondeseu é un exemplo de como levar a música tradicional nun formato diferente, mentres Axada é representante da música premiada nos nosos galardóns, os únicos existentes en Galicia que recoñecen estes traballos, e constitúe tamén, polo tanto, un proxecto que sirve para divulgar o folk da nosa terra.
A orquestra viguesa, que conta co apoio do concello da localidade, xa estivo tocando na quinta edición dos premios. Daquela actuaran canda o gaiteiro Xosé Manuel Budiño no auditorio universitario da Maestranza. Agora terán máis espazo no palco para colocar aos seus numerosos compoñentes. Dende as súas primeiras actuacións deixaron claro que se trataba dun proxecto diferente e único no panorama musical. Ademais de servir como necesaria formación escénica do alumnado do centro, o seu nivel artístico sempre foi salientable.
Hoxe tocarán os temas do disco Barlovento considerado como mellor traballo do ano xunto ao Sós de Mercedes Peón polo xurado dos premios.
E a guinda ao seu recital será a presenza de Rosa Cedrón para cantar con eles Romance de Mirabela, tema incluído no álbum premiado
O 29 de Outubro (este próximo Sábado), o C.C. A Ponte Vella fará a súa Gala 25 Aniversario, no local social (en Reis - Teo).
Ademáis do grupo ofical, actuarán os nenos e nenas da nosa canteira pertencentes ó grupo o Muíño da Retorta e Tras do Eo. Tamén haberá unha actuación moi especial... ¡ Ex-compoñentes ! da Ponte Vella decidiron reunirse para recordar vellos tempos e poder volver bailar xuntos. E algunha cousiña máis...
A entrada será gratuíta, e a hora de comezo está prevista para as 20:30h.
Contamos cun moi amplo aparcadoiro (xa que o local da Ponte Vella está pegado ó campo de fútbol do Praíña) e para todos aqueles que non saiban onde é, o local está na estrada de Santiago-A Estrada, ó ladiño de Pontevea. Divisase dende a estrada.
Hoxe en día en Galicia aínda se conserva a tradición de facer caveiras de calacús e iluminalas con candeas acesas, cócense castañas con anís para as ánimas do purgatorio, déixase a mesa sen recoller para os familiares defuntos que nos veñen visitar esa noite. Acéndense lampadiñas de aceite e pequenas candeas sobre as lápidas dos noso defuntos. Cando estas candeas se consomen, indica que unha ánima do purgatorio alcanzou, por fin, a luz.
Quizais a mestura de todos estes elementos sexa a orixe da actual Noite de Defuntos e dos Calacús.
Cómpre comentar que existe a crenza común de que a Noite dos Calacús, o Samaín, ou o Halloween (All Hallow Eve = véspera de Tódolos Santos, en inglés) ?que no fondo son a mesma celebración? é unha festa orixinaria dos EEUU, mais non é certo como acabamos de explicar. Foron os dous millóns de galegos que emigraron a América dende o século XIX, os emigrantes irlandeses e os doutras nacións atlánticas que tiveron que marchar ós EEUU os que levaron alí esta ancestral celebración que, por desgraza, retorna hoxe en forma de cutre Halloween desvirtuado e convertido nun comercial Entroido festivo e discotequeiro carente do fermoso significado máxico e ritual que tiña antano a nosa Noite de Defuntos
O VENRES DÍA 28 DE OUTUBROás 6 da tarde no paseo do Pinzón faremos o Fiadeiro das Castañas e Obradoiro de Caliveras, onde teremos zonchos preparados para que fagades os collares.
Ademais, a partir das 8 da tarde terá lugar, un espectáculo de circo, musica e humor a cargo do grupo Ringo Rango, espectáculo cómico ao límite do absurdo onde todos habemos pasar momentos ben divertidos.
E ás 10 da noite, no medio do río faremos o acto de inauguración do Samaín 2011, coa xa tradicional Queima da Cabaza.
SÁBADO 29 DE OUTUBRO - FESTA DE SAMAÍN
A partir das 5 da tarde, no Paseo do Pinzón, comezaremos a anotar os melóns para o Concurso Exposición, no que coma sempre, premiaranse aqueles que máis chamen a atención, polo seu tamaño, a súa orixinalidade, beleza natural, simpatía?
Os que queirades participar na Ginkana tamén vos podedes ir apuntando, finaliza para os máis ?votados pa diante? cunha visita á Casa das Ánimas.
Obradoiro de Maqueado, a cargo de Fusa para deixarvos a cara "samainera"
Merendola de Outono, con bola de azucre e requeixo, son dous clásicos da festa que nesta ocasión non han de faltar.
Ao longo da tarde, teremos contacontos a cargo de Ni fú ni fá animación e actividades de animación con Anima Rúa
No lus con fus, a iso das oito e media, máis ou menos, sairá do Paseo a Pasarrúas das Pantasmas que con todas as luces apagadas percorrerá os currunchos máis escuros da vila, e se as pantasmas están de leria, levarannos por onde elas queiran. Deixádevos levar?e ao seu remate faremos a Entrega de Premios do Concurso Exposición, non quedando xa senón darnos entre todos o De Hoxe nun Ano e preguntarnos: ¿ Qué hai na praza? e contestarnos: ¡Papel de estraza! e así concluírmos: Cada un que se retire pra a súa casa.
MARTES 1 DE NOVEMBRO, ás 8 da tarde no auditorio municipal a función "Mackie, o Navallas" do grupo Bartoleta de Ferrol
17:00 Comezo dos Obradoiros:
?Obradoiro de cabazas (calacús)
?Recortables de papel
?Coloreado de cabazas
?Pintado de Caras
Praza da Milagrosa
17:00 Comezo dos Obradoiros:
?Obradoiro de cabazas (calacús)
?Recortables de papel
?Coloreado de cabazas
?Pintado de Caras con Motivos Celtas
Praza de Augas Férreas
19:00 Contos de Medo Praza da Milagrosa
21:00 Procesión de Animas Praza de Augas Férreas
21:00 Procesión de Animas Praza da Milagrosa
23:00 Ritual de Vivos e Mortos Praza dea Milagrosa
Domingo 30 de Outubro de 2011
17:00 Comezo dos Obradoiros:
?Obradoiro de cabazas (calacús)
?Recortables de papel
?Coloreado de cabazas
?Pintado de Caras
Praza da Soledade
Luns 31 de Outubro de 2011
17:00 Comezo dos Obradoiros:
?Obradoiro de cabazas (calacús)
?Recortables de papel
?Coloreado de cabazas
?Pintado de Caras
?Pintado de Caras
Praza da Soledade
20:00 Contos de Medo con Cándido Pazó
21:00 Procesión de Animas e Colocación de cabazas pola Muralla
Ás 20,30 horas do xoves, día 27 de outubro de 2011, no teatro Principal de Ourense, terá lugar a cerimonia de entrega do II PREMIO XABIER PRADO ?LAMEIRO? ao Grupo de Danza ? Castro Floxo ?polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.?, segundo acordou por unanimidade o xurado.
Ademais da cerimonia de entrega do premio, durante o acto ofreceranse as actuacións seguintes:
- Representación dunha das pezas teatrais máis celebradas de Xabier Prado ?Lameiro?: <>. Xunto con <>, foi unha das obras representadas pola Coral De Ruada na súa presentación ao público ourensán no desaparecido Salón Apolo, o día de San Xoán de 1919. Dende entón representouse en moitas ocasións e en múltiples escenarios de Galicia e de América con grande éxito. Nesta ocasión vai ser posta en escena polo grupo de teatro afeccionado Plataforma Independente de Teatro de Amoeiro (PITA), dirixido por César Francisco González Fernández.
- Actuación do grupo premiado, Grupo de Danza ? Castro Floxo, que ofrecerá as danzas populares galegas: Muiñeira do Incio, Jota da Limia, Danza de Santa Tegra e Esparabán do Incio, interpretadas coa mestría que os distingue.
- A Coral De Ruada pechará o acto coas cantigas: Foliada de Moureira, Foliada de Amoeiro, Camiña Don Sancho, Trullada de Cambados e Ourense ao lonxe, co que se porá o punto final a esta velada de exaltación da nosa cultura popular.
A entrada ao teatro é libre até completar o aforo, recollendo, previamente, a invitación no propio teatro.
Os Cempés están rematando de preparar un novo traballo discográfico que se empezará a grabar en Xaneiro de 2012. Ese ano cúmplense 20 anos do primeiro concerto nun concerto benéfico en Cedeira no ano 1992. E para celebrar o aniversario, 10 novos temas e unha novidade importante: como invitados especiais para colaborar nesa gravación queremos contar con moitos dos alumnos e exalumnos da Escola Livre de MPG.
Outra novidade é que tamén propoñemos aos seguidores de Os Cempés que nos axuden a financiar a gravación, que señan mecenas neste proxecto e así convertilo nunha producción colectiva. Esa inversión non será de balde, o sistema elexido é o da microfinanciación , ou como se lle chama en inglés, ?crowdfunding?, no que moitas persoas identificadas co proxecto proposto e que desexan que se leve adiante, fan aportacións económicas, según as súas posibilidades e optan a diferentes recompensas.
En www.verkami.com podedes ver cómo funciona este sistema botando unha ollada aos proxectos propostos actualmenteproxectos que se conseguiron financiar e algúns que non.
As recompensas por participar poden ser dende ter dereito a un C.D. e aparecer nos créditos do C.D. como mecenas, invitacións para o concerto de presentación do C.D. até incluso disfrutar dun concerto- festa privado con Os Cempés.
A primeiros de novembro presentaremos o proxecto a través de www.verkami.com , faremos pública a cantidade que precisamos para levalo a término e empezarán a contar 40 dias.
Nese tempo si o obxetivo se consigue faráse efectiva a aportación de cada mecenas e a cousa non termina ahí, pódese a traves de esa páxina comprobar a evolución do traballo e comunicarse cos promotores, (Os Cempés) para facer suxerencias, críticas e ir coñecendo os plazos nos que se fará a entrega das recompensas.
A través de folque.com o facebook de Os Cempés ou Os Cempés Volven e máis adiante de www.verkami.com iremos actualizando a información sobre este proxecto que queremos que seña como a música tradicional, unha creación colectiva, o resultado de moitas aportacións pequenas ou grandes pero todas imprescindibles .
O domingo 30 de outubro terá lugar no Centro Cultural de Valadares a presentación das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas que organiza coa colaboración da Asociación Cultural Interfolc.
O acto terá lugar ás 19:00 horas no CCAR DE VALADARES e contará coas actuacións de:
- A.F. Corisco
- O Tarabelo de E.M.D.
- A.F. Lembranzas Galegas
O domingo 27 de novembro terá lugar no Centro Cultural de Valadares o final das XII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas coa participación de:
- Andarela de Vigo
- Trebede de Marín
- A Buxaina de Coruxo (Vigo)
- Os xeitosos de Trazo (A Coruña)
- Xirandola de Bandeira (Silleda)
- Colexiata do Sar (Santiago)
- Traspes de Vigo
Gupo convidado:
- Dúo de gaita e piano
- Jose M. Fernández Gutierrez "Guti"
- Jesús A. Arévalo Manzano
As dez prazas iniciais ampliáronse a 18 pola demanda existente
A música galega comeza a soar no campusCo Obradoiro e Taller Formativo de Gaita Galega e Música Tradicional, que se presentou no marco do 'Ourense campus animado! Leisure day'
?Aínda que non é o único, a gaita é o instrumento máis representativo da cultura galega, moi asequible para empezar a aprender a tocar e moi agradecido para logo gozar del en todo tipo de acontecementos?. Deste xeito explica Gonzalo Abelairas, profesor do Obradoiro e Taller Formativo de Gaita Galega e Música Tradicional que se imparte no campus de Ourense, o éxito desta iniciativa, que nesta edición vén de aumentar de 10 a 18 as prazas dispoñibles debido á demanda existente. Iniciadas xa as clases, os seus organizadores agardan que tras este prometedor comezo calle un grupo estable de música tradicional no campus de Ourense, a semellanza do que aconteceu co coro universitario ourensán.
O obradoiro é unha das 17 propostas que compoñen este cuadrimestre a programación de obradoiros de extensión cultural, organizados pola Vicerreitoría do Campus de Ourense en colaboración coa Deputación Provincial para ofrecer á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral unha ampla oferta formativa complementaria e de lecer. Segundo explica Abelairas, da Asociación Ourensá de Folclore e Escola de Música Tradicional de Ourense, o obxectivo deste taller en concreto é achegarse á música tradicional galega a través da gaita e dar a coñecer este instrumento, incidindo nas súas técnicas de uso, os tipos de dixitación, as formas de afinación, o repertorio, etc.
Iniciación e perfeccionamento
Entre as persoas inscritas atópanse perfís moi diferentes, desde os que parten de cero ata os que xa saben tocar a gaita e queren mellorar os seus coñecementos. Por este motivo, salienta o profesor, o obradoiro divídese en diferentes grupos segundo o seu nivel e cada un traballa uns aspectos diferentes. ?O importante é que os asistentes coñezan as posibilidades que lles ofrece un instrumento como a gaita e que saiban ata onde queren e poden chegar con el. A gaita é un instrumento moi asequible para comezar a tocalo e pasalo ben, pero cando se trata de acadar un nivel alto é un instrumento moi esixente e complicado, que require moita técnica e dedicación?, explica Gonzalo Abelairas.
Con estes dous posibles enfoques, a iniciación ou o perfeccionamento, o alumnado xa comezou as súas clases, que se celebran cada xoves de 19.00 a 22.00 horas no campus de Ourense. Para comezar con elas e para os que aínda non dispoñen do material axeitado, o obradoiro pon a disposición dos participantes frautas e gaitas cos que comezar a familiarizarse con este instrumento. Clase a clase, os organizadores desta iniciativa agardan que do obradoiro vaia xurdindo un grupo estable de música tradicional no campus, a semellanza do que aconteceu coa Aula de Teatro ou co Coro Universitario do Campus de Ourense, nados en iniciativas similares.
Para espertar a curiosidade e como exemplo das posibilidades da gaita e da música tradicional, a Aula Gomes Mouro, da que forma parte Gonzalo Abrairas, ofreceu o pasado 13 de outubro un concerto no campus de Ourense no marco do Ourense campus animado! Leisure day.
Obradoiro de construción de palletas con Patricia Cela na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 29, 30 e 31 de outubro
A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela, de recente creación na cidade de Madrid, organiza un obradoiro de construción de palletas para os días 29, 30 e 31 de outubro nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas na construción de palletas, a luthería, a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer como funciona o elemento que produce o son na gaita e queiran ser autosuficientes.
Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico.
Para realizalo contaremos coa presenza de Patricia Cela, recoñecida artesá do sur de Galicia formada con Antón Corral na Universidade Popular de Vigo e que virá dende Baiona para dar o curso.
O prezo é de 130 euros (100 euros para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. Facilitarase os materiais necesarios para a realización das palletas así como material didáctico.
As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre inscrición e horarios visitar www.juanluna.es
Saúdos,
Juan Luna
www.juanluna.es
Blog - http://juanluna.wordpress.com
A banda Axada foi creada para actuar na gala de entrega dos X PREMIOS OPINIÓN, a celebrar o venres 28 de outubro no teatro Colón ás 20:30 horas. Dez músicos en escena, cunha sección de metal novidosa neste estilo musical, para celebrar o décimo aniversarios dos galardóns creados por este xornal.
A idea foi a de montar unha formación que realizase unha nova lectura de temas incluídos en discos que gañaran en anteriores edicións. E para exercer como director musical deste proxecto tan especial achamos a Pedro Lamas, quen revela o concepto global que rexe para montar as versións: ?Atopámonos con sete composicións de artistas diferentes e ao final debe existir un nexo común no que se perciba un estilo propio da banda. Ten que existir unha estética global dentro dunha formación como a nosa, moi diferente na instrumentación á que se acha nas pezas versionadas?.
Facemos con Lamas, quen realiza os arranxos dos temas, un repaso polo repertorio que se poderá escoitar nesa noite festiva para o folk galego. Do gaiteiro moañés Budiño decidu escoller Galo Galán, composición do seu disco Zume de terra. ?É unha peza con moita forza. Considero que é representativa doutro xeito de facer música folk e moi característica do estilo despregado por Xosé Manuel Budiño. Na nosa versión a aportación dos metais vai resultar sobranceira, creando unha potencia sonora moi forte. Creo que soará máis eléctrica ca peza orixinal?.
O trío Lizgairo fai a súa aportación co tema Ñarro-Ñarro, incluído no seu álbum de debut discográfico. ?Posúe unha sonoridade moi singular, moi acústica. Os instrumentos que eles empregan non os temos en Axada, así que deberemos, por dicilo dalgún xeito, refundar a peza?.
Benzón foi a ópera prima como solista de Guadi Galego e nesa obra aparece a canción Muiñeira de Concha de Luneda. ?É un tema cantado e, nun principio, íamos facela instrumental, mais como lle ía moi ben á voz de Begoña Lorenzo decidimos conservar a letra. Mentres que no disco escoitamos instrumentos da familia do clarinete, nós imos aportar unha diferenciación tímbrica, pola formación que temos, que aportará outra textura?.
O conxunto Berrogüetto aporta para a interpretación de Axada a composición Brest, do seu traballo 10.0. ?Escollina porque ao escoitala visualizaba perfectamente a esas formacións de ventos máis propias dos países de Centroeuropa. Tentaremos explorar as posibilidades que nos ofrece para que converxa con naturalidade na sonoridade creada para a banda?.
Outra ópera prima ten acollida no repertorio de Axada co Ari-Ari do trío Nordestin@s. ?Creo que é un dos momentos con máis gancho e tamén máis populares do disco. Tamén un dos que teñen máis ritmo. Procuraremos que, co noso estilo, o público vexa reflectido o espírito da canción?.
A seguinte peza analizada é a máis familiar para Lamas, xa que se pode escoitar en Tradicción, disco de Nova Galega de Danza, formación na que tamén exerce como director musical. ?Na Moliñeira de Bazal hai unha gran diferenza evidente, posto que no orixinal está interpretada por voz masculina e agora o será por unha feminina. Co engadido de contrabaixo, saxos e trombón que teño preparado no arranxo creo que soará con maior forza?.
Rematamos o repaso cunha obra que nun momento determinado siginificou a despedida dos escenarios do grupo ferrolá Os Cempés, mais agora volveron aos palcos logo de catro anos de retiro. Daquel Moe a moa decidiu adaptar o tema que dá título ao álbum. ?Outra vez da voz de home pasaremos á de muller. O carácter do tema ten un punto canalla e require da cantante certas dotes de interpretación, no dobre sentido, alén do canto. Das cancións elixidas quizais sexa unha das que queden máis diferenciadas respecto ao orixinal?. Como se pode comprobar escoitándoas son sete pezas ben distintas ás que Lamas tentará facer súas, e do grupo, dándolles unha volta sempre necesaria á hora de se enfrontar a unha creación xa existente.
SondeSeu obtuvo o galardón en Música "como proxecto pioneiro e singular que, a partir da música tradicional e popular galega creou un novo modelo de interpretación en formato orquestral que xa se converteu nun referente inspirador en outros países europeos". O xurado valorou tamén a súa dimensión pedagóxica, a través da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (e-Trad), xerme da OFG SondeSeu.
A e-Trad síntese especialmente orgullosa da concesión á Orquestra Folk de Galicia SondeSeu do Premio da Crítica 2011 no apartado de Música e quere felicitar ao director e aos máis de 45 músicos e mestres que a compoñen por teren creado e mantido no seo da e-Trad e, desde hai xa dez anos, unha formación recoñecida en Europa como un dos proxectos pedagóxicos e escénicos máis novidosos e revolucionarios levados a cabo neste tempo no eido da música folk e tradicional.
Un pode facer país a través da política, da literatura, do cine, da música, dos medios de comunicación e de moitas outras artes. Algúns dos diversos xeitos de defender e promocionar Galicia, a súa lingua e a súa cultura aparecen compendiados nas figuras das dúas persoas que onte recibiron en Láncara o premio Ramón Piñeiro López «Facer País».
Os músicos, poetas, mestres e investigadores Mini (Xosé Luís Rivas Cruz) e Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio) foron merecedores deste galardón na súa décima edición por crear e recrear o cancioneiro galego e outras manifestacións da cultura de Galicia, polo seu compromiso profesional como educadores e colaboradores con distintos colectivos e pola súa activa participación na recuperación da memoria histórica.
Así llelo recoñeceron os membros do xurado, representantes de 18 asociacións culturais da comarca de Sarria, aos que os homenaxeados responderon declarándose inmensamente agradecidos por ser premiados por uns colectivos que desempeñan un labor moi semellante ao que eles levan a cabo.
O acto, con varios centos de asistentes, desenvolveuse segundo o guión previsto, con recepción por parte das autoridades, recibimento a Mini e Mero na ponte romana de Carracedo e entrega do premio no vello consistorio por parte do presidente da RAG, entidade premiada no 2010. E estando entre músicos, todo acabou en festa.
A agrupación de Santiago de Compostela naceu no ano 1921, polo que leva noventa anos de existencia formando aos seus alumnos en diferentes campos da música tradicional
Coincidindo co noventa aniversario da súa fundación, a agrupación compostelá Cantigas e Agarimos vén de acadar o IV Premio Opinión Andaina Senlleira, que foi creado para premiar a traxectoria salientable de músicos, colectivos ou institucións a prol da música de raíz. Unha manchea de alumnos pasaron polas súas aulas en todos estes anos e o traballo educativo sempre se fixo coa intención de dignificar a nosa cultura.
Na súa páxina web a agrupación santiaguesa deixa claro o seu pensamento: "Din por aí que un pobo que non canta nin baila é un pobo sen alma e sen corazón. Mais ese non é o noso caso. O Pobo Galego se algo ten é alma, e corazón tamén. Un corazón mol, coma un pucho de figos, e grande ata o punto de non collerlle na caixa do peito. A música, como dixo Vicente Risco, foi compaña das xentes de Galicia en todo o seu ciclo vital. Os galegos e galegas cantaron sempre: no Nadal e no Entroido, nos Maios e polo San Xoán; nas festas e romarías e nas celebracións do verán. As cantigas son, pois, o espello no que se reflicte o rostro verdadeiro do país. E nós? Nós queremos ser espello no que se reflicta nítido ese rostro". A Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos fundouse no ano 1921 por iniciativa de Bernardo del Río Parada, Salvador Cabeza de León, Enrique Sánchez Guerra e Camilo Díaz Baliño e a súa presentación oficial tivo lugar no Teatro Principal de Santiago.
Dende entón, Cantigas e Agarimos traballa no eido do folclore galego, nomeadamente no aspecto musical e de danza. Baile tradicional, gaita, pandeireta e canto tradicional, percusión, acordeón e linguaxe musical son os cursos que dan actualmente no prestixioso colectivo. No ano 1951, aproveitando unha xira que realizaban por Madrid, gravaron no Centro Galego da capital española un disco de gramófono que popularizou A rianxeira, peza emblemática na vida musical do noso país. En 1957 puideron acceder a un local propio, algo importante para facilitar o desenvolvemento do seu labor. Este mesmo ano veñen de mudarse do local da céntrica rúa da Algalia cara ao barrio do Castiñeiriño. Cómpre subliñar tamén que Cantigas e Agarimos chegou a ter un grupo de teatro e que eles foron os que realizaron a estrea nun escenario da obra Os vellos non deben de namorarse, escrita por Castelao. Ao longo da súa andaina gravaron varios álbumes e participaron nalgunhas películas, como La casa de la troya, El bosque animado ou Alma gallega. Os seus diferentes grupos de música tradicional acadaron diversos premios ao longo destes anos nos concursos aos que se presentaron. No ano 1971 lograron a Medalla de prata da Cidade de Santiago de Compostela e agora engaden o IV Premio Opinión Andaina Senlleira ao seu palmarés de logros.
En 1985, as súas pandereteiras fixeron unha celebrada colaboración con Milladoiro no álbum Galicia no país das maravillas e once anos máis tarde a intervención das voces foi na ópera prima dos Berrogüetto. Antón Fernández exerce como director da entidade e comentou ao coñecer a nova que "como agrupación histórica e tradicional non estamos moi afeitos a estes recoñecementos e por iso será para nós unha honra inesquecíbel recibir este galardón".