Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Raiba en Allariz

Galiza Nova na comarca de Allariz ? A Limia organiza un concerto para o vindeiro luns, 11 de outubro ás 24:00 horas. Terá lugar no Roi Xordo (Allariz) e contaremos coa intervención política de Jonatan Rivas, responsábel comarcal de Galiza Nova, e coa actuación do grupo de rock en galego RAIBA.

Baixo o lema de Mocidade con emprego, pobo con futuro! con este acto desde Galiza Nova queremos chamar ás mozas e mozos a mobilizarse ante a precaria situación laboral que vive a mocidade galega, agravada coa aprobación da reforma laboral do PSOE, que recibiu un rexeitamento masivo na nosa nación, como puidemos comprobar o pasado 29 de setembro co éxito da folga xeral e das manifestacións convocadas pola CIG. A entrada é libre así que non podes faltar!




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-10-2010 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Son de Trazo















O Luns 11 de Outubro, celebrarase en Trazo, e máis concretamente no campo de Sta. Eufemia da parroquia de Vilouchada, o II Concerto Rock ?Son de Trazo?.

A festa está organizada pola Asociación Cultural A ALDRABA, e contará coa actuación de Amacheta, originarios de Sigüeiro, NAO, que veñen de editar o seu segundo album e Machina, de Cerceda.

Tamén haberá contacontos, callos, tortillas, bochinche e o sorteo dun porco para todas aquelas persoas que teñan adquirido rifas.

O concerto comezará às 20:00hs. hora en que xa se poderán degustar os callos.

www.komunikando.net















Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-10-2010 08:40
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso de música tradicional (Cervo): Cantareiras
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-10-2010 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso de música tradicional (Cervo): Gaita
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-10-2010 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o prazo para o IV Concurso de Cuartetos Tradicionais (Luou ? Teo)
Bases para o concurso de cuartetos tradicionais
?IV Concurso de Cuartetos Tradicionais?
(Luou ? Teo)


1.-Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos únicamente por:
- Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico)
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohíbido que os participantes concursen con máis dun grupo.

2.-Establécese unha única categoría sen límite de idade.

3.-As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor, e deberán seguir os canons de estilo, estética e ritmo da música para
cuartetos tradicionais galegos.

4.-O Xurado valorará os seguintes puntos :
- Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable.

5.-O Concurso celebrarase o día 17 de Outubro de 2010 no Local Social de Luou, Teo.
Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración.
A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final.
A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos.
A fase final comezará ás 18 horas. Os grupos finalistas interpretarán dúas pezas cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5, incluído o tempo entre elas.

A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización.

6.-A data tope de inscrición será o día 12 de Outubro de 2010.
A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal :
A. C. A Mámoa
?Concurso de Música Tradicional?
A Igrexa s/n ? Luou
15883 ? Teo
Tamén poderán ser enviadas por e-mail a:
acamamoa@gmail.com
As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.myspace.com/acamamoa

7.-A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos 20 grupos seleccionados

8.-A Organización establece 3 premios:
1º Premio ? 1.000 ? + Agasallo conmemorativo
2º Premio - 600 ? + Agasallo conmemorativo
3º Premio - 400 ? + Agasallo conmemorativo

9.-Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable.

10.-O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso.

11.-A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.

Observacións

- Os grupos participantes deberán presentarse no Local Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases.
- A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.

Contacto:
acamamoa@gmail.com
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.myspace.com/acamamoa
Telf.: 609 666 805 (Miguel)
657 247 504 (Xandre)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-10-2010 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
? Mamá Cabra na Casa da Cultura de Arzúa ás 17.30
? Lulavai no Multiusos da Xunqueira de Redondela ás 20:30
? Festisidra (Santomé de Piñeiro - Marín): Skandalo GZ, Dakidarría e Mala Ratxa
? Rosal Rock: Os Tres Trebóns e os Homes Sen Medo, The Inspectors, Santos Morcegos e The Winning Numbers na Praza do Calvario (O Rosal)

Sábado 9
? XIII Certame Internacional de Improvisación Oral (Vigo)
? VIII Festival de Folclore Tradicional na praza de Santa María de Lugo ás 18:00
? Pinchada de música galega no Bar Moruno (Ourense)
? Día da Galiza Combatente: Esquios, GendeBeat e Pandereteiras Bouba na Praza do Mar (Moaña) ás 21:30
? Royalties en Compostela na sala Moon
? Snatch e Os John Deeres no Pub Décadas, A Estrada
? Nordestin@s no Salón Teatro de Lalín ás 21:30
? A Tuna rastafari no Clavicémbalo (Lugo)
? Avelaíña na Esplanada Xulián Magariños de Negreira ás 21.00
? Folk Focus nos Bardos (Peña Trevinca, Ourense)
? Muxarega na Artabria (Ferrol)
? Ruote na Praza de Azcarraga (A Coruña) ás 19:30
? III Festival Folk (O Rosal): Lirolai, orballo, Río do Folón, Ir e Vir ás 21:00 na Praza do Calvario
? Serán no Mercado de Gaxate (A Lama)

Domingo 10
? XIII Certame Internacional de Improvisación Oral (Vigo)
? VI Ciclo de Coros Históricos no teatro Rosalía (A Coruña) ás 19:00: Cantigas e Agarimos, BellónMaceiras Quinteto, Cántigas da Terra
? A Volta do Agro na praza Maior (Lugo) ás 18:30
? Invivo na Tiradoura (Cangas do Morrazo)
? Miguel Alonso ás 20:30 no Cabiria Bar (Vigo)
? Gaiteiros do Pedroso na Praza de Azcarraga (A Coruña) ás 19:00
? Chotokoeu na Praza de Azcarraga (A Coruña) ás 21:00
? III Festival Folk (O Rosal): Deixandar, O son das ondas e Virabombar ás 21:00 na Praza do Calvario
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Folk do Rosal
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-10-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación en directo de A Tribu
A TRIBU grava o seu primeiro disco
Non faltes!!


www.jazzfromgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-10-2010 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Mercado Gaxate (A Lama)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Certame Internacional de Improvisación Oral (Vigo)

XIII CERTAME INTERNACIONAL DE IMPROVISACIÓN ORAL

desafío, improvisación e inxeño

9,10 E 12 DE OUTUBRO NO VERBUM EN SAMIL E NO AUDITORIO DO C.V.C.VALLADARES NO PEDREGAL
? DE BALDE -


PROGRAMA

Sábado día 9:
12,00 a 13,30 h.- Verbum: Obradoiro de iniciación a improvisación en verso
A REGUEIFA, con:
XOSÉ MANUEL VARELA (Bergantiños)
PINTO D ´HERBÓN (Herbón ? Padrón)
19,00 a 21,00 h.- Verbum: Re-tranca literaria e musical

Domingo día 10:
12,00 a 13,30 h.-Verbum: Obradoiro de iniciación e improvisación en verso
A TROVA COLOMBIANA con:
RADIO LOCO E PICAFLOR Troveros colombianos)
19,00 a 21,00 h.- Auditorio do CVC Valladares-Pedregal: Mostra Internacional de Regueifas

Martes día 12:
12,00 a 13,30 h.- Verbum: Obradoiro iniciación a improvisación en verso
O TEATRO IMPROVISADO APLICADO A REGUEIFA con:
PEPA YAÑEZ (Actriz)
19,00 a 21,00 h.- Verbum: Encontro de nov@s regueifeir@s e rapeir@s


Aviso: Aínda que non é obrigatoria a inscrición si que é recomendable facelo, ben no teléfono 986467053 , fax: 986467052 ou nos e-correos: cvallada@ctv.es ou oral@regueifa.org, para ter unha previsión de asistencia.

Os que asistan a 3 obradoiros están convidados ó xantar regueifeiro do día 12 de outubro (hai que confirmar a asistencia). Os que ademais se suban ese mesmo día ó escenario percibirán unha pequena gratificación en concepto de axuda de desprazamento

PROGRAMACIÓN

Sábado 9
19,00 h.- Retranca Literaria e musical no Verbum
Apertura: Santiago Jaureguizar co monólogo ?Todos somos escritores (máis algúns non sabemos disimulalo).
19,15 h.- Raul Gómez Pato
19,30 h.- Antón Cortizas
19,45 h.- Ivan e Josito
20,00 h.- Xosé Manuel Varela
20,15 h.- Serxio Iglesias
20, 30 h.- Carlos Solla
20,45 h.- Tetra e Freek

DOMINGO 10
19,00 H.- XIII MOSTRA INTERNACIONAL DE REGUEIFAS NO AUDITORIO DO CVC VALLADARES, SITO NO PEDREGAL
Apertura e presentación do evento por Bieito Lobariñas
19,10.- REGUEIFA BERGANTIÑÁN
- Suso de Xornes
- Antonio de Xornes
19,30.- REGUEIFA DO PAÍS
- Luis ?O Caruncho?
- Josiño da Teixeira
19,50.- MESTURA PAYADA ? REGUEIFA
- Wilson Saliwonzyk (Arxentino)
- Pinto d`Herbón (Galicia)
20,15.- TROVA COLOMBIANA
- Los troveros del Sur (Colombia)
. Edwin (Radio Loko)
. Jhon ? Picaflor
20,45.- Despedida colectiva

MARTES 12
19,00.- ENCONTRO DE NOV@S REGUEIFEIR@S E RAPEIROS NO VERBUM
Apertura e presentación do evento pola mestra de ceremonias ?Pepa Yañez?
19,10.- Espectáculo de improvisación coa participación de nov@s fistores galegos procedentes de Escolas e Tabernas do País.
20,00 h.- Exhibición de Rap en estilo libre cos MC´s
- Naipillo e Peter de Compostela
- Pablo e Thomas da bisbarra de Pontevedra
- Dj Gus, de Beatus Illie.

Enderezos:
-Verbum (Avda. Samil s/n)
-Auditorio do CVC Valladares Pedregal ? Estrada Xeral de Valadares 261 ? Vigo

Máis información
www.regueifa.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Royalties
9 de outubro. Sala Moon (Santiago), ás 22:00

O grupo presenta neste concerto o seu novo disco "Sen volta atrás". Polo prezo da entrada, que custa 8 euros, a banda regalará o CD deste disco.

Para a ocasión, Royalties contarán cunha nutrida nómina de colaboradores procedentes doutras bandas de rock galego, e coa actuación previa de Mad Xau

"Sen volta atrás" incide no gusto polo rock?n?roll intenso do trío, e foi gravado nos estudios Aboryginal de Cedeira por Gerardo Calvo e masterizado en Madrid por J.M. Rosillo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2010 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Paula Carballeira e Muxarega no Artabria (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2010 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Pinchadas de música en galego (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-10-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Rosal Rock 2010 (O Rosal)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-10-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Este Mércores día 6, comezan as Foliadas do curso 2010-2011 na Casa das Crechas.

Non será un concerto típico, con repertorio fixo e un plantel de artistas pechado, senon, como cada mércores no seu espazo orixinal, unha festa aberta á participación de músicos profesionais ou amateurs que saiban tocar ou cantar e que queiran unirse á banda.


Saúde.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-10-2010 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Apertura de curso na e-Trad (Vigo)

Acto de Apertura do curso 2010-2011 na e-Trad
Será o vindeiro Xoves, dia 7 de Outubro ás 18.30 no auditorio da Escola.


Haberá entrega de diplomas ás alumnos e aos alumnos que remataron o primeiro ciclo do itinerario profesional, saúdo da Concelleira de Educación, Laura López Atrio.

Mini-concerto dos mestres da escola e do grupo "8 Rodas".

A entrada é libre ata completar aforo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-10-2010 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Volven os Seráns á Sala The Star (Carral)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-10-2010 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Mercedes Peón

O 22 de novembro de 2010 sae á venda o seu novo disco: SÓS

MERCEDES PEÓN
NOVO DISCO ?---? SÓS


Participou en máis de 300 festivais.
Actuou en máis de 30 países.
Colaborou con artistas de distintas disciplinas
É unha das artistas máis interesantes e con maior proxección internacional da escena actual.

?---? SÓS é o seu cuarto disco e un punto de inflexión na súa carreira.
Cos seus discos anteriores conseguiu situarse como unha das artistas máis interesantes da escena world music a nivel europeo.

Co seu novo traballo, Mercedes da un paso máis como productora, compositora e cantante, traspasando as fronteiras das músicas de raíz para situarse á vangarda da música, sen etiquetas.

?---? SÓS un sofisticado concepto que sorprende, impacta e ao mesmo tempo, agarima. Intensidade sonora non agresiva, mensaxes poderosas, elevadas. Crítica social e pensamento construtivo.

unha pesquisa persoal que resulta universal

O tratamento do acústico como eléctrico e do eléctrico como acústico sitúanna nunha nova esfera onde a súa proposta pode ter cabida en festivais como Sonar, Coachella ou Burning Man.

En ...---... SÓS, amósanos a súa evolución persoal e a súa consolidación como artista plural e multidisciplinar.

Creado, tocado, producido e mesturado por ela mesma. ...---..., é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, enténdese como unha superposición de capas e unha investigación incansable de novas formas de expresión para chegar o que lle interesa:

emoción, sensibilidade, transmisión, trance, comunicación.

Sós pretende chama-la atención sobre a creación colectiva, sinónimo de tradición e pór en evidencia os clixés que manexamos, dando espacio ao singular.

foi escollida polo esixente comité do Womex para presentar a súa nova proposta

VANGARDISTA
ANCESTRAL
MODERNA

Edición limitada en caixa metálica serigrafiada.
Distribución internacional en Francia, Alemaña, UK, Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Portugal, Xapón
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 06-10-2010 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
A Charanga `Os Breas´ no Alalá

Hoxe, martes, día 05/10/2010

Dous dos compoñentes da charanga "Os Breas", de Esteiro, teñen máis de oitenta anos e seguen a animar as festas de Muros, igual que o facían cando eran nenos, nun tempo en que case non había músicos por esta zona. Ata estes músicos, que eran todos da mesma familia, achégase hoxe o equipo do programa para escoitar as historias do pai de Germán, o director actual da charanga, que percorría a pé todas as romarías da contorna, con el e cos seus irmáns, que apenas levantaban do chan o suficiente como para que non lles tocasen na terra os instrumentos.

"Os Breas" de hoxe non son da mesma familia, pero son moi amigos. Ademais de Germán, o maior, que ten 84 anos, forman o grupo Maximino, de 82, Francisco, Domingo e José, que pasan de sesenta, e Jorge, que con pouco máis de 30 anos sente que é un verdadeiro privilexio tocar con músicos tan experimentados como son os seus compañeiros.

Ademais da historia que teñen detrás como músicos, "Os Breas" agochan unha traxectoria vital intensa: catro deles estiveron emigrados; un en Uruguai e tres en Holanda, e Maximino, que non emigrou, aínda hoxe, con 82 anos, coida dun irmán dez anos maior ca el e atende a máis de cincuenta vacas. Todo un exemplo de vitalidade que transmite en cada palabra e cada vez que colle unha gaita na man.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 05-10-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
O programa galego do San Froilán (Lugo)
Martes 5
11:15 Actuación do grupo de música tradicional Andaina na praza Maior

13:00 Actuación do grupo de música tradicional María Castaña na praza Maior

18:00 Actuación do grupo de música tradicional Devandoira na praza Maior

19:00 Actuación do grupo de música tradicional Arrincadeira na praza Maior

20:00 Actuación do grupo de música tradicional Cantigas e Frores na praza Maior e Campo Castelo

21:00 Actuación do grupo de cantareiras Cantar das Eiras na praza Maior

Mércores 6
20:00 Desfile do grupo OS CREBINSKY dende Campo Castelo ata a Facultade de Veterinaria
21:30 Proxección da película OS CREBINSKY no Auditorio da Facultade de Veterinaria*

Sábado 9
18:00 VIII FESTIVAL DE FOLCLORE TRADICIONAL na praza de Santa María

Domingo 10
11:30 Pasarrúas de grupos de música tradicional polo recinto histórico

17:00 Pasarrúas de grupos de música tradicional polo recinto histórico

18:30 Actuación do grupo de música tradicional Volta do Agro na praza Maior

Luns 11
20:00 Concerto de BRATH na praza de Santa María

Martes 12
21:15 Espectáculo de NOVA GALEGA DE DANZA - Tradicción na praza Horta do Seminario
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-10-2010 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Mafia Galega no Eurovisión das linguas sen Estado
Existe unha sorte de Eurovisión no que non hai ningún grupo que cante en inglés. Trátase do Liet International, unha alternativa ao coñecido festival, creada no 2002 para darlles unha oportunidade ás bandas que escollen as linguas sen Estado.

Un grupo catalán, Pomada, resultou gañador ese mesmo ano. O galego estivo representado en edicións anteriores coa participación de Uxía (2004), Narf (2006) e Boy Elliott The Plastic Bags (2008). Desta volta, será Mafia Galega, o grupo de hip hop do lugués emigrado en Suíza Paco (aka Don Mangante), o que levará a nosa lingua a este certame.

E farao grazas en boa medida á Liga Nacional de Billarda (LNB), que promoveu a candidatura "nun momento no que ningunha entidade nin institución promoveu a presencia do galego neste festival musical", indica nunha nota de prensa. O tema de Mafia Galega, Billarda sempre, foi escollido polo xurado entre o total de 46 presentados. Esta canción competirá cunha en gaélico escocés, outra en gaélico irlandés, unha en feroés e outra en vepsio (lingua do norte de Rusia). Na final, que se celebrará o 27 de novembro en Lorient (Bretaña), haberá tamén un tema en bretón, un en asturiano, un en sami, un en friulano, un en corso e outro en frisón, informa a Liga Nacional de Billarda nunha nota de prensa.

Paco xa colaborou en 2008 coa LNB co tema A billarda. Agora recunca con Billarda sempre, -a letra é de Xabier Cordal-, que se incluirá no disco República Billarda, no que colaboran máis de 20 grupos e artistas como Narf, Galegoz ou Zimmer103.

"Para nós será unha experiencia, quedemos últimos ou primeiros. Unha oportunidade para pasalo ben, ter un escenario máis grande, e se cadra achegar algo diferente, menos tradicional... ó festival. E un xeito de dar unha boa imaxe de Galicia, da xuventude, de mostrar que hai xente que fai cousas", coméntalle Paco a GH por teléfono desde Xenebra.

A relación deste músico coa LNB comezou a través de Xurxo Souto. "Estaba eu no programa de Xurxo. Dixéronme que había alguén que quería falar comigo. Era Xermán Viluba, da LNB...", lembrou. Nunha das súas visitas a Galicia, -a súa familia é de Lourenzá-, Paco participou nun xogo de billarda. "Gustoume moito. Alí había xente de 12 a 80 anos. Parecéronme entrañables. Eu que fai falta que se organicen cousas para a xente nova e a xente maior...", salientou.

"A letra, de Cordal, é o himno da LNB. A min gustábame, e foi un reto facer a canción, que inclúe cortes de voces de xente que xoga á billarda. É algo que facemos moito no hip-hop: o sampleo, a mestura. Neste tema hai un pouco de tango, de guitarra eléctrica...", subliñou.

OPINIÓNS "Segue a haber moito estereotipo"

Mafia Galega non é só unha banda. O grupo creou unha páxina web que hoxe funciona como plataforma de intercambio entre grupos galegos de fóra e de dentro de Galicia. "Eramos xente da mesma cultura, que faciamos o mesmo, e non nos coñeciamos. Agora facemos colaboracións...", sinalou. Ademais, chegaron a crear o seu propio estudo, e o seu selo discográfico, Faya Records, co que preparan un recompilatorio de rap suízo. O hip-hop estase a facer máis visible, cre. "Agora acendes a tele e oes hip-hop. Estase democratizando, pero segue a haber moito estereotipo. Dentro do hip-hop hai propostas moi distintas: non ten que ser un determinado xeito de vestir, falar, un estilo... É certo que se a xente nova fai algo, sempre hai quen o critique, pero iso é por ignorancia, polos estereotipos...", concluíu.

www.myspace.com/mgdiaspora

www.galiciahoxe.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-10-2010 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 4 (luns)

Terza feira 5 (Martes)
? Tanto Nos Ten na Festa do marisco (O Grove)

Corta feira 6 (Mércores)

Quinta feira 7 (Xoves)
? Foliada e María Xosé Silvar na sala The Star (Carral)

Sexta feira 8 (Venres)
? Mamá Cabra na Casa da Cultura de Arzúa ás 17.30
? Skandalo GZ na Festa da sidra de Santomé de Piñeiro (Marín)
? Lulavai no Multiusos da Xunqueira de Redondela ás 20:30
? Chotokoeu no Mardigras (A Coruña)

Sábado 9
? Royalties en Compostela na sala Moon
? Nordestin@s no Auditorio Municipal de Marín
? A Tuna rastafari no Clavicémbalo (Lugo)
? Avelaíña na Esplanada Xulián Magariños de Negreira ás 21.00
? Folk Focus nos Bardos (Peña Trevinca, Ourense)
? Serán no Mercado de Gaxate (A Lama)

Domingo 10
? VI Ciclo de Coros Históricos no teatro Rosalía (A Coruña) ás 19:00: Cantigas e Agarimos, BellónMaceiras Quinteto, Cántigas da Terra
? Invivo na Tiradoura (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2010 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados da quinta edición do Certame de Gaiteiros Manuel Dopazo
Pedro Álvarez Fariñas, de Nigrán, conseguiu onte o primeiro premio no Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo, que se celebrou no auditorio do mesmo nome en Bandeira, Silleda.

O mozo alzouse co galardón 1.500 euros doados polo Concello de Silleda tras unha actuación de tres temas que incluíu un repertorio do popular gaiteiro nacido en San Tirso de Manduas, a Muiñeira dás Fiadas, así como unha peza propia (Folkachada) e un arranxo, tamén propio, dunha composición tradicional (A miña burriña). Así, este intérprete conseguiu un premio que se lle escapou o ano pasado, xa que na cuarta edición quedou no segundo lugar.

Precisamente, este posto recaeu onte en Pablo Devigo Vázquez, que fai dous anos gañou a terceira edición do concurso. Oriúndo de Castro Caldelas, o mozo optou polo Alalá número 1, unha melodía tradicional do repertorio de Perfecto Feijoo e arranxos do propio Devigo, así como a súa composición Xota dá utopía galega. Pola súa actuación recibiu 700 euros.

Para rematar, o terceiro premio 500 euros recaeu en José Manuel López Fernández, de Vedra e moi vinculado á Banda Recreativa de Bandeira. Do mesmo xeito que o vencedor, López musicó tres partituras, a tradicional Lela, e outras dúas creadas por Manuel Dopazo, Xota Montañesa e Muiñeira dás Fiadas.

A arte destes tres gañadores así como dos outros 11 participantes "outro máis decidiu non actuar" foi sometido ao exame dun xurado composto por Xosé Casal, Anxo Lorenzo e Iván Costa, todos eles moi relacionados co instrumento máis representativo da música folclórica galega e cos grupos máis destacados do panorama actual. Por outra banda, entre os 14 candidatos aos premios desta edición tan só figuraban dúas mulleres, Adriana Riva Seijo e Rocío Maril Yáñez.

En canto ao auditorio, o aforamento do auditorio da Bandeira volveu rozar o cheo na que foi unha edición máis dun certame xa consolidado na escena autonómica da música tradicional. Entre o público, ademais de familiares dos participantes e anónimos amantes da música, tamén figuraban representantes da política local.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-10-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Quen gaña é o folk
Cun Teatro Rosalía de Castro repleto, o público pasouno onte en grande na entrega dos PREMIOS OPINIÓN de folk. Guadi Galego foi elixida polo xurado como a creadora do mellor traballo, co seu primeiro disco en solitario, ?Benzón?. Se o Cuarteto Caramuxo e Nova Galega de Danza compartiron o segundo posto desta novena edición da gala, o recoñecemento a unha traxectoria foi para Na Lúa Era a festa do folk da terra e a festa de Guadi Galego, a gañadora da novena edición dos PREMIOS OPINIÓN. Emocionada recibiu o galardón no Teatro Rosalía de Castro; emocionada porque co seu disco Benzón debutou en solitario; emocionada porque o público agradeceulle con aplausos o seu traballo a prol da música galega.

Cheo a rebentar no teatro. Empezou o outono e con el o cheiro a castañas por Riego de Agua e pola rúa Real. "Serán dúas horas de música feita por músicos galegos e iso é o máis importante", destacou Miguel Fernández, xornalista que se encargou de facer de conductor da gala, unha voz e unha cara coñecida porque ata fai pouco presentaba na Televisión de Galicia do programa cultural Miraxes.

O primeiro en subir ao escenario foi Germán Díaz, un mago da zanfona que durante vinte minutos abraiou aos presentes coa súa capacidad para facer vibrar este peculiar instrumento. Creativo da música, pois a sonoridade das súas notas encheu o escenario, pero tamén da verba. É de Valladolid, pero leva moitos anos en Galicia, dende que colaborou co grupo Laio, polo que xa empeza a pegárselle a retranca. Tivo tempo ata de contar unha anécdota, cando nun concerto un home de 92 anos non paraba de interrumpilo entre canción e canción, ata que o vello lle dixo: "Recordo escoitar este instrumento no pobo, pero con música bonita". De repente, os aplausos tornáronse en gargalladas e as gargalladas en aplausos.

A zanfona pode interpretarse só, como fixo Germán Díaz, ou acompañado. Foi o caso do seguinte grupo: 8 Rodas, que forman a sección deste instrumento na orquesta SondeSeu. Ofreceron un recital de ritmos, con pezas que eles mesmos definiron como "tuneadas". Germán Díaz e 8 Rodas foron o anticipo dunha noite cargada de folk.

O primeiro momento emotivo chegou da man do grupo Na Lúa, merecedor do PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA 2010. O xurado destacou dos seus integrantes os trinta anos de traballo en defensa da lingua e da cultura galega. Agora, o grupo atópase nunha etapa de "silencio" e incluso eles bromearon cun posible retorno: "Imos volver, pero hai que esperar a que pase a crise".
As boas sensacións continuaron no Rosalía coa presentación en solitario de Sonia Lebedynski. Soa no escenario con Xosé Lois Romero e o seu acordeón. "O noso propósito é facer a música que sentimos", destacou a artista, antes de demostrar que é capaz de encher coa súa voz todo o teatro. Pediu "tempo" para publicar o primeiro disco: "Hoxe [por onte] será o primeiro paso desta nova andaina".

O público mostrouse encantado coa artista e ela agradecida pola oportunidade de dar ese paso adiante acabou con Paraíso de sal. "Viñamos con ilusión e un pouco... nerviosos. É o comezo dalgo que perdurará no tempo", destacou Sonia Lebedynski.

Tanto Guadi Galego como Sonia Lebedynski compartiron escena nos primeiros PREMIOS OPINIÓN. Onte, volveron ser protagonistas, pois a artista cedeirense gañou esta novena edición. O xurado quixo destacar o bo traballo de Guadi Galego no seu disco Benzón, no que mestura pop, jazz e folk, e grazas o cal conseguiu ser o mellor álbum do ano na votación.

Non foi a única triunfadora da noite. O xurado otorgou dous premios máis e, como novidade, foi compartido. En segundo posto nos PREMIOS OPINIÓN de folk quedaron Nova Galega de Danza, polo seu disco Tradicción, e Cuarteto Caramuxo ?"Encantados da vida"?, co seu traballo Tiruriru.
A felicidade de todos era evidente por ser protagonistas nesta gala organizada por Óscar Losada, crítico musical deste xornal. A Guadi Galego entregoulle o galardón o gañador do ano pasado, o grupo Lizgairo polo seu disco Diacronías. A artista estivo moi emotiva e tratou de non esquecerse de ninguén.

Guadi Galego fixo un pequeno percorrido por aqueles que lle axudaron a converterse nunha das galegas más recoñecidas do folk. Primeiro, agradeceu a colaboración de "25 amigos e amigas" que tivo neste primeiro disco en solitario porque sen eles non existiría Benzón. E despois chegou o turno doutros amigos e amigas cos que se formou na música, como Berrogüetto, grupo ao que estivo unida durante dez marabillosos anos.
Pero como de verdade agradeceu Guadi Galego este primeiro premio foi coa súa voz, coa interpretación dalgunhas das cancións máis destacadas do seu disco. Un privilexio, pois debido aos múltiples colaboradores que tivo non foi un álbum para levar a escena. Nesta ocasión estivo acompañada polo trío do pianista Alejandro Vargas, tres artistas cubanos que despois de demostrar as súas capacidades con A descarga ao vivo empezaron a colaborar coa gañadora. Un final perfecto para unha noite perfecta.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2010 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Guadi Galego, mellor disco folk do ano por ?Benzón?
Pasou máis dunha década desde que coñecimos publicamente a figura dunha Guadi Galego que ocupaba o posto de cantante en Berrogüetto. Ao longo destes anos amosou as súas inquedanzas en diversos proxectos musicais e medrou bastante como artista ata ocupar un lugar sobranceioro na música galega.

O seu primeiro traballo en solitario deulle o galardón ao mellor disco do ano nos IXPREMIOS OPINIÓN, un evento no que xa participou, en varias ocasións, enriba do escenario na gala de entrega dos únicos recoñecementos que existen para o folk galego.

?Que sensacións lle deixa o seu debut como solista con Benzón?
?A reacción do público foi moi positiva e, nese aspecto, estou moi satisfeita. Era un disco moi necesario para min. Foi un traballo incluso paradoxal nestes tempos xa que non era para levar posteriormente ao directo, xa que partipaba unha morea de xente, senón que se quedaba no propio disco, aínda que mañá farei algunha peza na gala. Era o que me apetecía facer e, en certa medida, non o considero un disco de solista.Malia que asino eu, fago os temas e teño a idea véxoo dun xeito máis global e considéroo un álbum de todos os compañeiros que participan.

?Co dúo Espido gañou outro PREMIO OPINIÓN e a xente está á espera dun novo traballo. Ten data de saída?
?O único que podo dicir é que, de momento, non haberá outro Espido. Haberá outra cousa, pero aínda estou a barallar opcións e teño que decidirme por algunha.

?Entre esas opcións posibles de cara ao futuro está un segundo disco de Nordestin@s?
?Non se sabe. Realizamos concertos e temos pezas novas, pero iso non quere dicir que vaiamos gravalas nun futuro inmediato.

?Nestes anos participou en diferentes colaboracións con artistas variados.Que lle aportan estas experiencias?
?Pois resultan divertidas e aprendín a moverme por diferentes estilos musicais. Seguirei facendo cousas con xente que me apeteza e, sobre todo, se vexo que teño algo que aportar ao proxecto, senón non paga a pena involucrarse.

?Dunha delas xurdiu a complicidade cos músicos cubanos de Alejandro Vargas Trío, que a acompañarán mañá no escenario. Que viu neles para comezar a traballar xuntos?
?Coñecinos no proxecto da Descarga. Veñen doutro mundo artístico e teñen grandes coñecementos musicais. Son en todo momento moi receptivos e amosan ganas de disfrutar da nosa música. No directo aportan a sua intensidade e nas pezas os seus arranxos.

?Dá clases de música dende hai anos. Que salientaría desa faceta súa de docente?
?As clases son as vivencias do día a día. Supoñen unha aprendizaxe constante e son moi importantes para que logo a vida real se vexa reflectida na vida artística. Non me custou nada poñerme a dar clases. O que cómpre é ter vontade e estar aberta a facer as cousas doutro xeito, e logo resulta fundamental saber transmitir os coñecementos ao alumnado.

?Ten vostede a gaita abandonada?
?Pois a miña está na casa de Xabier Díaz, actual cantante de Berrogüetto. Non a boto de menos, pero botareina. En Galicia temos xente que toca super ben e dá gusto ouvilos. É un instrumento ao que lle teño moito respecto e a verdade é que a teño un pouco afastada. Polo momento aínda non quero tocala en público.

?Desde os tempos daquela rapaciña que tocaba na banda de gaitas Robaleira, da súa Cedeira natal, ata este momento, cales son as vivencias que lembra?
?O que pasou é que eu fun mudando e deixándome levar cara a onde me levaba a vida e iso marcou tamén o camiño musical emprendido. Son unha muller que me fío moito das intuicións que vou tendo. Resultou fundamental rodearme de xente que me aportaba cousas e formar parte de Berrogüetto foi unha gran aprendizaxe, tocando con excelentes músicos e ademais xente na que cría e confiaba. Está claro que eles constitúen unha parte vital dentro da miña andaina musical.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2010 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Galega de Danza, 2º clasificado polo disco ?Tradicción?
?Que tal lles foron as actuacións co espectáculo Tradicción?
?Non houbo unha gran cantidade en número, pero as que fixemos foron importantes, como un concerto especial que realizamos na Quintana en Compsotela, que resultou moi ben e concurrido de público, e ademais non podemos esquecer os bolos que realizamos na Expo de Xangai.

?Comprenderon alí ben a proposta musical?
?O recibimento foi mellor do esperado. Aquí estamos afeitos a escoitar música de raíz con toques doutros estilos e foi unha surpresa comprobar o ben que funcionaba. Neste tipo de situacións volve amosarse que a música é unha linguaxe universal.

?Que están a preparar para o futuro?
?A ver se nos sae unha xira por Suramérica para que a comunidade galega de alí visibilice o noso xeito de facer as cousas. Tamén estaremos nas festas do San Froilán lucenses.Toca reflexionar, os tempos mudan. A verdade é que o espectáculo custa vendelo porque precisa de moita xente e cadro técnico amplo, e por iso non podemos actuar en certos escenarios de Galicia. Sempre tes na cabeza por onde pode ir o futuro musical da compañía e agora mesmo temos sobre a mesa unha oferta importante para un proxecto moi interesante de colaboración.

?Xa gañaron o PREMIO OPINIÓN co seu primeiro disco e agora volven ao palmarés acadando a segunda praza. A música dos espectáculos semella ter unha consistente vida propia.
?O traballo da compañía non xira só ao redor do musical e os recoñecementos recibidos salientan o valor que ten esa parte. Unha vez actuamos na Universidade en A Coruña só os músicos e a xente se preguntaba porque nos chamabamos Nova Galega de Danza cando alí ninguén bailaba. Se existe esa aceptación da música, déixanos satisfeitos e resulta un aliciente para seguir traballando. Sempre é un honor recibir un premio.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Cuarteto Caramuxo, segundos clasificados ex aequo polo álbum ?Tiruriru?
O debut do Cuarteto Caramuxo aportou unha nova sonoridade ao panorama do folk galego. Dende que resultaron gañadores do concurso folk Cancioneiros, organizado pola Fundación Barrié, non pararon de colleitar eloxios e o segundo posto acadado, ex aequo con Nova Galega de Danza, na votación dos compoñentes do xurado dos PREMIOS OPINIÓN reafirma o valor do seu traballo.

?Que valoración fan da acollida ao seu disco?
?Podemos considerala como inmellorable, tanto de público como da crítica e xa temos que pensar en realizar unha reedición da obra porque a primeira tiraxe esgotouse.

?Pensan que atoparon un espazo propio na nosa música que non ocupaba ninguén?
?A nosa proposta cos clarinetes chamou moito a atención e resultou novidosa para o público, aínda que nós xa levabamos bastante tempo facéndoo. É verdade que imos por outro camiño e non queremos imitar a ninguén, pero tampouco cremos que abrísemos exactamente un vieiro porque isto xa se fai noutras partes do mundo.

?Non chegaron a realizar moitos concertos no verán
?Foi algo xeralizado e un verán extraño, pero non nos imos queixar por iso. A crise afectou e o Xacobeo apoiou pouco á música galega. Temos que ser conscientes que cómpre apostar por saír a tocar ao estranxeiro, pero para iso precisas de alguén que saiba mover ben os fíos.

?Por onde vai ir o futuro musical de Caramuxo?
?Seguiremos na mesma liña. Pensamos facer novas pezas e no último concerto que dimos fixemos arranxos diferentes para o repertorio xa coñecido. Dalgún xeito, este álbum publicado foi o final dun repertorio e unha etapa.

?Que pensan de recibir un galardón máis na súa andaina, neste caso o PREMIO OPINIÓN de música folk?
?Os recoñecementos sentan sempre moi ben. Chegas a editar a túa ópera prima gañando un premio e logo danche outro e significa un pouco como poñer a guinda ao traballo efectuado. Resulta moi reconfortante e agradable. Reforza a idea de que o proxecto está ben feito e ten o seu lugar na música. Ás veces faciamos isto máis por diversión que pensando nunha actividade profesional e agora ves que os temas poden resultar competitivos e gustan. Un premio como este, que vós creastes hai xa nove anos axuda a seguer na mesma liña e non variar o rumbo marcado.

?O ano pasado estiveron tocando con outros seis artistas na gala de entrega dos nosos galardóns homenaxeando a Milladoiro. Que sensacións gardan daquela experiencia?

?Estivo todo moi ben, con eses grupos diferentes realizando unha merecida homenaxe. Fixemos algo que podía resultar arriscado porque decidimos prescindir do equipo de son e tocar en acústico grazas á sonoridade do teatro Colón. Podía notarse a diferenza de volume respecto aos colegas que tocaban na gala, pero a xente ficou en silencio absoluto, atenta ao que vía sobre o escenario. Fomos quen de captar a atención do público presente no teatro e iso sempre resulta moi bonito.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-10-2010 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 1 (Venres)
? IX Premios Opinión de Música Folc no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña): Guadi Galego, Sonia Lebdynski, 8 Rodas e Germán Díaz
? Pressing Catch no Centro Cultural Caixanova Vigo
? Cuchufellos en Trasmirás
? Noite de Tasca en Vilamaior (Ordes), no bar Carballeiro

Sábado 2
? Memorial Ramiro Villamor (Palas de Rei)
? XXII Xuntanza de Gaiteiros (Sillobre-Fene)
? Skarallaos e La Pegatina na sala Capitol (Compostela)
? Serán de San Miguel no Teleclub de Gaxate (A Lama)
? Serán de San Tomé en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa.

Domingo 3
? II Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño): Sobre Rodas, Brincadeira,...
? Terractiva (Arzua): Cantareiras de Arzúa, Grupo de gaitas de Castro Curbín, Regueifeiros, Residuos Atractivas,...
? VI Ciclo de Coros Históricos no teatro Rosalía (A Coruña) ás 19:00: Homenaxe a Emilio Corral, Coral de Ruada, Cántigas da Terra
? Luar na Lubre en Lourenza (Lugo)
? V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo (Bandeira)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
2 de Outubro
- Serán de San Miguel no Teleclub de Gaxate (A Lama)
- Serán de San Tomé en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa.

16 de Outubro
- Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

23 de outubro
- Serán en Achas-Randufe,(A Cañiza). a carón do campo de futbol
- Serán en Barcela (Arbo)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

5 de marzo
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2010 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en San Tome de Parderrubias (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Tasca
Volven as "NOITES DE TASCA NA COMARCA DE ORDES"

Despois da paradiña do verán volta a 3ª tempada das "Noites de Tasca" que este ano percorrerán os municipios da comarca de Ordes sempre o primeiro venres de cada mes.

E, seguindo na liña de revalorizar aos músicos tradicionais e en especial aos mais vellos, comezan o día 1 coa actuación de FAUSTINO SEOANE, Gaiteiro de Sta. María de Arzúa, que sorprenderá a todos con su arte de tocar a gaita en plena forma aos seus 84 anos.
Logo coma sempre, haberá FOLIADA, e como novedade, ide quentando as gorxas porque empeza un Concurso de Aturuxos no que cada mes irá quedando un ou varios finalistas e mais adiante haberá unha final onde se elixirá ao "Millor botador de aturuxos das Noites de Tasca".

Agardámosvos o venres 1 de outubro na parroquia de Vilamaior (Ordes), no bar CARBALLEIRO, a partir das 22:00 h.

Organiza: Asociación grupo OS VIQUEIRAS de Ordes
Colaboran: Concello de Ordes e Asociación SEIXO BRANCO de Vilamaior.

VIDE TOCAR E ATURUXAR CON NÓS!

Un saúdo.
Manuel Viqueira Noya
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2010 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
XXII Xuntanza de Gaiteiros (Sillobre-Fene)
A sociedade cultural Agarimo de Sillobre (Fene) acollerá o vindeiro 2 de outubro a partir das 20:00 horas a XXII Xuntanza de Gaiteiros, organizada pola Banda de Gaitas Tradicional "Airiños de Fene". Ademais, nesta edición, homenaxearán o Real Coro Toxos e Froles, a decana dos coros galegos, fundada en 1915.

"O Real Coro ?Toxos e Froles? e unha entidade da nosa bisbarra que foi fundado no ano 1.915 e é o decano dos coros galegos. Para nos é un orgullo adicarlle a nosa xuntanza a unha entidade da que poderíamos ser os seus bisnetos ou tataranetos.

O ?Toxos?, tal e como o coñecemos a maioría, foi e é un referente, no que á nosa música se refire, e que se destacou e destaca polo seu traballo, incluso en momentos moi difíciles, a prol da nosa cultura. O ?Toxos e Froles? ó longo dos seus 95 anos de historia recuperou, gardou e espallou ó longo de medio mundo a nosa música popular."

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2010 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Ramiro Villamor
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2010 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo da Bandeira
O certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo de Bandeira reunirá 15 aspirantes, o día 3

O V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo da Bandeira pechou o prazo de inscrición con 15 participantes. A cifra é a máxima permitida nas bases do concurso o que indica peso da proposta.
O certame celebrarase o vindeiro domingo, día 3 de outubro, no auditorio da Bandeira a partir das 17.30 horas baixo a organización da asociación Vista Alegre e con colaboración do Concello de Silleda, de Caixanova e do distribuidor de Nudesa J.R. Vázquez Rodríguez que achegan respectivamente os tres premios de 1.500, 700 e 500 euros.
Colabora tamén o grupo de gaitas e acordeóns Lume na lareira.
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-10-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
IX Premios Opinión de musica Folk
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-10-2010 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0