Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana do Samaín
Sexta feira 29 (Venres)
? Avante e Ixion na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Pressing Catch no Teatro Municipal do Barco de Valdeorras
? Carlos Blanco e Manecas Costa no Auditorio de Mera - Oleiros (A Coruña) ás 21:00
? Os Festicultores na Praza de Galicia de Cuntis ás 21:00
? Som do Galpóm no Auriense (Ourense)
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)

Sábado 30
? XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo ás 19:00
? Festival de Cantareiras na Capela do C. C. Torrente Ballester de Ferrol as 20:00
? Pablo Carpintero ás 20:30 en Masma (Lourenzá, Lugo)
? Carlos Blanco e Manecas Costa no Auditorio de Mera - Oleiros (A Coruña) ás 20:30
? Capitán Furilo no pub O Muiño (Cervo)
? Os Festicultores en Ribadavia
? Marxe Esquerda no Havana 20 (Vigo) ás 21:30
? Os Carunchos, Contracochenos e Carlos do Viso na taberna Rianxeira (matamá-Vigo) ás 24:00
? Pipotazo (Maceda): Kastomä, O Leo i Arremecaghoná, Trapallada, Skacha, Pito de Pikasso
? Castañazo Rock (Chantada): Boikot, Banda Bassotti, Ruxe-Ruxe e Alén
? Foliada no cruceiro de Feás (Aranga)
? Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)

Domingo 31
? Castañazo Rock (Chantada): ObrintPas, Fe De Ratas, Dakidarría e Guezos
? Con canto Donaire no campo da festa de Visantoña (Santiso)
? Foliada de defuntos (Cecebre-Cambre)
? Fiada en Trazo ás 21:00 no pavillón de Viaño pequeno
? Serán do Samaín (Redondela)

Luns 1
? Quique Peón no Teatro Rosalía (A Coruña)
? A Tuna Rastafari na sala 600 (Melide)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns

30 de outubro
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño) no Pavillón de Deportes

31 de outubro
- Serán do Samaín na Alameda de Redondela.

6 de Novembro
- III Foliada de Sada
- Serán en Caldelas do Miño (Tui) ao carón da igrexa
- Serán no bar o Sifón de (Avión)
- Serán en Viladesuso

13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)
- V Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

14 novembro
-II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

12 de marzo
- Serán de Laxoso

7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa`
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Samaín (Redondela)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de defuntos en Cecebre
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
O venres, a partir das 22:30 temos unha cita no Lar.

Música Tradicional ao vivo, despois das actuacións programadas, hai sempre sitio para a música expontanea, e é esta a que mais nos sorprende cada derradeiro venres de mes pola boa calidade dos intérpretes que nos visitan.

Este mes os anfitrións serán Canavella e contan cos invitados: Ronsel do Ortegal é Alfaia das Campeiras.
Crise.....Despidos.....Paro.....Peches.....Concentracións....Folgas........... ÁNIMO COOOÑO ¡¡AS PONTES VIVE!!

http://nocombaro.spaces.live.com/


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Cruceiro de Feás (Aranga)
Boas a todos e a todas , de novo , dende o cruceiro , estamos a argallar unha nova Foliadiña para célebrar ese momento tan máxico que é o Samahín.

Esta vez comezaremos as 20:00 aprox. cunha pequena representación cómica dunha historia do Samahín , despois virá a cea que consistirá en Xamón asado e castañas , pan e viño .
E despois xa comezaremos a Foliada ate que o corpo aguante.

Esperamosvos¡¡¡
http://ocruceirodefeas.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Fiada en Trazo

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Con Canto Donaire en Visantoña (Santiso)

Con Canto Donaire en concerto en Visantoña (concello de Santiso)

Domingo, 31 de Outubro
Sobre as 20:00 do serán.
Fronte ao Mesón Visantoña, no campo da festa.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Cantareiras en Ferrol
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Festa e Foliada no Samaín de Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
De noite de defuntos cos Chichisos
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín en Navia (Vigo)
Comentarios (48) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín en Narón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festa heavy na Gentalha do Pichel (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-10-2010 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Castañazo Rock 2010 (Chantada)

www.castanhazo.com

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-10-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Pipotazo 2010 (Maceda)
Un ano máis Maceda celebrara o seu Festival Magosto Alternativo organizado pola Asociación Xuvenil O Pipote, este ano mudamos de nome e pasamos a nomealo Festival Magosto O Pipotazo.
O Festival celebrarase o vindeiro Sábado 30/10 e ademais do Festival teremos unha Variada Programación que vos resumimos a continuación:


PROGRAMACIÓN:

SABADO 30/10/2010
NO ENTORNO DO BOSQUE DO CASTELO // MACROCARPA XIGANTE

17:00 horas: 2ª Aberto de Billarda Festival O Pipotazo Maceda. ( Participación aberta a todos os que queiran)

17:45 horas: 2ª Campeonato de Bolos Celtas de Soutipedre ( Participación aberta a todos os que queiran)

18:00 horas: Carreira de Sacos
18:30 horas: Carreira do Porco
20:00 horas: Inicio do Magosto Popular. Prezo do Menú 6?.

22:00 horas: Inicio do Festival coa Actuación de O Leo e Aremecaghona, Pito de Pikasso, Kastoma, Skacha, Trapallada e os Dj Gas e Dj Tenas.

+ Info en www.opipotazomaceda.tk
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-10-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Sala Nasa (Compostela D.C.)
Hoxe xoves, 28 de outubro retornamos cos SERÁN da SALA NASA.

Continuamos coa novidade deste ano, ?Obradoiro de iniciación ós seráns?que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile. Impartido nesta ocasión por Marcos Botana

E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22.15h.

Os grupos que van poñer música son:

1. Pandereteiras do Centro Cultural A Ponte Vella
2. Gaiteiros do Centro Cultural A Ponte Vella
3. Quarteto da Gentalha do Pichel
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-10-2010 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o Samaín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-10-2010 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
A revista Retranca secuestrada

A revista Retranca, especial visita do Papa, secuestrada pola imprenta


O número da revista Retranca que estaba a piques de saír, que tiña como tema central a próxima visita do Papa a Galicia, acaba de ser secuestrado pola imprenta. Os propietarios da empresa Imprenta Jiménez Godoy, radicada en Murcia, néganse a entregar os exemplares da revista para a súa distribución, aducindo o seu desacordo moral co contido da mesma.

Nunha conversa telefónica mantida con Kiko da Silva, director de Retranca, o dono de Imprenta Jiménez Godoy explicou que a revista, aínda que xa estaba impresa e lista para o envío á distribuidora, non se ía entregar porque a empresa que dirixe estaba en total desacordo ?co ataque ao Papa e á Igrexa?. É a primeira vez que unha imprenta, cun traballo xa impreso e cun contrato de por medio, decide unilateralmente non entregar a publicación alegando a súa disconformidade cos contidos da mesma. Retranca deixa claro que foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política.

Desde Retranca queremos tranquilizar aos nosos lectores anunciando que o número secuestrado estase a imprimir xa noutra imprenta e que chegará aos quioscos en breve.

Tamén queremos facer público que estamos tratando cos nosos avogados para tomar medidas contra os danos e prexuízos causados polo incumprimento de contrato da Imprenta Jiménez Godoy.

Retranca é unha revista galega de humor satírico que leva nos quioscos desde o ano 2007 e que o vindeiro sábado día 30 de outubro celebrará o seu terceiro aniversario cun acto no Café Moderno de Pontevedra ás 20.00 horas. Retranca, a primeira revista galega de humor que consegue sobrevivir sen subvencións, recibiu na súa curta existencia o Premio do Público do Salò do Cómic de Barcelona e acaba de recibir o Premio Ourense á Mellor Iniciativa de Banda Deseñada.

O número era un especial sobre a visita do Papa a Galicia, e conta como autores invitados a colaboradores de la revista EL JUEVES (Jordi March, Guillermo, Manuel Bartual , Fer e Bernardo Vergara) ademais dos colaboradores habituais da revista.

http://www.revistaretranca.com/

Contacto Kiko Da Silva
revista.retranca@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-10-2010 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
O Serán de Randufe (A Cañiza)
O primeiro serán de Randufe, no concello da Caniza, foi todo un éxito. Un amplío aparcamento, a comodidade do aceso e a boa organización, fan que este serán se consolide con facilidade no futuro. As Pandereteiras de Randufe, organizadoras do serán, non escatimaron esforzos, coidaron tódolos detalles, mesmo a decoración do escenario foi chamada de atención do numeroso publico asistente.

SERÁN DE RANDUFE - A CANIZA from forxa on Vimeo.



www.blogoteca.com/pradodacanda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-10-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Mixtura (Marín)
A partir do vindeiro 1 de novembro ponse en marcha no concello de Marín, o chamado proxecto Mixtura.

O longo da nosa vida estamos afeitos a que os nosos antergos dende sempre e atao de agora loitasen pola dignificación da gaita galega, e a figura do gaiteiro non coma un animador de festas sinxelamente, senón coma: MÚSICO.

Na actualidade o noso instrumento nacional está a pasar por unha etapa de gran explandor e na que se recuperaron os seus valores reais , e o seu recoñecemento social nos que están garantidos o seu ensino , e o seu espallamento , mais ala de Galicia.

Despois da posible introducción da gaita galega nos conservatorios do noso país isto fai, que estemos a asistir a unha continua creación dun novo repertorio para nosa gaita acompañada por todo tipo de instrumentos musicais coma ; piano, arpa trompeta , clarinete etc, ou por formacións musicais coma: bandas de música, ou mesmo orquestas.

Mixtura, é un espazo onde se vai dar cita a música tradicional e a música academica para gaita galega do século XXI, Que polo de agora só tiña cabida en algunhs consevatorios no que se potencia os seus creadores e aos novos interpretes.

Este proxecto quere dar continuidade a unha idea nacida polo ano 1960 no que en Marín aparece a primeira academia de gaita, co posterior nacemento de o grupo? Os de Marín? os cales foron os primeiros gaiteiros de academia de música.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-10-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Arturo de Freás no Alalá

Hoxe, martes, día 26/10/2010

O Alalá de hoxe achégase á figura de Arturo de Freás, un gaiteiro con madeira de artista, pola súa aptitude incansable, talento artístico e xenio musical, que o configuran como un dos gaiteiros máis curiosos e creativos de Galicia. A súa predisposición á creación lévao a facer cousas tan distintas como gaitas de ósos de animais, de cerdeira, de hedra, gaitas de cornos de vaca, de tubaxes da calefacción, para facelas soar incriblemente ben.


Xunto a Arturo de Freás, o equipo de Alalá descobre outros valores deste creador de gaitas, que inventou a chamada gaita de dobre punteiro, pois só el é capaz de interpretar nunha soa gaita dúas voces dunha mesma peza, e coas dúas mans, mantendo un repertorio tradicional, popular e actual, sen esquecer a ambición da xenialidade.

Fronte ao programa, este gaiteiro amósase coma un home que ten unha opinión formada da vida e da sociedade, sobre emigración, traballo, matrimonio, música, etc. influído por comezar a traballar desde moi novo e emigrar a Suíza e Alemaña, lugares que lle achegaron esa visión xeral e particular á vez do mundo que o envolve.

Comentarios (2) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 26-10-2010 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Curso: A trompa de Fonsagrada na e-Trad
Días 5 e 12 de novembro de 2010
de 17h a 20h (6h en total)


15 prazas
Aulas da e-Trad
Teórico-práctico (levar instrumento)

Último día de matriculación o 29 de outubro de 2010

Enfocado a todos os que queran profundizar no funcionamento deste instrumento. Recursos, trucos, exercicios e audicións.

Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 6h.

http://e-tradvigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-10-2010 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Mercedes Peón

«SOS» é o poliédrico título que a cantante dá ao seu cuarto traballo discográfico, no que recolle desde os sons das rúas de São Paulo ata o canto dos grilos de Oza dos Ríos


Vai apañando sons polo mundo e logo fai que os demais disfruten con eles. O mesmo recolle o canto dun grilo na súa casa de Oza dos Ríos que conversas no metro de São Paulo; apaña o son dunha copa, dun prato, da pandeireta, pero sobre todo desa voz súa tan persoal, esa voz que é «unha parte fundamental, porque a voz é a faceta que teño máis dinámica», asegura Mercedes Peón. A cantante vén de rematar a gravación do seu novo disco, SOS, o cuarto, que sairá á venda o 22 de novembro. Antes, esta mesma semana, marchará a Dinamarca co seu espectáculo Performance: «É un festival de música ao que se presentaron 800 ofertas de todo o mundo e seleccionaron dez, polo que se supón que estas son as dez mellores propostas do mundo; e aí estou, ¡e con todo en galego!», salienta. De Cádiz a Barcelona ou de Lugo a Polonia, xa levou este espectáculo que fai ela soa durante unha hora no escenario. «En Polonia había un festival parecido ao de Ortigueira; cando rematei fixen un bis e funme cambiar; tiven que volver saír, xa cambiada, porque alí estaban cinco mil persoas aplaudindo», lembra.

-¿Por que «SOS»?
-É a mensaxe de socorro, que en morse sería ...---... Pero tamén sós, de solos e en arxentino é sodes. É como moi sistémico, non me quedo coa primeira cousa porque simultaneamente van acontecendo moitas. Se escoitas o disco hai como vento, é moi electrónico, hai densidades de sons brutais, cóncavos, esféricos, por veces a nada, que lle dás a volta e está chea. O que importa é escoitalo, é un traballo moi sincero, cheo de humor.

-¿Como fai humor con esta música?
-Cando fun a São Paulo (que por certo está cheo de helicópteros, hai moitísimos) pillei a gravadora na man e recollín os sons do metro, os sons da megafonía, da xente falando ao meu arredor. Son sons que fan que este sexa un disco moi cineasta, porque todo iso está ampliado. Ese tema chámase Aquí chegei mandáronme vir; é unha viaxe das emocións que tiven eu, e aparece tamén o birimbao tocando e de súpeto hai unha especie de rumba, e empezo a cantar por encima da rumba Aquí chegei mandáronme vir. Este é un tema duro de escoitar, pero eu paseino moi ben. É un disco moi creativo no que me realicei como compositora, como produtora, con moitas interaccións ao meu redor. Eu estou encantada con este traballo, estou superrealizada.

-¿Fixo todo vostede: composición, música, produción...?
-Está feito no meu pequeno estudio na casa e o fío condutor ten moito que ver cunha especie de obra electroacústica inmersa en todos os temas. Os meus discos non son do mesmo formato, necesitan un aloumiño distinto. Sempre vou facendo as miñas composicións para esa musica persoal e fago todo, ata edito o son, pero neste caso é moito mais escandaloso. Tiven axudas de amigos como Nacho Muñoz, Fernando Abreu, que é clarinetista e imprime o seu carácter, ou José Puga, con que estiven no seu estudio mesturando durante un mes e fixo que todas as cousas do disco estean no seu sitio.

-¿Canto tempo leva traballando para este disco?
-Dous anos e medio. Estes son traballos moi persoais.

-¿Hai temas cantados?
-Si, a música é bastante densa e a voz forma parte del porque a voz é a faceta que teño máis dinámica. Hai anacos pequenos repetidos para crear unha sensación de repetición. A voz é unha parte fundamental, matices moi distintos da miña voz porque eu son unha bomba de reloxería, son moi expansiva, moi explosiva. Este disco é o mais conceptual dos que fixen, non me canso de escoitalo, cousa que non me pasaba cos anteriores.

-¿Está editado por vostede?
-Si, facemos una edición de 5.000 discos en exclusiva, cunha caixiña negra, moi bonita.

-¿Non son moitos eses 5.000 discos para unha edición?
-Suponse que haberá reedición. Polo de agora sigo sendo unha artista rendible, o selo Mercedes Peón vende.

-¿Como vai facer para levar estes dez temas aos concertos en directo?
-Poñelo en directo é moi complicado, non podo ter sobre o escenario aos cincuenta músicos que serían precisos para este disco. Por iso a miña banda vai ser moito máis electrónica do que era. Polo de agora teño aos músicos bastante tolos, pero seguro que nunha semana de traballo poñémonos a preparalo e o temos arranxado. Pero o de saír de xira será un proxecto para máis adiante.

La Voz de Galicia
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2010 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Milladoiro
Con eles empezou todo, ou case todo. Milladoiro, o grupo que abanderou o rexurdir da música galega ata convertela nun fenómeno internacional, celebra tres décadas de discos e concertos, fiel á súa militancia cultural e convencido de que, por encima de modas, a súa é "unha música de resistencia".

Milladoiro fundouse en 1978 cando converxeron nun mesma formación as inquietudes de Xosé V. Ferreirós, Ramón García Rei e Fernando Casal, tres músicos que seguían pobo a pobo o legado dos vellos gaiteiros, coas de dous estudiosos do patrimonio musical medieval galego, Rodrigo Romaní e Antón Seoane.

A música universitaria de cámara achegoulles o seu sexto membro, Xosé A. Méndez, e a emigración retornoulles á violinista que completou o grupo nos seus primeiros anos, Laura Quintillán.

Dous dos seus fundadores, o gaiteiro Xosé Ferreirós e o percusionista Ramón García Rei, falaron con Efe sobre o balance destas tres décadas durante a xira de celebración dos 30 anos da "Galicia de Maeloc", o seu primeiro disco, que esta semana lles levou a Santander e Avilés (Asturias) e que continuará en Ourense.

Milladoiro leva 24 discos na súa carreira, recibiu premios dentro e fóra de Galicia, gañou un Goya (pola banda sonora da "metade do ceo", de Manuel Gutiérrez Aragón) e incluso colocou un disco de música tradicional galega nas listas de éxitos de Estados Unidos ("Castellum honesti", de 1989).

Con todo, asegura García Rei, do que verdadeiramente sente orgulloso o grupo é de contribuír a conservar un patrimonio musical que hai tres décadas corría perigo de perderse e de axudar, co concurso doutros artistas, escritores e pensadores, a difundir a cultura galega como algo "diferente".

"Achegamos algo máis para que a xente fixásese no feito diferencial de Galicia como unha cultura nin mellor nin peor, pero diferente, nun contexto que forma parte diso que chamamos España", argumenta o percusionista de Milladoiro.

E engade que o seu maior recoñecemento é que senten que o público lles percibe como "un grupo patrimonial".

Milladoiro é ademais un dos poucos ?se non o único? sobrevivente da primeira onda de grupos folk de Galicia, cuxa ronsel agrandaron despois bandas e intérpretes como Luar na Lubre, Berrogüetto, Carlos Núñez e Susana Seivane.

Para Xosé Ferreirós, o segredo da súa continuidade reside en que Milladoiro sempre tivo claro que o seu era facer música tradicional galega, aínda que toque algunha vez temas irlandeses ou gravado varios dos seus discos en Dublín.

"En Galicia, e penso que no resto do Estado tamén pasou, moita xente apuntouse a isto do folk porque estaba de moda, non porque cresen no que estaban a facer nin porque traballasen realmente nas súas músicas de raíz, que é o que tiñan que facer. E no momento que iso desapareceu, algúns grupos viñeron abaixo", argumenta.

Porque co folk, apúntalle García Rei, un non se fai "unha popstar nin unha estella do rock'n'roll", por moito que o xénero estea varias veces na crista da onda co "boom" celta.

Ferreirós matiza que non está mal aproveitarse desas modas ?e o grupo recoñece que a etiqueta "celta" abriulle as portas dalgúns festivais nos seus comezos e axudoulle a darse a coñecer fóra-, sempre que un teña claro que todo "boom" acaba pasando.

"é unha realidade fugaz, momentánea, porque esta é unha música de resistencia e se ti non cres iso, e simplemente buscas un éxito rápido, vas polo mal camiño", advirte o gaiteiro.
O seu compañeiro subliña que a "razón da existencia" de Milladoiro segue sendo a música tradicional galega e que niso todos os seus compoñentes senten "militantes".

Por iso, engade Xosé Ferreirós, o grupo tampouco foi nunca "amigo de experimentos nin de mesturas".

"Nós estamos pola diferenciación nun mundo que está máis pola globalización. Cremos que este mundo ten razón de ser buscando e recreándonos na diferenciación, porque no momento no que todos comamos o mesmo, consumamos o mesmo e vistamos igual, a coña do existir non terá sentido", sentenza.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2010 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os Diplomáticos celebraron os vinte anos da súa formación
A banda coruñesa ofreceu un concerto nunha abarrotada sala O Túnel

Os Diplomáticos de Monte Alto celebraron cun concerto na sala o Túnel os vinte anos da súa formación como grupo. Os vellos éxitos do rock da banda coruñesa soaron no abarrotado local anexo ao Coliseo, que esgotara as súas entradas hai días. Xurxo Souto liderou un espectáculo que serviu para reivindicar aos líderes do movemento bravú, que durante os noventa foron a cabeza visible dun movemento musical que serviu para popularizar o galego como idioma do rock.

Antes do recital, un nutrido grupo de asistentes realizou a denominada ruta dá tralla , que comezou na rúa do Parque coa organización dun improvisado entroido que logo continuou pola praza de Catro Camiños para logo finalizar no Coliseo.

Formación orixinal
Para este concerto, Os Diplomáticos recuperaron a súa formación orixinal, que se reuniu para un concerto en Allariz hai unhas semanas. O grupo sinalara antes do evento que non continuarán tocando, a pesar das numerosas ofertas para que realizasen unha xira por diversas localidades galegas.

Os Diplomáticos alcanzaron a súa fama en Galicia durante a década dos noventa, despois de que moitas das súas cancións e popularizasen a través do programa de televisión Xabarín Club . A plataforma televisiva tamén axudou a outras bandas do movemento bravú como O Caimán do Río Tea ou Yellow Pixoliñas, que compartían o ideario estético dos Diplomáticos.

O pasado xoves tamén se puido contemplar na Casa Museo Casares Quiroga o documental A Coruña rabuña , dirixido por Fran Pego en 1993, e que consistía nun percorrido pola cidade coa banda sonora da banda coruñesa. Os Diplomáticos cualificaron o concerto como un «acto de autodestrución», xa que non pensan seguir actuando.

La Voz de Galicia


Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2010 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Peón e Pato representan a Galiza no Womex de música de raíz
Mercedes Peón, Cristina Pato, sete empresas musicais e dúas asociacións do sector estarán entre o 27 e o 31 de outubro no Festival Womex de Copenhagen (Dinamarca), dedicado á música tradicional.

O Womex de Copenhague, a máis importante cita profesional coa música de raíz tradicional, conta con representación galega a través das actuacións de Cristina Pato e Mercedes Peón, así como de sete empresas e dúas asociacións.


A esta feira internacional, que por segundo ano consecutivo ten a súa sede na capital dinamarquesa, asistirán as compañías Articket, Berrogüetto Producións, Fol Music, Lóspregos, Mare, Nordesía e Zouma. Xunto á representación institucional encabezada polo director da Agadic, Xoán Carlos Fernández Fasero, tamén viaxarán a Copenhagen integrantes das dúas principais asociacións do sector: Asociación Galega de Produtoras Fonográficas (Agaphono) e Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), encargadas de coordinar a presenza desta delegación comercial no Womex 2010. No recinto feiral, a música de Galicia presentarase a través dun espazo propio para Galiciantunes dentro do amplo stand da plataforma Sounds from Spain.

Mercedes Peón e Cristina Pato presentarán os seus respectivos traballos diante de 2.900 axentes acreditados procedentes de 90 países.

Cristina Pato será a encargada de abrir o concerto que Sounds from Spain organizará na noite do 28 do outubro dentro do programa offWomex, que se desenvolverá no DR Koncerthuset. A gaiteira ourensá foi seleccionada pola plataforma española xunto aos grupos Taifas e La Migas para formar parte desta programación paralela, dirixida tanto aos participantes da feira como ao público xeral.

Pola súa banda, Mercedes Peón actuará o día 29 na sede feiral do Forum Copenhagen, dentro da sección oficial de showcases, como primeira representante da música galega elixida expresamente polo xurado internacional do Womex entre máis de 800 propostas de todo o mundo. Coincidindo coa inminente saída ao mercado do seu novo traballo discográfico, SÓS, a compositora e instrumentista coruñesa amosará ante un público exclusivamente profesional a súa persoal performance. Peón interpreta todos os instrumentos e interactúa con cada un deles.

A delegación galega distribuirá en Womex 2010 un cd de audio con libreto, preparado especificamente para as feiras internacionais de música deste ano. Este cd recolle a produción musical galega máis recente dividida por xéneros en pop-rock e jazz (cd1) e roots (cd2), ofrecendo neste último caso temas de Mercedes Peón, Cristina Pato, Berrogüetto, Uxía, Guadi Galego, Fuxan Os Ventos, Xosé Manuel Budiño, Anxo Lorenzo, Sondeseu, Bellón Maceiras Quinteto, A Banda das Crechas, bOnOvO, Narf e Manecas Costa, Batuko Tabanka, Narf, Trasmundi e Renato Spencer.


www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-10-2010 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 25 (luns)

Terza feira 26 (Martes)
? Trioliro Regueifeiros na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Corta feira 27 (Mércores)

Quinta feira 28 (Xoves)
? Serán na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 29 (Venres)
? Pressing Catch no Teatro Municipal do Barco de Valdeorras
? Carlos Blanco e Manecas Costa no Auditorio de Mera - Oleiros (A Coruña)
? Os Festicultores na Praza de Galicia de Cuntis ás 21:00
? Som do Galpóm no Auriense (Ourense)
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)

Sábado 30
? XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas do Concello de Vigo
? Pablo Carpintero ás 20:30 en Masma (Lourenzá, Lugo)
? Carlos Blanco e Manecas Costa no Auditorio de Mera - Oleiros (A Coruña)
? Capitán Furilo no pub O Muiño (Cervo)
? Skacha e Trapallada en Maceda
? Pipotazo (Maceda): Kastomä, O Leo i Arremecaghoná, Trapallada, Skacha, Pito de Pikasso
? Castañazo Rock (Chantada): Boikot, Banda Bassotti, Ruxe-Ruxe e Alén
? Foliada no cruceiro de Feás (Aranga)
? Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)

Domingo 31
? Castañazo Rock (Chantada): ObrintPas, Fe De Ratas, Dakidarría e Guezos
? Foliada de defuntos (Cecebre-Cambre)
? Serán do Samaín (Redondela)

Luns 1
? Quique Peón no Teatro Rosalía (A Coruña)
? A Tuna Rastafari na sala 600 (Melide)

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 25-10-2010 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 22 (Venres)
? Xacarandaina no Teatro Colón (A Coruña) ás 20:30
? O Sonoro Maxín no Clavicémbalo (Lugo)
? Invivo na sala Ora Green (A Coruña)
? Xoel López con Xose Manuel Budiño no Pavillón das Travesas (Vigo)
? Brasilegos (Uxía, Fred Martins e Sergio Tannus no Liceum (O Porriño)
? Os Diplomáticos de Montealto e Jarbanzo Negro na sala Tunel (A Coruña)

Sábado 23
? Concurso de Música Tradicional de Cervo (Lugo) ás 17:00 no Salón de actos do Concello
? Pressing Catch no Auditorio Municipal de Cedeira
? Pablo Carpintero en Lourenzá (Lugo) ás 20:30
? Ergom na sala Garufa (A Coruña)
? Grelo Folc (Monfero): Alalé, Ultraqäns, Zënzar, A Magnifique Bande, Sacha na Horta
? Espazo Activo (Vedra): A Requinta da Laxeira, Tanto Nos Ten, Çe Orquestra Pantasma ás 23:00
? Serán en Achas-Randufe (A Cañiza) a carón do campo de futbol
? Serán en Barcela (Arbo)
? Serán no casino de Antas (A Lama)
? Serán en Mosende (O Porriño)

Domingo 24
? I Xornada música e baile tradicional de Eirís (A Coruña)
? XI Xornadas de Danza e Músicas Tradicionais Galegas (Vigo) ás 19:00 no C.C. Caixanova
? Espazo Activo (Vedra): Os Esfolladores, Xuntanza dos regatos, Colexiata do Sar, Treixada, A Requinta de Xían, Silandeira...
? Asemblea e reunión informativa de Músicos ao Vivo no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 17 horas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2010 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns

23 de outubro
- Serán en Achas-Randufe,(A Cañiza). a carón do campo de futbol
- Serán en Barcela (Arbo)
- Serán no casino de Antas (A Lama)
- Serán en Mosende (O Porriño)

30 de outubro
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño) no Pavillón de Deportes

31 de outubro
- Serán do Samaín na Alameda de Redondela.

6 de Novembro
- III Foliada de Sada
- Serán en Caldelas do Miño (Tui) ao carón da igrexa

13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)

14 novembro
-II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

12 de marzo
- Serán de Laxoso

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-10-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Xacarandaina en gala benéfica (A Coruña)
Gala benéfica a favor de "Viaje hacia la vida"

O Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina prepara a súa colaboración na gala benéfica organizada pola ONG "Tierra de Hombres" no seu programa solidario "Viaje hacia la vida". A cita terá lugar o 22 de Outubro no Teatro Colón Caixa Galicia.

O Grupo tamén contará coa colaboración dun grupo de baile do Círculo de Actividades de Tempo Libre da Asociación composto por rapaces entre os 9 e os 14 anos de idade.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2010 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea e reunión informativa de Músicos ao Vivo
O vindeiro domingo día 24 de outubro terá lugar unha nova asemblea e reunión informativa da asociación Músicos ao Vivo.

A reunión estará aberta a todos os músicos de Galicia (solistas, grupos, orquestras, bandas...)e nela trataranse temas de especial importancia para a marcha da asociación e do colectivo de músicos galegos:

- Dar a coñecer mellor a asociación ao colectivo de músicos
- Explicación dos servizos que se ofrecen aos músicos
- As previsións de futuro da asociación
- As estimacións de presuposto para o vindeiro ano
- As accións que temos preparadas para o que resta de 2010

Tamén trataremos as últimas decisións adoptadas pola Xunta Directiva e os acordos e conversas mantidas nas recentes reunións coas institucións públicas (AGADIC).

A xuntanza estará aberta para tod@s para que poidades expor as vosas inquietudes e propostas.

Tamén explicaremos o funcionamento do procedemento de facturación a través das cooperativas de músicos, o cal xa está operativo dende hai uns meses.

O acto terá lugar no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 17 horas.

Agradeceriamos que divulguedes entre o colectivo a convocatoria desta reunión, co fin de contar coa máxima asistencia posible, dada a importancia da reunión.

Moitas grazas!

Visítanos en www.musicosaovivo.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2010 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Espazo Activo 2010 (Vedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornada música e baile tradicional de Eirís (A Coruña)
+info: http://xornadaseiris.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-10-2010 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Diplomáticos de Montealto de aniversario na Coruña
En 1990 nace o conxunto os Diplomáticos de Monte Alto e, dende A Coruña, principian a espallar a arroutada por Galicia adiante. De seguido, cun fato de grupos amigos, crean o bravú, a etiqueta que marcará toda unha época do rock galego. A aventura sonora dos Diplomáticos lévaos a percorrer moitos escenarios fóra de Galicia - nomeadamente Cataluña e o País Vasco- e a tecer fortes vencellos con músicos doutras latitudes como Manu Chao ou os italianos de Mau Mau. Tras a súa disolución formal, a formación orixinal reuniuse o pasado mes de setembro en Allariz para celebrar cun concerto o seu XX aniversario. Despois de intensas peticións ?e mesmo algunha ameaza- os Diplomáticos deciden celebrar tamén na Coruña estes vinte anos de arroutada.

Será o vindeiro 22 de outubro, na Sala o Túnel, nos baixos do Coliseum, compartindo escenario con outros compañeiros de ruta, o Jarbanzo Negro -grupo multicultural con varios músicos coruñeses- que acode dende Barcelona especialmente para o evento. Esta sesión bravú na Sala do Túnel servirá de foguete de saída dun ciclo de concertos dedicados ao momento coruñento, isto é, as novas formacións de músicas emerxentes que latexan pola cidade. XX anos dos Diplomáticos de Monte Alto! Tanta paixón quen poderá detela?!

O propio día 22 -e se o tempo o permite- partirá de Monte Alto cara a Sala O Túnel A Ruta da Tralla. Velaí as súas paradas:
- 20:00 horas: Rúa do Parque: Antroido en Outono, encomenda ao espírito de Canzobre, e ruta en bus, liña 4.
- 21:00 horas: Catro Camiños: saída da Treboada Coruñenta cara a Sala O Túnel, pola Avenida Arroutada.


Venres 22
Sala Túnel (nos baixos do Coliseum)
22:00
Entradas: 7 euros (venda anticipada: 5 euros. Na billeteira da Praza de Ourense de luns a venres 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas, televenda de Caixanova: www.servinova.com ou no teléfono 902.504.500, e o mesmo día do espectáculo na billeteira do Coliseum a partir das 19:00 h.).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0