Sexta feira 9 (Venres)
? Ruxe-Ruxe en Pontevedra, na Explanada Locais de Ensaio (ao carón da Renfe)
? Ovay (Henrique Peón) ás 20:30 no Teatro Rosalía de A Coruña
? Som do Galpón na sala Baranda (Valdeorras)
? Machina na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Marta Quintana e Banda no Retrouso (Samil-Vigo) ás 22:30
? Projecto ['trepia] no SalaSon (Cangas do Morrazo) ás 23:00
? Abe Rabadé Trio no Festival de Jazz de Mondariz
? Folk do Seixo (Tomiño): Lume de Candela, Lirolai e Can de Palleiro ás 22:00
? Miro Casabella en Ferreira do Valadouro
? Festa presentación do III Serán do Gaiteiriño ás 23:00 no bar Labranza de Meiro (Bueu)
? I Magosto do Rincón (Cecebre)
? VIII Premios La Opinión no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña): Lizgairo, Fía na Roca, Anxo Lorenzo Band,...
Sábado 10
? XII Certame Internacional de Regueifas en Vigo
? VII Festival de Cultura Tradicional ás 18:00 na Praza de Santa María de Lugo
? Ovay (Henrique Peón) ás 20:30 no Teatro Rosalía de A Coruña
? Transilvanians no Clandestino (Nigrán)
? Zenzar na sala The Star (Carral)
? Guezos en Ourense
? Ataque Escampe na Tarabela (Lalín)
? Rancho folkclórico de Gondarem, A Subela de Noia, Son das Ondas de Bembribe e Os Irmandiños de Vincios na praza do calvario-O Rosal ás 21.30
? Os Carunchos na Festa do Marisco do Grove
? Serán en Viladesuso
Domingo 11
? XII Certame Internacional de Regueifas en Vigo
? Gala XXV aniversario da A. C. Lembranzas da Ria ás 20:00 no auditorio de Cangas do Morrazo
? V Ciclo de Coros Históricos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña: Coral de Ruada (Ourense)e Cantigas de Terra (A Coruña)
? Transilvanians no Aturuxo (Bueu)
? Kastomá, Electróxeno e O chicharo psicótico en Vilouchada (Trazo)
? Tanto Nos Ten na Festa do Marisco do Grove
Segunda feira 12 (luns)
? XII Certame Internacional de Regueifas en Vigo
? Fuxan Os Ventos en Lugo
? Marta Quintana e Banda no Forum Metropolitano (A Coruña)
Domingo, 11 de Outubro do 2009 ás 20:00h. en Auditorio Municipal de Cangas
Na asociación cultural Lembranzas da Ría estamos de aniversario, xa van 25 anos dende que iniciamos a nosa andaina. Con este motivo organizamos unha gala XXV Aniversario, que terá lugar o vindeiro domingo 11 de outubro ás 20:00h. no Auditorio Municipal de Cangas, á cal temos o pracer de convidarvos. A entrada é de balde.
Para tan sinalado evento, imos contar coa participación de moitos dos antigos compoñentes da asociación que pasaron polo grupo dende 1984 ata o día de hoxe, ademais das formacións actuais da agrupación.
Por outra banda, haberá unha exposición fotográfica do 7 ao 12 de outubro no Auditorio Municipal de Cangas, que plasmará a historia da asociación ao longo destes 25 anos.
Agardamos a vosa asistencia nunha data tan especial para nós.
A improvisación en verso chega de novo á cidade de Vigo da man do XII Certame Internacional de Regueifas, que se celebra o 10, 11 e 12 de outubro no Auditorio do Pedregal (Valadares-Vigo).
Nesta edición, o Centro Veciñal e Cultural de Valladares, organizador do evento, desenvolverá no Verbum un obradoiro de iniciación durante os tres días do certame.
Impartido por improvisadores nomeados de eiquí, como Pinto D?Herbón ou Luis ?O Caruncho?, e de fóra, como Raul Herrera ou Wilson Saliwonzyk, adicará tamén un día a traballar técnicas de teatro improvisado con Fran Peleteiro.
Os interesados poden inscribirse, de balde e antes do 9 de outubro, no 986 46 70 53 ou no Verbum. Os que asistan ás tres sesións serán convidados a xantar e a subir a regueifar o último día. Terán tamén unha axuda para o desprazamento.
O programa do certame comeza o sábado no Verbum, entre as 12 e as 19 horas. No museo de Samil haberá pola mañá un taller de improvisación en verso, e actuará o repentista cubano Raúl Herrera e os regueifeiros galegos Bieito Lobariñas e O Caruncho. Pola tarde, sucederanse as intervencións do Leo, Samuel Soalleiro, Emilio Alonso, Arremecaghona's producións, Manuel Celso Matalobos, Samuel León París , Carlos G. Meixide E dávos Ría.
Ao día seguinte, o certame trasládase ao auditorio do Pedregal, en Valladares. A partir das 12.00 horas haberá un taller de improvisación en verso, e as actuacións do payador arxentino Wilson Salywonzyk e o regueifeiro galego Pinto D'Herbón. Pola tarde, a partir das 19.30 horas, comezará a XII Mostra Internacional de Regueifas, na que participarán O Caruncho e Bieito Lobariñas, os trobadores alpujarreños José A. Barranco Barranquito e José López Sevilla. ás 20.30, espectáculo de repentismo cubano e payada arxentina con Raúl Herrera e Wilson Saliwonzyk.
O luns día 12, no auditorio do Pedregal, ás 12.00 horas, continuará o taller de improvisción. Pola tarde, ás 19.00 horas, producirase o encontro dos novos regueifeiros, un espectáculo de improvisación coa participación de Novos Fistores galegos, e unha exhibición de rap en estilo libre con MC's.
O teatro Colón de A Coruña acolle o vindeiro día 9 de outubro, a partires das 20:30 h, unha nova gala dos Premios Opinión. Estes galardóns, concedidos aos mellores discos de música folk galega do ano, xa camiñan pola súa oitava edición consecutiva.
Na gala, actuará o grupo gañador do primeiro premio no ano 2008, Lizgairo, e haberá un espectáculo especial de homenaxe a Milladorio no seu 30 aniversario, coa participación dos aritistas: Guadi Galego e Uxía Pedreira, Fía na Roca, Anxo Lorenzo Band Con Om/Off, Jacobo de Miguel & Pedro Lamas, Entre Trastes, Caramuxo, Aló Irmao (dúo Fran Pérez- Manecas Costa) e Ophiusa, que farán versións de temas da popular banda.
Os pioneiros do folk galego recibirán unha homenaxe musical dos artistas participantes na gala de entrega dos VIII PREMIOS OPINIÓN, que rematará cun concerto de Lizgairo
Xa son oito anos de cita anual para celebrar a gala dos PREMIOS OPINIÓN, único galardón das súas características en Galicia, pero esa cifra non é nada comparada cos trinta anos que levan de andaina os músicos de Milladoiro. Co gallo dese aniversario, nesta cerimonia, que se celebra hoxe ás 20.30 no Colón Caixa Galicia, haberá un espectáculo especial no que se lle renderá unha homenaxe ao grupo que abriu o camiño e logrou que a música folk galega ocupase un lugar sobranceiro no mundo cultural deste país. A débeda con ese conxunto é grande e nós pretendimos realizar a nosa pequena contribución para salientar o valor dunha obra referencial que serviu para alimentar a vocación músical de varias xeracións. Moitos fillos musicais de Milladoiro están agora mesmo enriba do escenario aplicando as ensinanzas que lles aprenderos os mestres do folk, tanto nos discos como nos concertos.
Serán oito propostas diferentes sobre o escenario e cada unha coa idea de realizar unha revisión dun tema do grupo coa intención de amosar a longa vida que pode ter unha peza musical e as variacións que pode sufrir dende o momento no que outras mans e cerebros deciden ofrecer outra perspectiva do tema en cuestión.
Anxo Lorenzo Band, co engadido do trío Om/Off, Ophiusa, Cuarteto Caramuxo, Aló Irmao, Pedro Lamas-Jacobo de Miguel, Entre Trastes, Fía na roca e o dúo formado por Guadi Galego e Ugía Pedreira son o elenco elixido para este tributo e eles serán os encargados de dar aos espectadores unha nova visión que terá o son de Milladoiro entre os seus acordes, pero tamén contará coas singularidades artísticas que propoñan cada un deles co degoiro de achegarse co maior respecto á figura da banda homenaxeada, pero sen ter prexuízos á hora de poder idear arranxos atrevidos que lle dean unha volta ao xa coñecido e aporten a personalidade propia na versión.
Iso constituirá un reto para os participantes que todos acolleron con gran entusiasmo e ilusión por tratarse dunha ocasión única para poder amosar a súa admiración por todo canto fixeron e conseguiron ao longo de tres décadas os membros do grupo Milladoiro.
A gala terá como presentadora á xornalista Mayte Cabezas, unha faciana coñecida da TVG dende hai anos e que xa fora a condutora da cerimonia de entrega dos premios hai dous anos.
A noite non só tera a emotividade da homenaxe realizada a Milladoiro, senón que tamén contará cun momento emocionante cando Antón Corral saia a recoller o PREMIO OPINIÓN ANDAINA SENLLEIRA, que premia toda una traxectoria sobranceira no eido musical. O labor de Corral como músico, docente e artesán marcou o camiño a moitas persoas e resulta moi lembrado o seu desenvolvemento coa Obradoiro Escola de Instrumentos tradicionais na cidade de Vigo, de onde saíron varios músicos que hoxe en día son do máis salientable no panorama folk galego. Ademais efectuaron a gravación dun disco dobre que resultou ser unha referencia para a música tradicional.
E logo de entregar os galardóns aos tres artistas que mereceron o beneplácito do xurado ao ser escollidos como os mellores discos folk galegos do ano pasado, a noite pecharase cun concerto de 40 minutos do grupo Lizgairo, unha banda sobre a que se concitou moita atención dos seareiros do folk ao estar implicados no proxecto músicos cunha dilatada traxectoria que gozan de prestixio. Con Diacronías , a súa ópera prima, foron quen de agradar ao xurado dos PREMIOS OPINIÓN de tal xeito que lles outorgaron os votos suficientes como para se alzar co primeiro lugar, en dura competencia co álbum Eterno Navegar, da cantante Uxía, quen se atopa nestas datas do mes de outubro realizando unha xira por terras brasileiras.
ESPECTÁCULO OVAY - Compañía de danza galega QUIQUE PEÓN Cía
Os vindeiros días 9 e 10 de outubro ás 20:30h no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña poderedes desfrutar de OVAY, o novo espectáculo de QUIQUE PEÓN Cía, unha coprodución coa Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego.
Este espectáculo está dirixido, coreografiado e interpretado por Henrique Peón Mosteiro, director do Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina dende hai máis de 25 anos, dende a compañía de danza galega que creou recentemente. O espectáculo leva música en directo a cargo de Xose Lois Romero e Suso Vaamonde.
Se queredes poñer os dentes largos e ver unhas pingas do espectáculo, premede no seguinte enlace e desfrutade...
As entradas están á venda dende a taquilla online de Caixanova-Servinova e no teléfono 902 50 45 00, a 5 ? e 7 ?
Mañá pisarán as táboa do Colón Caixa Galicia para pechar a gala de entrega dos premios creados por este xornal para apoiar á música folk galega. No seu debut musical nótase claramente nos resultados que non estamos a falar de principiantes, senón de artistas cunha traxectoria xa consolidada que decidiron unir as súas forzas para acometer un novo proxecto que os ilusionaba e do que comezan a tirar vibracións positivas, tanto as recibidas nos concertos de presentación do álbum como as logradas ao ser mellor disco do ano.
Lizgairo é un grupo atípico no panorama dos conxuntos debutantes, posto que asociar ese cualificativo a músicos renomeados como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz resulta moi estraño por mor dos seus anos de actividade no eido do folk.
As expectativas xeradas entre o público eran altas coa saída ao mercado da súa ópera prima e a recepción resultou moi positiva, e máis se temos en conta que Diacronías lles valeu para se adxudicar o PREMIO OPINIÓN ao mellor álbum de folk galego do ano pasado, algo que non esperaban segundo comentan nesta entrevista, na que tivemos como interlocutor a Xosé Liz, un dos compoñentes dunha formación nova pero xa moi sólida nas súas propostas musicais.
-Logo de pasados bastantes meses xa se poden facer valoracións sobre a súa primeira obra, Que tal lles funcionou o disco?
-Temos unha moi boa valoración, principalmente porque non non esperabamos que un disco fundamentalmente de música instrumental tivese a repercusión mediática e da crítica que logrou Diacronías. Fixemos este grupo coa intención de tocar en interiores e non en grandes festivais ao aire libre. Esperabamos realizar cousas máis íntimas e reducidas e abraiunos poder acadar todo o que foi xurdindo dende a saída deste traballo, xa que cada vez existe unha maior demanda para tocar. O mundo da música ten estes paradoxos, ás veces preparas algo máis gordo e a repercusión non chega ás túas expectativas e outras veces con algo máis pequeno es quen de chamar máis a atención.
-Esa repercusión da que fala pode facer variar o vieiro marcado nun comezo?
-Non, o noso camiño está bastante marcado e ademais cómpre decatarse que os espazos temporais para facer as cousas están aí presentes e nós debemos centrarnos nun calendario fóra do verán porque os tres compoñentes temos os nosos proxectos á parte de Lizgairo e queremos seguir con eles. Podemos dicir que con esta banda queremos seguir unha andaina máis relaxada a nivel escenográfico.
-Entón poderían tocar bastante máis do que o fan.
-Non fixemos todo os que nos demandaban. Como xa indiquei temos o mal no noso xerme, estamos en moitos proxectos, coa orquestra SondeSeu, a rede de orquestras europeas, na escola musical E-trad, e moitas veces aparecen calendarios que se cruzan e perdimos actuacións por motivos de axenda. A verdade é que a demanda superou as nosas expectativas. Agora abriremos novamente contratación para o inverno.
-Están xa compoñendo novo material?
-Si, estamos a facer novas pezas. Eu son o máis novo do grupo e pensaba que non sería o máis conservador, pero os que teñen o formiguiño no corpo son os meus compañeiros, especialmente Rodrigo que sempre quere estar a renovar o repertorio do grupo. Eu tiña en mente alongar un chisco máis o repertorio, pero el quere que o grupo teña frescura, facer arranxos diferentes e procurar pezas novas e iso está moi ben.
-No seu disco aportan dúas pezas cantadas por Chisco. Como se van formular no futuro a aparición de cancións na súa obra?
-Seguirá a ser algo secundario na nosa estrutura musical. Nas colaboracións aínda non temos moi decidido como afrontar o anos vindeiros. Ata o momento contamoscon Begoña Riobó no violín, con Isaac Palacín na percusión e co propio Chisco. O que suceda no futuro tamén dependerá deles. O fundametal é que facemos música a trío e logo realizamos unha reflexión sobre instrumentos que, de xeito puntual, nos poden vir ben para o material que temos montado.
-O ano pasado houbo unha eclosión de formacións de trío no noso país e estase a revelar como un formato con suficiente atractivo para o público. Que reflexión realizan sobre este feito?
-Este tipo de proposta é como navegar un chisco contracorrente, pero goza, como non, do seu lado positivo. O peso da nosa obra céntrase no instrumental e facéndoo con formación de trío o que acontece é que debes coller moita responsabilidade como solista e nós temos un repertorio bastante esixente. Nese senso somos un grupo que denmanda bastante esixencia artística de cada un de nós. Pero non cabe dúbida que é unha faceta moi interesante para un músico pasar nalgún momento da súa traxectoria por unha opción de formato pequeno porque iso vaille facer traballar motísimo no seu instrumento e no xeito de facer as cousas. Toda esa bagaxe que se adquira servirá, nun momento dado, para chegar a ter múltiples solucións á hora de afrontar traballos que teñan que ver coa música tradicional.
-Malia ser un grupo novo, falamos duns músicos con experiencia abondosa e foron recibidos polo público como un conxunto xa veterano. A verdade é que contar con Anxo Pintos e Rodrigo Romaní soergueu unha gran curiosidade polo que ían realizar.
-Son músicos con moita historia no folk galego. Se me poño no lugar da xente diría que vou escoitar un pouco a mestura de Anxo berrogüetto . Rodrigo milladoiro e iso ten un atractivo grande para os que se moven neste mundiño do folk. Eu navego entre esas as dúas augas. Está claro que o seu xeito de facer á hora de abordar unha peza está presente e non se pode borrar o seu estilo musical, pero o que creo que conseguimos é que Lizgairo tivese unha personalidade diferente á dos grupos nos que militaron ou nos que traballan actualmente.
-Están xa cismando no que será o seu segundo álbum?. Haberá unha continuidade no estilo do grupo ou pode aparecer algunha proposta nova?
-O reto é acadar diferentes fronteiras dentro da mesma fórmula instrumental. Interésanos fuxir de cousas xa plasmadas noutros temas. Escoitando o noso debut discográfico, e aínda que sempre se ouven arpa, zanfona e bouzouqui, quixemos aplicar arranxos distintos e que a perspectiva dende a que se aborda cada tema sexa diferente. Nese senso imos continuar xirando nesa roda, o que daremos son outras perspectivas diferentes, e quizais fusionar estilos novos. Un sempre está aberto a incorporar certas variacións dentro do xa coñecido.
-Como recibiron acadar o PREMIO OPINIÓN ao mellor disco folk do ano?
-Valoramos que son os únicos galardóns que existen e resultou un honor merecer esa distinción. Non esperabamos acadar o primeiro lugar con Lizgairo, críamos que os designios da crítica mirarían para outras propostas. Na actualidade resulta un pouco rara unha opción pola música instrumental porque a xente semella sen tempo para poñerse a escoitar corenta minutos de música dese tipo. No concerto que pecha a cerimonia de entrega dos premios estaremos acompañados por Isaac Palacín na percusión e ao mellor facemos algo especial para ese día, pero non diremos nada e que así constitúa unha surpresa para todos os presentes.
O grupo Brañas Folk cruzará o charco o próximo mes de outubro para presenter o seu novo traballo "Alalá do Cebreiro" en Arxentina. A xira que comeza o día 8 cunha rolda de prensa na cidade de Bos Aires, rematará o día 12 cun concerto no Centro Galego de Mar de Plata.
Brañas Folk presentou no mes de xullo o que é o seu segundo traballo discográfico "Alalá do Cebreiro" (2009 PAI Música). Baixo este titulo xenérico saiu á luz o segundo traballo discográfico de Brañas Folk, agrupación liderada por Manuel Brañas desde o ano 2002 e despois da sua andadura coa célebre agrupación "Arco da Vella"; partícipe xunto aos grandes nomes da música galega do que foi o auxe da música folk en Galicia aló polos anos oitenta.
Con "Alalá do Cebreiro" atopámonos cun traballo musical aberto, como se se tratase da mesma porta que dá entrada a unha Galicia chea de tradición e cultura, e receptiva do que por ela entra.
Un disco que contén o folk entendido do xeito mais tradicional como o própia peza que dá nome o traballo Alalá do Cebreiro. O medievo musical galego tamén está presente neste disco co tema "Canto das Chirimías da Catedral de Santiago" interpretada pola laureada "Coral de Ruada" onde reviven as chirimías e o organistrum, instrumento do Pórtico da Gloria. As composicións de autor tamén teñen un oco neste traballo, musicando poemas de Rosalía de Castro e Ramón Cabanillas.
"Alalá do Cebreiro" recolle tamén pezas con ritmos foráneos que xa forman parte do noso sentir musical. E como non podía faltar en terras ourensans, unha banda de gaitas, a Banda de Gaitas de O Barco, acompañan ao grupo no peche, o que pretende ser un disco homenaxe ao legado da cultura galega arroupado coas singulares e marabillosas voces femininas galegas de Uxía Senlle, Sonia Lebedisnski, Laura Amado e Mónica de Nut.
Datas de concertos en Arxentina:
8 de outubro: rolda de prensa na cidade de Bos Aires e presentación do disco " Alalá do Cebreiro"
9 de outubro: Concerto no Teatro Castelao - Bos Aires
10 de outubro: Concerto na Casa de Ourense - Bos Aires
11 de outubro: Concerto no Auditorio de Mar de Plata
12 de outubro: Concerto no Centro Galego de Mar de Plata
BAILAS? 2009-2010
Cursos de música e baile tradicional: clases de gaita, baile, pandeireta e tamboril
A.C. Fervenza de Ouzande (A Estrada)
Dan comezo as clases deste novo curso. A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 10 de outubro no local do campo da festa ás 4 e media da tarde.
Os cursos que poñeremos en marcha serán:
- Gaita
- Pandeireta
- Tamboril
- Baile
Na reunión fixarase o horario definitivo das clases así como se informará aos asistentes do prezo das mesmas.
Ao remate da mesma terá lugar unha actuación por parte do grupo de gaitas da Fervenza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.
A Escola Livre da MPG abre o prazo de preinscrición
A Escola Livre da MPG incia o proceso de preinscrición para as materias que se impartirán durante este curso. Continúa a aposta pola educación personalizada con aulas individuais por músicos profesioanis en activo e de recoñecido prestixio na escena da música tradicional e folque:
Gaita, Canto, Percusión tradicional, Sanfona, Violino, Acordeón diatónico e Frautas e requinta. Ademais incorpónrase dúas novas especialidades: Regueifa e Introducción á teoría da Música e ao arranxo folque.
As grandes novedades con respecto ao curso pasado en aCentral Folque Compostela son varias:
- As aulas non estarán centralizadas nun só edificio senón que estarán repartidas por diferentes locais de Compostela dependendo de cada instrumento.
- Os días que se imparten as aulas serán de luns a sábado dependendo de cada materia. É dicir, que ademais dos sábados haberá outros días de docencia. Para coñecer os detalles, bota un ollo aos horarios na nosa web .
- Hai novas incorporacións ao cadro docente: Luis Correa "O Caruncho", impartirá a aula de Regueifa; Gutier Álvarez a de Violino; a de Canto estará compartida por Guadi Galego, Xavier Díaz, Paulina Ceremuzynska e Ramón Bermejo.
- O proxecto curricular de centro xa non ten vixencia e non é preciso cursar materias complementarias obrigatoriamente
PROCESO DE MATRICULACIÓN
1. PREINSCRICIÓN
É preciso encher a folla de preinscrición (que podes descargar máis abaixo) e entregala nas oficinas. Tes tres opcións para facelo:
-Enviala por correo electrónico a matrícula@folque.com
-Enviala por correo ordinario a Salvadas 22, baixo. 15705. Santiago de compostela.
-Vía on-line no formulario de preinscrición da nosa páxina web.
Todas as persoas candidatas serán informadas individualmente da súa admisión. Desgraciadamente hai prazas limitadas e non todas as persoas preinscritas terán garantida a súa matrícula.
O novo alumnado -que non estudara o ano pasado en aCF Compostela- terá que facer unha pequena entrevista persoal e audición co profesor do seu instrumento para determinar o seu nivel de acceso.
2. MATRICULACIÓN
Unha vez comunicada a admisión na escola, hai que abonar os prezos da matrícula de cada materia a cursar. Pódese pagar o ano enteiro ou facelo en dous cuatrimestres. Estas son as datas límite de pagamento:
1º cuatrimestre: venres 30 outubro
2º cuatrimestre: venres 26 febreiro
Os prezos de cada materia podes consultalos na nosa web
Para máis información, escribe un correo a matricula@folque.com ou chama ás oficinas de aCentral Folque no +34 881 031 829
"Noites de tasca", esta é a invitación de hoxe na Galega ao pór en escena a nova temporada de "Alalá", o programa cultural das historias da música tradicional, un dos máis seguidos pola audiencia nas súas catro temporadas anteriores (cando sumou cifras récord na súa faixa horaria) e que agora se presenta cunha maneira renovada de contar a vida dos personaxes que nos ofrecen todo o seu coñecemento musical e vital, e tamén con máis tempo de emisión para incluír máis pezas e reflexións.
En "Noites de tasca" faise un retrato da vertente máis espontánea e pegadiza da tradición, como é a música de tasca, e polo tanto aquí estarán personaxes como Josefa de Bastavales, Pepe Temprano ou Pazos de Merexo, que amenizarán unha velada en que nos desvelarán historias de tascas nunca antes contadas. Pero a mocidade tamén será protagonista neste programa, en que se mesturan todas as idades co obxectivo de vivir a música, cantares de cego e festa a rachar.
A Fundación Pedro Barrié de la Maza presentou na Coruña o CD "Tiruriru", do Cuarteto Caramuxo, cuxa gravación é parte do premio do Festival Folk Cancioneiros de la Fundación.
O director xeral da Fundación, Javier López Martínez, indicou, durante a presentación, que coa edición deste traballo conclúe o traballo do Proxecto Cancioneiros, que se iniciou no 2007 coa reedición de dúas "xoias musicais", como son o Cancioneiro Gallego e o Cancioneiro Musical de Galicia, e que tivo continuidade coa celebración do Festival Folk Cancioneiros, do que Caramuxo resultou gañador.
Ao finalizar a presentación, o grupo interpretou dous das pezas do disco, "Ou demo" e "Tiruriru", que xunto con "Muiñeira e Ribeirana", "Golpe" e "Entre Vigo e Pontevedra" son pezas recollidas no Cancioneiro Musical de Galicia.
As outras oito pezas que compón o CD, gravado en vivo durante os meses de xullo e agosto e que se porá á venda en tendas de discos e grandes superficies a partir do 13 de outubro, son obras que toman como base algunhas das composicións doutros autores galegos, así como outras melodías inspiradas noutras culturas, incluídas o jazz e o pop.
O obxectivo desta iniciativa, explicaron desde a Fundación, é divulgar o patrimonio da música popular galega.
Para iso, e coincidindo co 40 aniversario da Fundación Pedro Barrié de la Maza, reeditaron "Cancioneiro Musical de Galicia" e realizaron o festival, cuxo gañador, Caramuxo, ademais da edición dun CD, percibiu 6.011 euros e participou nun concerto celebrado o 17 de maio de 2008 na Coruña no que compartiu escenario co grupo folk Milladoiro
O popular grupo galego Fuxan os Ventos sacará á venda mañá 7 de outubro Terra de Soños, un CD e DVD con máis dunha vintena de cancións gravadas en actuacións da súa última xira.
Editado por Boa Music, o disco recompila a modo de antoloxía algúns dos temas que o grupo fixo soados desde a súa creación no ano 1972, como A Carolina, O meu amor mariñeiro, Sementeira ou Cantigas de berce.
O espectáculo Terra de Soños, que recalou en outubro de 2008 en Santiago de Compostela, nun emotivo concerto que acolleu o Auditorio de Galicia, brindou ó público de Fuxan os Ventos a posibilidade de gozar do seu regreso despois de case dúas décadas desde a súa última actuación.
Desta xira por algunhas cidades galegas naceu a gravación do CD máis DVD Terra de Soños, que conta coa colaboracións de artistas amigos como Guadi Galego, Uxía, Mercedes Peón, Xavier Díaz, Pepe Ferreirós ou Rodrigo Romaní.
Quinta feira 8 (Xoves)
? Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
Sexta feira 9 (Venres)
? Ovay (Henrique Peón) ás 20:30 no Teatro Rosalía de A Coruña
? Som do Galpón na sala Baranda (Valdeorras)
? Machina no Pub D´antón (Laracha)
? Marta Quintana e Banda no Retrouso (Samil-Vigo) ás 22:30
? Projecto ['trepia] no SalaSon (Cangas do Morrazo) ás 23:00
? VIII Premios La Opinión no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña): Lizgairo, Fía na Roca, Anxo Lorenzo Band,...
Sábado 10
? Ovay (Henrique Peón) ás 20:30 no Teatro Rosalía de A Coruña
? Transilvanians no Clandestino (Nigrán)
? Zenzar na sala The Star (Carral)
? Guezos en Ourense
? Rancho folkclórico de Gondarem, A Subela de Noia, Son das Ondas de Bembribe e Os Irmandiños de Vincios na praza do calvario-O Rosal ás 21.30
? Os Carunchos na Festa do Marisco do Grove
Domingo 11
? V Ciclo de Coros Históricos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña: Coral de Ruada (Ourense)e Cantigas de Terra (A Coruña)
? Transilvanians no Aturuxo (Bueu)
? Tanto Nos Ten na Festa do Marisco do Grove
Os vindeiors 5, 6, 7 e 8 do mes de decembro a Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya realizará o IV Curso de Perfeccionamento Técnico no C.C. La Bòbila, Plaça de La Bòbila, 1 (Esplugues / Hospitalet de Llobregat).
Devandito curso constará das seguintes disciplinas:
Baile Tradicional ? Montse Rivera e Esteban Lamas
Canto e pandeireta ? Xabier Díaz Carro
Gaita ? Daniel Bellón e Pedro Lamas
Percusión ? Miguel Souto
Traxes e Aderezos ? Mónica Hernández
Requisitos indispensables:
1. Ser maior de 16 anos, no caso de non ter a maioría de idade requirirase autorización da nai, pai ou tutor.
2. Demostrar un nivel mínimo esixido para a disciplina seleccionada.
3. O alumno deberá levar o instrumento necesario para a disciplina escolleita, ademais da roupa apropiada para facer as clases.
4. O alumno dispoñerá dunha sala como vestiario e duchas.
5. Una vez aceptados os alumnos, notificaráselles cal é o material que require cada profesor. É imprescindible enderezo electrónico para contactar co alumno.
6. Una vez completadas as prazas reservadas aos centros federados, o resto de prazas asignarase segundo estricta orde de chegada.
7. O envío do formulario non implica a adxudicación da praza solicitada, deberá esperar confirmación da Organización.
8. O prezo da inscripción é de 30 euros e inclúe o almorzo dos días 6, 7 e 8, dossier do temario e diploma do curso. Se ademáis, o alumno quere xantar coa Organización deberá abonar 15 euros por día, devandita cantidade deberá ser abonada xunto coa da matrícula.
Podes solicitar máis información a través do enderezo electrónico cursillo@fegalcat.org (non se admitirá outro medio de envío)
Prégase, os interesados envien a solicitude antes do 10 de outubro.
Sexta feira 2 (Venres)
? Festival Sarabanduxa (Boiro): Equilibrioh, Malkeda, Fracasados de Antemano
? Som do Galpóm na sala 600 (Melide)
? Contradança no Café Hipólito das Travesas (Vigo) ás 22:30
? Javier Constenla no Garufa (A Coruña)
? Balakandra no Auriense (Ourense)
? Serán en Pazos (Pontecaldelas)
? SondeSeu no auditorio de Tui ás 21:30
Sábado 3
? Danza de Prado da Canda (Covelo) ás 18:30
? I Xornada de Cultura Popular Galaga (San Sadurniño): Iván Costa & Manolo Maseda, A Requinta de Xían
? A Tuna Rastafari no Clavicémbalo (Lugo)
? Festival Sarabanduxa (Boiro): Moita Leria, Sinefre e Som do Galpom
? Vilaxoán Rock: Skandalo GZ, Vagabanda, Luscofuco
? Festa Amarante en Pontevedra na Praza do Teucro: Ruxe-Ruxe, Coanhadeira,...
? IV Serán de San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas), no Torreiro da Igrexa
Domingo 4
? Danza de Prado da Canda (Covelo) ás 12:30
? V Ciclo de Coros Históricos no Teatro Rosalía de Castro da Coruña: Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela), Grupo de baile Colexiata do Sar (Santiago de Compostela) e Cántigas da Terra (A Coruña)
? Zenzar na sala Clavicémbalo (Lugo)
Vilaxoan rock e unha iniciativa duns cantos rapaces desta vila arousan , que só queremos pasar unha boa noite de rock&roll ,con motivo das festas do Rosario o sabado dia 3 de outubro faremos unhs concertos con diversidade de estilos musicais que vai dende o rock, ska, reggea, punk, en xeral..... FESTAA!!!!
Habera prezos populares na barra,a entrada e de balde,camisetiñas..... esperamosvos no centro social de Vilaxoan de Arousa a caron da praia
O FESTIOVAL ´09 nace pola inquedanza dun grupo de xente moza e emprendedora ca fin de montar un festival de música e artes escénicas na provincia de Ourense, no Concello de Gomesende na localidade de Nosa Señora do Val.
Este festival nace sen ánimo de lucro soamente nos move o gusto pola música, o teatro e o circo.
É un festival autoxestionado polas persoas que compoñen a comisión organizadora e contamos coa colaboración do Concello de Gomesende.
O programa consta de grupos de música rock e folc galegos e de artistas circenses ao abeiro do chamado ?novo circo galego?. O festival é totalmente de balde, tanto os concertos como a acampada, con prezos populares para o xantar e as consumicións.
Coa realización deste festival tamén procuramos dar a coñecer e dinamizar unha zona da provincia que non é das máis visitadas apesares da súa beleza e recursos.
Así que agardámosvos a tod@s no Val para un fin de semana de música, baile, circo e... festa rachada.
Programa
Venres, 2 de Outubro
19:00 - Recepción dos campistas e festivaleiros.
20:30 - Quecemento e presentación do FOV '09. CE ORQUESTA.
21:30 - A Verbena. INIBO.
23:00 - DREAMS OF DOLLY SHEEP.
00:30 - MEXA POR DENTRO.
Desde a Rádio Kalimera [107.9 FM Compostela], querem fazer-te partícipe da jornada de apresentaçom da nova tempada da rádio, que terá sucesso em 2 de outubro.
Desde as 12hs. até as 18h. tenhem umha jornada especial de micros abertos desde o novo estúdio, no 1º andar do CS A Gentalha do Pichel e querem convidar-nos a todas a vos passar por lá e contar o que quiger.
Depois, na noitinha, desde as 21:30h. tenhem umha festinha apresentaçom na Sala NASA na que aguardam a vossa presência e a de Pista 5, Os da ría, Arremecaghoná's producións e um cambio de última hora, Garcia MC por Copro Dj. O aforo é limitado, e a entrada é de 5?.
O vindeiro xoves 1 de outubro ás 21:00h temos o primeiro serán da Sala Nasa tras o descanso do verán.
Esta nova tempada inagurámola cunha novidade: ás 21:00h comezamos cun ?obradoiro de iniciación ó serán? para que pouco a pouco cada vez sexamos máis os que enchamos a pista de baile.
Para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galicia e para todos os que queirades aprender o Serán da Sala Nasa é o noso punto de encontro.
Animarvos a botarlle un puntiño...
Programa do Serán:
Ás 21:00h Obradoiro de iniciación ó serán
E a partires das 21:45
-Panaraiada
-A Requinta da Laxeira
-Langhreu
-Os Revolta
Moitas grazas por difundir esta información, un bico, agardámosvos.
O Gaiteiro e mestre de gaita da Tradescola Bruno Villamor, vén de presentar os dous primeiros cadernos do seu método progresivo para gaita galega.
A través da editorial Dos Acordes, constitúe un completo método en dez volumes correspondentes aos graos elemental e profesional de gaita, que é valido tamén para o seu uso en asociacións, academias, cursos ou ben como complemento á formación de calquera gaiteiro.
Estas publicacións xa están á venda nas librarías por un prezo de 12 euros a unidade, mais ten un prezo especial de lanzamento de 10 euros mercándoo a través da páxina www.dosacordes.com. Tamén se ofertan prezos especiais para mestres a través da web.