|
|
|
Xornadas de Cultura Tradicional |
|
"I NEG- Xornadas de educación e cultura tradicional"
Teo (Casa Común Marisa Mirás- Calo), 21, 22 e 23 de xaneiro de 2015
Esta primeira edición das NEG-Xornadas de Cultura Tradicional e Educación nacen para reforzar as iniciativas que se levan desenvolvendo desde hai anos no noso país arredor do patrimonio, tanto material como inmaterial.
A nosa intención é abrir novos campos, ou se cadra darlle valor a algúns menos coñecidos, de difusión da nosa cultura. Este é o caso do ensino regrado, onde xa se vén avanzando, pero aínda de maneira discreta.
Deste xeito, procuramos aportar coñecementos e ferramentas para que o profesorado en activo poida ver na cultura tradicional un recurso para o uso cotiá na súas aulas, procurando facer as aprendizaxes máis contextualizadas.
OBXECTIVOS DE AVALIACIÓN
- Poñer en valor aquelas experiecias que se desenvolven na actualidade nas aulas galegas.
- Valorar diferentes recursos educativos existentes en relación á cultura tracicional.
- Coñecer o sentido de introducir este tipo de prácticas vinculadas á cultura tradicional na escola.
- Constituír novos núcleos de dinamización do patrimonio inmaterial galego desde os centros educativos.
METODOLOXÍA
- Sesións teóricas: conferencias, relatorio e paneis; que servirán para analizar o estado da cultura tradicional no ensino, así como as súas potencialidades neste senso.
- Obradoiros: estas sesións teñen por finalidade que o asistente coñeza de primeira man os recursos existentes para traballar a cultura tradicional na escola, concretamente baile e música tradicional.
Matrícula:
- Socios/as de NEG e membros da comunidade educativa do concello de Teo: 20 ?
- Desempregados/as: 25 ?
- Matrícula ordinaria: 30 ?
Enviar a ficha de inscrición xunto co xustificante de pagamento a: neg@mundo-r.com
Ou ó enderezo postal: Nova Escola Galega- R/ das Hedras, 4-2O. 15895 Novo Milladoiro- Ames
Conta de ingreso: ABANCA ES77 2080 0300 85 3040089500 (titular Nova Escola Galega). Concepto: I Xornadas tradicional
Prazo de inscrición: ata o 16 de xaneiro. Prazas limitadas.
Homologación: tramitada a homologación de 12 horas de formación pola Consellería de Educación.
http://nova-escola-galega.org |
|
|
|
Presentación de Rústica |
|
Davide Salvado, Cristina Pato, Anxo Pintos e Roberto Comesaña xúntanse en ?Rústica?Son catro grandes nomes da nosa música, con carreiras independentes, que agora se xuntan en Rústica, un novo traballo que verá a luz en febreiro da man do selo Fol Música.
Rústica ?Unha carta de amor ao incríbel patrimonio cultural de Galiza, á amizade e á emoción?. Así presentan desde o selo editorial Rústica o novo traballo musical que sairá publicado a comezos de febreiro mais do que Fol Música vén de adiantar unha mostra.
Quen asina Rústica non é un grupo nin un nome individual da nosa música, son catro recoñecidas figuras que teñen partillado por solto en multitude de proxectos mais que agora se xuntan nesta homenaxe ao noso patrimonio musical.
Davide Salvado, Cristina Pato Anxo Pintos e Roberto Comesaña poñen novos sentimentos a cancións antigas que gardan o regusto do tempo máis toman tamén un son próximo e actual. Gaita, acordeón, zanfona, pandeiros e voz son os instrumentos deste Rústica que sairá á venda o 10 de febreiro e que adiantan como ?un tesouro agochado que agora sae á luz?.
www.sermosgaliza.gal
|
|
|
|
Comeza a semana |
|
Segunda feira 19 (Luns)
Terza feira 20 (Martes)
? Narf na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30
Corta feira 21 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 22 (Xoves)
Sexta feira 23 (Venres)
? Nao no pub Gatos (Melide)
? Fiandola na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22:00
? Seisporoito na Repichoca (A Coruña) ás 22:30
Sábado 24
? O legado de Feijóo na igrexa da Universidade de Compostela ás 20:30
? Pandeiromus no Teatro Principal (Compostela) ás 20.30
? Invivo na sala Capitol (Compostela) ás 20:00
? Os Cempés en San Sadurniño ás 22:00
? Trapallada no Avante (Compostela) ás 23:30
? A Requinta da Laxeira no pub Gatos (Melide)
? Foliada na Repichoca (A Coruña)
? II Serán Pousos da Area no Local Multiusos do Concello de Marín.
? Ruada en Xesta (A Lama)
Domingo 25
? Xabier Díaz no auditorio de Narón ás 18:00
? Nelson Quinteiro ás 21:00 na sala Aturuxo (Bueu)
|
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 16(Venres)
? Sokram na Sala Capitol (Compostela) ás 21:30
? Pelepau en Matamá (Vigo)
? Serán do san Mauro en Matamá (Vigo)
Sábado 17
? Conferencia-concerto na Coruña ás 12.00 no museo de belas artes
? Quempallou en Compostela ás 12.30
? Cantos de taberna en Vila de Cruces
? Susana Seivane no pub Gatos (Melide) (Adiado)
? Treixadura en Matamá (Vigo) ás 21:30
? Fiandola no Restaurante Arruaz (A Guarda) ás 23:00
? Estalotada especial en Compostela
? III Serán de Marcón (Pontevedra) na Casa do pobo
? Seran en Mourelle-Gargamala (Mondariz)
Domingo 18
? Tanto Nos Ten no Aturuxo (Bueu) ás 20:30 |
|
|
|
Conferencia-concerto na Coruña |
|
O Coro Galego Cántigas da Terra prácese en convidalo á conferencia que o investigador Jaime López Fernández-Caramelo dará baixo o título ?Escolma dos Coros Galegos?. Durante o acto, o conferenciante doará valioso material documental e artístico a Cántigas da Terra, quen pechará o acto interpretando coñecidas foliadas do seu repertorio. A cita será o vindeiro sábado 17 de xaneiro ás 12h no Museo de Belas Artes da Coruña.
Jaime López Fernández-Caramelo (1942) é coruñés de nacemento e ferrolán de adopción. Vencellado ao Folclore e aos Coros Galegos desde hai xa cincuenta anos, foi presidente do Real Coro Toxos e Froles en dúas etapas (1967-1978 e 1989-1999) e desempeñou distintos cargos no consistorio da cidade departamental (Concelleiro, Tenente de Alcalde e Delegado de Relacións Públicas).
Jaime López ten escrito varios libros sobre temática galega: ?Símbolos de Galicia?, ?Curros Enríquez y Ferrol?, ?José Fontenla Leal. Breogán II?, ?Hixinio Ameixeiras?, ?La otra cara de la Galicia Ciega?. Na actualidade escribe ?Vila do Conde-Ferrol. Historia de un hermanamiento? e quizais o máis voluminoso ?Los Coros Gallegos ante el Centenario de Toxos e Froles y Cántigas da Terra?.
Do seu extenso e importante arquivo persoal, Jaime López realizará unha xenerosa doazón a Cántigas da Terra. Entre os materiais que se inclúen figura o arquivo documental de Xerardo Roque, primeiro arquiveiro da Entidade, o programa de man da primeira actuación do Coro e unha colección de partituras e discos de pizarra de incalculable valor |
|
|
|
Sesión vermú cos Quempallou en Compostela |
|
 |
|
|
|
III Serán de Marcón (Pontevedra) |
|
 |
|
|
|
Fiandola na Guardia |
|
 |
|
|
|
Sokram en Compostela |
|
 |
|
|
|
Emilio Rúa en Compostela |
|
 |
|
|
|
Festas de San Mauro en Matamá (Vigo) |
|
 |
|
|
|
Estalotada especial en Compostela |
|
 |
|
|
|
Foliada especial en Vigo |
|
 |
|
|
|
Prado da Canda adía o seu Serán |
|
O colectivo veciñal non organiza o serán do 2015 para non dar satisfacción aos intereses particulares.
A Asociación de Veciños de Prado da Canda suspénde o serán que tiña previsto organizar para estas datas. Por intereses alleos á organización que impiden utilizar como viña sendo habitual o espacio que albergou durante anos esta festa, e non atopando con tempo suficiente alternativas a este imprevisto, o colectivo veciñal decidiu aprazar o serán do 2015. A Executiva veciñal, buscará para o ano próximo, unha alternativa que sexa axeitada e digna, para poder acoller con garantías a tódolos amantes da música tradicional. |
|
|
|
Cantos de taberna en Vila de Cruces |
|
 |
|
|
|
Comeza a semana |
|
Segunda feira 12 (Luns)
Terza feira 13 (Martes)
Corta feira 14 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
? Foliada no Lagharto Pintado (Vigo)
Quinta feira 15 (Xoves)
? Emilio Rúa no Salón teatro (Compostela) ás 21:00
? Grampoder no Espazo de intervención cultural, Universidade da Coruña ás 20:00
Sexta feira 16(Venres)
? Sokram na Sala Capitol (Compostela) ás 21:30
? Pelepau en Matamá (Vigo)
? Serán do san Mauro en Matamá (Vigo)
Sábado 17
? Cantos de taberna en Vila de Cruces
? Susana Seivane no pub Gatos (Melide) (Adiado)
? Treixadura en Matamá (Vigo) ás 21:30
? Fiandola no Restaurante Arruaz (A Guarda) ás 23:00
? Estalotada especial en Compostela
? III Serán de Marcón (Pontevedra) na Casa do pobo
? Seran en Mourelle-Gargamala (Mondariz)
Domingo 18
? Tanto Nos Ten no Aturuxo (Bueu) ás 20:30 |
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 9 (Venres)
? Concerto homenaxe a Felicia no Museo de Pontevedra ás 20:00
? Som do Galpóm no pub Sonar (Compostela)
? Lagharteiras na Nave de Vidán (Compostela) ás 23:00
? Estalotada en Compostela, no Triacastela
Sábado 10
? Tromentelos no pub Gatos (Melide)
? A Roda no auditorio de Rianxo ás 20:30
? Maskarpone e os Novos no Auriense (Ourense) ás 20:30
? Raiba e Invivo no pub Trueque (Pontevedra) ás 22:30
? Serán de Cabeiras, Arbo
? Serán da Debullada en Estás (Tomiño)
Domingo 11
? X Festival Implícate (Compostela): Nova galega de Danza, Mercedes Peón, Uxía, Abe Rábade... ás 20:30 no Teatro Principal
|
|
|
|
Serán da debullada (Estás-Tomiño) |
|
 |
|
|
|
Concerto homenaxe a Felicia en Pontevedra |
|
O Sexto Edificio será o escenario dun concerto homenaxe a Felicia Insuela, unha muller que soubo transmitir o seu coñecemento da música tradicional galega. Actuarán, ademais da propia Felicia, os grupos Maravallada e Queixume dos pinos.
Felicia Insuela criouse na aldea de Fofe, no concello de Covelo. Estivo anos emigrada en Alemaña onde non esqueceu o xeito de tocar a cabaciña que herdou da súa avoa nin tampouco os romances e cantigas populares propias do mundo rural daquela. Actualmente sigue a transmitir todos estes saberes que atesourou durante a súa vida.
O concerto terá lugar este venres, 9 de Xaneiro, as 20:00h.
Entrada de balde ata completar aforo.
O grupo de música tradicional Maravallada creouse en maio de 2011 na cidade de Pontevedra, na actualidade ten oito compoñentes, cinco mulleres e tres homes. Os instrumentos predominantes no grupo son a voz, a gaita, o acordeón, as frautas, as pandeiretas, o pandeiro, as cunchas entre outros. Vén desenvolvendo o seu traballo en diversos eidos e basicamente en dúas frontes: a interpretación e recuperación de panxoliñas de Nadal e Reis e a recuperación dos cantares de taberna, dos que xa celebrou tres edicións dos Cantos de Taberna no concello de Pontevedra.
Dunha ampla canteira de centos de rapaces que compoñen a escola da agrupación Queixumes dos pinos, o grupo titular está formado por corenta mozos e mozas, músicos e bailaríns versátiles.
Os espectáculos de Queixumes dos pinos contan cunha grande riqueza visual grazas ós distintos vestiarios dos que fan gala, así como ós utensilios que empregan para enriquecer os bailes. Isto acompaña unha ampla variedade de melodías e ritmos tocados por gaitas, acordeón, guitarra e instrumentos de percusión tradicionais. Tamén as formacións de cantareiros e cantareiras da agrupación interpretan diversas cancións nas súas actuacións.
Queixumes dos pinos ten actuado por escenarios de toda Europa en festivais, auditorios e teatros. Isto bríndalle un amplo coñecemento internacional traducido mesmo en premios como o Nicholas Green. |
|
|
|
Lagharteiras en Compostela |
|
 |
|
|
|
Raiba e Invivo en Pontevedra |
|
 |
|
|
|
Tromentelos en Melide |
|
 |
|
|
|
X Festival Implícate (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Maskarpone e os Novos en Ourense |
|
 |
|
|
|
A Roda en Rianxo |
|
 |
|
|
|
Som do Galpóm en Compostela |
|
 |
|
|
|
Comeza a semana |
|
Segunda feira 5 (Luns)
Terza feira 6 (Martes)
Corta feira 7 (Mércores)
? Talabarte na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos de Lugo ás 20:30
Quinta feira 8 (Xoves)
? Serán en Compostela
Sexta feira 9 (Venres)
? Estalotada en Compostela, no Triacastela
Sábado 10
? Tromentelos no pub Gatos (Melide)
? Serán de Cabeiras, Arbo
? Serán da Debullada en Estás (Tomiño)
Domingo 11 |
|
|
|
Primeiro cd das Lagharteiras |
|
 |
|
|
|
Novo cd de Pandeiromus |
|
Tres discos que verán a luz entre o final de 2014 e finais do 2015 compoñen a triloxía Teño días, teño noites, coa que Pandeiromus volta, logo de varios anos, ao estudio de gravación.
Temas tradicionais e versións musicadas de textos de Sechu Sende ou Xabier Picallo compoñen a nova proposta do grupo, sempre baseada nas voces masculinas e na percusión.
Teño días, primeiro volume da triloxía, inclúe os temas Teño días, Sempre Morgan, Sete cuncas e mais Unha muller e outra muller e que está á venda por cinco euros. |
|
|
|
Novo cd dos Melidaos |
|
Axudádeme a cantar é o título do segundo disco do grupo de música tradicional galega Os Melidaos
Este disco, que foi gravado nos estudos Abrigueiro, de Friol, está composto por catorce pezas, varias delas cantadas, e algunhas compostas por membros do grupo. É o caso do Pasodoble de Marcelino, o veterano gaitero, Marcelino Vázquez, e a peza Pasando pola vila de Arzúa, que compuxo a voz principal do grupo, e mestre musical, Antonio Raposo. |
|
|
|
Novo Cd-Dvd de Luar na lubre |
|
 O novo proxecto de Luar Na Lubre realizado coa Orquestra Sinfónica de Galicia estreouse no Pazo da Ópera da Coruña os días 21 e 22 de xuño de 2014. Tratase de Torre de Breoghán, unha ambiciosa proposta musical que inclue un espectacular directo onde se recrea unha ancestral historia épica con A Coruña, Galicia e Irlanda como protagonistas. Unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música.
Un espectacular desplegue de medios que dispuso sobre o esceario máis de 100 músicos entre a OSG e Luar Na Lubre e se emplearon 15.000 watios de son, 130.000 watios de iluminación e 70.000 lúmenes de vídeo.
Para Bieito Romero, líder e fundador de Luar Na Lubre tratase dun ?soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Tratase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical?. |
|
|
|
Cantos de berce |
|
 Non hai berce coma o colo
Un libro-disco de arrolos tradicionais, xoias melódicas do noso patrimonio oral e musical recreadas por destacados intérpretes. Cómpre conservar esta riqueza e seguir adurmiñando os meniños con estes cantos de berce procedentes de puntos diversos da xeografía galega. |
|
|
|
Novo Cd-Dvd de Treixadura |
|
 Vendima tarda (2014) CD + DVD
Treixadura celebra os seus vintecinco anos na música tradicional co lanzamento do álbum gravado en directo Vendima tarda. O disco contén dous CDs con temas clásicos do grupo, canda outros novos.
O disco foi gravado no Centro Cultural Afundación (García Barbón) de Vigo nos dous concertos que ofreceu os pasados días 3 e 4 de outubro con motivo da gravación ao vivo do seu disco de 25 aniversario; concertos que tamén foron rexistrados en vídeo.
Nestes eventos especiais Treixadura repasou a súa carreira de 25 anos convidando para elo aos compañeiros que nalgún momento da súa historia formaron parte do grupo e, así mesmo, contaron coa colaboración especial da histórica coral Cantigas e Agarimos de Santiago. |
|
|
|
Novo cd de Maghúa |
|
Maghúa propoñen co seu Matria unha viaxe ao tempo no que as avoas contaban, cantaban e falaban cos seus netos mentres debullaban e moían tardes enteiras á calor da cociña?
Once temas tradicionais recuperados de mulleres, que conservaron o idioma cando o de noso estivo prohibido, xunto ás cantareas coas que se divertían e coas que nos agasallaron, a facenda familiar e, aínda que semelle incríbel, a cordura.
Desde Bergantiños ao sueste da provincia de Ourense, pasando polo interior da de Pontevedra. Solto e agarrado, para suar e arrimarse, para gozar dos sons e melodías de antergo, sen adobíos.
Gravado nos estudos "A casa da Laura" Eiris, deseñado por Santi Lopez e David Sánchez con fotografias de Juan Luis Rua.
As letras e a produccion correron por conta de Maghua.
O disco está editado e distribuido por Inquedanzas Sonoras. |
|
|
|
Novo cd de Lulavai |
|
 |
|
|
|
|
|
|