Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entre botar un baile e tomar un polbo

Fin de semana esmorgueiro.

Mágoa que o furancho Matamáfolc sexa tan pequeno, teriamos que facer como fixeron os do Casco Vello no serán de Prado da Canda, Abaixo as paredes!!!!, aínda que neste caso habería que contratar a un albanel para a ocasión...
Ardentía montou unha boa no furancho, non sei de onde sacaron @s bailador@s o sitio para bailar, pode que de meter moitos cóbados e de varios pares de pisotóns pero alí estaban os irreductibles practicando unha das máis antergas das diversións.

O sábado como todolos anos por estas datas o frio deunos a benvida á beira do Miño.
En Arbo desta vez o tempo estivo repartido entre a clase de baile tradicional que impartiu María Prego, a cea e o Serán nun lugar tan inhabitual como pode ser as cocheiras da Casa-cuartel da Garda Civil (vade reto!!).
Até as catro da mañá continuou a festa acompañados xa do chocolate e tras unhas boas racións de chourizos con castañas para toda esa recua de músicos e bailador@s, vell@s e moz@s, que se achegaron até aló.

Moi boa xentiña esta de Arbo.

Pra rematar a fin de semana o domingo Polbeiro, clásico dos clásicos nestas rías baixas, a mestura perfecta do xantar e da música, das necesidades do corpo e da ialma. Unha boa xuntanza de amigos e xente de bo ... ou mal vivir.

Saúde e que siga a Festa!!!


Comentarios (3) - Categoría: Resacosix - Publicado o 31-01-2007 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Limiar

Raquel lanza o órdago, eu recollo a luva e damos un paso cara adiante na historia de Malmequer coa creación do noso blog.

Emulando ao amigo Guillerme poderiamos preguntarnos: e logo, que raio ven sendo Malmequer?

Malmequer (ou Margarida) é o nome popular común a unha grande variedade de prantas e flores.

Mal me quer, ben me quer, mal me quer, ben me quer... o vello xogo do amor e o desamor.

No noso caso Malmequer é un grupo de xentiña que disfruta da festa, da esmorga, das foliadas, dos seráns, da música e baile tradicional, sen complexos nen pretensións, que lles présta a natureza, os xantares entre amigos, as escapadas polas nosas congostras e fragas, cun común denominador de amor pola nosa cultura tradicional.

Comentarios (9) - Categoría: Malmequer - Publicado o 31-01-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
E logo que raio é un Serán??
E logo que raio é un Serán??

Pois Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra (concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior...) ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo ?serán?, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un ?circuito de inverno?, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán:

?A ruadiña vai boa, a ruada boa vai,
a ruadiña vai boa, a conta de quen a fai?.

E tampouco o fan de calquera xeito, existe unha organización tradicional ben clara e definida para os seráns, sobre todo no tocante ás pezas que leva un baile. En xeral nesta zona comézase a tocar polos solto: primeiro a jota, e logo á muiñeira (tamén chamada ribeirana), para pasar logo aos agarrados, xeralmente dous, a escoller en orde e tipo entre a danza (ou rumba, mazurca ?por confusión-, tras-trás...), o pasodoble, o valse, ou o chiqui-chiqui (ou dous pasos, mazurca...). Deste xeito os bailadores xa sabían qué bailes tocaban, estipulándose moitas veces a obriga de botar coa mesma parella os catro. Desgraciadamente esta orde respéctaa cada vez menos xente ?sobre todo a máis moza, seguramente por descoñecemento-, e é unha mágoa, porque son estas cousiñas as que lle dan ese valor do antergo á festa.

Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas, de xeito que todo aquel que ficara fóra deste ritual era dalgún xeito desprazado socialmente:

?O que non canta nin baila, que vén facer ó serán
aprender catro mentiras, para ir contar mañán?.

E aínda hoxe é o principal cometido deles. A maior parte da xente vai aos seráns a cantar, tocar e bailar, porque de feito para eso foron creados e ese é o seu principal cometido. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito ?natural? como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona.

Así que animádevos, e integrádevos nunha das festas máis ancestrais e arraigadas que aínda se conservan no noso país: O SERÁN!!.

Guillerme Ignacio Costa '04

Comentarios (12) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-01-2007 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos Folc/Tradicionais
- A Roda

- A Quenlla

- A Requinta da Laxeira

- Anxo Lorenzo

- Ardentía

- Axouxere Folk

- Bellón Maceiras

- Berroguetto

- Bouba

- Brath

- Carlos Nuñez

- Coanhadeira

- Covalblú

- Crema de gaita

- Cristina Pato

- Cuarteto Caramuxo

- Faltriqueira

- Fuxan os ventos

- Ghaita de pedra

- Grialia

- Guezos

- Irtio

- Leilía

- Linho do cuco

- Luar na Lubre

- Lulavai

- Maghúa

- Malvela

- Marful

- Mercedes Peón

- Milladoiro

- Na Virada

- Noitarega

- Ophiusa

- Os Carunchos

- Oscar Ibañez

- Pablo Díaz

- Pablo Seoane

- Pé de Boi

- Pepe Vaamonde Grupo

- Projecto Trepja

- Quempallou

- Riobó

- Ruote

- Sondeseu

- Susana Seivane

- Tanto Nos Ten

- Tanxedoras

- Tiruleque

- Treixadura

- Ultreia (Obradoiro de cultura tradicional)

- Xabier Diaz

- Xarín Gaiteiros

- Xose Manuel Budiño



Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 31-01-2007 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
SERÁNS 2019-2020 (Nova tempada)
31 de agosto
- XIII Serán dos Callos (Salceda de Caselas)
- IV Serán Careco Solidario (San Claudio-Ortigueira)

6 de setembro
- Serán da Guía (A Guarda)

7 de setembro
- Foliada da Carballeira (Becerreá)

14 de setembro
- VII Serán de Alxén (Salvaterra de Miño)

21 de setembro
- V Serán de Arcos (Ponteareas), na Casa Cultural de Arcos (Adiado)

28 de setembro
- Serán Lembranzas da ría (Darbo-Cangas)

5 de outubro
- IV Serán A nosa señora da Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)
- XIV ?Serán da Colleita? en San Tomé de Parderrubias no Torreiro da Igrexa (Salceda de Caselas)
- V Serán de Arcos (Ponteareas), na Casa Cultural de Arcos
- IX Serán Tahúme (Riveira)

11 de outubro
- Serán en Rebordáns (Tui) no Centro Cultural San Fins

19 de outubro
- IV Serán de Ribadelouro (Tui)

26 de outubro
- X Serán Carballeira en Picoña (Salceda de Caselas)

1 de novembro
- II Serán A. C. SADEO na Praza Maior de Ponteareas

2 de novembro
- Serán de San Martiño (Caldelas de Tui)

9 de novembro
- Serán de Mosende (O Porriño)
- Ruada de Cuspedriños (Cerdedo-Cotobade)
- X Serán magosteiro (Moraña)

16 de novembro
- Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes) nos locais da Asociacion Cultural

17 de novembro
- X Serán en Lourido (Salvaterra de Miño)

23 de novembro
- XIV Serán A Forna en Budiño (O Porriño)

29 de novembro
- Serán no Viso (Redondela) na casa cultural do Saramagoso.

30 de novembro
- Serán de Santo André, en Comesaña (Vigo)

7 de decembro
- Foliada en Trazo

14 de decembro
- Foliada de Outono (Begonte)

18 de xaneiro
- Serán de Gargamala (Mondariz)

24 de xaneiro
- Serán de Trasmañó (Redondela)

25 de xaneiro
- VII Serán de Pousos da Area, no Multiusos en Marín.
- Serán do Trevo no Mosteiro (Meis)
- Serán de Arbo

1 de febreiro
- Serán de San Brais en Salcedo (Pontevedra)

15 de febreiro
- XXIV Serán dos namorados en Toutón (Mondariz)

7 de marzo
- Serán de Traspielas (Fornelos de Montes)

14 de marzo
- Serán de Santiago de Oliveira no centro cultural ?Os Muíños de Oliveira? (Ponteareas)
- Foliada da chuva en Cela (Bueu)

28 de marzo
- Serán en Vilasobroso (Mondariz)

4 de abril
- Serrán de Vilacoba (Salvaterra de Miño)

18 de abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)
- 6º Serán de Laias (Cenlle-Ourense)

25 de abril
- Serán de Regodobargo (Ponte Caldelas)
- Serán de Guillade (Ponteareas)

2 de maio
- Serán na a.v.v Sampaio Lavadores (Vigo), no casal de arriba
- Serán das Pandereteiras "Nabal da Prata" en Seixido (A Lama)

9 de maio
- 8º Serán na casa cultural de Cumiar (Ponteareas)
- XIX Serán do Coto no Colexio Carballal (Cabral-Vigo)

23 de maio
- Serán na casa da cultura de Nespereira (Pazos de borben)
- 6° Seran e festa da tortilla en Mandras- San Cristovo de Cea- Ourense

13 de xuño
- Pandeirada da Flor do toxo na Capela do Rodeiro (Avión).

20 de xuño
- Serán da Noite da moura en Rebordechán (Crecente)



Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns
Comentarios (374) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-01-2007 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
De Foliada por Galiza
En Compostela, todos os mércores pola noite a partires das 22:30 hai Foliada na Casa das Crechas, e Serán na Sala Nasa o último xoves de cada mes.

En Ourense Foliada no segundo venres de cada mes (itinerante) ás 22:00.

Nas Pontes o último venres de cada mes Foliada na Cafetaría Lar a partir das 22:30 horas.

En Cangas no último venres de mes Foliada no Salasón.

En Carral (A Coruña) Foliada no primeiro xoves de cada mes na Sala The Star.

En Ordes último venres de cada mes Noite de Tasca (itinerante).
Comentarios (6) - Categoría: De Foliada por Galiza - Publicado o 31-01-2007 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0