Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Entrevista a Roi Casal |
|
?Vostede non ten problema ningún en asociar a palabra pop a algunha das súas composicións. Cre que a música de raíz non debe ter medo a abrirse a influenzas incluso pouco previsibles?
?Obviamente proveño do folk porque entrei a formar parte de Milladoiro e aínda que compartía o seu xeito de facer as cousas, iso non quere dicir que fose exactamente o meu punto de vista musical. Eu creo que a música tradicional permítenos que a moldeemos como unha escultura, e existen diferentes formas de facelo.
?Tampouco ten medo a empregar con contundencia a guitarra eléctrica cando o precisa, un instrumento que case non existiu na historia do folk galego.
?Sucede que existe unha corrente que pensaba que empregando ese instrumento se desvirtuaba o folk e que era case un sacrilexio facer uso del. Logo existía un desapego dos guitarristas ao folk, xa que se dominaban ese instrumento semellaba que se debían encauzar por outros estilos. A miña intención é tender pontes e realizar unha interconexión entre a música tradicional e unha estética máis rompedora. O que non ten sentido é realizar fotocopias de proxectos musicais que xa existen en Galicia e que teñen un gran nivel. O camiño elixido é aquel no que pretendo aportar algo diferente, persoal e que soe auténtico. Logo a xente decidirá se lle gusta.
?Nesta ocasión canta menos e deixa unha maior responsabilidade nese apartado a Sivia Ferre. A que é debido?
?Sempre tentei manter un equilibrio no canto entre os dous. Gustame moito o que fai e a súa voz encaixa moi ben coa idea musical que eu teño. Creo que é un dos grandes valores do proxecto e un dos segredos para que o meu traballo teña aceptación entre o público. Tiven a sorte de que cando debutei ela viña de abandonar a unha orquestra coa que cantaba.
?Segue a súa querencia por Manuel María, que aporta o texto que dá título ao álbum
?É unha peza que xa tiñamos gravada para o primeiro disco, pero non me acababa de convencer. Logo fixémoslle un arranxo novo e a cousa mudou. Era unha das cancións que mellor funcionaban nos concertos. A xente demandábaa nun disco e daquela eu tiña que metela no álbum.
?Pero nesta ocasión vostede fixo máis letras e recurriu menos a poetas ilustres. Síntese máis maduro para afrontar ese labor?.
?Creo que si. Algunhas persoas comentáronme logo da saída da ópera prima que debía afondar máis nese aspecto. Lendas douradas foi como unha proba piloto e neste traballo atopamos cousas máis miñas, de composición propia, que poden servir para romper esa imaxe de min de membro de Milladoiro, e que xa sirvan para marcar o meu propio camiño.
?A letra do tema Unha confesión debemos asocialo ao seu pasado musical máis recente e ao presente como solista?
?É unha historia persoal que tamén lle acontece a moita xente na vida, cando se acha nese momentodecisivo no que debe decidir se voar pola súa conta.
?Dende que debutou como solista hai tres anos ata agora, onde realizou concertos e veu como resulta complicado sacar proxectos adiante, como valora a experiencia?
?Aprendín moitas cousas, sobre todo a nivel empresarial e ver como se debe montar con criterio o negocio dunha carreira como solista para contar coa necesaria independencia artística. Agora sei que é o que me podo atopar nesta industria discográfica, na que vexo que os músicos están a ser moito máis profesionais que a xente que os está a xestionar.
?Realiza unha produción propia do disco, algo bastante común no panorama musical galego. Considérao xa como algo normal, exercer de produtor, de cara ao futuro?
?Non queda outro remedio. A nós gústamos a música e aínda que, claro, queres gañar cartos, iso non é o primordial. Fas isto persoalmente para ter o control total e tirar máis produtividade da túa obra. Non só chega con facer un disco, senón que ao redor existen outros compoñentes necesarios para que o traballo sexa ben difundido e coñecido. Esa é, polo menos, a miña aposta. Estou comezando e son ambicioso, mais teño os pés no chan. Cómpre nadar moito para sacar a cabeza e despois xa veremos se a xente di que valemos e apoia osuficiente para contar cunha carreira musical sólida no futuro.
www.laopinioncoruna.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|