Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Treixadura en Vilagarcía de Arousa |
|
A asociación ?Nós? de Sobradelo celebra o seu 25 aniversario coa actuación de Treixadura
O 5 de febreiro de 1986 asinábase en Vilagarcía, impulsada por un grupo de inquedos e activos veciños da parroquia Sobradelo, a acta constitutiva da Asociación Cultural Nós. Coincidindo, polo tanto, coa celebración exacta do 25 aniversario da constitución da agrupación, o concello de Vilagarcía, a través da súa Área de Cultura, vai a organizar un concerto conmemorativo da efemérides que terá como protagonistas aos gaiteiros e o orfeón Treixadura.
A actuación terá lugar no Auditorio o propio venres 5 de febreiro a partir das 20 horas. A entrada será libre e de balde ata completar o aforo, polo que se aconsella chegar ao recinto coa suficiente antelación para evitar toparse coas localidades totalmente ocupadas.
Primeira celebración
A do día 5 de febreiro será a primeira dunha longa serie de celebracións coas que a asociación Nós de Sobradelo ten previsto ao lono deste ano conmemorar as súas ?bodas de prata?.
Entre as actividades que xa se están a preparar figura, como novidade, a celebración dunha semana adicada aos nenos, con exposicións, proyeccións de películas, xogos infantís, animación, etc., e todo elo, como adoita ser habitual nas actividades de Nós, complementado coa música e o baile tradicional.
Os responsables da asociación tamén teñen previsto ?darlle neste 2011 un pulo especial? as habituais actividades que cada ano celebran, como poden ser o Serán, as Xornadas de Folclore ou os diversos festivais que organizan. ?Queremos, coincidindo co noso aniversario, ir un pouquiño máis alá e facer un esforzo para que eventos que xa son un referente na provincia teñan este ano aínda un maior atractivo e acaden unha repercusión maior?, explican os responsables de Nós.
Nun dos mellores momentos
Nestes 25 anos moitas foron as etapas pola que pasou a asociación cultural Nós. ?Cambiouse moito porque houbo momentos mellores e peores, con máis e con memos apoios?, recoñecen os actuais directivos. En opinión dos seus responsables ?Nós está a vivir na actualidade un dos seus mellares periodos, tanto polo número de socios como polas actividades que leva a cabo?.
A asociación está conformada nestes momentos por arredor de 400 socios e mantén activos 5 grupos de baile, 5 grupos de pandeireta, un numerosísimo grupo de gaitas, unha charanga folclórica e un grupo de acordeóns.
Ademais de manter estas formacións de música e baile tradicional, a asociación imparte cursos de informática, idiomas, obradoiros de costura, etcétera. Así mesmo, os membros da asociación tamén leva a cabo durante todo o ano un intenso traballo de campo recollendo documentación relativa ao bailes, a música e os vestidos tradicionais de toda a xeografía galega.
Treixadura
Treixadura é o xeito máis sobranceiro de vivir a melodía da gaita e o canto galego masculino. Un proxecto e unha proposta de música tradicional galega que quere incitar ao baile, ao canto colectivo, á escoita, a sentir e disfrutar o patrimonio musical galego. Gaitas, acordeón, pandeiros, pandeiretas, tambor, bombo, cunchas?instrumentos tradicionais para arroupar a dez voces na interpretación de muiñeiras, pandeiretadas, foliadas, xotas, alboradas, alalás?
Na actualidade Treixadura está formado por cinco músicos (Treixadura Gaiteiros) e dez voces (Orfeón Treixadura). Quince músicos tradicionais coñecedores da tradición que se xuntan para ofrecer a súa particular visión da musica do país, querendo tamén aportar novo repertorio.
Logo do éxito acadado co seu último último traballo discográfico ?Unha semaniña enteira?, con máis de 7.000 copias vendidas, o grupo está a piques de rematar a última parte da súa cadriloxía co disco ?Esta si que é muiñada?.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|