Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Bellón e Maceiras triunfan na Arxentina |
|
Cosquín é unha das citas ineludíbeis no top ten do folk mundial. Daniel Bellón e Diego Maceiras repartiron a súa arte con mestría, poucas semanas despois de lograren o éxito tamén en Moscova.
En Rusia a xente descubriu con moita ledicia o son do instrumento máis galego, xa que atendendo ao nome do seu primeiro traballo discográfico, Bellón e Maceiras seguen coa súa Unión das terras, xa que alí tocaron cunha recoñecida organista rusa e en Arxentina fixeron o propio con Dulce Pontes e Juan Carlos Cambás.
Medio millón de persoas tiveron o gusto de desfrutar na noite do luns 31 de Xaneiro da música de Daniel Bellón e Diego Maceiras en directo no Festival de Cosquín. Unha cifra enorme pero que queda en nada se a comparamos cos máis de 12 millóns de persoas que non perderon a cita na televisión pública da Arxentina.
O Festival de Cosquín é un dos máis seguidos do mundo no eido do folk e conta con pequenas sucursais, entre elas o Festival de Cosquín en Vilagarcía de Arousa en outubro do pasado ano, co nome de Son de Lúas.
Na intervención da delegación española, Juan Carlos Cambás foi o encargado de presentar o dúo galego, amosándolle á xente que era a primeira vez que unha gaita estaba en Cosquín, e ademais da man do gaiteiro máis laureado de Galicia. Comezaron cunha chacarera para continuar coa Muiñeira de Pontesampaio con sabor á propia danza arxentina.
Foi logo a vez de Dulce Pontes, que comezou cantando o popular ?Lela? e outros temas portugueses. Do máis emotivo foi o final, xa que interpretaron a coñecida canción ?Sólo le pido a Dios? do compositor argentino León Greco que inspirou na ditadura do seu país, o exilio de Mercedes Sosa e o probábel conflito entre Chile e Arxentina. Ao rematar, o público en pé mentres Cambás recordaba que Pontes está nominada aos Grammy's.
www.anosaterra.org |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|