Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concurso de rock Deputación da Coruña
A Deputación Provincial da Coruña convoca o IV concurso de rock.
Data: prazo até 15-02-2011.

IV Concurso de rock ?Deputación da Coruña?


Coa intención de difundir, apoiar, e promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña, convoca o IV Concurso de rock ?Deputación da Coruña?.

Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.

Os músicos integrantes dos grupos non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.
O prazo de presentación das solicitudes rematará o 15 de febreiro de 2011.

Para a audición dos Cd recibidos, o presidente da Deputación nomeará unha comisión composta por tres expertos en rock que seleccionarán aos grupos que accederán á fase de actuación en directo.
Á fase de concerto accederán cinco grupos. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración máxima de 30 minutos.

A organización do concurso facilitaralles aos grupos que accedan á fase de concerto en directo, equipo de son, escenario e equipo de iluminación; tamén fixará os horarios das probas de son e da actuación de cada un dos grupos.
O xurado logo da actuación en directo dos grupos seleccionados, que terá lugar no mes de agosto nun concello da provincia, formulará proposta de concesión dos premios sinalados na cláusula sétima.

Os grupos que participen nesta fase recibirán a cantidade de 300 ?, a cada un deles, en concepto de indemnización por gastos de desprazamento.

As contías dos premios que serán concedidos son as seguintes:
1º clasificado: 3.000 ?
2º e 3º clasificado: 1.500 ?
4º e 5º clasificado: 1.000 ?

Bases
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-02-2011 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o encontro de músicos "Airiños de Rock & Roll".
TES UN GRUPO?
Gustaríache tocar en directo no Coliseum da Coruña o 26 marzo acompañando a
DEF CON DOS e O?FUNK?ILLO ?
Inscríbete en www.xuventude.net
Dous dos grupos participantes terán esta oportunidade
Ademáis tódolos membros dos grupos que se inscriban ?poderán conseguir INVITACIÓNS para acudir ó c#blgtk08#oncerto? e mais ó encontro de músicos, no que haberá unha Master Class impartida polo baixista PEPE BAO (para conseguir as invitacións consultar as bases)
Haberá buses gratis de ida e volta
O prazo de inscrición ábrese o 18 de xaneiro e a recepción de inscricións remata o día 18 de febreiro de dous mil once.

Sigue este enlace:
http://xuventude.xunta.es/201012291741/concurso-airinos-de-rock-a-roll.html
Comentario por Airiños de Rock&Roll (07-02-2011 11:39)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0