Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mercedes Peón, número 1 |
|
?Sós?, o último disco de Mercedes Peón, consolídase por segundo mes consecutivo como o número 1 da Wordl Music Charts Europe, a máis prestixiosa lista das Radios Nacionais Europeas. É, ademais, a primeira vez na historia que un disco galego acada tal posto. Trátase dunha busca persoal da artista, que segue a colleitar boas críticas
A prestixiosa revista Songlines escolleu Sós, o cuarto disco de Mercedes Peón, para o seu Top of the World e incluirá un tema na súa próxima edición. Ademais, segundo a publicación MixGrill, é o segundo mellor disco de world music do ano.
Escollido entre os álbums destacados da Radio France Internacional para xaneiro e febreiro, este traballo da artista galega segue a colleitar magníficas críticas e recoñecementos, sobre todo, fóra de Galicia. De feito, o xornal británico The Guardian, recoñécea como unha das artistas "máis autenticamente orixinais da escena musical española". O portal web alemán Globalsounds cualifica o seu mundo musical "profundamente arraigado e vangardista". Mentres que o diario sueco Svenska Dagbladet (SVD) asegura que "a súa música é certamente atmosférica (...) o que realmente fai ben Mercedes Peón é a amálgama rítmica, que funde na electrónica os instrumentos tradicionais dun xeito natural".
Mercedes Peón (A Coruña, 1967) é probablemente a compositora galega con máis proxección internacional. Despois de profundar na tradición deste país durante máis de 15 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum, Isué. O segundo veu no 2003, Ajrú; e o terceiro no 2007, Sihá. Con eles conseguiu premios en todo o mundo tan relevantes como o que outorga a World Music Forum ou a revista FolkWordlk. Foi nomeada tamén nos BBC Awards, Premios Nacionais de Cultura Galega do Ano, entre outros. Unha das súas últimas fazañas: triunfar no Womex.
www.galiciahoxe.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|