Roi Casal lanza o sinxelo do seu novo disco, ?Maxicamente vello?
Maxicamente vello será o título do segundo traballo en solitario de Roi Casal, que se publicará o vindeiro 8 de febreiro. Tras o seu debut con Lendas douradas en 2009, o músico volve ao primeiro plano cun traballo ?máis íntimo e persoal, que a través dunha mirada contemporánea dá como resultado un disco con diferentes matices, que van desde a música tradicional ata o pop-rock?.
O segundo traballo de estudio de Roi Casal, tras dez anos de carreira en Milladoiro, levará o nome do poema de Manuel María ao que puxo música. Segundo o músico, Maxicamente vello é unha das cancións ?máis solicitadas? polo seu público. ?Levo máis dun ano tocándoa nos concertos e é un dos temas onde hai máis conexión cos espectadores?.
Foi o vento é o primeiro sinxelo do novo disco, onde Silvia Ferre pon a voz e Roi Casal toca a arpa. O músico iniciará unha xira que o levará a doce cidades, galegas e de fóra de Galicia, comezando o 18 de febreiro na sala Capitol de Santiago e o 19 no Teatro Rosalía da Coruña.
www.xornal.com