Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
II Xornada de música e baile tradicional de Eirís (A Coruña) |
|
Presentámos a II Xornada de música e baile tradicional de Eirís.
Será un curso intensivo de gaita galega a cargo de Daniel Bellón García o vindeiro sábado 19 de Febreiro do 2011 en horario de 10 a 14 da tarde e de 16 a 20 horas no CCM de Eirís (A Coruña).
Daniel Bellón (nado en Ferrol o 5 de xaneiro de 1985) sempre amosou un grande interese pola música e dun xeito moi especial pola galega.
Posúe un dos curriculums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Na actualidade combina a súa faceta de músico nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), e gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes coa de mestre de gaita galega.
Prazas limitadas.
Para inscribirse, chega con mandar un correo a pradobotana@gmail.com (preferentemente) ou chamar ao 663 323 146.
Toda a información do curso en http://xornadaseiris.blogspot.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|