Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Asemblea e reunión informativa de Músicos ao Vivo |
|
O vindeiro domingo día 24 de outubro terá lugar unha nova asemblea e reunión informativa da asociación Músicos ao Vivo.
A reunión estará aberta a todos os músicos de Galicia (solistas, grupos, orquestras, bandas...)e nela trataranse temas de especial importancia para a marcha da asociación e do colectivo de músicos galegos:
- Dar a coñecer mellor a asociación ao colectivo de músicos
- Explicación dos servizos que se ofrecen aos músicos
- As previsións de futuro da asociación
- As estimacións de presuposto para o vindeiro ano
- As accións que temos preparadas para o que resta de 2010
Tamén trataremos as últimas decisións adoptadas pola Xunta Directiva e os acordos e conversas mantidas nas recentes reunións coas institucións públicas (AGADIC).
A xuntanza estará aberta para tod@s para que poidades expor as vosas inquietudes e propostas.
Tamén explicaremos o funcionamento do procedemento de facturación a través das cooperativas de músicos, o cal xa está operativo dende hai uns meses.
O acto terá lugar no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), ás 17 horas.
Agradeceriamos que divulguedes entre o colectivo a convocatoria desta reunión, co fin de contar coa máxima asistencia posible, dada a importancia da reunión.
Moitas grazas!
Visítanos en www.musicosaovivo.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|