Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Diplomáticos de Montealto de aniversario na Coruña
En 1990 nace o conxunto os Diplomáticos de Monte Alto e, dende A Coruña, principian a espallar a arroutada por Galicia adiante. De seguido, cun fato de grupos amigos, crean o bravú, a etiqueta que marcará toda unha época do rock galego. A aventura sonora dos Diplomáticos lévaos a percorrer moitos escenarios fóra de Galicia - nomeadamente Cataluña e o País Vasco- e a tecer fortes vencellos con músicos doutras latitudes como Manu Chao ou os italianos de Mau Mau. Tras a súa disolución formal, a formación orixinal reuniuse o pasado mes de setembro en Allariz para celebrar cun concerto o seu XX aniversario. Despois de intensas peticións ?e mesmo algunha ameaza- os Diplomáticos deciden celebrar tamén na Coruña estes vinte anos de arroutada.

Será o vindeiro 22 de outubro, na Sala o Túnel, nos baixos do Coliseum, compartindo escenario con outros compañeiros de ruta, o Jarbanzo Negro -grupo multicultural con varios músicos coruñeses- que acode dende Barcelona especialmente para o evento. Esta sesión bravú na Sala do Túnel servirá de foguete de saída dun ciclo de concertos dedicados ao momento coruñento, isto é, as novas formacións de músicas emerxentes que latexan pola cidade. XX anos dos Diplomáticos de Monte Alto! Tanta paixón quen poderá detela?!

O propio día 22 -e se o tempo o permite- partirá de Monte Alto cara a Sala O Túnel A Ruta da Tralla. Velaí as súas paradas:
- 20:00 horas: Rúa do Parque: Antroido en Outono, encomenda ao espírito de Canzobre, e ruta en bus, liña 4.
- 21:00 horas: Catro Camiños: saída da Treboada Coruñenta cara a Sala O Túnel, pola Avenida Arroutada.


Venres 22
Sala Túnel (nos baixos do Coliseum)
22:00
Entradas: 7 euros (venda anticipada: 5 euros. Na billeteira da Praza de Ourense de luns a venres 9.30 a 13 horas e de 16.30 horas a 19.30 horas, televenda de Caixanova: www.servinova.com ou no teléfono 902.504.500, e o mesmo día do espectáculo na billeteira do Coliseum a partir das 19:00 h.).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-10-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0