Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alalá coas pandereteiras de Ultreia |
|
 Hoxe, xoves, día 27/05/2010
Din os estudosos que hai pandereteiras desde hai milleiros de anos; desde os inicios da música, desde que se inventou a agricultura, cando as mulleres se xuntaban para realizar os labores e despois empregaban os cribos para facer festa. Desde aquela ata hai cen anos a cousa cambiou lentamente. Pero no último século os cambios producíronse a toda velocidade e nada teñen que ver as vidas das pandereteiras actuais coas das súas avoas, se non fose pola música, as pezas herdadas e a maneira de expresar os sentimentos con unha pandeireta ou con un aturuxo.
As pandereteiras póñenlle a mesma paixón cando tocan hoxe nun escenario que cando antes o facían nun serán despois da malla, coa paixón coa que tocan as pandereteiras de Ultreia, que levan dezasete anos tocando xuntas e recollendo pezas nas catro provincias e polas zonas que comparten cultura con Galicia, como o Bierzo, Asturias, Zamora e o norte de Portugal. Estas pezas son as que despois intentan transmitir ao público con fidelidade, sen apenas arranxos, pero con unha técnica froito de moitos anos de ensaio xuntas, que fai que sexa unha verdadeira delicia escoitalas. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|