|
|
|
Resultados do XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina |
|
 Categoria A
1º Quintán'' da A.N.P.A do CEIP-Mondego
2º Escola municipal de Folclore-Betanzos
3º Adro'' da A.C Adro-Baio
Categoria C:
1º Morazón da A.M.D.T. Queiroa-Mondego
2º Chiculateiras'' da A.X.''Xiradela''-Arteixo
3º Mar Adentro'' da A.C As Neves -Buzantes
Categoría D:
1º A.F.C. "As lagharteiras"
2º "Lilaina" da A.C. O Castro - Miño
3º "Taravela" da A.X. Xiradela - Arteixo
Benqueridos amigos,
A Asociación Cultural Xacarandaina ven de convocar o XXI Concurso de Música Tradicional. Este ano terá lugar o día 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en sesión de mañá e tarde.
Como todos os anos existirán dúas modalidades: pandereteiras e cuartetos de gaita.
BASES DO CONCURSO
XXI Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
23 de maio 2010
1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc.
2. Constará de dúas modalidades:
-Pandereteiras/os
-Cuartetos, quintetos ou sextetos, que levarán unicamente gaita e percusión tradicional galega.
3. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en catro categorías:
Categoría A: ata 9 anos inclusive.
Categoría B: de 10 a 13 anos inclusive.
Categoría C: de 14 a 17 anos inclusive.
Categoría D: de 18 anos en adiante.
4. A modalidade de cuartetos distribúese en tres categorías:
- Categoría A: ata 13 anos inclusive.
- Categoría B: de 14 a 17 anos inclusive.
- Categoría C: de 18 anos en adiante.
A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.
4. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.
5. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.
6. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
Autenticidade da peza.
Dificultade da mesma.
Afinación e interpretación.
O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.
7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descualificado.
8. Os premios serán os seguintes tanto na modalidade de pandereteiras/os como na de cuartetos:
1º premio: trofeo e 250 ?
2º premio: trofeo e 150 ?
3º premio: trofeo
9. O concurso terá lugar o domingo 23 de maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, sito na rúa Rego de Auga, 37. O concurso desenvolverase ao longo de todo o día, mañá e a tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.
10. O prazo de inscrición remata o día 8 de maio debendo enviar debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- CORREO ORDINARIO AO LOCAL SOCIAL: A. C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- CORREO ELECTRÓNICO: info@xacarandaina.com
- EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS.
11. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com
Podedes solicitar as bases e folla de inscrición mediante correo ordinario ou electrónico (info@xacarandaina.com);
o prazo remata o 8 de maio.
Esperamos contar con vós, e pregámosvos lle deades a maior difusión posible do mesmo.
MOITAS GRAZAS,
|
|
|
|
23 Comentario(s) |
|
1 |
Noraboa os premiados, creo que estivo moi acertado o xurado cos premia#blgtk08#dos. Tamén foi un placer desfrutar deste concurso no teatro Rosalía. |
|
|
Comentario por (24-05-2010 08:56) |
|
|
2 |
Como quedaron repa#blgtk08#rtidos os premios? |
|
|
Comentario por (24-05-2010 10:29) |
|
|
3 |
penso que estaban merec#blgtk08#idos todos e moi xustos |
|
|
Comentario por (24-05-2010 20:03) |
|
|
4 |
A verdade é que non o recordo moi ben.
Na categoria A
3º''Adro'' da A.C Adro-Baio
2º Escola municipal de Folclore-Betanzos
1º ''Quintán'' da A.N.P.A do CEIP-Mondego
A categoría B e D non as puiden ver!!
Categoria C:
3º''Mar Adentro'' da A.C #blgtk08#As Neves -Buzantes
2º ''Chiculateiras'' da A.X.''Xiradela''-Arteixo
1ºMorazón da A.M.D.T. Queiroa-Mondego
A min tanto na categoria A como na C pareceme xusto os premios, habia grupos bós pero os premios parecenme acertados!
Noraboa para os premiados!
|
|
|
Comentario por Galiza (24-05-2010 20:22) |
|
|
5 |
o primeiro premio de A estaba merecido, pe#blgtk08#ro esas non sei como fan que chupan todos! |
|
|
Comentario por (24-05-2010 20:31) |
|
|
6 |
si chupan todo pero seguro que hai moito#blgtk08# traballo detras e o teñen ben merecido! |
|
|
Comentario por Galiza (24-05-2010 20:37) |
|
|
7 |
a min gustoume moito como repartiron os premios,creo que e#blgtk08#staban ben merecidos a cada grupo.
moi bo traballo! |
|
|
Comentario por (24-05-2010 20:40) |
|
|
8 |
si, estas cousas conseguense traballando, mira o grupo morazón, debeu poñerse ben as pilas para remontar desta maneira, en xiradela nada e agora p#blgtk08#rimeiro! ainda que tamen hai que dicir que se estiveran as de donaire non levaban o primeiro, ainda que iso non lle quita valor a o seu traballo |
|
|
Comentario por (24-05-2010 20:42) |
|
|
9 |
Pois eu creo que ainda que estivesen as de Donaire poderian levar premio igual eso depende dos nervios e de como se faga, no sempre sae ben! pero probable que non foran un 1º per poderian ser un 2º ou 3º eso sen dubida!
O grupo morazon a verda#blgtk08#de e que en arteixo o vin e nin comparacion ca actuacion de onte, nada que ver foi un cambio radical pero a peza que levaban era bastante complicada.
e respeto a Donaire recoñezo que son un bó grupo pero eu sempre lles oio tocar a mesma peza.. |
|
|
Comentario por Galiza (24-05-2010 20:46) |
|
|
10 |
Claro que lebarian premio ainda que estivera Donaire sen dubida, e depende moito dos nervios porque moitas veces unha peza vai preparada e faise unha mala actuacion polos nervios#blgtk08#, xogante unha mala pasada,e a peza de Morazón facil non era, que porcerto saen en varios xornais, e si, as de Donaire son un bo grupo e respeto as súas cancións pois non sei... |
|
|
Comentario por (24-05-2010 20:52) |
|
|
11 |
En fin ala elas!
A min a actuaciond e onte cas catro categorias encantoume habia nivel, ainda que ten h#blgtk08#abido moito mas nivel pero onte foi agradable estar ali!
PARABENS AOS PREMIADOS E SEGUIDE ASI! |
|
|
Comentario por Galiza (24-05-2010 21:02) |
|
|
12 |
la categoria #blgtk08#D como foron? |
|
|
Comentario por (24-05-2010 21:24) |
|
|
13 |
Categoría D:
1º A.F.C. "As lagharteiras"
2º "Lilaina#blgtk08#" da A.C. O Castro - Miño
3º "Taravela" da A.X. Xiradela - Arteixo |
|
|
Comentario por (24-05-2010 21:34) |
|
|
14 |
la categoria #blgtk08#D como foron? |
|
|
Comentario por (24-05-2010 21:37) |
|
|
15 |
si todos os grupos ficeron un bo traballo e as de morazon vese que traballaron para conseguir#blgtk08# o primeiro
non ai dubida de que Donaire é un bo grupo pero as de morazón tamen o son |
|
|
Comentario por (24-05-2010 22:12) |
|
|
16 |
perdinme que faledes do grup#blgtk08#o de donaire da d? ou da c? |
|
|
Comentario por (25-05-2010 15:53) |
|
|
17 |
da#blgtk08# C |
|
|
Comentario por (25-05-2010 17:04) |
|
|
18 |
e pregunto eu: ¿que terán as de donaire que sempre acabamos #blgtk08#falando delas, para ben ou para mal, inda que non concursen? |
|
|
Comentario por (25-05-2010 18:33) |
|
|
19 |
non tiven oportunidade de ver tódalas categorías... unha pena, parabéns para as nosas pequenas de mondego e tamén para as miñas compañeiras da categoría C, a #blgtk08#seguir así e a currar o ano que ven para xiradela que eu tamén quero levar algo!!!! =P jeje
bicos para todos e parabéns para o resto dos premiados!!!! |
|
|
Comentario por Iria (25-05-2010 22:25) |
|
|
20 |
e a categ#blgtk08#oría C?? |
|
|
Comentario por (26-05-2010 16:23) |
|
|
21 |
perdón! na c#blgtk08#ategoría B?? |
|
|
Comentario por (26-05-2010 16:23) |
|
|
22 |
Ola a todos. Os gañadores do XXI Concurso de Música Xacarandaina foron os seguintes
Categoría A(ata 9 anos)
1.- Quintán, do CEIP de Mondego
2.- Escola Municipal de folclore de betanzos
3.- Adro da A.C. Adro de baio
Categoría B de 10 a 13 anos
1.- Pedravixía, da A.C. Adro de Baio
2.- Lisquiñas da A.C. O Castro de Miño
3.- A.C. Raigañas de Cerqueda (Malpica)
Categoría C: 14 a 17 anos
1.- Morazónda A.M.D.T.#blgtk08# Queiroa de Mondego
2.- Chiculateiras da A.X, Xiradela de Arteixo
3.- Mar adentro da A.C. As Neves, Buxantes
Categoría D, Me 18 en adiante
1.- A.F.C. As Lagharteiras
2.- Lilaina da A.C. O Vastro de Miño
3.- Taravela, da A.X. Xiradela, Arteixo
Moitas felicidades a todos os premiados.
Dende Xacarandaina queremos tamén invitarvos a que visitedes a nova páxina web da Asociación.
http://www.xacarandaina.com |
|
|
Comentario por Xacarandaina (30-05-2010 21:41) |
|
|
23 |
Ola a todos. Os gañadores do XXI Concurso de Música Xacarandaina foron os seguintes
Categoría A(ata 9 anos)
1.- Quintán, do CEIP de Mondego
2.- Escola Municipal de folclore de betanzos
3.- Adro da A.C. Adro de baio
Categoría B de 10 a 13 anos
1.- Pedravixía, da A.C. Adro de Baio
2.- Lisquiñas da A.C. O Castro de Miño
3.- A.C. Raigañas de Cerqueda (Malpica)
Categoría C: 14 a 17 anos
1.- Morazónda A.M.D.T.#blgtk08# Queiroa de Mondego
2.- Chiculateiras da A.X, Xiradela de Arteixo
3.- Mar adentro da A.C. As Neves, Buxantes
Categoría D, Me 18 en adiante
1.- A.F.C. As Lagharteiras
2.- Lilaina da A.C. O Vastro de Miño
3.- Taravela, da A.X. Xiradela, Arteixo
Moitas felicidades a todos os premiados.
Dende Xacarandaina queremos tamén invitarvos a que visitedes a nova páxina web da Asociación.
http://www.xacarandaina.com |
|
|
Comentario por Xacarandaina (30-05-2010 22:25) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|