Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Emilio Rúa: A voz cálida do Interior |
|
INTERIOR é o terceiro traballo discográfico de Emilio Rúa, cantautor Ourensán da terra das Vendas da Barreira (Riós). Emilio presenta un disco, gravado e mesturado en Casa de Tolos e producido pola cantante galega Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus onde se exploran novos rexistros nunca antes utilizados por Rúa, familiares e cercanos.
Neste novo traballo Emilio Rúa conta con coñecidos músicos de Galicia e Portugal e colaboracións destacadas coma a de Luís Tosar, Guadi Galego, Toni Lomba, Quin Farinha, Marcos Teira, Budiño e a mesma Uxía. Adéntrase no mundo tradicional como ven sendo xa habitual e necesario nel e revisa cun aire novo e personal o tema popular galego Lela reinterpretando tamén cancións de autores como Magín Blanco, Uxía e Sérgio. Así mesmo utiliza a poesía de Manuel Rivas para porlle música a un dos seus poemas. É un traballo no que as harmonías gañan un amplo espazo e amósanse co necesario coidado, para dar forma e sentido as doce cancións que conforman Interior.
Como di o propio autor ?Interior son os dous mundos que hai dentro de min e non se entende o un sen o outro: a miña música e a miña terra?
Dispoñible nas tendas de discos a partir do 25 de Marzo. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
TIVEN A SORTE DE ESCOITAR EN VIGO E EN SANTIAGO ESTE NOVO TRABALLO INTERIOR DE EMILO #blgtk08#RUA, E... IMPRESIONANTE, OS PELOS PUXERÓNSEME DE PUNTA, CO QUE EMILIO RUA TRANSMITE. |
|
|
Comentario por SONIA (27-03-2010 04:18) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|