Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Vou Trio gañan o X Certame Folk Radio Obradoiro |
|

O pasado venres 22 de xaneiro no teatro Principal de Santiago tivo lugar a final do concurso organizado por Radio Orbadoiro e o Grupo Correo Gallego e promovido polo programa "En clave de folk" que Paulo Gacio dirixe e presenta todos os luns á medianoite.
Catro bandas foron seleccionadas pra presentar 3 temas en directo na gala final: Atamis (Marín), Patriband Folk Orllestra (Xixón), Keympa (Barcelona) e Vou Trio (Santiago) formado por Xan Pampín -acordeón- Pablo Dalama -saxos e gaita- e Sopas -percusión-, foi o grupo que mellor soou esa noite e amousou unha maior orixinalidade de arranxos e repertorio.
É indiscutíbel a transcendencia deste tipo de concursos que, fóra do aspecto competitivo, suscitan nas bandas a actividade de presentarse gravando, nalgúns casos, "ex proceso", os temas para concurrir á final.
Son escaparate do que se está a facer na actualidade e permite ao público saber como respiran os novos grupos que basean o seu discurso nas músicas de raíz e toman camiños diferentes.
E o concurso de Radio Obradoiro é dos poucos que se organizan no país, e en concreto na música da chamada "folk" e levan 10 anos organizando, algo que de seguro cando empezaron, non imaxinaban acadar.
E como se puido ver nos vídeos que se emitiron entre as actuacións, reportaxes sobre gañadores doutras edicións coma Pradairo, Arrás ou Coanhadeira, Quempallou, Bellón & Maceiras ou Xochilmica, bandas que logo de gañar o concurso, seguiron soando nos festivais de verán nos anos seguintes e publicando discos.
A noite do venres foi un reflexo do que que maioritariamente se ve hoxe nas das bandas folk galego: repetición de modelos, reminiscencias dos 80 e 90, bases rítmicas pesadas de rock, saturación de liñas melódicas e esceso de instrumentación semellante, ademais de problemas de sonorización e balance de rexistros.
A final foi aberta polo conxunto eclectico de Marín, Atamis, unha formación de nova creación e que se lle notaba falta de rodaxe como grupo, autoconfianza, exceso de instrumentación pero que presentaron unha proposta interesante mesturando o pop, a easy listening e o folk atlántico. A amplificación que tiveron foi pésima, perdéndose moitos matices que pretendían.
Vou trio, os xustos gañadores, tocaron limpamente, con arranxos interesantes e execución impecable. Os membros dos desaparecidos Xochilmica, cos que xa gañaran o concurso con anterioridade, xuntáronse pra ocasión e levaron o premio pra casa. Definitivamente, amosaron que "menos é máis".
Keympa, grupo barcelonés con varios traballos publicados e anos de existencia e concertos en Catalunya, fillos de emigrantes e integrantes de asociacións culturais e folklóricas fan o folk de sempre cunha actitude no escenario positiva, forte e con ganas. Tamén como público do resto dos grupos, foron os que máis desfrutaron.
Patriband Folk Orllestra rapaces novos de Asturies son 7 músicos que ateigaron o palco do Principal cun folk-rock "a lo pesado" e de reminiscencias country.Foron os últimos en actuar e a noite xa ía facendo longa.
Pra rematar o concurso actuaron Coanhadeira, gañadores da edición anterior, un grupo que madura paseniño, que vai gañando consistencia e contundencia e que vén de presentar "Pó" o seu segundo traballo, gravado por ser os gañadores do concurso escenario "Prau" de Cantabria.
En fin, 10 anos para unha iniciativa necesaria que mantén aos novos folkies atentos e con ilusión para o ano que vén.
Parabéns Paulo e o resto do equipo.
Asdo: Nis Calo
www.folque.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|