Como sabedes, é máis que previsíbel o anuncio do contido do decreto que derrogará o 124/2007 e que reducirá as porcentaxes de uso do galego no ensino por baixo do 50% que establece o aínda vixente, polo que estase a preparar unha resposta colectiva.
É probábel que o decreto saia estes días de vacacións para dificultar as posibilidades de actuación polo que se está a preparar unha resposta rápida e visíbel.
A nivel galego: Concentración o mesmo día pola mañá diante de San Caetano.
A nivel comarcal: nas cidades ás 20:30 nos sitios habituais que se indiquen
Esta convocatoria urxente ten a dificuldade de que non é posíbel anunciala con suficietne antelación sabendo o día exacto, mais é necesario facer o esforzo de ter sobre aviso a todas as organizacións e persoas e tentar que sexan o máis numerosas posíbeis.
Asimesmo xa se está a traballar nunha folga xeral no ensino.