Abordamos esta semana , seguindo a serie que se publica semanalmente, a construción dun instrumento musical que novamente ten distintas denominacións no país.
Desde o punto de vista clasificatorio, as zoadeiras son unha clase particular de aerófonos ?o aire contido nun tubo é posto en vibración mediante lingüetas ou polos beizos do propio tocador? que non precisan de cavidade para emitir o seu son, polo que en particular está na categoría dos aerófonos libres.
Outros instrumentos que tamén están na categoría dos aerófonos son por exemplo as filharmónicas, o acordeón, os asubíos, os apitos, os chifres, as frautas, os pitos, a caramela e, por suposto, as gaitas de fol.
Igual que nos instrumentos musicais de pasadas semanas completamos esta información escrita cun vídeo onde se poden seguir os pasos para a construción dunha zoadeira. Estes materiais audiovisuais están dispoñibles tanto no portal do proxecto Ronsel ?http://ronsel.uvigo.es? como na canle creada en youtube co nome ProxectoRonsel. Os capítulos anteriores pódense consultar tamén na web de Xornal de Galicia en www.xornal.com.
As zoadeiras documéntase aquí e acolá por toda a nosa xeografía, sendo un instrumento musical case universal e polos datos de que dispoñemos, dunha grandísima antigüidade. Parece ser que na antigüidade as zoadeiras estiveron moi relacionadas con ritos funerarios e que o seu son representaba a voz dos devanceiros.