Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Campaña pola música tradicional: a Radio Galega desfaise de Lume na Palleira
Recibido no correo de Malmequer:

Campaña pola música tradicional na Radio Galega

Como saberás corren de novo tempos difíciles para a nosa cultura.

A lingua e a música están a ser atacadas de novo desde diversas frontes con renovadas forzas. Seguramente xa sabes que os dous mellores programas de música galega que emitía a Radio Galega foron retirados da programación; Aberto por Reformas foi directamente eliminado e Lume na Palleira desprazado para a RG Música, unha emisora secundaria con menor cobertura que a RG convencional.


Queremos poñer o noso gran de area para tentar frear esta situación. É o momento de facer algo polo que propomos:

- Enviar un correo electrónico ou postal á atención directora da RG ao enderezo que che achegamos máis abaixo; escrebe un sinxelo texto solicitando unha maior presenza da música tradicional galega na emisora pública así como a reincorporación do programa Lume na Palleira á Radio Galega convencional por mor da falta de cobertura da RG música en diferentes lugares ou ben que amplíen a cobertura desta emisora. Non esquezas incorporar á mensaxe o teu nome e DNI.

Procura non copiar textualmente este texto pois pensamos que é mellor que reciban cartas e mensaxes diferentes.

Non te desanimes, unha cousa é segura: todos xuntos podemos parar esta desfeita, pero temos que colaborar co noso pequeno esforzo.

Dna. Rosa Martínez Rivada, directora da Radio Galega:
Televisión de Galicia
Bando-San Marcos
15.820 Santiago de Compostela (A Coruña)

dir.rg@crtvg.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 25-10-2009 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Solicito unha maior presenza da música tradicional galega na emisora pública así como a reincorporación do programa Lume na Palleira á Radio Galega convencional por mor da falta de cober#blgtk08#tura da Radio Galega Música en diferentes lugares ou ben que amplíen a cobertura desta emisora para que chegue a toda Galicia.

Carlos Manuel Gómez Bóveda
44446336D
Comentario por Carlos Manuel Gómez Bóveda (26-10-2009 00:29)
2 Solicito maior presença da musica tradicional galega na rádio galega, o retorno de programas de#blgtk08# tanta qualidade como Aberto por Reformas e a emissom de Lume na Palleira na R.G. convencional.
Comentario por Elvira Souto (26-10-2009 18:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0