Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Novo Curso de O Fiadeiro (Vigo) |
|
 A escola da A.C.F. O Fiadeiro estrea o novo curso 2009-10 cun amplo abano de novidades e actividades para afondar no coñecemento e disfrute da música, danza e artesanía tradicionais galegas.
A oferta formativa para este curso inclúe un novo plan de estudos máis personalizado e adaptado as necesidades de todos e cada un dos alumnos a través de dous itinerarios formativos e dunha nova reestructuración das actividades en dúas áreas:
- ?Área folk e tradicional galega?: coas especialidades de Canto e Pandeireta, Baile Galego, Gaita Galega, Acordeón, Percusión Tradicional, Zanfona, Guitarra Folk e Bouzouki ,Violín Folk, e Requinta, ademáis da
actividade de Música e Movemento, orientada para os cativos de entre 3 e 7 anos.
- ?Área de Actividades Complementarias? está dividida en catro seccións que abrangue: Movemento (ximnasia de mantemento), Danzas
(danzas do mundo, ritmos latinos e baile moderno), Músicas (Guitarra e Percusións), e Artesanía (costura tradicional e pasamanerías, debuxo e pintura, repuxado en coiro e manualidades para cativos).
Todas as persoas que precisen máis información, estén interesadas nos cursos ou en participar nas Xornadas de Portas Abertas poden chamar aos
tfnos. 986 253 585 - 629 585 355, pasarse polo local da rúa Xesús Fernández nº3 ? baixo (no Calvario) en horario de 10.30 ? 13.30 e de 17.00 a 21.00 ou visitar a páxina web www.ofiadeiro.com
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|