Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezan os cursos en Retrouso (Cela-Bueu)
Nuns días, en outubro, dan comezo outravolta as Escolas Musicais Retrouso. Retrouso logra manter para o 2009/2010 a súa numerosa oferta de actividades, centradas na música tradicional, pero que abarcan tamén a formación en linguaxe musical e coral.

Os cambios máis salientables esta tempada son a incorporación de Rubén Bastón como responsable da área de iniciación de baile tradicional para nenas e nenos (martes á tarde) e de Tania García Ruibal, da iniciación de canto e pandeireta. Tamén, de xuntarse un número mínimo de alumnos, María Casaleiro estrearase como profesora de iniciación ao baile tradicional para adultos.

O plantel de profesores de Retrouso complétase co gaiteiro do Hío Cristóbal Prieto, como mestre de gaita; o tamborileiro vigués Alberto Costas, que é o responsable de percusión; a veciña de Beluso Teresa Pedrouso continúa a dar as clases de acordeón e solfa (linguaxe musical), Margarita Pérez e Débora Pena son as responsables das áreas de perfeccionamento de baile; e Carme Pereira continúa como directora do Coro de Cela.

Os horarios repártense de luns a sábado, con horarios máis temperáns para as actividades infantís (entre as 16 e as 19h) e máis adaptados ao horario laboral para as de adultos (a partir das 20h):

Luns: Coro ás 21h
Martes: Iniciación infantil de baile, iniciación adultos de canto, acordeón adultos.
Mércores: Acordeón nenos, solfa, iniciación adultos de baile, perfeccionamento adultos de baile
Xoves: percusión ás 20h
Venres: perfeccionamento infantil de baile, iniciación e perfeccionamento infantil de canto, perfeccionamento adultos de canto
Sábado: gaita, perfeccionamento adultos de baile.

E como mestre de perfeccionamento de canto e pandeireta do grupo retrouso Guillerme Ignacio, o cantante de Quempallou e O tear de Llerena! Os venres arredor das 18h perfeccionamento I e os venres arredor das 20h perfeccionamento II

Para apuntarse, os interesados poden achegarse ás clases, contactar con calquera membro da Asociación, ou chamar aos teléfonos 686 440 108 (Rubén) ou 647 607 467 (Débora).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-09-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0