Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XXI Xornadas de Verán de Galiza Nova |
|
Como vén sendo tradición, Galiza Nova celebra as Xornadas de Verán, tres días cheos de actividades, convivio, formación...
Este ano na comarca de Allariz-A Limia os días 25, 26 e 27 de setembro.
As xornadas só custan 15 ? e inclúen os desprazamentos en bus, as actividades, os xantares e as durmidas. Se desexas asistir só tes que enviar un correo electrónico ao nacional@galizanova.org.
Sairá un autobús dende Compostela. No caso de que sexas doutra localidade do país e teñas dificultades para desprazarte, coméntao no mail pero non fiques na casa e vén as Xornadas de Galiza Nova.
PROGRAMA
VENRES 25
18.00 Presentación das Xornadas e benvida por parte do Responsábel Comarcal de Galiza Nova, Jonatan Rivas, e da Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi. Recepción no concello co Alcalde de Allariz, Francisco García, e Visita ao Río e á Casa da Mocidade
20.00 Video ?Allariz, aquel agosto do 89? e mesa redonda no Fogar dos Maiores
Interveñen:
- Anxo Quintana (Ex-Alcalde)
- Francisco García (Alcalde)
- Mar Gil (Periodista)
22.00 Cea
00.00 Festa-Concerto en Allariz na Praza de Abastos coa actuación de "VICHELOCREGO"
SABADO 26
10.00 Esparcemento, actividades deportivas e xogos populares no Campo de Vilanova
12.30 Visita ao Museo Etnográfico da Limia e recepción co alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón.
13.30 Visita ao Centro de Transformación e Innovación Agraria de Vilar de Santos.
14.30 Xantar en Vilar de Santos no Xardín Botánico
18.00 Visita-Roteiro-Charla á Lagoa de Antela
Interveñen:
- Alfredo Suárez Canal (Ex-Conselleiro e Deputado BNG)
- Tomás
22.00 Cea
00.00 Festa-Foliada en Xinzo na Praza de Oriente
DOMINGO 27
10.00 Visita ao Entroido de Xinzo e saída para Maceda
12.00 Visita ao Castelo de Maceda e recepción co alcalde, Xabier Oviedo.
12.30 Charla sobre o Anteproxecto de Lei do Aborto.
- Olaia Fernández Davila, deputada do BNG no Congreso.
- Laura López, psicóloga da rede de centros Quérote.
14.00 Xantar
www.galizanova.org |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|