Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A loita da Escola de Artes e Oficios (Vigo) |
|
Profesores e alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo remitiron á Dirección Xeral do Libro do Ministerio de Cultura máis de 24.000 firmas de vigueses contrarios ao traslado desta escola para situar no seu lugar a sede da nova biblioteca do Estado.
O representante dos profesores, Eduardo Álvarez, e dos alumnos, Anxo Barreiro, explicaron que remitiran ao Ministerio un acta notarial que da fe das firmas recollidas, así como diversa documentación na que se explica o rexeitamento ao traslado da Escola.
Entre os documentos enviados aos afectados remitiron o legado de Xosé García Barbón, que doou o edifico á cidade, coa condición de que se usara para ?a educación dos obreiros e as mulleres?. A este respecto Barreiro recordou que, se non se cumpre este requisito, o edificio pode reverter nos herdeiros deste benefactor, que xa hai anos tentaron recuperar o inmoble situado en pleno centro da cidade.
O portavoz do profesorado, Eduardo Álvarez, lamentou a decisión ?unilateral? do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de ofertar esa sede ao Ministerio de Cultura para albergar a biblioteca do Estado, cando o propio padroado da Escola se opón e cando o Concello ?ten cartos para construír un edificio novo para a biblioteca?. Álvarez recordou que a biblioteca é unha dotación moi necesaria á que a Escola de Artes e Oficios non se opón pero que a comunidade educativa da mesma se nega a perder o seu propio patrimonio.
Profesores e alumnos recordaron que a Escola de Artes e Oficios ten a súa propia biblioteca declarada de interese para Galiza, e que alberga, entre outros documentos históricos, o himno de Vigo, do mestre Soutullo.
www.anosaterra.org |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|