Máis de 20.000 persoas segundo fontes da organización acudiron á chamada do BNG na manifestación que a formación frontista celebra cada ano o Día da Patria.
Foron 48 horas de actividades onde o ruxir do sentimento galego soaba por todas partes. Un ano máis o Festigal09 reuniu en Santiago de Compostela centos de persoas nos días 24 e 25 de xullo.