Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Descarga ao Vivo en Vigo |
|
Jazz oriental e gaita, nun proxecto amadriñado por Ugia Pedreira
O Teatro Caixanova de Vigo ofrecerá o seu escenario este xoves 30 de xullo, a partir das 20.30 horas, ao proxecto "Descarga ao Vivo", no que se mostrará un espectáculo de fusión de música galega e cubana amadriñado por Ugia Pedreira e participado por Alejandro Vargas, pianista e compositor cubano que recibiu en 2008 o premio ao mellor disco de jazz.
Ademais de Ugia Pedreira, subirán ao escenario un nutrido grupo de músicos e artistas recoñecidos como a cantante Guadi Galego, Xabier Díaz, Óscar Fernández, Quim Farinha, Eldelmiro Fernández, Pedro Castanho e Pablo Pascual. A posta en escena completarana os bailaríns e coreógrafos Alexis Fernández e Catarina Varela.
Este proxecto musical, dirixido por Ramón Pinheiro, integra músicos galegos e compositores do Instituto Superior de Artes da Habana nun espectáculo musical creado a partir da investigación sobre o patrimonio musical galego en Cuba que leva por título "Á Habana quero ir. Os galegos na música de Cuba", onde se revisan composicións de artistas galegos emigrados na illa, os xéneros musicais que crearon e a influencia que a música galega exerceu nos intérpretes cubanos e viceversa.
www.farodevigo.es |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|