Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OVAY
O Novo proxecto de Quique Peón

OVAY son as catro estacións do camiño da vida, os catro puntos cardinais da nosa existencia e os catro elementos da nosa alma, conceptos universais e atemporais encrucillados, ante os que nos movemos a cegas sen comprender o sentido do noso ser. Porque o sentido do noso ser está na fusión de todos eles e só se alcanza coa íntima comprensión da nosa multiplicidade.

OVAY é a liberdade sen lastres, o movemento renovado, a expresión dunha inquedanza sobre a propia esencia que xurdiu durante unha madurez vital e artística, coas preguntas e respostas do que foi, do que é e do que está por ser.

OVAY dinlle os canteiros ao ousado que encara o perigo sen vacilar, ao que reclama orgulloso o que é seu e dos seus. É a valentía de enfrontarse á propia evolución, de reivindicar a identidade cultural renovada, de procurar un equilibrio maduro entre o enxebre e o depurado, entre a forza e o sosego, entre o urbano e o tradicional, entre o masculino e o feminino.

OVAY quere amosar a forma de expresión masculina e feminina empregando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan ata chegar aos nosos días. Para isto mestúranse as frases tradicionais no marco da danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade. A obra vai máis aló do virtuosismo do bailarín: amósanos o seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, e tentando que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu.

FICHA ARTÍSTICA

DIRECCION: Henrique Peón Mosteiro
PRODUCCION: Quique Peón Cía / CCG (AGADIC)
COREÓGRAFÍA: Henrique Peón e Erik Jimenez
DRAMATURXÍAO: Roberto Magro
DIRECCIÓN MUSICAL E ARRANXOS: Xose Lois Romero
MÚSICOS: Xose Lois Romero e Suso Vaamonde
DESEÑO DE LUZ: Baltasar Patiño
DESEÑO VESTIARIO: Cloti Vaello e Henrique Peón
BAILARÍN E INTÉRPRETE: Henrique Peón Mosteiro

Sábado 13 ás 21 e domingo 14 ás 18 horas.
Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Rúa Nova, 34.


www.quiquepeon.com

Entradas Taquilla CaixaGalicia
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2009 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Seguro que hai espectáculo o día 13?Pois na ta#blgtk08#quilla de caixagalica, tan só ofertan o día 14
Comentario por (08-06-2009 20:17)
2 Pois está anunciada para ambolos dous días.
Supoño que a data do sábado 13 será algo especial polo #blgtk08#estreo, incluso o prezo é distinto do sábado para o domingo.
O sábado só hai venda en billeteira.
Comentario por Henrique (09-06-2009 10:34)
3 Sei que o do sábado é un pase con invitación, para os meios, para amigos e am#blgtk08#igas...

Polo menos, iso ouvin.


Un saúdo
Comentario por Davide (09-06-2009 11:18)
4 Certo, Davide leva razón, o sá#blgtk08#bado vai mediante invitación.
Comentario por Milego (09-06-2009 11:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0