|
|
|
Xoan Eiriz inaugura o Espazo Aberto |
|
Comeza unha nova edición deste ciclo no Forum Metropolitano da Coruña e aproveitará o recital do mércoles para gravar en directo o seu novo traballo 'Vintencinco anos e unha cantiga de amor'
Hoxe mércores 3 de xuño Xoan Eiriz inaugura unha nova edición do ciclo Espazo Aberto, creado para presentar novos proxectos e acoller novas propostas do mundo das artes escénicas e musicais. O cantautor galego Xoan Eiriz non só ofrecerá un concerto coas pezas máis significativas da súa traxectoria o vindeiro mércores 3 ás 21 horas no auditorio do Fórum, senón que aproveitará a ocasión para facer a gravación en directo do seu novo traballo discográfico que titulará Vintecinco anos e unha cantiga de amor. No seu recital no Fórum acompañaranlle os músicos Nacho Goris ao piano e Alfredo García á guitarra eléctrica
Xoán Eiriz é cantautor de música lixeira e popular. Leva vinte anos adicados a cantar na fala de cunqueiro, intentando dignificar e universaliza-la fala galega por medio da linguaxe mais universal, a música. Aló polo ano 1988 naceu o seu primeiro disco Sentimentos, comezando un novo estilo tan diferente dos tópicos ó uso empeñados en facer do idioma unha barreira e da creación musical en galicia un último reducto de folklórica resistencia ó castelán. para él sempre foi todo máis sinxelo, canta en galego tanto temas propios coma temas populares e universais e por vez primeira, en galego ersionou grandes temas coma My way, Granada, Feelings, amosando a flexibilidade da lingua galega para cantar calqueira tema.
Coa súa música, que intenta escapar dos modismos, intenta sempre ser fiel ás costumes do noso pobo, aportando o seu "grao de area" a dignificación do idioma e, en consecuencia, á tan necesaria normalización lingüística do noso benquerido país no que a música xoga un papel preponderante. Por iso naceron sucesivamente os seus traballos discográficos Sentimentos, A RTVG e os músicos galegos, Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, Amiga, amada, Na miña fala, Galicia, Eu voute amar, Azul, Amores ei e o seu último traballo Lelías, cantos dun namorado da súa fala no que canta ás tres almas musicais de Galicia: ó seu riquísimo folklore popular (pandeiradas, foliadas, romances, alalás, ...), as súas grandísimas cancións universais ( Unha noite na eira do trigo, Negra sombra, ...) e por último a algúns dos poetas máis sobranceiros (Federico García Lorca cos seis poemas galegos, Álvaro Cunqueiro, Fermín bouza brey, ...), constituíndo o seu traballo máis autóctono, máis enxebre, no que queda amosado unha vez máis o seu grande amor pola lingua e pola cultura dun pequeno país chamado galicia.
Actualmente, está a preparar o seu próximo disco, que vai a ser en directo, e será unha recopilación de temas dos seus dez traballos editados, con tres temas novos, e que levará como tiduo "Vintecinco anos e unha cantiga de amor".
www.xornal.com |
|
|
|
22 Comentario(s) |
|
1 |
entrei en my space e puden ver e escoitar uns vídeos fermosísimos do , posiblemente mellor cantautor da nosa música XOÁN EIRIZ ; mais en directo ,escoiteino no Forum de A#blgtk08# Coruña , é todo un pracer escoitalo .A súa forma de interpretar é magnífica .Transmite "feeling " .Agardo a saída do seu vindeiro disco .Un saúdo .Antonio .miño-A coruña |
|
|
Comentario por ANTONIO (15-06-2010 12:24) |
|
|
2 |
Xoán Eiriz é un dos máis grandes cantautores da música feita en Galicia .A versión que fai de LELA,NEGRA SOMBRA E NE ME QUITTE PAS () NON ME DEIXE#blgtk08#S NON ; DE J:BRELL son maravillosas.A súa voz é potente e melodiosa e os arranxos musicais vanlle como un guante. Noraboa .Lucía-POIO _PONTEVEDRA |
|
|
Comentario por lucía (17-06-2010 12:32) |
|
|
3 |
Tiven a sorte de escoitalo en directo no Auditorium de Vilagarcía e entusiasmounos coa súa música e coa súa fermosísima voz .En you tube ten uns vídeos fermosísimos . a versión que #blgtk08#fai de "Ne me qutte pas " de Brell é perfecta ,mais o resto dos vídeos son fermosísimos .Quedei con ganas de velo outra vez en directo . Parabéns para Eiriz .Vilagarcía de Arousa . |
|
|
Comentario por ALEJANDRO (17-06-2010 12:43) |
|
|
4 |
NORABOA POLA VOSA PÁXINA EN DEFENSA DA CULTURA GALEGA .NO NOSO PAÍS HAI MOI BOS ARTISTAS QUE MAGOAMENTE ESTÁN UN POUCO ESQUECIDOS EN TODOS OS EIDOS .POR ISO CANDO TEMOS A OCASIÓN DE VER E ESCOITAR AUN DOS GRANDES COMO#blgtk08# É XOÁN EIRIZ O NOSO CORZÓN ÉNCHESE DE LEDICIA .QUE GRAN CANTAUTOR .NO FORUM METROPOLITANO TIVO QUE REPETIR 3 VECES A VERSIÓN QUE FAI DE LELA .ENTRADE EN YOU TUBE OU MY SPACE E ESCOITADEO .PAGA A PENA .ANXELA.A CORUÑA |
|
|
Comentario por anxela (17-06-2010 17:20) |
|
|
5 |
son unha amante da música galega e un dos meus cantantes favoritos é XOÁN EIRIZ.Ten unha forma de interpretar única que entra nos nosos co#blgtk08#razóns .Podedes comprobalo entrando en you tube ou my space .Aconséllovos que o vexades en directo É magnífico .Apertas .Ana-ribadeo-Lugo |
|
|
Comentario por ana (18-06-2010 17:50) |
|
|
6 |
parabéns pola vosa páxina .Gostaríame poder ver en directo unha vez máis a XOÁN EIRIZ .Vino en Xinzo da Limia e gustoume moito :Ten unha voz fermosísima .De momento me #blgtk08#conformo con escoitar e ver os seus vídeos en you tube .Lela, Mª soliña, Negra sombra ,ne me quitte pas de J brell adaptada ao galego ...sublime.Xinzo da Limia.Saúdos. |
|
|
Comentario por Antón (19-06-2010 10:26) |
|
|
7 |
XOÁN EIRIZ DEUNOS UN COCERTO EN PONTE ULLA -VEDRA EN VERDADE MÁGNÍFICO .A SÚA VOZ TRANSMITE UN FEELING QUE NOS CHEGA A EMOCIONAR .EN YOU TUBE TEN UNS VIDEOS-MUSICAIS FERMOSÍSIMOS .ENTRADE. POR CERTO FAI MOITOS ANOS QUE NON O VEMOS NA TVG .¿POR #blgtk08#QUÉ ?.ESTÁ VETADO .NON O ENTENDO .É UN DOS GRANDES E POUCOS ARTISTAS QUE LEVA SEGUNDO DI NA SÚA PÁXINA MÁIS DE 30 ANOS COMO ÉL DI CANTANDO NA FALA DE CUNQUEIRO.GOSTARÍAME QUE ALGUÉN ME COMUNICARA NESTA PÁXINA QUE SUCEDE CON ESTE GRAN CANTAUTOR. |
|
|
Comentario por Uxía- (19-06-2010 10:36) |
|
|
8 |
sigo a súa música (actualmente en you tube e my space ) e cada día me gusta maís :é unha das grandes voces de Galicia :A versión que fai de LELA faime chorar e a intepretación de GRANADA e de ne me quitte pas adaptadas ao galego son su#blgtk08#blimes.Pregúntome com a compañeira Uxía por qué endexamais sae na TVG .Se alguén o sabe...Comunícovos que a vindeira semana ven a dar un concerto O meu pobo :Cospeito-Lugo .Recoméndovolo .Saúdos .noraboa pola páxina.
|
|
|
Comentario por sandra (19-06-2010 17:51) |
|
|
9 |
Eu tamen pregúntome como un dos grandes cantautores dos poucos que mágoamente temos en Galicia leva anos sen sáir na nosa televisión .ë aberrante .menos mal que podemos ver e escoi#blgtk08#tar os seus vídeos en my space e en you tube e velo en directo onde amósanos aínda máis a súa categoría e profesionalidade .Gracias XOÁN EIRIZ por estar aí .Querémoste .sabela-Noia |
|
|
Comentario por Sabela (20-06-2010 11:03) |
|
|
10 |
Coincido con vós compañeir@s en que unha das voces máis fermosas que temos na nosa terra como é a de XOÁN EIRIZ este totalmente esquecido na nosa televisión , que pagamos todos os galegos para potenciar a nosa cultura , dende fai tanto tempo.Non me deixes ,non , lela ,Mº Soliña ; Granada (en galego )Nega sombra ...e outras máis,podede#blgtk08#s escoitar e ver estes fermosísimos vídeos en my space e en you tube .son fermosisimos.A súa forma de cantar chéganos o corazón .Xoán eres un orgullo para os que amamos Galicia .Agardamos pronto ese novo disco que anunciaches na prensa .A ver cando ves a cantar a fisterra .Ánimo.Noraboa a Malmequer por defender a nosa cultura musical |
|
|
Comentario por Patrcia (20-06-2010 18:05) |
|
|
11 |
PODÍADES DARMOS MÁIS NOVAS DE XOÁN EIRIZ .É O CANTAUTOR GALEGO MÁIS COMPLETO .SÓ BASTA VER OS SEUS VÍDEOS EN MY SPACE E YOU TUBE#blgtk08# . A SÙA VOZ É POTENTE E FERMOSÍSIMA.TRASMÍTENOS SENTIMENTO .SABEDES POR QUE NUNCA SAE NA TVG .FREMOSA PÁXINA .CARLOS-FISTERRA . |
|
|
Comentario por (03-07-2010 11:51) |
|
|
12 |
LELA, UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO ,EU VOUTE AMAR , MARÍA SOLIÑA ,O MUNDO,GRANADA ,EN SAN MAMEDE...INTERPRETACIÓNS SUBLIMES DE XOÁN EIRIZ #blgtk08#.ENTRADE EN YOU TUBE .OS SEUS VÍDEOS SON FERMOSÍSIMOS E A SÚA FORMA DE INTERPRETAR ÚNICA .FERMOSA PÁXINA . BICOS DENDE PORTOSÍN-A CORUÑA |
|
|
Comentario por Sabela (13-07-2010 10:44) |
|
|
13 |
COINCIDO CON ESTES COMENTARIOS DE QUE XOÁN EIRIZ SEXA A VOZ VARONIL CON MÁIS "FEELING " DA MÚSICA GALEGA ´.EN DIRECTO É MAGNÍFICO E OS SEUS VÍDEOS DE YOU TUBE ESTÁN LOGRADÍSIMOS .AS SÚAS VERSIÓNS#blgtk08# EN GALEGO DE TEMAS UNIVERSAIS SON MAGNÍFICAS , SOBRE TODO A VERSIÓN QUE FAI DE NE ME QUITTE PAS .LELA , Mª SOLIÑA , NEGRA SOMBRA...GRACIAS XOÁN POR ESTAR AÍ .SAÚDOS DENDE VILAGARCÍA DE AROUSA . |
|
|
Comentario por adrian (20-07-2010 17:18) |
|
|
14 |
fermosísimos vídeos os de xoán eiriz en you tube .sen dúbida unha das grandes voces da nosa terra .A versión de NE ME QUITTE PAS E DE JE VAIS T AIMER SUBLIMES ,a de LELA das m#blgtk08#ellores que se fixeron ,GRANADA , NEGRA SOMBRA ,UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO , ALALÁ -PANDEIRADA...GRANDÍSIMO ARTISTA .SAÚDOS DENDE FISTERRA .POR CERTO A VER CANDO NOS VISITA . |
|
|
Comentario por Xosé (22-07-2010 18:20) |
|
|
15 |
Coincido coas opinións sobre XOÁN EIRIZ.O mes pasado actúou na miña terra de Vilaxóan é foi todo un pracer poder escoitalo .Que versetalidade ten a súa fermosísima voz para interpretar tan diferent#blgtk08#es estilos .Efectivamente en tou tube ten uns vídeos logradísimos .Só teño unha dúbida , a ver se alguén ma pode respostar : por que nunca sae na nosa Televisión .A miña felicitación pola páxina . |
|
|
Comentario por Carlos (23-07-2010 11:22) |
|
|
16 |
QUE FERMOSAS AS TÚAS CANCIÓNS , CHEGAN ÓS NOSOS CORAZÓNS.a INTERPRETACIÓN DE NE ME QUITTE PAS (NON ME DEIXES NON )MAXIS#blgtk08#TRAL .QUE GRAN VOZ , QUE SENTIMENTO .
SEMPRE EN GALIZA SÓ GRAZAS...QUE TRABALLO.
UXÍA-TUI |
|
|
Comentario por Uxía (23-07-2010 18:34) |
|
|
17 |
PERDÓN ME ESTABA REFIRINDO A POSIBLEMENTE A MELLOR VOZ ACTUAL DE GALICIA :X#blgtk08#OÁN EIRIZ.É PURO SENTIMENTO.
GRACIAS
UXÍA-TUI |
|
|
Comentario por UXÍA (23-07-2010 18:38) |
|
|
18 |
Voces como a de XOÁ.
N EIRIZ en Galicia xa non hai agora .Enamora , ten sentimento .Xoán cantas fermoso , ogallá sigas deleitándonos coa túa música moitos anos máis . #blgtk08#>
En directo magnífico.A versión que fai de Lela de Castelao só con piano sublime.
Parabéns a Sempre en Galicia
Bicos dende Xinzo da limia |
|
|
Comentario por Lourdes (24-07-2010 10:39) |
|
|
19 |
ESCOITEINO EN DIRECTO E SIGO A SÚA MÚSICA EN MY SPACE ...XOÁN EIRIZ GRACIAS POR ESTAR A#blgtk08#Í ...A TÚA VOZ É UNICA E UN ORGULLO PARA O NOSO PEQUENO PAÍS .
APERTAS |
|
|
Comentario por LOURDES (01-08-2010 18:21) |
|
|
20 |
LELA,LELA
LELIÑA POR QUEN EU MORRO...
A VERSIÓN QUE FAI XOÁN EIRIZ DESTA FERMOSÍSIMA CANCIÓN FAIME CHORAR .A
SÚA VOZ#blgtk08# E FERMOSÍSIMA E MELODIOSA E O ACOMPAÑAMENTO MUSICAL VAILLE COMA UN GUANTE .ENTRADE EN YOU TUBE .PAGA PENA .QUE GRAN CANTAUTOR TEMOS EN GALIZA . |
|
|
Comentario por XOANA (01-08-2010 18:27) |
|
|
21 |
ESTIVEN NO CONCERTO QUE OFRECEU NO FORUM MRTROPOLITANO EN A CORUÑA E XOÁN EIRIZ E GRAND#blgtk08#E,GRANDE...A SUA VOZ É PURO SENTIMENTO.
SAÚDOS DENDE CULLEREDO-A CORUÑA |
|
|
Comentario por ANDRÉS (19-08-2010 11:50) |
|
|
22 |
fermoso moi fermoso canta XOÁN EIRIZ :Transmite moi#blgtk08#to sentimento.
saúdos dende Ribadeo |
|
|
Comentario por MAR (20-08-2010 12:37) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|