Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Alalá no Brasil |
|
 Hoxe, martes, día 31/03/2009 ás 21:35
Na segunda entrega dos programas que "Alalá" dedica á música galega en Brasil trátase a evolución da nosa música na cidade de São Paulo, unha metrópole onde as cousas se expresan en cifras: trinta millóns de habitantes, seis millóns de vehículos... Os sampauleiros andan con présa e en atascos, por iso nunha das cidades máis ricas do mundo, os que poden van polo aire, pois en São Paulo está a maior frota de helicópteros do planeta.
São Paulo é un lugar de emigrantes, pois é onde hai máis italianos fóra de Italia, máis xaponeses fóra de Xapón, máis libaneses fóra do Líbano... e por suposto tamén hai galegos que emigraron a São Paulo dende fins do século XIX. A emigración galega viviu aquí bos e malos tempos, así que o programa tratará as distintas épocas que os emigrantes viviron na "cidade que non pode parar", tempos en que se repatriou a galegos e outros, como agora, onde hai gaiteiros traballando en compañías multinacionais.
O centro Hispano Brasileiro de São Paulo foi o espazo onde floreceu durante moito tempo a música galega na metrópole brasileira, e onde se vivía dunha maneira moi parecida a Galicia: nace de maneira espontánea, pero organízanse no grupo "Lembranzas e Agarimos", que xa leva trinta anos traballando pola nosa música e dando clases de baile e danza a nenos, maiores e a quen queira meterse no grupo. Esta noite música galega nunha das cidades máis grandes do planeta: "Alalá" en São Paulo. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|