Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acción da Sala Nasa en Compostela

O venres sacámonos unha foto colectiva no obradoiro para responder aos que atacan á NASA, ves?

O Venres é o Día Mundial do Teatro. Ese día queremos saír á rúa para responder aos ataques que lanzaron contra a NASA durante estes últimos meses. Xa sabedes, os do PP dixeron que facemos apoloxía do terrorismo, que planificamos e executamos accións de violencia urbana, pediron que nos retiraran as axudas e mesmo pediron o peche da sala.

En realidade, isto é un ataque contra todo o que se move perto do teatro e a cultura galega e non só contra nós. Por iso nos gustaría que nos acompañases o venres 27 ás 18,30h. na Praza do Obradoiro nun acto en defensa da liberdade de expresión que consistirá en sacarnos un par de fotos todos xuntos.

O NOSO TITULAR SERÍA ESTE:

COMO RESPOSTA AOS ATAQUES SUFRIDOS NOS ÚLTIMOS MESES A SALA NASA CONVOCA UN ACTO RIDICULISTA EN DEFENSA DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN COINCIDINDO CO DIA MUNDIAL DO TEATRO O VENRES 27 DE MARZO ÁS 18,30H. NA PRAZA DO OBRADOIRO

O TITULAR DOS QUE NOS ATACAN SERÍA ESTE:
COMO UN ATAQUE AOS CIDADÁNS DE SANTIAGO, UNHA SALA QUE HOMENAXEA A TERRORISTAS CONVOCA AOS SIMPATIZANTES DO MOVIMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL A UN ACTO ILEGAL DE KALE BORROKA OINCIDINDO CO 8º ANIVERSARIO DA MATANZA DE NETANYA

CAL SERÍA O TEU?

Se o teu é máis parecido ao noso, e coñeces ou frecuentas as actividades da sala NASA, gustaríanos convidarte a que veñas sacarte dúas fotos con nós na Praza do Obradoiro o Venres 27 de Marzo ás 18,30h.

Porque ao mellor non sabes que durante os últimos meses a Sala NASA foi obxecto de duros ataques por parte do Partido Popular e de asociacións vencelladas a el, tratando de criminalizar a súa actividade cultural, solicitando a retirada de todas as axudas públicas e mesmo pedindo o peche da sala.
Estes ataques ademais viñeron carregados de insultos persoais que atentan contra a honra das persoas que dirixen a sala, pero tamén da descalificación absoluta das persoas que asisten ás actividades programadas. Consideramos que estes feitos constitúen un ataque inaceptable non só contra a Sala NASA, contra os seus traballadores, contra os artistas e contra os espectadores, senón contra todo o sector cultural da cidade de Santiago de Compostela e, por extensión, contra a convivencia, a tolerancia e a liberdade de expresión.

Polo mantemento da biodiversidade cultural
Polo dereito a pensar distinto
Pola tolerancia
Pola liberdade de expresión


Axudanos a difundir a convocatoria. Vémonos no Obradoiro.

Un saúdo.

Xron/sala NASA


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-03-2009 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0