Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alala e o Quinteto Monterrei

Hoxe, luns, día 22/12/2008

O "Alalá" de hoxe fainos situar no ano mil novecentos once, cando o gaiteiro José Posada emigra a Cuba, como tantos outros galegos, na procura doutra vida, pero deixou algo máis que o seu esforzo na illa, deixou o son da súa gaita. Nos primeiros anos en Cuba a música reservábase para os momentos de diversión, pero co paso do tempo, nos anos trinta, Posada funda o "Quinteto Monterrei" e compaxina o seu traballo de reloxeiro co de músico... O testemuño de José Posada non o temos pero si o de seu fillo, Rodolfo, que seguiu os pasos do pai, tocou no Quinteto con el e conserva o gran legado que el lle deixou: partituras, ferramentas, gaitas, fotos...

Como chegou este traballo do Quinteto de Monterrei a Galicia? Isto produciuse grazas á coincidencia dunha viaxe do músico e investigador Óscar Ibáñez. Alí faláronlle de que aínda vivía o fillo do gaiteiro do Quinteto e desde ese momento púxose a traballar para sacar á luz un libro CD do grupo: a gravación da "Reconstrución musical do Quinteto" tivo lugar no Teatro Principal de Pontevedra e a presentación do traballo aconteceu na Xuntanza Internacional de Gaiteiros en Verín.

É así como nesta comarca de Monterrei volveu soar a música que José Posada levou anos atrás para Cuba; é así como as melodías galegas permanecen na Habana, como o pasodobre "De Verín a Monterrei", e por esta ida e volta da música coñecemos este grande artista que o século pasado partiu para nunca máis volver.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-12-2008 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0