Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir |
|
 A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir ven de presentar o seu programa de actividades para o vindeiro mes de Nadal. A máis destacada será o III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, que se desenvolverá o día 20 de Decembro, as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto contando con grupos de toda Galicia e algún de Portugal.
Este programa seguirá o Sábado día 27, cun obradoiro de Xogos Bailados, dirixido a xente de todas as idades. A cita será as 17:00 h no local de Rebulir situado na Praza de San Andrés ? Vilavidal.
Continuando co mesmo o Sábado 3 de Xaneiro teremos a Inauguración da Exposición ?Os tempos de antes. Fotografías Antigas do Concello de Ramirás? no Centro Sociocultural de O Picouto, este acto comezará as 18:00h.
Seguindo a Ideoloxía da Asociación, ningún dos actos suporá custe algún para os asistentes, xa que a finalidade é facer extensible a cultura a todo o mundo, sen ter que pagar por acceder a mesma.
A continuación exponse un cadro resumo co calendario destas actividades:
· - Sábado, Día 20 de Decembro ?
III Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, as 19:00 h no Polideportivo de O Picouto, con grupos de Galicia e Portugal.
· - Sábado, Día 27 de Decembro ?
Obradoiro de Xogos Bailados no Local de Rebulir, as 17:00 h
· - Sábado, Día 3 de Xaneiro ?
Inauguración da Exposición ?Os tempos de antes. Fotografías Antigas do Concello de Ramirás?. As 18:00 h no Centro Sociocultural de O Picouto. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|