Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ferrol homenaxea a María Manuela
O Concello de Ferrol, a cidadanía e algúns dos mellores artistas do panorama musical galego se unirán o mes que vén para rendir unha sentida homenaxe á cantante e pintora ferrolá María Manuela, cuxa traxectoria comezou hai arredor de corenta anos.

Será nunha gran gala que se celebrará o día 4 de decembro no Teatro Jofre, a partir das oito e media do serán. Con entrada libre e gratuíta.


Así o explicaba esta tarde a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, quen destacou que a iniciativa de levar a cabo este recoñecemento partiu dun colectivo de cidadáns e cidadás, que non dubidaron en poñerse en contacto coa Administración local ferrolá e con outras institucións públicas para solicitar a súa colaboración. Deste xeito, o evento está patrocinado ademais polos concellos de Narón e Fene, polas Consellerías de Innovación e Industria e de Cultura e Deporte e pola Vicepresidencia da Igualdade, así como tamén pola Televisión de Galicia, que será a encargada de restransmitir a gala do día 4, como culminación dos actos previstos.

Nesta liña, Mercedes Carbajales avanzou que Susana Seivane, Rosa Cedrón, Guillerme e Xabier (Berrogüetto), Alfonso Morán e María do Ceo serán algúns dos artistas que acompañarán a María Manuela na gala, e que interpretarán xunto a ela algunhas das pezas máis coñecidas do seu repertorio, como ?Barco negro?, ?Gaivota?, ?Habemos de ir a Viana?, ?Idioma Meu? ou ?Miña nai e maila túa?, entre outras.

Xurxo Souto presentará o evento, mentres que a dirección musical correrá a cargo de Nani García e Xurxo Varela, este último fillo da propia María Manuela. Outro dos seus fillos, Anxo Varela, foi o encargado de deseñar o cartel que ilustra a cita.

Pola súa parte, o portavoz do colectivo que tomou a iniciativa de facer esta homenaxe, Xosé Lastra, explicou que a intención coa que se leva a cabo é sobre todo a de poñer de manifesto ante o público a carreira e o valor artístico incontestable de María Manuela, moi presente dentro do mundo da música e da pintura en Galicia dende hai varias décadas, pero que quizás non conta co recoñecemento que realmente merece. En definitiva, segundo engadiu Xosé Lastra, preténdese facer unha chamada de atención contra a ocultación dunha inquebrantable personalidade artística de primeira orde, sempre disposta a pór a súa voz e o seu alento en todas cantas causas foi requerida.

Por este motivo, Lastra quixo agradecer o apoio prestado dende o primeiro momento polo Concello de Ferrol e o resto de entidades que fan posible que María Manuela reciba dos seus propios veciños e veciñas as mostras de cariño e admiración. Pero tamén, a todos os artistas que non quixeron perderse esta homenaxe, a maioría dos que foron invitados a participar. Os que non puideron, explicou, foi unicamente por motivos de axenda.

Así mesmo, tamén están previstos unha serie de actos paralelos, como é o caso da exposición de pintura de María Manuela no Ateneo Ferrolán, que estará aberta ao público do 1 ao 14 de decembro, ou as mesas redondas que se abordarán, tamén no Ateneo, para abordar a figura artística da cantante. A primeira delas, o día 1, leva por título ?María Manuela, a súa pintura no seu tempo? e conta coa participación de Alfonso Costa, Eva Veiga e Siro López. A segunda, o 2 de decembro, ?María Manuela, a súa música no seu tempo?, contará con Ánxela Loureiro, Mini e Mero, Pepe Dopico e Xurxo Varela.
www.radiofusion.eu

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-12-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0