Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Showcases musicais para programadores/as |
|
 Breves concertos en exclusiva para os/as profesionais, realizados co obxectivo de aproximar os programadores/as ás propostas musicais en directo máis actuais.
Preinscrición para a actividade
Descarga en .pdf a información completa das II Xornadas da industria musical en Galiza e dos Showcases musicais para programadores/as
Presentación e obxectivos
Os "showcases" son concertos breves en exclusiva para programadores/as, para que os/as profesionais teñan unha idea precisa da proposta ofertada, ao estilo das grandes feiras mundiais. Todos os estilos, todos os formatos, nunha variada escolla para que os/as responsábeis das programacións galegas teñan a posibilidade, de primeira man, de coñecer a creación máis actual da música galega. Unha extensa representación de artistas; até un total de 20 solistas e bandas amosarán, os días 4, 5 e 6 de decembro, durante a programación oficial de Cultur.gal 08, as novas propostas de espectáculos musicais en directo de cara á vindeira tempada.
Ademais, contaremos con representación de artistas pertencentes ao proxecto NSAIO, da Dirección Xeral de Xuventude, nun intento de que os máis senlleiros xa vaian tendo contacto cos modos e usos da industria musical.
As asociacións profesionais AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas), colaboran co Cultur.gal 08 no deseño e programación de actividades de interese para profesionais relacionados coa industria musical galega -promotores/as, programadores/as, xestores/as culturais, managers? Entre estas actividades, ademais destes showcases musicais, organizaranse tamén as II Xornadas da industria musical galega e meeting points para profesionais.
www.culturgal.com |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|