Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
3ª conversa aberta na EAEM |
|
3ª conversa aberta na EAEM: Internacionalización da música galega + bOnOvO
Será este sábado 29 de novembro ás. 19.30 h. Auditorio Escola Altos Estudos Musicais. Santiago
Falarán
? Vitor Belho
? Olga Nogueira
? Sergio Lago
? X. L. Romero
E Óscar Fernández na presentación do disco de bOnOvO.
aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, organiza unha serie de mesas redondas baixo a denominación ?conversas abertas? na que varios ponentes relacionados co mundo da música falarán sobre diferentes aspectos da realidade artística galega: difusión cultural a nivel internacional e comercial; novas tendencias a explorar; experiencias artísticas de profesionais en activo. Músicos, produtores, comunicadores,? participarán dun xeito distendido e aberto os sábados á tarde na sé educativa de aCentral Folque no parque de Vista Alegre.
Ademais falará Óscar Fernández sobre o traballo discográfico que veu a luz no 2008 do trio do que forma parte en Bonovo, explorando novas posibilidades do folque electroacústico.
Para pechar o ciclo se pretende debater sobre tendencias actuais da música que se fai en Galiza e das súas posibilidades para exportala como produto cultural e comercial. Ponentes de diferentes eidos conversarán desde o seu punto de vista sobre novos camiños que promocionen a música feita desde aquí e para alí. Está orientado a calquera persoa interesada na promoción de eventos, expectativas de exteriorización, management cultural e amantes da música feita en Galiza.
Olga Nogueira representa ao departamento da Xunta e a GalicianTunes, organismo público encargado da promoción internacional do mercado musical galego en feiras coma o Womex ou o Poppkomm.
Sergio Lago, como responsábel do selo discográfico Falcatruada, unha iniciativa que desde o 2003 serve de plataforma para grupos emerxentes con coidados deseños editoriais sacando traballos de bandas coma Lizgairo, Loretta Martin, Sevigny, Narf?
Xosé Lois Romero, compositor e arranxista de grande carisma formou parte de grupos tradicionais de referencia coma Luvas Verdes e agora co trio Vaamonde, Lamas & Romero acaba de publicar Vellas Artes. Ademais é director musical da Nova Galega de Danza.
Vítor Belho é unha das persoas que leva máis tempo na produción das novas músicas en Galiza. Director artístico, xestor cultural, asesor musical? en empresas coma Nordesía, E-burbulla ou a Casa das Crechas.
BonOvO é un trio de recente creación con vellos coñecidos da música galega: Pulpiño Viascón, Roberto Grandal e Óscar Fernández. Propoñen unha música fresca baseada na sonoridade electroacústica da sanfona, o acordeón e a batería electrónica con composicións propias e algún tema tradicional. Música de forte pegada e moi bailábel.
Está orientado a calquera persoa interesada nas novas correntes musicais e filosóficas que agroman e no futuro da linguaxe musical coma expresión artística individual e colectiva.
www.folque.com
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|