Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actividades do Foro Social Galego |
|
O Foro Social Galego enche Compostela de actividades artísticas e culturais
Entre os días 5 e 7 de decembro celébrase en Compostela o Foro Social Galego, que acollerá, en distintos espazos da cidade, actividades culturais que van dende os concertos de grupos galegos até a proxección de filmes documentais de denuncia, pasando polo obradoiros e a música de charanga
As xornadas encetan o venres 5 de novembro no Café-Teatro Garigolo cun concerto do cantautor punk O Leo i Arremecághona e García, rapeiro de Dios ke te Crew, que forman o grupo Labregos no tempos dos sputniks.
Xa o sábado 6 de decembro chega o groso das actividades. Por unha banda, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, desenvolverase un ciclo de cinema documental no que se proxectarán diversas obras comprometidas con problemáticas do mundo contemporáneo. A xornada divídese en dúas partes, de mañá e de tarde, e inclúe pezas de relevancia internacional como A toma, de Avi Lewis e Naomi Klein, O pan noso de cada día, de Nikolaus Geyrhalter, ou Os espigadores e a espigadora, de Agnès Varda.
Ás 16:00 horas, no Burgo das Nacións, onde se situará a carpa dos Movementos Sociais celebrarase un obradoiro de manualidades a cargo de Manu Lago, de Pista Catro. No eido musical vai ser esta unha xornada moi intensa coa actuación durante toda a mañá das charangas Os Jalochos e A Compañía do ruído. Ás 17:00 horas, na sala Mozart do Auditorio de Galicia, celebrarase un concerto colectivo con Tonhito de Poi, Os Chiquilicuatres e Tino Vaz. Xa contra a noita haberá un concerto acústico de Pel de Noz e outro, na Gentalha do Pichel, a cargo de Ataque Escampe e Sacha na Horta.
E para rematar, máis cinema
Na xornada do domingo 7 de decembro, continuarán as proxeccións na facultade de Filoloxía coa proxección de filmes de temática social e política como Os sen terra, sobre o coñecido movemento brasileiro, Golpeados pero non vencidos, sobre as maquilas do téxtil en Centroamérica, ou A morte do traballador, documental de Michael Glawogger que acadou certo renome dentro do cinema de esquerdas dos últimos anos.
www.forosocialgalego.org |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|