Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela) |
|
O Centro-Social Deportivo Cultural "Chan das Pipas" de Saxamonde (Redondela) organiza unha nova edición do Magosto-Serán do Chan das Pipas.
O próximo sábado 29 de novembro, a partir das 20:00, na casa cultural deste lugar na parroquia de Saxamonde, serviranse castañas que se poderán acompañar con viño e chourizo. De seguido, no mesmo local, celebrarase un serán onde todos os grupos ou persoas que o desexen, poderán tocar no palco habilitado. A festa rematará coa vontade dos bailadores e tocadores. Aínda que chova, o lugar é pechado.
Como chegar:
No Alto de Os Valos, na estrada que une Redondela e Porriño, tómase o desvío cara o aeroporto. A uns 500 metros, despois dunha curva á esquerda, vírase á dereita para facelo á dereita 100 metros á frente. Haberá cartaces indicando o camiño.
Saúdos,
A Comisión organizadora.
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|