Porque garantirmos o futuro da nosa lingua é garantirmos o noso propio futuro!
Hai dous anos, os hoxe COMITÉS, organización nada da unificación dos CAF e dos CAE (organización actuante no ensino medio) participamos do paro xeral nos institutos para reivindicarlle á Consellaría de Educación que tomase medidas en defensa do galego no ensino. O éxito desa folga, coa participación de máis de 60.000 estudantes segundo datos oficiais, foi fundamental para que a Consellaría de Educación tivese que elaborar unha nova norma de galeguización do ensino, o decreto 124/2007.